Luz ahora: 0,08763 €/kWh
        

Mensajes de GOIAN (Pontevedra) enviados por pablopousacarrera:

Teño bos recordos de el
Tienes razón pablo, espero continuar como hace años y recuperar los amigos de este foro. Un abrazo
Como dice la cancion "amigo querido del alma"
Haraganear menos y a trabajar
Amigos do foro, as cousas na vida cotis csmbian, agora desde que a xente se meteu e facebook
esta paxina esta un pouco esquecida
saudos a todos amigos
escultura de muller nun solpor
Este foro esta moi decaido, como din os nosos viciños portugueses, e dunha banda só.
A PEQUENA GRANXA E A VACA
Un filósofo paseaba por un bosque cun discípulo conversando sobre a importancia dos encontros inesperados. Segundo o mestre, todo o que está diante de nós ofrécenos unha oportunidade de aprender ou ensinar.
Neste momento cruzaban o portal dunha granxa que, aínda que moi ben situada nunha fermosa paraxe, tiña unha aparencia miserable.
Chamaron á porta e foron recibidos polos moradores: un matrimonio e tres fillos, coas roupas sucias e rotas.
Vostede está no medio deste ... (ver texto completo)
FALANDO DE SARDIÑAS
In ilo tempore secundun Lucas:
Falando das comidas de fai mais de dous mil anos.
No sermón de San Lucas di, hoxe preséntase ante nos, Xesús, no e un fantasma:
Xesús toma a comida que lle ofrecen, e esta consistía en sardiñas asadas sobre restos de
podar as viñas, o viño non chegou a nada, e Pedro vai oda el e dille Mestre, o viño acabouse:
¡que facemos!
E o Mestre dille trae uns odres cheos de auga, e uns cantos la foron por eles.
Pousáronos a seu pes, e levantado ... (ver texto completo)
UN CONTO, COIDADO CON O QUE SE ATOPA
Un día unha moza que camiñaba por o camiño vello concretamente por detrás das escolas de Dña. Orosia, nunha casa vella media en ruínas propiedade da Nanda do Correo chamada o “Tacheiro” donde a xente a veces acostumaba a ciscar o lixo, atopou unha lámpada vella toda ferruxenta e chea de po, desas que lle dicían un quinqué de aceite, con catro mechas e púñanse no medio da mes para alumar, fregouna con as mans pra limpala e de dentro saíu un mago, a moza asustouse ... (ver texto completo)
O ALBOIO COMO DICIMOS POR AQUÍ, TAMÉN LLE CHAMAN ALPENDRE, CABANÓN OU PALLEIRA.
A modo de prologo.
Antigamente había grandes invernías, e a rapazada tiñan poucas cousa pra entreterse antes de iren para cama, hoxe que teñen ordenadores e outras trangalladas, no teñen aqueles grandes invernos. Veño do País da chuvia eterna. Veño do fin do mundo. Son de onde a auga muda a eternidade en melancolía e a melancolía se torna en nostalxia perenne. Veño da máis fermosa terra que a natureza, na súa eternidade, puido parir. Veño da pedra e o vento do norde, xélido e eterno. Son do país que os homes chamaron Galicia. Son da terra que os deuses quixeron chamar ETERNIA - WALTER STARKIE
O alboio é unha das construcións das casas de labranza que mais usos ten. Normalmente están construídas con seu portón mirando o norte ou este por ser se donde as choivas azoutan menos. Nun lado da parede a súa man esquerda esta unha parteleira donde se poñen as ferramentas pequenas, e o lado ai un travesaño adonde se finca, eixadas, cavóns e as espalladoiras, no fundo do alboio enganchado a parede un serrón curvo pra tronzar a palla do trigo e mesturar con a herba verde pra facer as empalladas pra darlle de comer o gando. Un pouco retirado o cortello do porco, pois por moito que o lavases sempre cheiraba mal, por alí preto o galiñeiro os coellos e mais lugar adonde se
gardaba a leña.
De parede a parede uns rebrotes de castiñeiro e encima deles uns travesos de salgueiro pra por a herba seca enriba, a maioría era chamada de serra, encima dela os gatos ían a durmir pois así estaban mais quentes, cando ías por unha pouca as veces cheiraba o mexo deles. Na parte dianteira do mesmo a eira, a estas dedicáronselle moitas cancións (1) algunhas cubertas de lousas, e outras seu chan era de xabre, este era mais traballoso pois sempre había que darlle un repaso co pisón. Se non fora por a chuvia a eira tería mais usos co alboio, nela estendíanse as espigas do millo despois de esfolladas pra que enxugaran un pouco a de as meter no canizo, tamén se estiraban os feixóns pra que secasen ben antes de mallalos, o trigo, centeo, e outros cereais facíase mesmo co eles pra que o mallalos soltara, ben o gran, (2) hoxe en día xa esa labor non se fai a man pois hai malladoras mecánicas. Estaba eu sentado na portón do alboio nunha banqueta, que tamén se usa pra cando se vai muxir a vaca, debullando unhas espigas pra darlle de comer as galiñas, e estas andaba de roda miña por si caia algún gran aproveitalo, o galo que era o xefe da banda pasaba por o lado de algunha e rascáballe a asa e botáballe unha cantada por si tiña ganas de boreo. O tempo ameazaba choiva, e os nubrados corrían cara a o Norte haber quen chegaba primeiro a non sei donde, o pasaren algúns descargaban parte da auga pra non iren con tanta carga, esta o caer enriba do tellado azoutada polo vento filtraba por as rendijas das tellas e despois de por veces caíanme pola cara, o vento con seu mal humor, escorreu unha tella e por o burato caia unha pingueira, e pra que no mollase moito o chan, púxenlle unha lata bacía pra recollela, e esta o caer facía un hap, chap acompasado que parecía un relo de marcara o tempo.
