Noticias de Goián.
Os días 15 y 16 de este mes de Agosto na ermida de San Roque celebráronse os festexos, na súa honra, no día quince por a maña cedo unha tirada de bombas anunciaba os mesmos, en un par de treboadas recorrían os barrios recadando esmolas para axuda dos mesmos, na tarde o grupo de gaitas “xeración do chupito” animou con o seu repertorio a xente que asistiu a unha grande sardiñada, e por a noite dous grupos musicais amenizaron a verbena ata a madrugada.
O día 16 as bombas espertaron a xente para que non se esquecesen de preparar a xanta, as 12 do mediodía misa e procesión, é o acabar gran poxa de plantas, animais domésticos e roscas, na tarde unha gran tirada de fogos de artificio (estralo) que foi impresionante, a continuación un grupo folclórico animou con súa música e bailes a parroquia, e por a noite outros dos grupos animaron a verbena, parabéns o Sindo alma-máter da festa, e bo regreso a Novayorque, a el e súa dona.
Nota necrolóxica.
Despois de trescentos e corenta anos de vida unha das sobreiras do torreiro da festa, fai tres anos que faleceu, aínda recordo cando no cimo dela facían o “corete “ para os gaiteiros, no seu sitio había que plantar outra, en documentos do arquivo da catedral de Tui datados en 1730 din no arredor da capela hai cantidade de carballos e sobreiras que co seu produto arranxase a capela.