Datos e antecedentes do forte de San Lourenzo en Goián
Despois da asinatura da Paz de Lisboa, en febreiro de 1668, as prazas conquistadas en territorio contrario son devoltas. Desde o fin da guerra, o forte da Concepción aínda durou cinco anos despois dos cales foi desmantelado e substituído por unha nova fortificación máis preto do río que levaría o nome de San Lourenzo. A construción do novo forte por orde da raíña rexente Mariana de Austria, a petición do Condestable de Castela, en carta datada en Pontevedra en xuño de 1668, foi construído no lugar onde estaba o fortín da Barca, e de seguro, utilizaron materiais do anterior. A nova fortaleza foi levantada de acordo cos planos mandados polo condestable, e revisados polos coroneis enxeñeiros Carlos e Gustavo Grunemberg. que durante moito tempo permaneceran en Galicia.
D. Juan del Castillo Maestro de Campo, xeral, ordenou ao conde Humanes, Gobernador e Capitán de Galicia, a súa construción valéndose para iso do Mestre de Campo D. Diego Arias Taboada, perito en fortificacións Nunha descrición de século XVIII, consta que a súa figura e construción é un rectángulo perfecto con catro baluartes, tres revellines foso e un anaco de camiño cuberto, o seu maior polígono é de 177 varas e o menor de 158. Ten capela, almacéns de pólvora e outros almacenes, cuartel para tres compañías de Infantaría, casa do Gobernador, cuarto do capelán e outra para oficiais, as paredes destes cuarteis en que podían acomodarse sesenta cabalos, un pozo a proba de bomba e outro descuberto no foso, cantina e panadaría. O corpo de Guarda era na casa restaurada por a neta de Rosa Costa, na beira do río.
As obras custaron 143750 reais que se sufragaron con sobrantes das pagas dos soldados,
sobre a porta principal nunha lápida figura a data do súa construción, ano de 1673. Funcionaba coma un parroquia, tendo libro nacimetos, casamentos e defuncións cen anos despois 1753 figuraba asegun o catastro de Ensenada:
GUARNICIÓN DA FORTALEZA DE SAN LOURENZO
DE GOIÁN
D. Roque Acustia Taberner, de setenta e dous anos, gobernador, ten na súa compaña dous criados mayores de dezaoito anos, e cuatro criadas: ten de soldo ó ano setemil cento corenta reás e vintecatro maravedís de vellón.
D. Alonso Palacios de corenta anos, Capitán de chaves: ten de soldo o ano miltrescentos sesenta e tres reás e vinteseis maravedís de vellón.
Hilario Rodríguez, de cincuenta anos, sarxento, solteiro
Xacinto da Pousa, de sesenta anos, sarxento, casado, ten un fillo menor de dezaoito anos, e dúas fillas.
Xoán Garrido, de cincuenta e seis anos, sarxento, solteiro.
Xoán Cifuentes, soldado, de sesenta anos.
Antonio de Lérez, soldado, de cincuenta e oito anos.
Caietano Fernández, soldado de cincuenta anos.
Xoán Alonso, soldado, de cincuenta e catro anos.
Francisco Amorín, soldado, de sesenta e seis anos.
Pedro García, soldado, de sesenta anos.
Xoán Beata, soldado, de sesenta anos.
Joseph Benítez, soldado, de corenta e oito anos.
Bartolomé Rodríguez, soldado, de sesenta anos.
Bernardo Meléndez, soldado, de cincuenta e seis anos.
Benito Méndez, soldado, de sesenta e un anos.
Francisco Díeguez, soldado, de cincuenta e cuatro anos.
Xoán Paredes, soldado, de cincuenta e oito anos.
Alberto de Ucha, artillero, de cuarenta e seis anos.
Lucía Branco, de cincuenta e seis anos, solteira.
cociñeira da guarnición.
Ata o ano 1909 cando a guerra da independencia non temos noticias do forte de San Lorenzo, que segun o historiador portugués Simao dá Luz Soriano, que a artillaría do forte de Goián o cal estaba ocupado polos Franceses, contestaba á portuguesa de Cerveira, despois os franceses marcharon cara Tui.
O día 12 saíu con xente da Guarda e o val do Rosal o Portuges Serpa con 200 homes ata o castelo de Goián e mais o capitán Almeyda, establecendo o cuartel xeral na casa dos Correa
Cando a campaña de Napier: en 1834 en favor do rei D. Pedro de Portugal, saíu de Setúbal con 1000 soldados ao porto de Vigo e de alí trasladáronse a Guarda e o forte de Goián
E o 15 de setembro do ano 1873 foi sacado a subasta quedándose con el Juan Ramón Ozores de Goián por a cantidade de 12.763 pesetas. Un ano antes fóralle adxudicada a subasta a D. Carlos Vaquero Pumares por o montante de 190.500 reais renunciando a mesma por enfermidade.