Pablo Pousa Carrera
Bº A Calle nº 18
36750 - Goián
Pontevedra
OUTROS TEMPOS OUTRAS COSTUMES
Ata os anos sesenta, a maneira de vivir, traballar, os ritos e outras cousas da vida cotián da xente eran a mesmas de fai mais de cen anos atrás, pensade que o pan trigo dende a guerra civil ata o ano 1952 estivo racionado.
A partir dos anos sesenta a situación empezou a cambiar rapidamente. os novos métodos de traballo evolución rapidamente con novas máquinas, a química e a enxeñería fixeron grandes progresos e agora mesmos as novas tecnoloxías -como se di-, sobre de todo no campo da eletronica non espera anos nin meses, de un día pro outro aparece unha cousa inesperada. Hoxe en día un neno de poucos anos sabe manexar un ordenador, pero ao mellor non sabe tirar un pión, nin xogar a cachiza.
O día que estas liñas estaba escribindo, dime un neto: avó, por que escribes iso se todo e mentira?, E eu respondinlle: cando ti, da miña idade o leas, xa me dirás: se é mentira?
LABREGO
Toda a miña xente
de labregos foi,
xunguidos á terra
con xugo de boi.
Meu pai é labrego,
tamén meus avós:
¡pasáronse a vida
tripando terrós...! (1)
Cando o sol quere saír e o día comeza a alborexar saltas da cama, e abres a ventá para ver como esta o día. Que é o primeiro que oes na túa parroquia?, pois, o cantar dos galos nos seu currais. (hoxe xa poucos se oen cantar, cantaban a porfía, para dicir, na parroquia mando eu) Dicían os vellos: hai que ser coma as galiñas ir cedo pra cama pra ser o primeiro en madrugar! De seguido a campá da igrexa toca o ánxelus, e nas casas fumegan as súas chamborras, pois o almorzo hai que tomalo quente.
O dono comeza cedo a traballar e o primeiro que fai e estrar con toxo novo as cortes e bótalle de comer as vacas, mentres a súa dona as monxe, pois o leiteiro axiña chegará. Os nenos esperan por súa nai para que lles dea o leite recen muxido, para iren a escola.
Durante todos os meses do ano, hai sempre moita faena.
No inverno, en xaneiro: hai que facer de facer as labores de fondo en viñas e froiteiras, tamén as podas pero non en días de xeada. Tamén e tempo de rematar a sementeira dos cereais.