Luz ahora 0,09080 €/kWh
        

Mensajes enviados por INDA CHO SEI:

"Os teus fillos non son os teus fillos,
son fillos e fillas da vida desexosa de si mesma.
Non veñen de ti, senón a través de ti,
e ainda que estean contigo, non che pertencen.
Podes darlles o teu amor,
pero non os teus pensamentos, pois
eles teñen os seus propios pensamentos.
Podes abrigar os seus corpos,
pero non as súas almas,
porque eles viven na casa de mañá, ... (ver texto completo)
Bueno, foreros. He ido a Misa cuando iba perdiendo el Celta 0-2. Al volver a casa me encuentro con esa remontada. Lo que digo: Todos los días se producen milagros, aunque nos falte fe para creer en ellos.

Dormiré un poco mas tranquilo-

Buenas noches-
Cábeme a honra de ter ido a tocar a gaita coa banda "Redegaita" aos dous últimos partidos do Celta en Balaídos, convidados polo clube para estes partidos de "A nosa Reconquista". E remontounos, tanto ao Villarreal, coma a Real Sociedad.
Seremos Redegaita o seu talismán?
Aposto a que no. O talismán ven sendo un rapaz que se chama Iago e ten moitas Aspas!
Muy buenas noches queridins amigus forerus, decirus que nun paramos de andar de entierrus, pues para hoy tenemos que asistir en Holanda pasando antes porlas Rozas, el Bernabéu al del Real Madrid qué fallecio victima de suo mal juego en manus del Ajax de Amsterdam.
Un muy fuerte abrazo para todos los del Madrid y los Cabayones de mi queridin Ovieu.
No seu "queridín Ovieu" xoga un rapaz de Aciveiros, un dos pobos de Lubián. El naceu en Barcelona, pero pai e nai son de Aciveiros. Formouse no Español, marchou para o Chelsea con 16 anos, e logo ten xogado na Gimnástica e agora no Oviedo.
Cando vaia ver un partido délle unha aperta de parte miña.
Chámase Tejera.
Moitísimas grazas padriño. Por certo, púxome un nome que me vai como anelo ao dedo. Agora non se esqueza de darme o aguinaldo cada día de reis.
A súa explicación excelente coma sempre, sin carencia de pelos nin sinais.
Pero o tema da incógnita non cheira a metafórico. As metáforas son boas para adornar os pensamentos, mentras que o cu ríxese polas leis fisiolóxicas. E cando apretan, como vostede ben sabe, apretan sen distinción de rangos.
O asunto rezuma un non sei que, así como un coñecimento ... (ver texto completo)
O falar vai dos queixos, que din por eiquí...
Pero agora a Unión Europea vai poñer un imposto aos peidos das vacas!
Din que cada día unha vaca bota fóra 300 litros de metano, que é máis nocivo ca o dióxido de carbono dos vehículos...
Empézase coas vacas..., Verás tí se logo non veñen detrás de min, das burras peideiras, das novicias e de todo quisque...
Querido padrino Indachosei, espero que para Reyes me regale un buen Ordenador.
Y también quisiera una Gaita como la suya.
Gracias de antemano
A ver, prenda: que eu non che son o padriño do bautizo. Eu son o oficiante, meu rei.
Mándalle a petición ao APALPADOR. e que Deus che dea sorte, porque con ese nome, ben poidera ser que non che apalpe a barriga, non sendo que se prenda o quinqué!
Sr. Azadón tiene razón jugaron mejor y un Messi que se sale.
Se reconocer que están en mejor forma.
Los felicito, es lo que tenemos los merengues, somos unos caballeros.
Alá no século pasado viviu en Lubián, como criado dun gandeiro, un home que apareceu polo lugar cando acabou a campaña da División Azul. El era de Aspariegos, pobo preto da cidade de Zamora. Chamábase León Reguilón Pérez, e tiña paxariños dentro da testa.
Agora, cando vexo xogar a ese rapaz do Madrid que se chama Reguilón, fillo de Zamoranos, non poido deixar de pensar que debe ser sobriño bisneto do noso León.
Para min, que son do Deportivo, Reguilón está a ser o mellor xogador do Madrid. Que ... (ver texto completo)
COMO MATEMÁTICO, IMOS INTENTAR DESPEXAR A INCOGNITA

