Aos goianeses maiores podemos ouvirlles tamén outras palabras estrañas nas súas conversas coma calloa, boreta, lasquear, ajuzalos vigios, bou xunta a caneda, etc. Estas palabras escoitábanselle aos que traballaban na “morcela”, nome de Castela no vervo, pois era tradición dos joianeses iren traballar de abaneis a Castela, desde despois do diluvio universal. Ian e viñan, pero non era un camiño de rosas. Algúns morreram polo camiño, pois ian a pé, e unha besta. Para a ferramenta. Teño apontadas unhas 28 defuncións dende ano 1869 a 1900, aqui deixo constancia só dalgunhas:
Casimiro Alvarez Pérez - casado. Morreu o día 18 de agosto de 1869, na Villa de Ibiden, Zaragoza.
Juan Frías - solteiro. Morreu o día 21 de xaneiro de 1870, en Aldea Nueva del Monte, Sigüenza.
Anselmo Martínez - casado. Morreu (sen data) asentada a súa defunción o 26 de decembro de 1871. Segundo testemuño dos conviciños que traballaban con el.
Juan José Rodríguez - viúvo. Morreu no camiño de Castela na parroquia de Feáns (Bispado de Orense) o día dous de novembro de 1873 aos 73 anos cando regresaba de Castela.
Juan Bto. Martínez, casado. Morreu en Castela sen poder precisar a data.
Jose Pérez Martínez - viúvo. Morreu o día 10 de xaneiro de 1891 en Madruelo - Segovia
Esta xente que ía traballar por aquelas vilas de Castela, desde fai moitos anos (creo que dende depois do diluvio universal eu non o recordo ben pois daquela era cativo) como os nativos xa lles entendían o galego que falaban, inventaron unha xerga chamada o “verbo” para que así non os entendesen. Cando o patrón dos obreiros chegaba á obra, dicían: cata, ajuzos os vigios que pariña o callao polo sudiante (“ chacho, abre os ollos que anda o patrón aí por diante”). Ou: Pariña o louro na queicoa, o que quere dicir que “ o cura xa está na igrexa”. Outra máis para rematar: A caneda que pariña xido, que “a moza que está presente está boa”. Dende aquela xa choveu e xa escampou.
2