Calcula tu ahorro de luz

GOIAN: domingo, 20 de enero de 2013...

domingo, 20 de enero de 2013

CONTOS E LENDAS
Dentro do patrimonio inmaterial que rescatamos, ocupan un espazo importante os contos e as lendas que recolle o noso alumnado. Nun principio pensamos en poñer só as relacionadas cos fortes, pero finalmente decidimos abrir un pouco máis a escolla. Queda pois aberto o campo das lendas e contos, con gravacións feitas polos alumnos a familiares e veciños, pouco a pouco iremos subindo os traballos ao noso blogue.
Moitas das lendas tratan de dar explicación á toponimia da zona, traballo que abordaremos máis adiante.

Algunhas lendas e contos apórtanse en texto, como é o caso desta lenda que nos achega Pablo Pousa (O Cúbico) que publicamos no goianés que el tanto defende:

A inquietante lenda da caveira do cemiterio de Tollo.
(Esto acontécelle a dúas familias que sempre andaban movendo os marcos das leiras onde eran lindeiros)

Contan que houbo unha vez un home, dono dunha granxa no lugar de Fontiala, que un día discutiu fortemente co seu fillo único, tras a discusión nunca máis volveron falarse, ie, o pouco tempo, o mozo morriou repentinamente. Tal era o odio que o pai aínda gardaba no seu corazón que non se presentou no enterro ie no funeral do siou propio fillo, nin acudiu o cemiterio cando o enterraron. Pasou o tempo: Ie o granxeiro converteuse nun home taciturno ie pouco sociable. Aínda así, cumplia coas obrigacións cidadás, ie cando morriou un veciño foille o siou enterro.
O remate da cerimonia, o granxeiro quedou un anaco no cemiterio camiñando por o medio das campas, ié atopou unha caveira. Por aqueles tempos, os sucesos sobrenaturais estábanlle a orde do día, ie así sucediou que a caveira, cun ruxido inquietante, moviou as mandíbulas pra falar: Mañá –díxolle; pasarei a noite na túa casa, coa condición de que volvas facerme ti máis adiante compañía no cemiterio.

O granxeiro, convencido de acharse ante algún sinal do outro mundo, non dubidou en aceptar.
Ademais, decidiu buscar unha testemuña e invitou o Crego da parroquia a visitalo a seguinte tarde. Cando estaban a cear, oíronse uns golpes secos na porta. Aínda que ninguén abriu, unha caveira apareceu de súpeto enriba da mesa. Ante a estupefacción dos dous comensais, o esqueleto deu boa conta das viandas, e desapareceu. Á noie seguinte, o granxeiro armouse de valor para cumprir coa súa parte do trato, aínda que esta vez non buscou compañía. Introduciuse no cemiterio ie buscou a caveira entre os enterramentos adonde a atopara por primeira ves, ie tivo a sorte de atopala, dicíndolle esta. Tes de ir o lado da igrexa, al hai unha escaleira con tres chanzos, xunto a un prado. o granxeiro la foi ie baixounos, encontrándose de súpeto ante unha escena xurdida da niaboa na que vióu uns homes enliados nunha sanguenta pelexa, con paus de madeira e gadañas. Ao velo, os contendentes dirixíronse a el preguntándolle: Buscas un cranio branquexado? Acábase de ir campo ao de aquí o lado.

Cheo de medo, o granxeiro fuxiu, e chegou ante unha casa que apareceu por arte de maxia. Sen pensalo dúas veces, penetrou no siou interior. Nada máis entrar un lume ardiou na lareira, ie xunto a ela viu unha dama e unha criada. A primeira, desconsolada e aterecida de frío, camiñaba dun lado para outro, intentando achegarse o lume, pero a criada apartábaa a empuxóns. Ie o velo, mirárono cas cuncas baleiras dos sious ollos ie dixéronlle: -Se buscas a caveira, tiela de encontrar no cuarto do lado. Ie alí corriou a refuxiarse o pobre granxeiro tras diala, sientouse nunha mesa, ie com sombras vestidas de raídas roupaxes negras, tres mulleres desgreñadas, pálidas e frías sientaronse o lado Por fin, viu sobre o chan, nun canto, cuberta de branco pó, a caveira deslucida. Pero non estaba só, tres figuras estaban con iala. Cunha voz que parecía un eco, undas das caliveras ordena. Muller ¡Dalle de cear o noso convidado! actitude máis propia de zombie que de xente viva, a muller se adiantou cambaleándose pra poñer sobre da mesa un pouco de pan negro e unha sucia xerra con auga. Unha seguna muller arrastrou os pés ata a mesa, na que colocou aínda menos cantidade e peor comida e bebida. A voz da caveira tronou entón:

- ¡Muller! ¡A cea para o convidado! E un terceiro farrapo humanoide apresurouse cara á mesa, pero está vez das súas mans xurdiron manxares e bebidas apetitosas, e o home, por fín, comeu e bebeu ata fartarse bian.- ¡Logo descubriu que da caveira se atopaba ante el sobre a mesa, unha lus parecía brillar nos seus cuévanos: Esta dille, vou explicarche canto contemplaches home, pois o tiou valor e ousadía o meriecen.

Foran os homes contendentes en vida veciños que loitaban entre si por tiarras que tiñan unhas xunto a outras, ie movían as estacas ou marcos, cambiando as marxes, ie agora teñen que loitar entre si por sempre. Os homes ie mulleres enliados en cruel pelexa foron parellas casadas en vida que adoitaban enfrontarse nas súas casas, e agora así seguirán por toda a eternidade. A señora que viste aquí ao lado, morta de frío, foi en vida cruel coa súa criada, e agora sofre a vinganza ata o día do xuízo final. E as tres mulleres escuras, esas eran miñas mulleres:

A primeira sempre me tratou mál, a segunda pior, ie a terceira coidoume bian, ie así quixen que siga sendo. En canto a tí, desgraciado, viñeches a min por non asistir ao funeral do tiou fillo, ie sin embargo fuches non obstante ao dun veciño. Dime, canto tempo cres que pasou dende que saíches da túa casa? Na tarde de onte saín a buscarte, respondeu a caveira con voz titubeante o granxeiro. Aquí liavo setencentos anos, sentenciou a voz do cranio. Ties unha oportunidade arrepíntete, quizais aínda poidas obter o perdón. quédate, volve o cemiterio, busca a tumba en ruinas do tiou fillo, este atopou a desvencillada tumba, axionllouse na tiarra ie pediulle perdón. Io chan fendiouse silenciosamente antón, das profundidades xurdiu unha man, suxeitou a súa, ie como retallos de néboa, ascenderon cara o ciau os espritos do pai ie do fillo.

. P. Pousa

En joianes a miña maneira

pra matalo tempo.