Nunha das aldeas das Portelas vivía daquela unha mociña linda coma unha camelia.
Inda que levaba as vacas da casa aos prados e faceiras, ela sempre tiña a cara lavada e a roupiña inmaculada. Cheiraba á herba das pallaregas, de tantos mollos que tiña atado para acomodar a facenda. E as súas meixelas viñan sendo dous caraveliños da China.
Era a rapaza máis pescudada polos mozos da contorna. Pero o que máis a acaroaba era sen dúbida un do alto ... (ver texto completo)
Bo relato, moi ben detallado! En canto á comparación co tímido escape de monxa novicia, déixanos coa incógnita de cal é a fonte de tal coñecimento.
Amigo Incógnito: Por eiquí, ben: Espero que ao recibo desta, vostede tamén ben.
Antes de nada, habíamos de bautizalo. E como os Padres que andan dabondo por eiquí xa hai tempo que non nos dan o Ave María Purísima, permítame que eu mesmo lle bote a auga bendita, que non se pode andar polo mundo adiante sen bautizo.
Que o nome sexa sonoro e rítmico coma unha muiñeira: CAN CUN QUINQUÉ NO CU.

Querido Can Cun Quinqué No Cu: cánta razón ten. Ás veces poñémonos a falar, e utilizamos recursos estilísticos ... (ver texto completo)
Non o había de contar.
O que pasa é que non quero calarme, por pudor, e que logo apareza por eiquí o amigo Telesforo índose da lingua... Que el tamen foi testigo.

Hai hoxe quince días levei pasar a ITV ao meu compañeiro de camiños e cortafogos: un SANTANA 300 ao que case nunca tiven que levartarlle o capó.
Despois de mirarlle os fumes, o técnico --persoa moi educada-- mandoume parar o motor e abrir o capó. Pero eu quedei paralizado, sorprendido de non lembrar onde carallo estaba o demo do tirador.
Decatouse ... (ver texto completo)
Buenas noches, amigo. El viaje es de ida y vuelta, demasiado largo y no llevo programado ir a comer al Pereiro y saludar a nuestro amigo.
El viaje es imprevisto, y me ha pillado, por mi desidia en bragas. Resulta que en mis mas de 40 años con coche, nunca he tenido cadenas. Así que esta tarde me dediqué a buscarlas y no las he conseguido en ningún sitio. Y mas de uno me miraba como si estuviese de guasa. No hay cultura de nieve, Aquí ya empiezan a florecer los almendros.

Bueno, pues deseo que ... (ver texto completo)
CADEAS?
Vivindo en Sanabria, levo eu tamén cuarenta anos sen usar cadeas. Hai unhas rodas de inverno que son moito máis efectivas.

Nos anos oitenta tivemos eiquí un enfermeiro de Marín, e comentounos que anos atrás foran convidados a unha voda preto do Cebreiro. Como os informativos do tempo falaban de neve, seu pai (que era oficial na Escola Naval co apelido Río) mercou unhas cadeas en Marín. E púxollas ao seu R-8 alí mesmo, no garaxe da casa. Cando ía pola rúa cara ao Cebreiro mandouno parar ... (ver texto completo)
Siempre tan ocurrente, a la hora de levantar una sonrisa allí donde la languidez se empieza a sentir.

Y por una necesidad familiar, el domingo estaré en A Gudiña. Ya he visto que precisamente calor no voy a pasar.

Un saludo
Non se preocupe polo frío, que andamos no inverno.
Xa imos fartos do xeito de informar que teñen os medios. Parecen andar á competencia.
Cando xea polas noites, fai sol polo día. A noite pasada a mínima en Lubián foi de 0 graos. Nin frío, nin calor. E hoxe polo día eu andiven sen abrigo, tanto en Lubián, como en Aciveiros, onde fun facer un recadiño. Os traballadores que visitei alí andaban en camiseta de manga corta.
As cervexas seguimos a tomalas ben frías.
Agardamos que o motivo da súa pasada pola Gudiña non sexa por cousa mala.
Unha aperta. ... (ver texto completo)
CLÍNICA NOVA

