Luz ahora: 0,12200 €/kWh



UN CONTO, COIDADO CON O QUE SE ATOPA
Un día unha moza que camiñaba por o camiño vello concretamente por detrás das escolas de Dña. Orosia, nunha casa vella media en ruínas propiedade da Nanda do Correo chamada o “Tacheiro” donde a xente a veces acostumaba a ciscar o lixo, atopou unha lámpada vella toda ferruxenta e chea de po, desas que lle dicían un quinqué de aceite, con catro mechas e púñanse no medio da mes para alumar, fregouna con as mans pra limpala e de dentro saíu un mago, a moza asustouse ... (ver texto completo)
O ALBOIO COMO DICIMOS POR AQUÍ, TAMÉN LLE CHAMAN ALPENDRE, CABANÓN OU PALLEIRA.
A modo de prologo.
Antigamente había grandes invernías, e a rapazada tiñan poucas cousa pra entreterse antes de iren para cama, hoxe que teñen ordenadores e outras trangalladas, no teñen aqueles grandes invernos. Veño do País da chuvia eterna. Veño do fin do mundo. Son de onde a auga muda a eternidade en melancolía e a melancolía se torna en nostalxia perenne. Veño da máis fermosa terra que a natureza, na súa eternidade, puido parir. Veño da pedra e o vento do norde, xélido e eterno. Son do país que os homes chamaron Galicia. Son da terra que os deuses quixeron chamar ETERNIA - WALTER STARKIE
O alboio é unha das construcións das casas de labranza que mais usos ten. Normalmente están construídas con seu portón mirando o norte ou este por ser se donde as choivas azoutan menos. Nun lado da parede a súa man esquerda esta unha parteleira donde se poñen as ferramentas pequenas, e o lado ai un travesaño adonde se finca, eixadas, cavóns e as espalladoiras, no fundo do alboio enganchado a parede un serrón curvo pra tronzar a palla do trigo e mesturar con a herba verde pra facer as empalladas pra darlle de comer o gando. Un pouco retirado o cortello do porco, pois por moito que o lavases sempre cheiraba mal, por alí preto o galiñeiro os coellos e mais lugar adonde se
gardaba a leña.
De parede a parede uns rebrotes de castiñeiro e encima deles uns travesos de salgueiro pra por a herba seca enriba, a maioría era chamada de serra, encima dela os gatos ían a durmir pois así estaban mais quentes, cando ías por unha pouca as veces cheiraba o mexo deles. Na parte dianteira do mesmo a eira, a estas dedicáronselle moitas cancións (1) algunhas cubertas de lousas, e outras seu chan era de xabre, este era mais traballoso pois sempre había que darlle un repaso co pisón. Se non fora por a chuvia a eira tería mais usos co alboio, nela estendíanse as espigas do millo despois de esfolladas pra que enxugaran un pouco a de as meter no canizo, tamén se estiraban os feixóns pra que secasen ben antes de mallalos, o trigo, centeo, e outros cereais facíase mesmo co eles pra que o mallalos soltara, ben o gran, (2) hoxe en día xa esa labor non se fai a man pois hai malladoras mecánicas. Estaba eu sentado na portón do alboio nunha banqueta, que tamén se usa pra cando se vai muxir a vaca, debullando unhas espigas pra darlle de comer as galiñas, e estas andaba de roda miña por si caia algún gran aproveitalo, o galo que era o xefe da banda pasaba por o lado de algunha e rascáballe a asa e botáballe unha cantada por si tiña ganas de boreo. O tempo ameazaba choiva, e os nubrados corrían cara a o Norte haber quen chegaba primeiro a non sei donde, o pasaren algúns descargaban parte da auga pra non iren con tanta carga, esta o caer enriba do tellado azoutada polo vento filtraba por as rendijas das tellas e despois de por veces caíanme pola cara, o vento con seu mal humor, escorreu unha tella e por o burato caia unha pingueira, e pra que no mollase moito o chan, púxenlle unha lata bacía pra recollela, e esta o caer facía un hap, chap acompasado que parecía un relo de marcara o tempo.
Uns grandes eucaliptos que no lugar da Barbiella, hai la fondo do eido o vento facía dobrar as súas copas que case bicaban o chan. Do vento oíase o seu fungar e das arbores algunha queixa que outra cando este lles botaba unha galla abaixo. Todo era un pelexar contra o mal tempo.
