Luz ahora: 0,12560 €/kWh

GOIAN: En algun escrito as mencionado Parderrubias. te mando...

En algun escrito as mencionado Parderrubias. te mando algo en gallego sobre ello, espero lo entiendas. Saludos

SALCEDA DE CASELAS

Superficie: 36,1 km² - Poboación: 6835 habitantes - Parroquias: Entenza (Santos Xusto e Pastor), Parderrubias (San Tomé), Picoña, A (San Martiño), San Xurxo de Salceda (San Xurxo), Santa María de Salceda (Santa María), Santo Estevo de Budiño (Santo Estevo), Soutelo (San Vécente) - O municipio de Salceda de Caselas está situado ao sur da provincia de Pontevedra, pertencendo xeográficamente a comarca do Baixo Miño con unha extensión de 36,1 km cadrados. Linda o norte con o municipio de Ponteareas; o este con Salvaterra do Miño; o sur con Tui, por o oeste con o Porriño. Os montes principais son o Monte Faro, con una altitude de 395 metros, o Chan de Melo, con 402 metros, e San Cibrán, con 430 metros. Destaca no aspecto económico o importante desenrolo industrial do polígono de O Cerquido, en Budiño, e tamen explotacións de canteiras de granito. O orixe do nome do municipio ai que buscalo no de Santa María da Saliceta, mosteiro de monxes e monxas fundado en el año 914. Este mosteiro foi triste refuxio de Aragonta, que foi repudiada por seu home Ordoño II, rei de León e Galiza ambos dous fundadores do mesmo, e sobre o que se levanta a actual igrexa parroquial do século XVIII. Outra referencia a esta vila ven do tempo de Felipe II; durante seu reinado Pedro de Alemparte Correa, arcediago da igrexa de Santiago, comprou a este rei a Freguesía de Santa María de Salceda pra edificar a casa-granxa do Pegullal. Na guerra da independencia a vila foi tomada por as tropas francesas. E mentres tanto as tropas galegas en defensa da España, baixo o mando do Abade do Couto, atrincheiráronse xunto da ermida da Ascensión (Entenza), pra poder dende alí reconquistar a cidade de Tui.

O concello de Salceda sobresae por os numerosos e fermosos pazos esparexidos polo seu territorio.

O pazo de Budiño é un pazo agrícola, de construción datada do século XVI. O morgado desta casa foi fundado por Lourenzo Correa Vázquez de Lemos no ano 1610, casado con Dona Teresa Salgado.

Na parroquia de Entenza destaca tamén outro pazo no lugar chamado A Corisca, que pertenceu ao xeneral Rubio, personaxe de moita influencia nos destinos desta parroquia. Merece especial interese, ademais, un cruceiro barroco, datado no ano 1680, así coma a propia igrexa parroquial de posible orixe románica.

En Santa María de Salceda cómpre subliñar outros dous fermosísimos pazos: o de Pegullal, cun grande escudo de armas dos Correa, Mendoza, Quirós, Sarmiento y Sotomayor e dobre escalinata e solaina de balaustradas, é digno dunha visita pausada.
Durante o reinado de Felipe II, Pedro Alemparte Correa comprou o Rei a freguesía de Santa María de Salceda, para edificar o pazo-granxa do Pegullal.
Alvaro Tan Correa proxenitor do señorío do Pegullal casou con Margarita Yañez Correa da casa de Goián.

(D. ANTONIO CORREA, IV sucesor de Goián, casou con Dona Magdalena de Zúñiga, da casa do Pegullal; é en segundas nupcias con Dona. María de Sandoval Quiroga e Saavedra. Un fillo foi rexidor de Tui.)