Hai vinte anos que non piso a terra na que nacín. Pero sigo o día a día da nosa xente. Preocúpame o futuro de Aldán pois o cemento vai estragar o seu principal recurso: a Natureza. Conservade a maioría destas fotos pois dentro de moi pouco pasarán a ser "fotos antigas de Aldán". Nun curruncho do meu corazón mantéñense vivos os recordos de toda unha vida..."Pois o que ben quixo un día, se a querer ten afición, sempre lle queda unha bágoa dentro do seu corazón".