Luz ahora: 0,00371 €/kWh

GOIAN: A PESCA DO SABLE E SALMÓN CO ALCHARIFE...

A PESCA DO SABLE E SALMÓN CO ALCHARIFE

Chegado o fin do ano, xa os patróns dos barcos andaban descolgando as redes que tiñan penduradas no alboio pra que os ratos non llas rillaran.
Estendíanas na tendelada para darlle un repaso, e ver si facía falta meterlle un copo novo, e mesmo tempo si tiña algún roto remendarllo, outras veces tamén as encascaban, este proceso consistía en por un pote moi grande con auga o lume na que se lle botaban cascas de salgueiro e metían as redes dentro a corar pois a casca do salgueiro conten tanino que é unha sustancia higroscópica, quere dicir que non admite auga e así as redes duraban mais. As redes daquela eran de fío de algodón despois veo outro chamado “ticun” que era mais forte, pero como era maias forte deste solo eran os copos.
O alcharife era unha rede de arrastre cun longo de 120 metros e un alto de 6/7 metros amarrado a dous cordoeiros un donde ían as cortizas (boias) e outro no que ían os pandullos, (unhas bolsas de tela cheas de de area gorda) pra que arrastraran polo fundo do río A malla autorizada era de 14 centímetros, medíase en diagonal.
Estes acababan nunha Y, na que a súa ves amarraba o cordoeiro de terra e o do alto

entrallado

Así mais ou menos era o “alcharife”, despois había os “tremallos” a “ lampreeira” a “muxeira” a “solleira” a “ picadeira” e tamén a sacada ou arraston este arte era moi usada polos pescadores de SEIXAS pro peixe branco solo podían facer un ou dous lances en cada areal.

A QUEBRADA
Estaba formada por un número par de barcos, por exemplo oito, podía haber mais de unha, cada unha tiña un xefe, e cada barco un patrón e tres cuarteleiros, aquí en Goián había tres portos de pesca que eran a Lousa o porto de Riba e o da “Talaia”, neste solo podían botar dous lances como moito en cada mare, cun pouco de sorte podían dar moito peixe. As quebradas repartíanse entre a Lousa e o porto de Riba, pois así cada barco facía mais lances, a pesca co alcharife facíase polo día comezaba saída a saída do sol ata a posta do mesmo. Pola noite con o tramallo (trasmallo)
Para largar a rede comezaban uns cen metros arriba do porto, ou sexa, donde se arrastraba a rede, (tiña de ser nun lugar en que o río non tivera rejos pra que as redes viñera sempre cos pandullos arrastro pola area, pois os peixes a dar con un fuxían por el) e acababa un pouco mais abaixo, os barcos ían pro posto segundo orden de largar, o patrón quedaba en terra sujetando o cordoeiro de terra, e un cuarteleiro doutro barco agarraba na sacada (a corda que ían recollendo) a este axudante chamábanlle o “aliado” no barco ían tres cuarteleiros dous os remos e un a largar a rede, facíano cara a Portugal e río abaixo facendo un arco ca rede, desegún a mare o copo viraba o norte ou sur, unha ves acabada de largar esta viraban pra terra soltando cordoeiro, cando acababan atracaban o barco e un dos cuarteleiros levalo pro porto e os outros dous tirando do cordoeiro cara o norte, estes eran o do cordoeiro do alto, todos eles tiñan un cinto de coiro cun anaco de cordiña cun nó na punta e a marrado a unha argola no cinto, con o que lle daba unha especie de lazada no cordoeiro para que esta non le cortase as mas o tirar, a este artilugio chámanlle ª o chicote!.
Cando chegaban o porto, os do co cordoeiro d terra e os do alto, quedaban separados uns dos outros un cinco metros, e o alcharife facía unha “U” ca boca cara aterra, entón dous cuarteleiros tiraba das cortizas e o patrón e outro dos pandullos, si había peixe viña dentro do cerco que a rede facía no seu intento de fuxir botaban as cortizas o fundo e os pescadores dicían pican as cortizas do alto, si o lance traia des sables era misa, apartaban un que lles ia tocando por orden, e se traia vinte ou mais eran dúas misas, pero si solo eran nove facíanlle unha apupada. Cando o sable era de menos de dos kilos dicíanlle unha rola.
O peixe pescado era depositado na ribeira nun montón en espera dos compradores, os mais famosos eran o VILLANO, o TI PEDRO, e o CANINA, e algún outro mais.
A veda para pesca do sable abría normalmente do 15 de febreiro o 15 de San Xoán, por San Amaro a San Antonio. Unha tía miña que tamén era carteleira (nos anos vintetantos pescaban moitas mulleres, despois da guerra do 36 deixaron de pescar, excepto os meixóns) como dicía, esta tía contábanos que no día da Saúde, que é o tres de Febreiro, colleran na Lousa un lance de 600 sables.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Hola Pablo, como veciño teu que sun, vivín ainda moito do que escribes, pois con seis anos tiña un cinto e un chicote e xa tentaba tirar do alcherife. Solo puntualizar que unha misa era por cada lance de mais de 100 sables e non por 10, que a malla do alcherife non era de 14cm sinon de 12cm. (ainda o sacaron do reglamento de pesca do TIRM no 2008) e que tuven a sorte de sendo unha crianza me dixo un pescador (os sables dun lance cantábanse ao lanzalos para a ribeira)"Rapas! canta ti éste toma..." ... (ver texto completo)