Luz ahora: 0,13710 €/kWh



horario de misas
Iglesia y misas
Calle gondomar
calle ladaiñas (urbanización el mirador)
Amiga Elvira, falando de roubos anda por aqui unha tropa de rumanos pedindo esmola que estan afincados en Portugal, no utro día chegaon pidindo a miña casa, e antes de abrir mirei quen eran sendo xente descoñecida, botei man dun rifle que teño por a casa e salin con el na mán, e dixenlles
se un dia algun o atopa do portal pra dentro mándolle un tiro, e dispareille o aire, parece ser que lle fixo efecto pois no volveron mais, pois
o mismo tempo andan vendo o que hai pra poderen levar.
O único parasito capaz de substituír un órgano
(é bastante comun na alosa, sábalo (sable no río Miño)
O parasito en cuestión chámase Cymothoa exigua, e é un pequeno crustáceo duns tres ou catro centímetros de longo. O seu parente máis coñecido é Anilocra physoides, coñecido como piollo de mar, e que é un dos parasitos máis comúns que nos podemos encontrar nos peixes. Nas nosas saídas submarinas vemos numerosos peixes portando estes oportunistas pasaxeiros.
Como fai para chegar a substituír a ... (ver texto completo)
Habitantes
A PESCA DO SABLE E SALMÓN CO ALCHARIFE

Chegado o fin do ano, xa os patróns dos barcos andaban descolgando as redes que tiñan penduradas no alboio pra que os ratos non llas rillaran.
Estendíanas na tendelada para darlle un repaso, e ver si facía falta meterlle un copo novo, e mesmo tempo si tiña algún roto remendarllo, outras veces tamén as encascaban, este proceso consistía en por un pote moi grande con auga o lume na que se lle botaban cascas de salgueiro e metían as redes dentro a corar pois ... (ver texto completo)
Hola Pablo, como veciño teu que sun, vivín ainda moito do que escribes, pois con seis anos tiña un cinto e un chicote e xa tentaba tirar do alcherife. Solo puntualizar que unha misa era por cada lance de mais de 100 sables e non por 10, que a malla do alcherife non era de 14cm sinon de 12cm. (ainda o sacaron do reglamento de pesca do TIRM no 2008) e que tuven a sorte de sendo unha crianza me dixo un pescador (os sables dun lance cantábanse ao lanzalos para a ribeira)"Rapas! canta ti éste toma..." ... (ver texto completo)
este foro parece que esta en cuarentena, ou e que hai muito "vagoneta"
Atardecer na serra en Goián

De un pálido amarelo
as cumes dos montes tintadas,
por un solpor sinxelo
como acuarelas augadas.

A espesa néboa,
as súas follas,
os sobreiros ... (ver texto completo)
A Lenda da Espada do Mouro

Di unha antiga historia que en certas encrucilladas de algúns camiños de Goián (ala polo barrio do Pazo), cando chegaba o anoitecer, aparecíase unha alma do outro mundo en forma de rapaza, moi fermosa, cuns cabelos longos ata a cintura e moi louros, cun falar tan feiticeiro que ó mozo que se atopaba con ela engaiolaba de tal maneira que o faia andar toda a noite ata o amencer acompañándoa na súa peregrinación por este mundo. Ós rapaces ós que isto lles acontecía, comezaban ... (ver texto completo)
(Esta historia que bou contar)

UNHA DE OVNIS

Esta historia que bou a contar aconteceume a min fai un tres anos, nunca lla contei a ninguén
pensando que a resposta sería, outra mais das túas, non sei de donde as sacas.

Como os bou a relatar, un daqueles días que lle apetece a un dar unha camiñada e contemplar as leiras cheas de pampullos e vivoreras moradas, senteime enriba da fonte, do "ollo no cú" e alí do outro lado do camiño nun plano mais alto queda o campo chamado "a fragosa", supoño ... (ver texto completo)
Foro de GOIAN (Pontevedra)
cruceiros
Para un asturiano que de por veces mora al lado dO cruceiro da Soidade en Tollo, Goián
Poemas os cruceiros

“Canta pedra, durmida e acochada
da terra nai no agarimoso seo,
esperta do seu sono milenario
e quer ser oración e pensamento
frorece nun baral, estende os brazos, ... (ver texto completo)
Contos o carón da lareira
A cor do tardo (trasno)
(un conto do imán de ti Prudencio)
Un día un rapazolas preguntoulle a seu tío que era irmán do Ti Prudencio e vivian no fundo da Barbiella, de que cor era o tardo.
E seu tío respondeulle do burro o fuxir. E cal e a cor do burro fuxindo
e seu tío dille............. Pardo, e como sabe que e pardo, porque eu vin un pola noite fuxindo, e pareceume pardo, pois a xente di, que polas noite todos os burros son pardos.
O rapas rascou cas uñas na cabeza, e foise pensando naquelo preguntoulle seus compañeiros por a cousa e ningún lle supo contestar. Unha noite indo pra casa do serán que facían na casa do Ti Matieus por o camiño da Barbiella sentiu pasos detrás del, parou e os pasos pararon e así dúas ou tres veces, o home xa ía medio mosqueado como se di, e parou para abrir o portal, e os pasos que escoitaba pararon, encheuse de coraxe e deu volta pra trás para ver que raio era aquilo e atopase con media ducia de ovellas que andaban perdidas e estas ían detrás del.
Continuo o camiño, e ía pensando se isto lle acontece e a outro con medo, xa iria dicindo que lle aparecera o tardo, e el dicindo o que é a inorancia
Cantinflas decía lo que es la falta de ignorancia. ... (ver texto completo)
A PESCA DO SABLE E SALMÓN CO ALCHARIFE

Chegado o fin do ano, xa os patróns dos barcos andaban descolgando as redes que tiñan penduradas no alboio pra que os ratos non llas rillaran.
Estendíanas na tendelada para darlle un repaso, e ver si facía falta meterlle un copo novo, e mesmo tempo si tiña algún roto remendarllo, outras veces tamén as encascaban, este proceso consistía en por un pote moi grande con auga o lume na que se lle botaban cascas de salgueiro e metían as redes dentro a corar pois ... (ver texto completo)