Luz ahora: 0,10009 €/kWh

GOIAN: Atardecer na serra en Goián...

Atardecer na serra en Goián

De un pálido amarelo
as cumes dos montes tintadas,
por un solpor sinxelo
como acuarelas augadas.

A espesa néboa,
as súas follas,
os sobreiros
facía ocultar
no val Rosaleiro,

O pastor non se escoita
as súas cabras chamar
eterna e súa loita
par o rabaño xuntar.

Todo no val e calar,
silencio no meu corazón,
camiñar sen falar
¡por qué, esta desazón!

Paisaxe pola néboa esvaida
cal debuxo a carbón
polo tempo esvaída
que levo no corazón

Dende o alto da serra
ollo a paisaxe e os eidos
na ramaxe dos piñeiros
non zoa o vento, berra.

Penso, escoito, rememoro,
na terra todo silencio
silencio na alma
silencio no corazón

Os sinos das igrexas
chamando a rezaren,
non se escoitan cacarexas
so badaladas en Gondaren