Correuse como a pólvora entre os máis vellos do lugar que en Verín abrírase unha clínica nova para arranxar as mingas preguizosas e fóra de servicio, cunha nova técnica de transplante.
Había na aldea un solteirón que gustaba moito do trínguli-trínguli, pero que xa lle morrera a paxariña anos atrás, a pesares de seren os dous da mesma quinta. E alá que se foi a Verín para buscar un diagnóstico do seu problema.
Efectivamente, aquela ferramenta foi diagnosticada como fóra de servicio permanente. Xa non había xeito de amañala. Había que ir ao transplante. Quitáronlle o seu vello colgadallo e puxéronlle outra nova.
Tan contento andaba el coa nova ferramenta e o seu funcionamento, que acabou insinándollela a un viuvo sesentón que andaba moi descontento da súa piruliña.
E tanto lle gustou ao viuvo, que acabou animándose tamén el a visitar a clínica. E aos oito días xa tiña o novo enxerto.
Pasaron quince días, un mes, un trimestre... e o enxerto non endereizaba. Daquela queixouse ao solteirón:
--A tí foiche ben, amigo. Pero a miña non levanta cabeza.
--A ver, home. Ten un pouco máis de paciencia. Ensíname o apaño.
Entón botou fóra aquela miñoquiña, e solteirón quedou pasmado:
--Carallo --berrou deseguida-- A tí puxéronche a miña! ... (ver texto completo)
Hai uns quince días estiven de acompañante, por razóns que non veñen ao caso, en Urxencias do Hospital de Verín máis de vintecatro horas.
A iso das catro da tarde saín comer un bocadillo ao Mesón Castelo, ao lado mesmo do Hospital. Levaba no hospital desde as catro da mañá, e inda non probara bocado desde a cea do día anterior.
No bar so había un cliente, a ler o xornal cos cóbados espetados no mostrador.
Despois entrou unha mulleriña pequerrecha e vivaracha, que xa vira tamén de acompañante dun ... (ver texto completo)
Pois cando non había tecnoloxías, daquela, contábanse contos nas lareiras nas longas noites de invernía.
Non coma agora, que cada un anda pasmado nas pantalliñas, en silencio, cos dedos a teclear sen descanso onde xa ni teclas hai.

Nunha daquelas noites así falaba o tío Rodosindo para toda a familia:

Ía un home coa aixada ao lombo por un carreiro, e ao pasar fronte unha corte, ollou por unha buraca e viu un carneiro dentro dela. Pensou de roubalo, que boa falta lle facía para ter algo de carne ... (ver texto completo)
MOZA CASADEIRA

Había na aldea unha moza naqueles tempos nos que os mozos e mozas marcharan todos para Alemania.
Ela quería saír tamén, pero os pais tiñan moito capital e viña sendo unha deshonra que a filla marchara fóra a traballar. E tamén a querían para eles, que non querían marchar da aldea, e o día de mañá precisarían da filla máis do que hoxe.
Daquela regresou ao pobo un indiano xa maior, co peto cheo de prata aforrada ao longo de toda unha vida alá por Argentina e Chile. Érache un home ... (ver texto completo)
Ai, amigo Camba! Barrunto en vostede unha infancia como a miña. Aqueles nenos que medramos picando a leña, apañando a auga, escaldeirando e apalleirando os prados, apañando o estrume, esparexendo o esterco... Co nariz afeito a todos os cheiros. Ai, o cheiro a sabugueiro! Era o primeiro que sentía ao saír do túnel de Padornelo naquel tren fumador empedernido, cando viña coas vacacións de verán... para fartarme a traballar.
As maias son tamén unha lembranza desta cachola miña. Non é que houbera dabondo. ... (ver texto completo)
DAQUELA AMÁBAMOS AOS NOSOS POLÍTiCOS. ERAN OUTROS TEMPOS.

Na rúa Fernanflor hai unha porta pola que entran ao Congreso dos Deputados os periodistas acreditados. Un día de outobro de 1977 estaban nesa porta falando o deputado Ernest Lluch e o xornalista Josep María Sanmartí, que era corresponsal en Madrid do diario Avui. Entón pasa unha parella cunha nena duns dez anos, e a nena vólvese a eles:
-- ¿Son ustedes diputados?
--Yo no, bonita. Este señor sí--contestoulle o periodista.
Daquela ela ... (ver texto completo)
Siguiendo con los recuerdos de chaval.

