Luz ahora: 0,11579 €/kWh
        

Mensajes enviados por amalladadacimapolapaladosalbardeiros.com:

INDA CHO SEI fasme pensar moito co tema do preito. Aiqui hay unha "inmisio", unha "coniuctio membrorun" e por ultimo unha "expulsatio". Pa que todos o entendan hubo una penetracion, estivo un tempo dentro e logo saiu, (esto ultimo complica o asunto xa que saiu por outro buraco e non por lo que entrou). A pregunta e.: De quen son as mazanciñas? Vou mirar o dereito comparado e ver si arranxamos o preito este. Temos suerte que solo foi a mazaira pero por se alguen quere dar outra opinion, planteo outro ... (ver texto completo)
Home, os ovos ser son da pita, máis si se presentan colguerois dun escarnachado en vez de estar nunha escancha, non hai duda... son do Toño para uso e disfrute da María.
Seguro que los tililantes puntos rojos que divisaste en la oscuridad eran los ojos del alma de Yousef (1757) cantero muy famoso y que dejo su firma en el umbral de una puerta que hay junto a la fuente. Tambien pueden haber sido el alma o varias almas en pena del cementerio que habia un poco mas abajo de la fuente. O el alma de algun cura sacrilego del monasterio que habia justo detras de la fuente. Cualquiera sabe... Elije tu. Tienes mucha imaginacion, puedes traducir CHURRIAN por chirrian, (los ... (ver texto completo)
Los monjes del Churrian

Xinxelo, sin querer me he sentido aludido al ser uno de los descendientes de tan noble institución del Churrian. Dicen, que habitada solamente por monjes y supongo que alguna fémina, (sin la cual no seria posible mi existencia). Eran juristas religiosos que dieron lugar a leyes rurales llegadas hasta nuestros días y que se siguen aplicando en la actualidad, solo por la parte más conservadora. Una de esas leyes era la de “La tala de árboles indeseados por el vecino”. El ... (ver texto completo)
Outra vez preto de nos, e nos de vostede.
Prezado amigo, que non sexa a derradeira.
Moito gozo!
E eu non me sinto molesta, solo fago un comenterio e tamén sin ánimo de molestar, nin a Xinxelo nin a naide.
Por descontado Carmina, hai moito tempo que participas neste e outros foros, e sempre marcas moi bo ambiente. Eso si, nestes últimos tempos, ao menos neste foro, a túa participación tantiño escasa de máis.
Sen medo a equivocarme, creo saber quen é a persoa que se ampara no seudónimo de “Xinxelo”. É un dos nosos, e a ben seguro a súa intención non é a de molestar.
Faciamos a parrafada despois do café, cando "Inda" despídese pra ir a acomodar as súas catro fermosas pitas das que solo poñen ovos tres, e si se tercia!, a que non pon, pra máis Inri, papa algún das outras.

- Carallo! Pois teilo fácil; volta de pescozo e caldo de pita. Dixele eu.
- Xa, pero é que le colli moito cariño.

A máis, resulta, que pra que a muller que xa sospeitaba da falta de ovos, e con ganas de facer caldo da que non puxera, non se de conta, a este, non se le ocorre outra cousa, que comprar ovos no supermercado do Ferreras e polos no niadeiro como si foran postos polas súas pitas.

Pero alma de cántaro, quítalle ó menos os códigos de barra que traen impresos os que compras no supermercado, non sexa que a muller calquera día se de conta e teñas que dicirlle que as pitas están en toda regra e que como xa tein o certificado de calidade ISO 9001 xa os poñen así.

