Eligio Alvarez Lamas, meu tío e padriño, que non era moi docto en letras, escribía co que lle era máis doado: o cincel i-o punteiro nunha man i-a maceta na outra. O seu papel eran as pedras das abas do Leboreiro. I-a inspiración víaselle no entusiasmo e na pacencia cos que, con man firme, cincelaba xuntas, perfilaba aristas e puía caras. Velahí na foto o grande poema con forma de canastro que compuxo alá polo inverno do 1960 na Eira da Escola de Parada do Monte, para a familia dos de Gerardo, por ... (ver texto completo)