Uns grandes eucaliptos que no lugar da Barbiella, hai la fondo do eido o vento facía dobrar as súas copas que case bicaban o chan. Do vento oíase o seu fungar e das arbores algunha queixa que outra cando este lles botaba unha galla abaixo. Todo era un pelexar contra o mal tempo.
Os paxaros todos desacougados voaban buscando unha arbore pra durmiren abrigados, os pardellos que son os mais espavilados metíanse no canizo pois ademais de refuxio tiñan que comer, E como ía dicindo debaixo del o can tendo coidado que non foran a roubar as espigas, e de ai ven o dito de cando unha casa era de labranza era forte, dicíanlle que era e casa de can e canizo, cando un rapas andaba procurando noiva, o consello que lle daba era busca unha que teña can e canizo na casa ou sexa sobriña de cura. o día remataba e a min entrábame unha modorra que facía dar cabezadas, miña nai asomou na porta da casa e chamou, Manuel e ora de cear vai na adega e trae o viño, o meu lado tiña unha xerra desas de pedra branca, moi barriguda e con un bico pra verter o viño sen ciscar na mesa, cando entrei había nunha travesa, unha papeira de porco adobada en zorza e cocida con uns cachelos, e pan de centeo ou millo pra acompañar, esta había sobrado do cocido do mediodía. ... (ver texto completo)
FIGOS PASOS
Unha vez viña un camión dá empresa de transportes Moure, encargado de traer a mercadoría para vos comercios do Baixo Miño dende Vigo, cando ou chegar en Areas e coller para Sobrada, caeulle abaixo unha caixa con figos pasos por diante do cemiterio de Areas, e ao virar na curva cara a Sobrada caeulle abaixo unha caixa. Dous rapaces que viñan dás mozas comentaron: viron a caixa dous figos, e un deles dei:
Ai home, e habemos deixar quedar aí a caixa? Encheron a gorra que traia un deles ... (ver texto completo)
SOBRE O MOSTEIRO DE TEN TUDIA
Coroando a próxima serra de Tentudía, como a súa creación máis representativo e fito inseparable de Calera, álzase o nobre mole do Mosteiro de Santa María de Tentudía. (1) A obra orixinaria do século XIII foi obxecto de diversas modificacións e adicións, polo que podemos dicir que se foi recreando no tempo. O templo é a parte máis antiga e nel podemos apreciar vestixios da súa primitiva construción en arranques de arcadas que nos dan idea da planta de tipo basilical ... (ver texto completo)
Por si me quedou no tinteiro o felicitarte nestes dias, mais vale tarde que nunca
QUE PASSASES UNHAS BOAS FESTAS E QUE ENTRASES NO ANINOVO CON O PEDERITP PRIMMEIRO, EN COMPAÑA DA FAMILIA
Pablo Pousa
Goián
para pepe el asturiano y familia
gfelices fiestas y mejor a
el apellido troncoso de que region de españa es?
O apelido ou sobrenome troncoso e de orixen safardi (hunha das ramas dos xudeus espulsados da españa) na actualidade estan considerados siubditos epañois
Goián a noite máxica de San Xoán
No resto de España a noite de San Xoán e diferente o resto da Galiza, en Goián trátase doutro ciclo, doutra relixión doutro planeta, entra con forza nel (Goián (Santiago de Tollo) descrición: a carón da figueira das “margaritas” (1) case no alto dela con a bandeira republicana izaban o maio, unha vara alta coma de uns vinte metros revestida de buxo e flores. As noticias recollidas polo xeógrafo grecorromano proveñen de Posidonio, que á súa vez saqueara os testos ... (ver texto completo)
Referente a la foto es un paisaje del río Miño desde el lugar llamado el Ariño en Goian (Tomiño)
Cando eramos mozos de 20 anos rexentaba a cantina do Centro Goianes o Ricardo da tie Justa de mote chamado o “Bastida” este señor tiña dous fillos unha moza e un mozo chamado Leandro “ O Leandriño”
Este era moi medroso, e os amigos sempre lle estaban facendo putadas. Un día pola noite estabamos apostando de que era capaz de entrar so no cemiterio, un señor maior chamado o Raul do Cañoto, di el
si pagades os viños de todos entro eu.
Sae a cuadrilla do centro cara o cemiterio, o chegar diante do ... (ver texto completo)
O AMOR
Mirar.
Sonrrir.
Calar.
Suspirar.
Por o teu escote entreaberto
miro o asomo dous teus seos
a descifrar non acerto.
Serán brancos, serán morenos?
Nas túas mans unha flor, ... (ver texto completo)
UN CONTO DE NADAL

