Seguro que coñecedes esa parella de xubilados que non perde unha feira no contorno das Frieiras.
Nesta última feira de Verín a dona estaba un pouco doente e como non puido ir encargoulle ó home unhas luvas, que co frío que vai andaba cuelas rotas.
Cando o home chega a mercería que hai na praza a mecar as luvas, a dependenta, unha rapaza nova, atenta e ben feita, pregúntalle de qué talla as quere.
El ponse a cavilar e o fin tivo que confesar que non o sabía.
-Non se preocupe –dille cun sorriso a rapaza- colla a miña man entre as súas e pense se é igual a man da súa muller.
-Oies, pois é verdade, a ver… a ver… eu penso que as dela… seránche un chisquiño máis grandes quizáis…
Escolleu o modelo e cando a rapaza acabou de envolver a compra pregúntalle sempre tan amable:
- ¿Non lle fará falta algo máis a súa dona?
El mira ó redor da tenda en cando pousa a vista nunha caixa con roupa interior aluméanlle unhas chispiñas dentro dos ollos e contesta cheo de esperanza:
-Bueno, agora que o penso ben, non lle viría mal un sostén novo… pero, eso sí…. vai a ter que axudarme tamén ca historia da talla….
Deséxovos a todol@s forer@s de Barxa moi boas festas e un fabuloso ano novo.
... (ver texto completo)