Os paxaros todos desacougados voaban buscando unha arbore pra durmiren abrigados, os pardellos que son os mais espavilados metíanse no canizo pois ademais de refuxio tiñan que comer, E como ía dicindo debaixo del o can tendo coidado que non foran a roubar as espigas, e de ai ven o dito de cando unha casa era de labranza era forte, dicíanlle que era e casa de can e canizo, cando un rapas andaba procurando noiva, o consello que lle daba era busca unha que teña can e canizo na casa ou sexa sobriña de cura. o día remataba e a min entrábame unha modorra que facía dar cabezadas, miña nai asomou na porta da casa e chamou, Manuel e ora de cear vai na adega e trae o viño, o meu lado tiña unha xerra desas de pedra branca, moi barriguda e con un bico pra verter o viño sen ciscar na mesa, cando entrei había nunha travesa, unha papeira de porco adobada en zorza e cocida con uns cachelos, e pan de centeo ou millo pra acompañar, esta había sobrado do cocido do mediodía. ... (ver texto completo)
FIGOS PASOS
Unha vez viña un camión dá empresa de transportes Moure, encargado de traer a mercadoría para vos comercios do Baixo Miño dende Vigo, cando ou chegar en Areas e coller para Sobrada, caeulle abaixo unha caixa con figos pasos por diante do cemiterio de Areas, e ao virar na curva cara a Sobrada caeulle abaixo unha caixa. Dous rapaces que viñan dás mozas comentaron: viron a caixa dous figos, e un deles dei:
Ai home, e habemos deixar quedar aí a caixa? Encheron a gorra que traia un deles ... (ver texto completo)
SOBRE O MOSTEIRO DE TEN TUDIA
Coroando a próxima serra de Tentudía, como a súa creación máis representativo e fito inseparable de Calera, álzase o nobre mole do Mosteiro de Santa María de Tentudía. (1) A obra orixinaria do século XIII foi obxecto de diversas modificacións e adicións, polo que podemos dicir que se foi recreando no tempo. O templo é a parte máis antiga e nel podemos apreciar vestixios da súa primitiva construción en arranques de arcadas que nos dan idea da planta de tipo basilical ... (ver texto completo)
Por si me quedou no tinteiro o felicitarte nestes dias, mais vale tarde que nunca
QUE PASSASES UNHAS BOAS FESTAS E QUE ENTRASES NO ANINOVO CON O PEDERITP PRIMMEIRO, EN COMPAÑA DA FAMILIA
Pablo Pousa
Goián
venta de apartamentos o pasaxe pontevedra
para pepe el asturiano y familia
gfelices fiestas y mejor a
el apellido troncoso de que region de españa es?
O apelido ou sobrenome troncoso e de orixen safardi (hunha das ramas dos xudeus espulsados da españa) na actualidade estan considerados siubditos epañois
Goián a noite máxica de San Xoán
No resto de España a noite de San Xoán e diferente o resto da Galiza, en Goián trátase doutro ciclo, doutra relixión doutro planeta, entra con forza nel (Goián (Santiago de Tollo) descrición: a carón da figueira das “margaritas” (1) case no alto dela con a bandeira republicana izaban o maio, unha vara alta coma de uns vinte metros revestida de buxo e flores. As noticias recollidas polo xeógrafo grecorromano proveñen de Posidonio, que á súa vez saqueara os testos ... (ver texto completo)
el apellido troncoso de que region de españa es?
likor de hierbas cilantro
Referente a la foto es un paisaje del río Miño desde el lugar llamado el Ariño en Goian (Tomiño)
Hola desde Uruguay. Estoy buscando familiares de Vicente Novoa y Alvarez nacido en Tui en 1867. Vicente se recibió de bachiller en 1881 en el Colegio Aposotlo Santiago de Pasaxe y de abogado en Santiago de Compostela. Sus hermanos eran Antonia (creo que casada con Rodriguez), Adriana, Luisa, Francisco (medico), Luis y otros. Sabemos que Antonia vivía en La Guardia y la flia tenía panadería en 1951 que supongo es la llamada viuda de Recaredo Rodriguez. Si alguien nos puede dar datos para conectarnos ... (ver texto completo)
Goianeses ilustres:

Novoa y Alvarez (D, Francisco),

D. Francisco Novoa médico en Goián
Casado con Dña. Antonia Alvarez
Hijos del matrimonio: entre ellos,

Francisco nacido en Goián en 1865
Falleció en Goián el día 21- 7- 1932 ... (ver texto completo)
Cando eramos mozos de 20 anos rexentaba a cantina do Centro Goianes o Ricardo da tie Justa de mote chamado o “Bastida” este señor tiña dous fillos unha moza e un mozo chamado Leandro “ O Leandriño”
Este era moi medroso, e os amigos sempre lle estaban facendo putadas. Un día pola noite estabamos apostando de que era capaz de entrar so no cemiterio, un señor maior chamado o Raul do Cañoto, di el
si pagades os viños de todos entro eu.
Sae a cuadrilla do centro cara o cemiterio, o chegar diante do ... (ver texto completo)
O AMOR
Mirar.
Sonrrir.
Calar.
Suspirar.
Por o teu escote entreaberto
miro o asomo dous teus seos
a descifrar non acerto.
Serán brancos, serán morenos?
Nas túas mans unha flor, ... (ver texto completo)