¡Ai si teu abuelo levantara a cabeza! ... (ver texto completo)
Cando chegou don Miguel a Lubián, facía máis cartos o capador ca o veterinario.
O Paulino tocaba o chiflo, e saíamos todos os rapaces pensando que era o afiador, por aquelo do seu artiluxio a pedais; pero o capador non era do noso interés, sempre enriba da porca.
Daquela saíu un novo decreto vedando a actividade dos capadores en favor dos veterinarios. E don Miguel non facía vida do Paulino, porque toda a xente valoraba máis a experiencia do de Pentes ca os estudios do veterinario.
E tanto se ... (ver texto completo)
A xustiza neste caso exerceu unha presión estéril. Despois pasou o que pasou, saíron capadores de tódalas casas e foi a perdición de moitos cabritos e porcos.
Acabados os renovos botei as vacas pro caudillo, deixando solo na casa unha novela chamada Corala que trataba de amansar, e a Garbosa a punto de parir.
O tío José que era un home moi entendido, advertiume un día que como non le botara a miúdo o xugo encima a novela, podía non tela presta para herba nin a carrexa.
O problema era que na corte non tiña máis vacas, e cúa Garbosa naquel estado non a podía xunxir.
Dandole voltas ó tema, veume unha idea á cabeza que aviado puse na practica. No corral, ... (ver texto completo)
Hola a todos los de Lubian. Yo soy de O Pereiro. Disfruto muchísimo con las historias que contais de antaño, es como si los años retrocedieran y estuviera escuchando a mis mayores en los fiadeiros, cuando contaban aquellos contos que nos dejaban a los niños con la boca abierta y a veces llenos de miedo. ¿Serian cousas do demo, ou tiñan unha explicacion coma do prado de Carnatiño?
Hola Gel; celebro que te gusten as historias que se contan.
Gracias, e Benvid@.
O tío Andrés sempre foi un home de unha seriedade contrastada e profundas convinciois relixiosas, máis tiña tamén a firme convicción de que a augua sempre tiña que durmir nos seus prados. Por eso non era de estrañar atopalo cúa súa aixada ó lombo a calquera hora da noite. Pra desgracia miña, en Carnatiño tiñamos un prado que nos apezaba. Meu pai a pouco que nos fumos facendo grandes, (grandes… con nove ou dez anos), distribuínos a meus hirmous e a min os prados, pra que cada un de nos fora responsable de ter limpos, escaldeirados e votarlle a augua aos que por sorte nos tocara manter. Unha noite meu pai chegou a casa despois de facer unha revisión do estado no se encontraban os prados que eu tiña asignados, chamoume a varas pra pedirme explicacións polo lamentable estado no que se atopaba o prado de Carnatiño. Eu defendinme dicindo que co tío Andrés non podía e que ese home nin respetaba horas de augua “ni Cristo que lo fundo”, meu pai solo me contestou: “eses problemas son teus”, nin que decir ten que colli o mensaxe deseguida, e póseme a xurdir un plan pra dar solución ó problema. Tras varias noites agazapado no alto dun carballo que había por encima do tapadeiro do meu prado, ó fin, unha noite escura o vin vir, como case sempre rezando o rosario. Mentres el esborxaba a augua, cun fiu de sedal, un plomo e un azúelo atado na punta, deixeino caer hasta que le enganchei a boina, despois fui tirando do sedal pouco a pouco, el espantado ó ver como a boina subía sola pro cimo do carballo aliviouse de aires, e dixo: “ ¡esto son cousas do demo que anda tras de min!”, apretou a correr a velocidade que le daban as pernas e non parou hasta chegar ó pueblo. Desde aquel día, o meu prado de Carnatiño foise pondo máis verdiño.

¡Tío Andrés!, Onde queira que este perdoe. Poda que si foran cousas do demo. ... (ver texto completo)
A min paréceme que tanto o pescador de sables e xurelos, como o extractor de fume de tabaco con boquilla, son personaxes do teu entorno infantil, e pode que ata da mesma habitación nun dos casos. Pero ti mesmo has ter moitas aventuras sen contar vividas en primeira persona.
A miña orella esquerda sábeo ben, lembrando a derradeira viaxe á Central das Conchas, despois de representadas as obriñas de teatro.
Sí, é certo que algunha aventura hai en primeira persona. Haberá que esperar a inspiración.
A propósito deste e o mensaxe seguinte. Cúa Banda de Gaitas pasa agora como foi no seu día co teatro. Dende El Pego (Zamora) a Bande (Ourense) pasando por Camarzana, Milla de Tera, Villardeciervos, Rionegro, Robleda, Puebla, Chous, Porto, etc..., e con representacións de tódolos xeitos: "La Zapatera Prodigiosa", "Aola no es de leil", "La Tuta y la Ramoneta", "La tierra de Jauja", "El medico a palos", etc.... ... (ver texto completo)
O mestre dende o seu escano apura un "Peninsulares", e ao redor da súa mesa, de xeito inusual..., os seis alumnos de 4º curso de EGB predispóñese a dar a lección de Xeografía: "Ríos de España". Ramirito, de forma moi enzarabetada, relata a trancas e barrancas o nacemento, obra e milagres do Miño. Mentres, Xareliño entretense cazando cúa súa boca as bocanadas de fumo que dende o outro lado da mesa vai soltando o mestre. O resto de alumnos á procura da situación comezan a murmurar e botar gargalladas. ... (ver texto completo)
A VOLTA A LUBIÁN

O 22 de novembro de 1958 cheguei á estación de Lubián no expreso Rías Baixas procedente de Vigo, aquel mesmo día, desembarcara do "Okendo" en viaxe desde Cuba, onde dera remate ó servicio militar que prestara como agregado á Embaixada Española na Habana.
Cando catro anos e medio atrás partira, o ferrocarril a Galicia non era máis que un proxecto en longa obra descontinua que parecía non ter fin. Tres anos traballera eu na trinchera de San Bartolome.
Ao chegar á estación atopeime ... (ver texto completo)
...//...