DepóIs da guerra do trinta e seis, nunha casa vella mais tarde chamada “Vila Pacita” que había preto da capela de San Lourenzo, vivía unha familia coñecida por o alcume dos “Quicos”, era un casal, creo que portugueses, tiñan once fillos e o maior non tiña catorce anos, o matrimonio traballaban de xornaleiros cando os chamaban, a verdade e que vivían nunha pura miseria, os cativos andaban case que sempre sen roupa e descalzos ata nos días de xeada, e por ende, todos emborrallados ... (ver texto completo)
Foro de GOIAN (Pontevedra)
Respuesta al mensaje, enviado el 17/10/2015 a las 12:09:
farmacias
Troncoso Vicente Juan Ignacio
Farmacia
Avenida Ordóñez, 15
986 62 00 10
SOBRE MINERAIS EN LA SIERRA ARGALLO
Goián, Pontevedra
Ademais do estaño xa esplotado por o romanos, ainda non fai muitos anos que esitian minas subterraneas as cales fooro tapadas despois da guerra civil por orden do gobero de Franco, pra que os do maquis non tiveran donde agocharse.
La banda del complejo metamórfico Monteferro-El Rosal está formada por gneises y esquitos cuyas estructuras principales siguen directrices NS y separa los granitos de dos micas con textura orientada de los granitos ... (ver texto completo)
UN PASAJE DE LA HISTORIA DE GOIÁN
Relaciones con Portugal.
En el siglo XV la fería que se celebraba en la villa de Camiña, próxima a la desembocadura del río Miño, se nutría a base del contrabando que a élla llegaba; pero cuando los fiscais comenzaron a reprimir el abuso, los gallegos dejaron de acudir a élla, por lo que se produjo en la misma la crisi correspondiente. Siendo así, los hombres buenos de Camiña se dirigieron al rei D. Alfonso V de Portugal, quien entre otras cosas, concedió el libre ... (ver texto completo)
DICIONARIO ENCICLOPÉDICO MADOZ
Censo histórico de pobos, cidades, vilas e aldeas de España. Datos económicos, artísticos e demográficos. Patrimonio histórico. Produción. Costumes e tradicións. Pobos de España. Coñecer España. Folclore, cultura, patrimonio artístico, natureza e economía
Todos os pobos en Galicia co nome de Goián:
GOYAN.
Lugar na provincia de Lugo, concello de Guntin e feligresia de San Román de Retorta. Poboación. 4 veciños, 20 almas
Pobos en Galicia co nome de Goyán
GOYÁN
Antiga ... (ver texto completo)
MUIÑEIRA DO SANTO AMARO (
Señor cura, señor cura,
a doutrina non lla sei,
pidame unhas cantiguiñas
que eu llas repinicarei!
Moza bonita no mundo
non debera de nacer,
porque fai como a mazá,
todos a queren comer.
Ser solteiro é boa cousa, ... (ver texto completo)
WALTER STARKIE

