MOSCOSO: CANTAR DAS LABRADAS DE MOSCOSO...

CANTAR DAS LABRADAS DE MOSCOSO

Agora comezo eu
viva o meu atrevemento,
se non teño tomarei
contigo coñecemento.

Desde o alto de Moscoso
eu vou dar un asubío
inda son quen era onte
inda non perdín o brillo.

Dádelle unha caidiña
meu amor cando cantades,
dádelle unha caidiña
que con ela me matades

Fun ó río buscar auga
na casca da balancía,
nin bebín nin trouxen auga
nin falei a quen quería.

Vou a dala despedida
porriba dunha cereixa
eu queríame marchare
e o corazón no me deixa