Seguí a mi padre y entramos en otro restaurante. Esta vez no armó tanto alboroto. Nos trajeron las bebidas, y empezó a someterme a un verdadero interrogatorio sobre la temporada de billarda. Al cabo de un rato golpeó el borde de la copa vacía con el cuchillo y empezó a gritar otra vez:
--Garçon! Cameriere! Kellner! ¡Oiga usted! ¿Le molestaría mucho traernos otros dos de lo mismo?
-- ¿Cuántos años tiene el muchacho? --preguntó el camarero.
--Eso --dijo mi padre-- no es en absoluto ... (ver texto completo)
Vamos ben, a cousa ponse interesante.
Escenario de tristes despedidas, máis tamén de felices reencontros.É doado que non deixe a ninguén indiferente.
MANUEL E OS LOBOS.
Manuel Álvarez Piñeiro e Isabel Domínguez Ballesteros, eran pais de cinco rapaces entre catro e oito anos. No pueblo era un segredo a voces que desde que acabara a guerra, Manuel levaba unha codia a casa gracias os cartos que ganaba co contrabando do café. Unha fea tarde de mediados de febreiro de 1947, en contra da voluntade de Sabel, Manuel, dirixiase a cova do Salmeiriño na serra da Teixeira, ao encontro co seu contacto pra cubrir o traxecto con dúas sacas de café hasta o seu ... (ver texto completo)
Día de pastoreo, siempre habia pastores profesionales, pero entonces empezaban a escasear, el ganado habia que guardarlo entre los vecinos del pueblo, un día iban unos y otros los demas, ese día nos toco a nosotros, cinco rebaños, cinco pastores, el tio Domingo, Consuelo, Toña, Lito, y yo, los tres últimos entre catorce y quince años.
Mañana apacible de primavera, empezaba a asomar el Sol por lo alto de las montañas, olor a flor de carqueixa y brezo, escuchando el sonido de los cencerros de las ... (ver texto completo)
Bonito relato Piño, a ben deguro que pasado agora o tempo o recordas como un bon día. A trastallá é o paxaro que en castelán se conoce como "codorniz". Cando inda se sembraban as leiras de centeo, na epoca de cria había moitas pola zona da Carballa Seca. Hoxe en día é moi difícil velas.
As cereixas do tiu Abel xa pintaban, e o Manolito e un servidor decidimos que seriamos os primeiros en probalas. A cousa non era doada, pois o cereixal estaba no corral ao pe da porta da casa.
Tratemos o xeito de acometer a acción, e mira por onde, aproveitando co tiu Abel, cúa súa parsimonia, viña cun carro de herba do Boullanzo xa cúa noite caída, prestémonos a axudarle a metelo na pallarega. Agradecido, fizonos pasar a cenar, ao saír mirémonos e dixémonos: " ¡a ocasion a pintan calva!". Encaramonemonos ... (ver texto completo)
Xa temos un foro Internacional, Klaushaller suponho que seras peregrino.
Hola Piño; inda estamos aiqui, pero a alguén non lle gusta que cada un se exprese como millor o sepa facer, de feito non teño claro si este mensaxe vaí a ser publicado.
Bueno, o de millor é un decir, non é douado escribir na nosa fal cando careces do seu estudio. Máis sempre é agradable podelo facer.
Un saúdo.
¡Qué imaginación! Muy ben vendida a Creixa, (Seguiré en castellano, escribir en Gallego no se) Decía que seguramente se debia tratar da "mayorala" de la vacada sanabresa, 25000 pts en aquellos tiempos era un capital, la decisión que as tomado sin lugar a dudas fue la más acertada.
Narras tan bien la historia, que da la sensación de estar disfrutando de esa panorámica desde o Xeixo las praderas de Lagarellos, a Corcicha, o Bedulo, los acebos de Varon la brisa tán agradable da Xarda dando vista a ... (ver texto completo)
Piño, vexo que te gustaron as venturas e desventuras de un moziño que xogaba a ser home, como a miúdo pasou naqueles anos.

Un saúdo!