Veño do País da chuvia eterna. Veño do fin do mundo. Son de onde a auga muda a eternidade en melancolía e a melancolía se torna en nostalxia perenne. Veño da máis fermosa terra que a natureza, na súa eternidade, puido parir. Veño da pedra e o vento do norde, xélido e eterno. Son do país que os homes chamaron Galicia. Son da terra que os deuses quixeron chamar ETERNIA.

Starkie creó en el British Institute de Madrid una atmósfera propicia para las relaciones hispano-británicas, ... (ver texto completo)
O COUTO (Barrio)
(seus lindes eran: Por o Norte con o barrio do Pazo, Sur barrio de Fontela. Este Río Miño, Oeste Barrio da Centinela e mais Fontela).
Este barrio leva o nome do Couto por pertencer o couto de Goian, da familia Correa os cales eran os seu señores. Dentro do barrio queda a casa-pazo dos Correa, que é coñecida como casa da torre de Goián, construción señorial do século XVII. Esta construción nos últimos anos sufriu varios cambios arquitectónicos na súa estrutura. Ten unha extensión ... (ver texto completo)
UUNHA CANCIÓN EN BABLE PRO ASTURIANO

¡Tanto cura tanto cura
¡Tanto cura tanto fraile
¡Tata nuyer sin maridu
Tantu rapacin sin padre!
A los curas los capen iste añu
Quiera Díos non capen al miu amu
Que me tien prometido une medies
Y, si lo capan
Me quedu sin ellas ... (ver texto completo)
CONTINUEMOS CAMIÑANDO, LEVAMOS POUCAS LEGUAS;
Daqueles rituais tamén provén o entruido, nome que se lle dá ao carnaval en Goián. Esta festa moi arraigada desde antigo, a súa orixe pérdese na noite dos tempos. Meu defunto avó, o Ti Serafín, que nacera no ano 1877, xa nos contaba do entruido de cando el era rapás.
Antes da guerra civil había unha gran rivalidade entre as sociedades de Obreiros Agricultores e O Centro Goianes, para ver á cal das dúas concorrían os mellores disfraces. Durante o réxime ... (ver texto completo)
O CRIME DO RABIÑO
En la villa del Rabiño,
provincia de Cortejada,
habitaba un matremonio
modelo de fe cristiana.