Unos días antes de la fiesta, el pueblo era un sonido uniforme, se batían los huevos para el roscón.
Que día mas excitante, las madres te dejaban rebañar las ollas y era un verdadero placer.
As vosas festas e as nosas eran os mesmos días: 8 e 9 de setembro. E se o 7 ou o 10 caían en domingo, un día máis. Polo que vexo, Varela, eres un lambón, sen ánimo de ofender. Tamén eiquí se facían os roscóns e uns pratos de arroz doce (con leite) que se quedaban en estado sólido, que estaban tamén de carallo.
En Lubián vivía un tal Abelardo que tiña un biscuter e vendía larpeiradas na festa, e tamén uns espelliños que valían unha peseta. Os rapaces comprábamos aqueles espellos para atalos no empeine do zapato. Acercábamonos aos corros das rapazas, e polos espellos víamos a cor das súas bragas. Eu inda levei algunha labazada da Pita Moñuda por berrar a cor das súas bragas!
E por máis que busquei, nunca encontrei a ningunha sen elas...
Pero o tempo fuxe, que o leva o demo! ... (ver texto completo)
Onde dice 30 do nadal de 2006 hai que sumarlle 10 anos: 30 do nadal de 2016.
La arruga es bella.

Adolfo Domínguez
AQUEL RAPAZ
Entre outras moitas cousas, meu pai era un muiñeiro fillo de muiñeiro. Muiñeiro de maquila: por cada mina que moía, un cuartillo de fariña para casa.
No muiño había que picar a pedra de cuando en cuando, para que fixera bo labor, sacando farelos e unha fariña fina. Para min o día que meu pai picaba o muiño era un día moi feliz. Esborxábamos a preseira na madre, e mentras o muiñeiro picaba a pedra, o rapaz limpaba a caldeira de cabo a rabo. Enchía un garabito de troitas no que o demo ... (ver texto completo)
Solo puedo decir que me encanto. Que cuento mas cachondo.
Saludos
A min tamén me gusta. Temos que conservar a nosa tradición oral. Parabéns para todos os apañadores de contos e lendas, como José Rodríguez Cruz.
O ARRIEIRO E AS BRUXAS

Naqueles tempos do demo, no seu camiño, foi parar un arrieiro co seu burro nun mesón rexido por unhas bruxas.
Cando dormía, sempre cun ollo pechado e o outro a medio abrir, viu como as bruxas trouxeron un cacharro cunha beberaxe que non beberon, pero untáronse co ela, e unha vez untadas saíron como foguetes polo burato da cheminea para riba.
--Cara onde irán estas fandangas? --pensou el naquel intre. E para saír de dúbidas, pensou: "Se unto o burro, igual fuxe pola cheminea, ... (ver texto completo)
Tenga paciencia todo llega y ahora más que el Partido Socialista será el más votado. Y lo que le digo es asi. No soy ningun brujo, pero veo agotado a mi partido y bastante ha hecho con lo que tiene encima.
tiene que salir otro con ideas más frescas.

Reciba un saludo de un amigo.
Saúdos, amigo.
Pero mire: Para levar a cabo esa tarefa do artigo 130.2 xa se promulgou en 1982 a "Ley de Agricultura de Montaña".
Coa chegada das Autonomías, cada Comunidade adquiriu a competencia para a súa aplicación.
E nesta nosa Comunidade, cada vez que aparece un Programa Especial, presupostan unhas cantidades nel. E dices: qué ben!. Logo vas aos orzamentos ordinarios e encontras as mesmas partidas esparexidas. O Programa Especial nunca é outra cousa que un compendio do que xa se contempla ... (ver texto completo)
A nosa Constitución ten moitos artigos.
Eu gustaría moito da aplicación tamén do artº 130.2. Sempre a vin reclamando en todas as institucións nas que tiven circunstancialmente escano.

"1- Los poderes públicos atenderán a la modernización y desarrollo de todos los sectores económicos y, en particular, de la agricultura, de la ganadería, de la pesca y de la artesanía, a fin de equiparar el nivel de vida de todos los españoles.

