Luz ahora: 0,13283 €/kWh



Atardecer na serra en Goián

De un pálido amarelo
as cumes dos montes tintadas,
por un solpor sinxelo
como acuarelas augadas.

A espesa néboa,
as súas follas,
os sobreiros ... (ver texto completo)
A Lenda da Espada do Mouro

Di unha antiga historia que en certas encrucilladas de algúns camiños de Goián (ala polo barrio do Pazo), cando chegaba o anoitecer, aparecíase unha alma do outro mundo en forma de rapaza, moi fermosa, cuns cabelos longos ata a cintura e moi louros, cun falar tan feiticeiro que ó mozo que se atopaba con ela engaiolaba de tal maneira que o faia andar toda a noite ata o amencer acompañándoa na súa peregrinación por este mundo. Ós rapaces ós que isto lles acontecía, comezaban ... (ver texto completo)
(Esta historia que bou contar)

UNHA DE OVNIS

Esta historia que bou a contar aconteceume a min fai un tres anos, nunca lla contei a ninguén
pensando que a resposta sería, outra mais das túas, non sei de donde as sacas.

Como os bou a relatar, un daqueles días que lle apetece a un dar unha camiñada e contemplar as leiras cheas de pampullos e vivoreras moradas, senteime enriba da fonte, do "ollo no cú" e alí do outro lado do camiño nun plano mais alto queda o campo chamado "a fragosa", supoño ... (ver texto completo)
Foro de GOIAN (Pontevedra)
cruceiros
Para un asturiano que de por veces mora al lado dO cruceiro da Soidade en Tollo, Goián
Poemas os cruceiros

“Canta pedra, durmida e acochada
da terra nai no agarimoso seo,
esperta do seu sono milenario
e quer ser oración e pensamento
frorece nun baral, estende os brazos, ... (ver texto completo)
Contos o carón da lareira
A cor do tardo (trasno)
(un conto do imán de ti Prudencio)
Un día un rapazolas preguntoulle a seu tío que era irmán do Ti Prudencio e vivian no fundo da Barbiella, de que cor era o tardo.
E seu tío respondeulle do burro o fuxir. E cal e a cor do burro fuxindo
e seu tío dille............. Pardo, e como sabe que e pardo, porque eu vin un pola noite fuxindo, e pareceume pardo, pois a xente di, que polas noite todos os burros son pardos.
O rapas rascou cas uñas na cabeza, e foise pensando naquelo preguntoulle seus compañeiros por a cousa e ningún lle supo contestar. Unha noite indo pra casa do serán que facían na casa do Ti Matieus por o camiño da Barbiella sentiu pasos detrás del, parou e os pasos pararon e así dúas ou tres veces, o home xa ía medio mosqueado como se di, e parou para abrir o portal, e os pasos que escoitaba pararon, encheuse de coraxe e deu volta pra trás para ver que raio era aquilo e atopase con media ducia de ovellas que andaban perdidas e estas ían detrás del.
Continuo o camiño, e ía pensando se isto lle acontece e a outro con medo, xa iria dicindo que lle aparecera o tardo, e el dicindo o que é a inorancia
Cantinflas decía lo que es la falta de ignorancia. ... (ver texto completo)
A PESCA DO SABLE E SALMÓN CO ALCHARIFE

Chegado o fin do ano, xa os patróns dos barcos andaban descolgando as redes que tiñan penduradas no alboio pra que os ratos non llas rillaran.
Estendíanas na tendelada para darlle un repaso, e ver si facía falta meterlle un copo novo, e mesmo tempo si tiña algún roto remendarllo, outras veces tamén as encascaban, este proceso consistía en por un pote moi grande con auga o lume na que se lle botaban cascas de salgueiro e metían as redes dentro a corar pois ... (ver texto completo)
neste poema non citei a reme a cal debe ser unha desas cousas que lle da vida o pobo
O pontífice recibiu hoxe o presidente de Coren, Manuel Gómez-Franqueira, que aproveitou para explicar a historia da cooperativa ourensana e a orixe do manxar que é elaborado no convento das Clarisas de Allariz.
O envío, que partiu o pasado luns dende Ourense nun vehículo frigorífico, pretende achegar ao pontífice unha ave femia de raza campera que, debido ás súas características xenéticas e a unha crianza tradicional en semiescuridade, dá como resultado unha carne infiltrada, substanciosa e tenra ... (ver texto completo)
Desde o cruceiro da Soleda, preguntan, ¿por donde anda o asturiano?
Estimado Pablo, no sé las personas que seguimos este foro, pero es una pena que sea yó el único que responda y agradezca tus escritos sobre lendas y cosas sobre Goián, te ruego que sigas ofreciondonos tus recuerdos sobre las cosas antiguas de los vecinos y ocurrencias pasadas.
Te mando un fuerte abrazo y me alegro de que tus trabajos, es muestra de que te encuentras bien. Saludos para todos desde Asturias. PEPE.
Veño do País da chuvia eterna. Veño do fin do mundo. Son de onde a auga muda a eternidade en melancolía e a melancolía se torna en nostalxia perenne. Veño da máis fermosa terra que a natureza, na súa eternidade, puido parir. Veño da pedra e o vento do norte, xélido e eterno. Son do país que os homes chamaron Galicia. Son da terra que os deuses quixeron chamar ETERNIA.
XAN ARCO DA VELLA
Así e o amor
(por si algunha moza visita este foro

Unha mirada.
Un sorriso.
Unha boca pechada.
De falar non hai présa.

Outra mirada.
Outro sorriso. ... (ver texto completo)
[ A Barca-Goián, 3 de marzo de 1644]
LIBRO PRIMEIRO
CAPÍTULO XXXV
PÁXINA 61
Toma o Conde de Castelo Melhor a vila da Barca de [Gayão] Goián,
que é saqueada e incendiada.
É parte da defensa dunha provincia a ofensa feita na do inimigo, e non é menos telo en perpétuo cuidado de defenderse, e reparar sen saber por onde se pode ser acometido, porque en fin, a mellor defensa é a ofensa. Así o fai o Conde de Castelo Melhor [Gobernador das Armas de Entre Douro e Minho], como se verá escrito, ... (ver texto completo)
cando chega o tempo que se pediu
xa chega o tempo en que non se pode
VERDURAS
(NORMAS BÁSICAS PRO SEU COCIÑADO)
As patacas sendo para facer puré, bótanse a cocer en auga fría, sendo pra guisar bótanse en auga a ferver e sendo para facer ensaladillas ou un entrantes hai que deixalas arrefecer na auga de cocelas.
Os freixóns si son verdes, en auga a ferver. Xudías verdes, tirabeques, ervellas ou"chícharos", e fabas, en auga ferver. Os garbanzos ponse en agua morna despois de estar de remollo. É as lentellas e os feixóns en auga fría póndoos antes tamen de remollo.
Nota: ... (ver texto completo)