El se llamaba Don Joaquín i
Su esposa Doña I-ana
y tenían los aforros
metidos en una i-arca.

A iso de la media noche
cuando el jallo no cantaba
llejaron los creminales
por la porta de la entrada.

Y al can que a la porta
y que la jardaba,
le pejaron un puntapé que
y le esmendrellaron las entrañas.

Y en el piso principale
la criada daba jritos
sin que nadie la acodiera
ni los mesmos angelitos.

La arrastaron por los pelos
roubándolle dos pesetas que tiña aforradas
chimpandola por la véntama
indo caer na estercada
y alí la probe entrejo
su alma a Díos entre malos fedores

Cogieron a D. Joaquin y su esposa Doña Iana
y le metíeron en la boca catro cobertores y una almohada,
y con una vasoira de mirto
le fretaron la espaldas.

Padres que tenéis hijos,
hijos que van a la escuela,
no olvideis que es necesario
tener en casa a la suejra

Porque aunque a veces os rife
o os peche en la artesa
jardará mellor la casa
que un buen perro de presa. ... (ver texto completo)
Iste ceguiño que vedes cantando
de entrambos ollos da cara cegou
mais por agora vaise gobernando
co outro ollo que inda lle quedou.
Esto que vos digo contáronmo a min
volvendo da feira de Portomarín
con outras cousiñas que vos contarei,
se son ou non certas eu non volo sei.
Como son vello e fáltame a vista,
cando unha moza me vén a falar
pra me dar conta se é grosa ou é fraca
teño por forza que ás maos apelar
e teño observado que as hai que se rin
e outras moi pouquiñas que foxen de min,
e a mor parte delas chaman polas nais,
pro chaman baixiño e arrímanse máis.
Ana Marica quedouse soliña
porque o seu home pra Cuba marchou
e tal desgosto colleu a rapaza
que gravemente a coitada enfermou
e soio quería que a fora coidar
un primo que tiña no mesmo lugar
e dispois dicía cando xa sanou:
gracias ás frequiñas que Manuel me deu. ... (ver texto completo)
Amiga Elvira, falando de roubos anda por aqui unha tropa de rumanos pedindo esmola que estan afincados en Portugal, no utro día chegaon pidindo a miña casa, e antes de abrir mirei quen eran sendo xente descoñecida, botei man dun rifle que teño por a casa e salin con el na mán, e dixenlles
se un dia algun o atopa do portal pra dentro mándolle un tiro, e dispareille o aire, parece ser que lle fixo efecto pois no volveron mais, pois
o mismo tempo andan vendo o que hai pra poderen levar.
O único parasito capaz de substituír un órgano
(é bastante comun na alosa, sábalo (sable no río Miño)
O parasito en cuestión chámase Cymothoa exigua, e é un pequeno crustáceo duns tres ou catro centímetros de longo. O seu parente máis coñecido é Anilocra physoides, coñecido como piollo de mar, e que é un dos parasitos máis comúns que nos podemos encontrar nos peixes. Nas nosas saídas submarinas vemos numerosos peixes portando estes oportunistas pasaxeiros.
Como fai para chegar a substituír a ... (ver texto completo)
este foro parece que esta en cuarentena, ou e que hai muito "vagoneta"
Atardecer na serra en Goián

De un pálido amarelo
as cumes dos montes tintadas,
por un solpor sinxelo
como acuarelas augadas.

