Antes de abril, xa no mes de febreiro, mais cun espírito festivo tamén de recepción da
primavera, hai unha
tradición exclusiva da localidade de
Tabagón (
O Rosal), no extremo sur da provincia de
Pontevedra. Aquí os veciños adoitan erguer un
arco de gran tamaño e vistosidade, consistente nunha estructura de formas xeométricas decorada con
flores. O arco-maio de Tamagón non ten paralelos idénticos coñecidos por nós en Europa en xeral, o que o converte nun fenómeno de gran singularidade.