Luz fijo a 0,11115 €/kWh

VILARIÑO (PEREIRO DE AGUIAR)

Habitantes: 120  Altitud: 150 m. 
Hoy amanece en VILARIÑO (PEREIRO DE AGUIAR) a las 09:57 y anochece a las 19:02
Nº fotos: 38  Nº mensajes: 4 
Puedes completar o corregir la información publicada >>

Situación:

carretera vieja de Peares, c 546km 100. A 6km de Ourense

Ayuntamiento:

Pereiro de Aguiar

Fiestas:

fiestas patronales, santa Mariña y santa Cristina, 24 julio.
fiestas san Roque, después de la vendimia, octubre
magostos, 11 de noviembre

Costumbres:

vendimia, septiembre. recogida de cerezas, mayo-junio.

Historia:

Hai unha lenda lexendaria sobre este pobo, que aparece publicada no Boletín Auriense XXIV con Bibliografía de Afonso Monxardín Fernádez, que conta...

“Na parroquia de Vilariño, en terras do Pereiro de Aguiar, existe unha rede de pasadizos subterráneos que unen os restos do monte do castro coas ruínas dun castelo asolagado polas augas do Miño en tempos tan remotos que ninguén os lembra...
Estes túneles están habitados por un 'mouro' ou trasno que acocha alí un tesouro inmenso, rico en pedras preciosas e xoias de ouro, que ten tentado a moitos a procura-la entrada ós pasadizos. Sen embargo, a "historia" advirte ás xentes da existencia de dúas trabes que sustentan todo o conxunto de túneles e cuxa disposición constitúe unha trampa para aqueles ousados que vaian na busca do tesouro.

Nos arredores houbo un mozo que xa hai moito tempo tentou chegar ás riquezas que estas covas gardaban e quen contou ós veciños como conseguiu atopa-la entrada ós pasadizos. Despois de camiñar un anaco por eles atopou unha sala sustentada por unha gran trabe de ouro e outra escura, que segundo lle pareceu estaba feita de alcatrán. O enorme valor da trabe de ouro cegou o bo sentido do mozo, que axiña tentou tirala para fóra do seu lugar e levala consigo, sen decatarse de que cando comezou a tirar por ela accionou un resorte preparado polo 'mouro' que fixo que o lume prendese na veciña trabe de alcatrán.

As lumaradas foron tais no interior da cova que o mozo só conseguiu saír dos pasadizos logo de arrastrarse polo chan, seguindo unha corda que levaba á cintura e que deixara atada fóra a un penedo.

Pouco antes de que a trabe de alcatrán que sustentaba o teito dos pasadizos fose consumida polas chamas e a cova comezara a derrubarse, o mozo lograra saír para o exterior. Sen embargo, para el todo semellaba aínda o interior do máis escuro dos túneles, decatándose de que o lume da trabe de alcatrán que ardera tan próxima a el o deixara cego
Aínda que feitos como este disuadiron a moitos de procura-la a fortuna do tesouro, algúns dos máis maiores do lugar aínda confesan que de mozos pasaron días escavando e tentando atopa-la entrada ás covas do mouro.

No mesmo sito do que conta esta lenda foron atopados restos dun castro e dunha importante inscrición que rezaba unha breve lenda: "sicenata pacata", e que algúns teñen interpretado como conmemorativa da victoria romana do castro do Medulio, suxerindo algúns o seu emprazamento na zona”.