A espesa néboa,
as súas follas,
os sobreiros ... (ver texto completo)
A Lenda da Espada do Mouro

Di unha antiga historia que en certas encrucilladas de algúns camiños de Goián (ala polo barrio do Pazo), cando chegaba o anoitecer, aparecíase unha alma do outro mundo en forma de rapaza, moi fermosa, cuns cabelos longos ata a cintura e moi louros, cun falar tan feiticeiro que ó mozo que se atopaba con ela engaiolaba de tal maneira que o faia andar toda a noite ata o amencer acompañándoa na súa peregrinación por este mundo. Ós rapaces ós que isto lles acontecía, comezaban ... (ver texto completo)
(Esta historia que bou contar)

UNHA DE OVNIS

Esta historia que bou a contar aconteceume a min fai un tres anos, nunca lla contei a ninguén
pensando que a resposta sería, outra mais das túas, non sei de donde as sacas.

Como os bou a relatar, un daqueles días que lle apetece a un dar unha camiñada e contemplar as leiras cheas de pampullos e vivoreras moradas, senteime enriba da fonte, do "ollo no cú" e alí do outro lado do camiño nun plano mais alto queda o campo chamado "a fragosa", supoño ... (ver texto completo)
Foro de GOIAN (Pontevedra)
cruceiros
Para un asturiano que de por veces mora al lado dO cruceiro da Soidade en Tollo, Goián
Poemas os cruceiros

“Canta pedra, durmida e acochada
da terra nai no agarimoso seo,
esperta do seu sono milenario
e quer ser oración e pensamento
frorece nun baral, estende os brazos, ... (ver texto completo)
Contos o carón da lareira
A cor do tardo (trasno)
(un conto do imán de ti Prudencio)
Un día un rapazolas preguntoulle a seu tío que era irmán do Ti Prudencio e vivian no fundo da Barbiella, de que cor era o tardo.
E seu tío respondeulle do burro o fuxir. E cal e a cor do burro fuxindo
e seu tío dille............. Pardo, e como sabe que e pardo, porque eu vin un pola noite fuxindo, e pareceume pardo, pois a xente di, que polas noite todos os burros son pardos.
O rapas rascou cas uñas na cabeza, e foise pensando naquelo preguntoulle seus compañeiros por a cousa e ningún lle supo contestar. Unha noite indo pra casa do serán que facían na casa do Ti Matieus por o camiño da Barbiella sentiu pasos detrás del, parou e os pasos pararon e así dúas ou tres veces, o home xa ía medio mosqueado como se di, e parou para abrir o portal, e os pasos que escoitaba pararon, encheuse de coraxe e deu volta pra trás para ver que raio era aquilo e atopase con media ducia de ovellas que andaban perdidas e estas ían detrás del.
Continuo o camiño, e ía pensando se isto lle acontece e a outro con medo, xa iria dicindo que lle aparecera o tardo, e el dicindo o que é a inorancia
Cantinflas decía lo que es la falta de ignorancia. ... (ver texto completo)
A PESCA DO SABLE E SALMÓN CO ALCHARIFE

Chegado o fin do ano, xa os patróns dos barcos andaban descolgando as redes que tiñan penduradas no alboio pra que os ratos non llas rillaran.
Estendíanas na tendelada para darlle un repaso, e ver si facía falta meterlle un copo novo, e mesmo tempo si tiña algún roto remendarllo, outras veces tamén as encascaban, este proceso consistía en por un pote moi grande con auga o lume na que se lle botaban cascas de salgueiro e metían as redes dentro a corar pois ... (ver texto completo)
neste poema non citei a reme a cal debe ser unha desas cousas que lle da vida o pobo
O pontífice recibiu hoxe o presidente de Coren, Manuel Gómez-Franqueira, que aproveitou para explicar a historia da cooperativa ourensana e a orixe do manxar que é elaborado no convento das Clarisas de Allariz.
O envío, que partiu o pasado luns dende Ourense nun vehículo frigorífico, pretende achegar ao pontífice unha ave femia de raza campera que, debido ás súas características xenéticas e a unha crianza tradicional en semiescuridade, dá como resultado unha carne infiltrada, substanciosa e tenra ... (ver texto completo)
Desde o cruceiro da Soleda, preguntan, ¿por donde anda o asturiano?
Veño do País da chuvia eterna. Veño do fin do mundo. Son de onde a auga muda a eternidade en melancolía e a melancolía se torna en nostalxia perenne. Veño da máis fermosa terra que a natureza, na súa eternidade, puido parir. Veño da pedra e o vento do norte, xélido e eterno. Son do país que os homes chamaron Galicia. Son da terra que os deuses quixeron chamar ETERNIA.
XAN ARCO DA VELLA
Así e o amor
(por si algunha moza visita este foro

