OS CIMPLONS (en Goián noutros lados os Biosbardos)
Fai anos nunha casa de tollo chamada dos Carinos o chegar o inverno facíase un serán moi grade, pois tiña unha sala moi ampla que súa porta daba o camiño, xuntándose moitas persoas, as mulleres mais novas calcetando, remendando a roupa ou zurcindo os calcetíns, e as mais vellas carpeando a la e fiando, os homes mentres xogaba as cartas, comentaba como lles fora por a Morcela nome que se lle da no verbo (a fala que empregaban os albaneis en Castela pra que non os entenderan pois o galego xa de iren tantos ano ían entendéndoo un pouco) como dicía un día unha raparigota (moza) que estaba escoitando a nosa conversa preguntounos, que eran eses bichos e un dille, son do tamaño dun gato e son moi bos pra comer, ela dinos e como se collen, contéstalle un pos póndose detrás dun balado adonde ai una broeira (burato adonde entraba auga dos camiños, esta arrastraba con élla toda o que os animais vacúns cagaban, e alí acostumábase a plantar o perrexel que se daba moi ben e vicioso. Como ía dicindo póndose un co saco aberto por dentro do balado mentres outros van cuns paus facendo ruído e o mesmo tempo dicindo cimplóns o saco, faltan tres pra catro. E vanse encurralando pra que entren, o que somos e poucos, facíanos falta un pra agarrar no saco, a moza ofreceuse ela pra agarrar nel.
Preto de súa casa había en inda queda algo dela que era coñecida por a casa do Ti Prudencio a cal non quedaba moi lonxe de adonde ela moraba, alí a deixamos co saco, mentres un foi por un gato e nos gritabamos “cimpróns o saco faltan tres pra catro” cando chegou o que foi por o gato métello por o burato e foi pra dentro do saco, ela ata o saco e vaise pra casa se dicir nada, o chegar a nai dille isto son horas de vires, e dille ela fun os cimpróns, e súa nai dille a cimplona es ti, si pero collín un e teño ai dentro do saco, foron na cociña ver o que traia no saco e foron a ver o que traia, o gato estaba danado so bufaba e pegaba saltos menos mal que a véntana estaba aberta e saíu por ela como se o escaldaran con auga, seno inda as ía a gaduñar todas.