2- Con el mismo fin, se dispensará un tratamiento especial a las ... (ver texto completo)
Buenas noches a todo el foru y forerus, queria decirle al Sr. Choupito que él y algún personaje más me han engañadu con el lugar de procedencia del Sr. Zé (252525), estuve de vacaiones segunda quincena de agostu en el pueblu de mis abuelos y me desplazé hasta les Carbayas al ladu de Moimenta que son diez casas o doce a lo sumo, preguntando por un camareru de un restaurante de le castellana en Madrid que vien amenudo con suo jefe al pueblu y ningún vecinu dió razón de el... mandé de segundas, cuando ... (ver texto completo)
OS ESTOURA BOSTAS

Ai, señor AZADÓN! Ao único aixadón que coñecín na miña vida foi a un que tiña meu pai para arrancar os torgos nas arroxas. Non andará sendo vostede dos Servicios Secretos?!
No ano 1.970 eu non tiña máis que dezaoito primaveras, e moitas ganas de xoldra ao empardecer aqueles longos días de sega da herba, de seitura, de acarrexa, de mallas e de sementeira... Tomara o meu primeiro curso de cultura musical, e xa viña aplicando esas primeriras leccións no Coro Parroquial.
Pero ... (ver texto completo)
Como alumno de Don Laureano, "el cual tenía una hábil forma de enseñar" gran maestro y amante de la naturaleza, tengo grades anécdotas de su persona.
Nacido en Carracedo da Serra, se dedicó a recopilar cuentos, fábulas y vivencias de nuestra tierra, contadas por los vecinos de cada pueblo.

Un recuerdo a su persona.
Celebro a casualidade, señor Camba. Non sabía quen era don Laureano. Apareceume nun libriño da editorial "O Moucho" que leva na casa 47 anos: "O Libro da Caza", "recollido do Pobo".
Alégrome de que o coñecera e fose alumno del. Tampouco sabía do seu maxisterio. Quizáis leva o seu nome o Colexio da Gudiña, agora que o penso. Convidáronme o ano pasado a dar unha conferencia na Casa da Viuva para os alumnos dese centro. Tratáronme moi ben.
Faime tamén ilusión que fose un mestre.
Imos ter que coñecernos ... (ver texto completo)
O UNTO DA VELLA
Unha vez foron uns cuantos cazadores a cazar a unha serra e perdéronse, e foron dar a un lugar moi pobriño, onde buscaron pousada, sen achala ata que deron cunha velliña que vivía sola, que se compadeceu deles e que lles dixo que os deixaba durmir alí; pero que non tiña nada que lles dar de cear.
--Ben --dixeron os cazadores--; traemos nós caza bastante. Só nos fai falla unha pouca grasa para gobernala.
--Sí..., grasiña! Xa non acordo a probala.
--E logo vostede de qué vive?
... (ver texto completo)
Carallo! Non sei de qué me ven soando isto...
Non sei se é de Quevedo ou de Góngora...
Houbo un tempo, alá no século pasado, no que me tocou dirixir un centro de ensino coas aulas esparexidas polos pobos.
Un dos días de cada semana xuntabamonos todos os docentes do centro, despois das clases, nunha reunión de traballo no Centro de Recursos e, ao acabarmos, íamos de cea polos restaurantes da bisbarra.
Entre os mestres había unha parelliña de rulos que andaban daquela con moitas garatuxas, como cando se quere empezar a facer o niño.
Nunha daquelas ceas sentamos nunha mesa longa da ... (ver texto completo)
Buenas tardes Dn. Telesforo, me alegró un monton que usted estuviera con nuestro amigo común Dn Inda Cho Sei, sabía que el tiene una perra mastín enorme pero no tenia conocimiento del accidente producido con las carlancas de la perra. Yo le recomiendo que a partir de ahora cuando saque la perra de paseo se ponga unos calzoncillos de esparto fuertes para protejer sus perendengues.

