¡Chacho, vaia choíño que arránxaste!, de onde é!
Por que? – dígolle eu.
Por se tiña algunha compañeira pra min...
Pois a maña xa llo preguntarei.
No seguinte día por casualidade era o plenilunio e fun ata a fonte, xa estaba ela á miña espera: Comezamos a conversa e dime:
Tesme de bicar, pra desfacer un feitizo que me ten convertida no que me ves, voute contar como isto me aconteceu. E ela, con aquela parola mimosa e engaioladora, foime relatando o que lle acontecera.
Eu, non é por gabarme dicíame, era a moza máis fermosa do barrio da Gándara e arredores, e andaba namoriscando cun rapaz do Padrón pero meus pais non querían que me líase con el. Miña nai foi consultar con a Tie Pepa de Budiño que era unha das meigas de máis sona do Baixo Miño a ver que podían facer pra que deixase aqueles amoríos, e polo que souben máis tarde, a meiga díxolle que non era doado pois tiña os seu perigos.
Miña nai que era de rapar e peitear, díxolle a meiga, é igual. Pois entón tesme de traer unha prenda interior de túa filla, e despois xa veremos o que hai que facer.
Canto lle debo? E a maña non vas volver? Logo xa pagas todo xunto.
No outro día colleu o primeiro coche da carreira da Guarda a Vigo, e la foi onde a meiga con o que lle pedira. Mandouna pasar pra un sala na cal había varios rosarios de allos e sobre unha cómoda a medalla de San Bento da Porta Aberta, que o que máis se usa para os esconxuros.
Pon as prendas nesa cadeira díxome ela-, e trouxo nunha tella que pousou arriba da fiestra, con unhas poucas de herbas secas, prendeulle lume, e botoulle por enriba unha pouca de terra, e comezou dando voltas derredor miña cun rosario nunha man e na outra a tella bufando nela e botando o seu fume pra min ó tempo que dicía mouchos, curuxas, e todos bichos ponzoñentos e outras palabras que no recordo, ide pra onde non se escoite cantar o galo ou ladrar os cans, pero seguramente excedeuse en algunha cousa de herbas ou latinorios que aqui me tes convertida no que ves..
Eu cheo de receo, biquei a moza pechando os ollos. Cando os abrín, desaparecera. Fun varias veces por a fonte pero non a volvín ver máis. Un día que atopei co Santos na festa da Saúde en Tabagón onde tiña a namorada, preguntoume por ela, e eu díxenlle que tiña ido la pola fonte pero que nunca máis a vira.
(1) Fan uns anos mandei analizar súa auga no laboratorio Poutas en Vigo, dando o resultado que estaba contaminada con materias fecais, seguramente dunha construción que fixeron alí preto. Cousas.......
Pra matalo tempo:
Pablo Pousa - 2.010