Unha mirada.
Un sorriso.
Unha boca pechada.
De falar non hai présa.

Outra mirada.
Outro sorriso. ... (ver texto completo)
[ A Barca-Goián, 3 de marzo de 1644]
LIBRO PRIMEIRO
CAPÍTULO XXXV
PÁXINA 61
Toma o Conde de Castelo Melhor a vila da Barca de [Gayão] Goián,
que é saqueada e incendiada.
É parte da defensa dunha provincia a ofensa feita na do inimigo, e non é menos telo en perpétuo cuidado de defenderse, e reparar sen saber por onde se pode ser acometido, porque en fin, a mellor defensa é a ofensa. Así o fai o Conde de Castelo Melhor [Gobernador das Armas de Entre Douro e Minho], como se verá escrito, ... (ver texto completo)
cando chega o tempo que se pediu
xa chega o tempo en que non se pode
VERDURAS
(NORMAS BÁSICAS PRO SEU COCIÑADO)
As patacas sendo para facer puré, bótanse a cocer en auga fría, sendo pra guisar bótanse en auga a ferver e sendo para facer ensaladillas ou un entrantes hai que deixalas arrefecer na auga de cocelas.
Os freixóns si son verdes, en auga a ferver. Xudías verdes, tirabeques, ervellas ou"chícharos", e fabas, en auga ferver. Os garbanzos ponse en agua morna despois de estar de remollo. É as lentellas e os feixóns en auga fría póndoos antes tamen de remollo.
Nota: ... (ver texto completo)
XURELOS ASADOS NA BRASA

Cómpranse un xurelos o mais grandes posible límpanse ben por fora e láñanse, pásanse por un chorro de auga e sécanse nun pano, fanse unhas boas brasas de leña de carballo e carozos.
Colócanse os xurelos enriba de unha esparrilla de voltear, untados de aceite pra que non peguen e quedemais xugosos, pónselle un pouco de sal, primeiramente asaranse por a parte do lombo regándoos con un pouco de aceite, cando se vexa que están quedando douradiños, dáselle volta a esparrilla e déixanse facer por o seu interior, unha vez rematada faena do asado, colócanse nunha travesa (fonte)
E reganSse con unha boa allada por enriba e a papar.
Enviado por pablopousa el 27/05/2015 a las 13:03 ... (ver texto completo)
SOBRE MESA CANARIO (postre canario)
Ingredientes:
1 bote de leite condensado de quilo
6 xemas de ovo
1 lata grande de piña en suco (zume)
1 sobre de xelatina de piña en po
Preparación:
Botar o leite condensado nunha cunca (bol)
Agregarlle as xemas e os toros dela piña en taquiños
Mesturar todo ben xuntamente con suco da piña e a xelatina ... (ver texto completo)
PRANTO POR UNHA DEFUNTA
Un día nunha remota aldea da miña terra faleceu unha muller chamada Ginibra, e como é moi
corrente os veciños van ao seu velorio. O cadaleito é colocado nunha pequena sala na entrada da casa, con dous cirios acendidos un a cada lado do cadaleito.
De pronto ábrese a porta e entran dous homes veciños, arrímanse á un mesiña que estaba no medio da sala, e sobre de ela a cafeteira e a botella da augardente chea, os seu lado as correspondentes cuncas pequenas de café e a copa ... (ver texto completo)