O pontífice recibiu hoxe o presidente de Coren, Manuel Gómez-Franqueira, que aproveitou para explicar a historia da cooperativa ourensana e a orixe do manxar que é elaborado no convento das Clarisas de Allariz.
O envío, que partiu o pasado luns dende Ourense nun vehículo frigorífico, pretende achegar ao pontífice unha ave femia de raza campera que, debido ás súas características xenéticas e a unha crianza tradicional en semiescuridade, dá como resultado unha carne infiltrada, substanciosa e tenra dun padal exquisito. A alimentación que reciben por parte da comunidade relixiosa é a base de cereais e cun crecemento lento. A produción deste manxar converteuse nun importante apoio para a economía do convento situado en Allariz.