GOIAN: O LIÑO DA RAPOSA, OU COMO A RAPOSA SE LIBRA DAS PULGAS...

O LIÑO DA RAPOSA, OU COMO A RAPOSA SE LIBRA DAS PULGAS
Hai unha herba que nace no medio dos toxeiros e silvas que non ten follas e de cor sosa
de rapaces era coñecida por ese nome, dicían que raposa que a colleitaba pra facer a cama.
A verdade e moi outra, o que andaba recollendo a raposa eran os guedellos de lan que estas deixaban presos cando pastaban.
Entón a raposa con moita paciencia ía xuntando todos eles e facía con eles coma unha pelota, a cal usaba pra desfacerse das pulgas, collía a pelota que fixera da lan no fociño e ía adonde un regueiro póndose de cu a este, e estiraba o rabo indo meténdose na auga entrando de recú. As pulgas o sentiren a friaxe ían escapando cara a cabeza, pero esta so deixaba a punta do fociño fora e entón as pulgas entraba no bolo da lan, entón a raposa dáballe unha sopladela índose por o río abaixo con todas as pulgas.