De acordo coa maioría das cousas que se din no artigo, pero a min hai unha cousa que me produce escozor cando leo artigos deste tipo, ¿toda esta xente, intelectuais, economistas, políticos, etc. non se decataron do que se aveciñaba?. Vivimos no país de Jauja varios decenios, sen que ninguén tirase o sinal de alarma. Difícil de entender, e se alguén o imaxinaba ¿porque ninguén advertiu?, cando digo ninguén refírome evidentemente a políticos, politólogos, economistas e facedores de opinión. Estes que agora se resgan as vestiduras e se lamentan.
Eu que non son nin economista, nin político, nin politólogo, nin facedor de opinión, fai xa moitos anos que me din conta de que isto non podía ter un bo final e así fíxeno saber cando xurdía a conversación, polo que, recordo, fíxenme tratar de “agorero” en múltiples ocasións.
Unha das dúas causas mais graves da crise (a outra o meu entender e especulación financeira) non se fraguou nestes últimos dous anos, isto vén de moi lonxe, ¿Quen se acorda agora do desmantelamento de gran parte da nosa industria produtiva, por exemplo dos estaleiros en Galicia e da industria téxtil en Cataluña, a finais dos 70, principios dos 80?, pois “aquellos polvos trajeron estos lodos”.
Explícome, nos países asiáticos naquela época, Corea, Thailandia, Filipinas, Taiwán, etc, a man de obra era moito mais que barata (e sigue sendo), case gratuíta, comparada con Europa, polo que as empresas, en particular as multinacionais que non teñen patria, trasladáronse alí para facer os produtos e despois vendelos aquí cuns beneficios astronómicos. Coa apertura de China ao comercio internacional abriuse a caixa de Pandora, xa non só barcos e roupas senón que a produción de todo aquilo que e susceptible de ser consumido trasladouse alí, ata facer os escarvadentes “made in China”!.
O mesmo tempo loxicamente aiquí fóronse pechando empresas ante a imposibilidade de competir, ¿como vai poder competir unha empresa española (europea en xeral) cunha empresa chinesa, cando os salarios e cargas sociais aiquí son inconmensurablemente moito mais altos? Imposible.
E aí estamos, ás empresas afincadas en países asiáticos (en particular as multinacionais) a crise europea non lles preocupa porque polo momento están a facer o seu agosto, vendéndonos os seus produtos, e cando os europeos non poidamos comprar porque non teremos un duro, o poder adquisitivo dos chineses, indios, tailandeses, brasileiros, etc. terá aumentado de tal maneira que xa poderán venderllos eles, quizais un pouco máis barato, pero seguirán rexistrando beneficios.
¿E mentres tanto en Europa que? Pois que o noso sistema social terase ido pro car..., especialmente nos países máis débiles economicamente. É realmente chocante que o chamado estado do benestar sexa posto en perigo por un país comunista, China, incongruencias da historia, pero se isto non cambia, ese será o final. O estado do benestar con esta crise non se sostén, o Estado non terá os recursos suficientes para facer fronte aos gastos e haberá que recortar. Non é posible o oasis europeo no deserto social mundial.
Evidentemente que isto que estou a explicar non e a única razón da crise, tamén está a especulación, o gasto do diñeiro público “que no es de nadie” sen control etc., pero se o que acabo de describir non existira, o paro en España hoxe sería moito menor.
Solucións, como non son economista non me atrevo a dar ningunha, do único que non me cabe ningunha dúbida é de que se aveciñan tempos difíciles.
Falando de economistas, se algún economista ou alguén con nocións de economía “académica” leese isto seguro que non estaría de acordo ou matizaríao moito, pero tampouco me preocupa porque para min os economistas son bos para facer análise a posteriori, pero non o son tanto para facer diagnósticos. Atribúen a Gorbachev a frase "teño os 100 millores economistas do mundo, o problema é saber cal deles ten razón".
Perdón pola parrafada.
... (ver texto completo)