Rebaja tu factura AQUÍ

CHANDEBRITO

Habitantes: 504  Altitud: 360 m.  Gentilicio: Chandebriteños 
Hoy amanece en CHANDEBRITO a las 10:00 y anochece a las 19:06
Nº mensajes: 3 
Puedes completar o corregir la información publicada >>

Situación:

Parroquia situada ao nordeste do municipio de Nigrán, limita polo sur coas parroquias de Coruxo e de Valadares (pertencentes a Vigo), polo Sur e Oeste con Camos (Nigrán), polo Este con Vincios (Gondomar.
Situado a 9 Kms. da costa Atlántica (por estrada)

Ayuntamiento:

Nigrán (Provincia de Pontevedra)

Monumentos:

- Castro de Chandebrito (poboado da idade de Ferro, construido entre o século VI a. de C. e o I d. C.).
- Igrexa parroquial de estilo neoclásico, construida no ano 1786 e ampliada no 1892.
- Casa Rectoral, construida entre finais do século XVIII e principios do s. XIX
- Petroglifos (1.800 a. de C.) do Rabete, Chans de Rapadouro, Ventaniñas, etc. Muíños rupestres (3.000 a. de C.) do monte de Sanomedio, Casa de Couso, Mazarocas.
- Cruceiros do século XIX, ao pé do castro.
- 11 muíños de auga (Muiños de Rodas, muíño dos Matos, das Loureiras, do Castro, etc.)

Fiestas:

- Festa principal: na honra da Virxe das Dores, San Antonio e O Cristo: celebrada o segundo fin de semana de xuño.
- Sanomedio (San Mamede): o 26 de agosto.
- Virxe do Rosario: 8 de outubro.
- San Xose (patrono da parroquia): 19 de marzo

Costumbres:

As regas: dende finais de xuño, tras facer a limpeza da presa e dos regos de Lapela, e cada 17 días ata o dia 8 de outubro a auga da presa de Lapela úsase polos veciños para regar os campos de millo do barrio da Igrexa, sendo a presa de auga máis importante de toda a parroquia.

Historia:

Antigamente os catro barrios históricos (Tomadas, Igrexa, Pracíns e Rozadas) pertencían á parroquia de Camos. O actual barrio da Igrexa denominábase daquela Chan de Brito, ata a construción da igrexa no 1785, pasando a ser parroquia independente no ano 1807.
No ano 1997 editouse o libro Historia de Chandebrito, realizado polo Clube Maúxo e no ano 2005 o libro "Chandebrito, lembrando imaxes do pasado", realizado polo veciño Carlos Gómes Costas, co-autor de "Toponimia de Chandebrito" e autor de "O que contaron de nós, Chandebrito na prensa do século XX", así como de varios artigos sobre esta parroquia.
Viviu un dos episodios máis tráxicos da súa historia o 15.10.2017, cando o lume arrasou case toda a súa superficie, rematando coa vida de dúas veciñas do lugar.

Turismo:

Cada ano pasan centos de visitantes, tanto en bicicleta, como en cabalo, a pé, etc. Percorren os sendeiros de Chandebrito (Castro, muíños do Regueiro, etc.) e dos Matos (dende Pracíns ata a igrexa de Camos, pola beira do Río Muíños, que é o máis importante do municipio e nace nesta parroquia).