Cando eramos mozos de 20 anos rexentaba a cantina do Centro Goianes o Ricardo da tie Justa de mote chamado o “Bastida” este señor tiña dous fillos unha moza e un mozo chamado Leandro “ O Leandriño”
Este era moi medroso, e os amigos sempre lle estaban facendo putadas. Un día pola noite estabamos apostando de que era capaz de entrar so no cemiterio, un señor maior chamado o Raul do Cañoto, di el
si pagades os viños de todos entro eu.
Sae a cuadrilla do centro cara o cemiterio, o chegar diante do portón esta estaba pechado, e o Raul di, se imos por o lado do cemiterio civil salto eu a parede por alí que non e moi alta, este home no inverno sempre andaba cun abrigo longo, o chegar no lugar empezou subindo a parede é enganchóuselle o abrigo nunha silveira e non o daba feito volveuse pra tras e di, quen e o maricón que me agarra do abrigo, o Leandriño que estaba a seu lado e no vía ninguén saíu escopetado como se di, inda ben no chegou no Centro tivo de ir no retrete a largar a pastilla (devolver).
E así entre carallada e carallada iamos pasando as noites, pois daquela non había televisión.
Mais adiante xa vos contarei outra.