Luz ahora 0,10781 €/kWh

XURENZAS: XURENZAS VISTA DOS ANOS 1950 COS OLLOS DO PEPE DE LOURENZO...

XURENZAS VISTA DOS ANOS 1950 COS OLLOS DO PEPE DE LOURENZO
COS SEUS 6 ANIÑOS
Como o seu nome o dice, Xurenzas
Terra de intelectuais, de Castros, e de Cregos.
Os castros de Xurenzas encontrase a unha legua pasada do Carballiño pola brea vella
pasando por Longoseiros, Fondo de Vila o Cepo ó pasar Xurenzas encóntrase as virtas tórcese a dereita e pásase por “lama do can” e alí están os montes comunais; o noso monte linda o sur dos castros antigamente daban toxo manso e carascos pero despois foron estibadados sementaronlle centeo e despois toxo bravo
A súa topografía en ladeira, e asua vista a perder os oyos, desde pena corneira asta o paraño pasando por coto molin e a explanada de brues, co seu caudal do rió viñao, o mini clima especial, os manantiales de aguas mornas e dulces, as suas froitas un delicioso manxar e as distinguidas verduras, sen olvidar a sua fauna que a adora. Xurenzas hasta hai unha decada os camiños e as calzadas principais da aldea eran bestixios romanos e ainda se atopan alguns, e tamen estaban cubertos de parras de uhnos tres metros de alto, que daban un riquilante pro veran moi bon esas parras estanban compostas de caiña e brancellao tamen havia alguas de mencia que cando os racimos colgaban eran moi bonitos
Xurenzas encontrase a unha legua pola brea vella do Carballino pasando por Fondo de Vila da parroquia das Astureses, agora hai estrada e son uns 6 kilometros, tamen se pode aceder pola estrada nacional de Pontevedra pasando pola Almuzara e o Penedo de Xuvencos
Os seus veciños dividense en cinco pateiras

A Caiña; na parte baixa do lugar (CAIÑA) o parecer
este nome debenllo todolos apelidos Caiña de toda España;

As familias; as poteiras, os bincoleiros, os lourenzos, os gamallos a chanantona, as piteiras, e tamen viviron os baros en total unhas 28 persoas

As eiras; A carasca, os ferreiros, os gallardos, a peregrina, a navasa, os cegos, e a señora concha das eiras

O medio do lugar; os de candido, os pachecos, as illoas, e os arutos,

A taverna; os tenasios, os cristos, os chascos, os garduños, e a señora pura da taverna, que o seu apodo era as finas, e tamen estuveron os neiras que eu non os conocin pero as familias existen.

A cima do lugar; as leisas, os cregos, e os outeiros

Xurenzas 60 anos mais tarde atopase con un novo respiro de casas reconstruidas e novos proxectos sen olvidar a vella arquitectura, todo un soño para aqueles que poden facelo.

E tamen lle vou falar do souto que sempre foi o parque recreativo ou o comunal de Xurenzas antigamente case todos os veciños plantaban un arbore onde sempre eran os donos os castaños sacudianos, e os carballos acotabanos pra leña, o que se chamaba forza de enerxia renovable,
O souto agora fixeron una area recretiva donde o concello encargouse dos traballos sobre a responsabilidade do encargado de obras Jose Paradela e o Sr. alcalde, Cipriano Caamaño
conta cuns merendeiros unhas cascadas espetaculares coa fonte de Neira e a fonte da Caiña, a pia de lavar a roupa e a puza do regos, principal abastecemento de rego para os prados da casa,

Xurenzas e tamen o nome da parroquia de san Pedro cunha Igrexa que se encontra nos diestros, unha igrexa de estilo barroco con dous bodaquinos de estilo gotico, tamen esta composta de barias aldeas; Xurenzas, Prado, Bentosa, Balboa,
A Ponte, e os Diestros