Ofertas de luz y gas

Pero de Ánimas e Cruceiro de San Andrés, MEIROL

Peto de tipo pechado feito en pedra granítica cunha pedra en forma de mesa, e con remates en pináculos.
A súa fornela posúe un arco de tipo escarzano e se atopa protexida por unha reixa. Nos seus laterais aparecen unhas columnas en relevo. O retablo componse de 24 azulexos no que aparece a imaxe do Arcanxo San Miguel en posición central e sobre as lapas do Purgatorio.
Por riba da fornela podemos ver a seguinte inscrición: “RESTAURADO POR ROSA BARRAL PREGAL 1967”.
Antigamente este peto posuía un retablo de xeso policromado no que aparecía o ollo de Deus, San Miguel cunha lanza e cinco almiñas.
Pola parte traseira do peto podemos ver un cruceiro que nace sobre unha base troco-piramidal. O seu varal acanalado remata nun capitel cadrado con cariñas de anxos nos seus catro lados. O conxunto coróase cunha cruz de tipo latina no que podemos ver a imaxe de Cristo crucificado de pequeno tamaño
que terra miña terra e fofe.. mais e precioso naturaleza.. alí se vive.
señ luxos mais.. hay que ver todos os pobos colindantes.. maceira.. campo.
barciademera.. a la moda.. a graña... toodo e plena natureza
. hoxe vexo a miña bisaboa... una apreta a todos e todas os veciños de covelo.. e en preciso.. fofe..