Un abrazo fuerte para los dos.
Non se preocupe o señor Quevedo polas miñas medidas preventivas. Xa lle encarguei a unha cesteira da Moimenta, que veu á feira da Tuiza, unha ducia de calzóns de vimbio, que os ovos sempre se conservaron mellor nas canastras que nese esparto que non ven sendo autóctono.
Graciñas mil.
TRANSLACIÓN DE INCHAZÓN

Había daquela na miña aldea un carpinteiro moi maior que, cando deixou de facer e arranxar carros, e de subir aos louxados para amañar as ripias, viña entreténdose na súa xubilación en facer badalos para os chocallos. Era o tío Farruco.
Tantos eran os badalos que daba feito, que xa non había chocallos para tantos; pero el seguía a facelos, sobre todo badalos grandes para zumbos, que así lle chamábamos nós aos máis mores dos chocallos.
El pensaba que non, pero era un segredo ... (ver texto completo)
Pelotas, que eres un pelotas, sois unos rojos resentidos, faltos dé valores y principios, aquí sólo hay algún que sé libra Dn. Manuel el cura Rodolfo y poco más, los de más todos unos incultos incluido el portugués, para mí no tenía nada de portugués es un t**** un inculto y se quería reír de todos, como si los demás fuéramos tontos.
El Inda ya no digo no hay palabras para calificarlo qué es eso de menospreciar a los de derechas que somos la mayoría.

Viva España Grande y Libre...
Quédalle moi ben iso de DIOS EVA. Soa case igual, pero non tan áspero.
Mire, vou contarlle unha cousa para que vexa que eu nunca menospreciarei aos da dereita. Nas eleccións municipais veño encabezando unha lista desde os albores da democracia dun partido de esquerda. Hai un ano sacamos o 79,9 %. E todos sabemos que a metade, máis ou menos, dos votos que sacamos son de electores da dereita.
Colla vostede ese conto tradicional da raia, onde se cambia un burro portugués por un español, e arránxeo ao seu xeito. Iso é o humor. Porque o conto é reversible. ... (ver texto completo)
Pelotas, que eres un pelotas, sois unos rojos resentidos, faltos dé valores y principios, aquí sólo hay algún que sé libra Dn. Manuel el cura Rodolfo y poco más, los de más todos unos incultos incluido el portugués, para mí no tenía nada de portugués es un t**** un inculto y se quería reír de todos, como si los demás fuéramos tontos.
El Inda ya no digo no hay palabras para calificarlo qué es eso de menospreciar a los de derechas que somos la mayoría.

Viva España Grande y Libre...
Vostede ornea máis que fala.
Unha aperta de agavanceira.
Messi no comulga y Dios le castiga.. no se come un rosquillo y Chile se frota las manos gracias a alguien que aun no gano nada.
Semana redonda fuera coletas y psoe en ruina.
Que enteligente es el pueblo Español.

Yo ya adivino quien me contestara.. que Dios hay veces que le gusta jugar a politica.
Les invito a reflexionar y dejen de pecar.
Un saludo
O PESO EXACTO

Nuns tempos nos que o diñeiro era escaso, xurdíu o troco.
Naqueles tempos era tamén costume intercambiar activos entre os dous principais partidos políticos do Estado. Tiñan un contrato, e había que cumprilo. Cada ano cambiábase ao peso un burro socialista por unha eminencia popular. Pero o peso tiña que ser exacto.
Houbo un ano no que a eminencia popular pesaba máis ca o burro socialista. Entón, para arranxar a cousa e compensar a diferencia de peso, cortáronlle o nariz a eminencia e logo metéronllo no cu ao burro, pero como o nariz do popular era tan grande, o burro pasou a pesar máis da conta.
Despois houberon de cortarlle a mexadeira ao burro para metela polo cu da eminencia. Foi daquela cando a balanza deu o peso exacto entre os dous. E o troco foi feito xa sen máis dilación.
Apertas para todos os gañadores, Que sexa para ben. ... (ver texto completo)
Sucedió hace muchos años en mi facultad de Medicina, antes de mi alistamiento en la Legión.
Hablaba el profesor de los altos niveles de glucosa contenidos en el semen, cuando una alumna levantó la mano, y preguntó:
--Si le he entendido bien, está usted diciendo que hay un montón de glucosa, como en el azúcar, en el semen.
--Correcto --respondió nuestro profesor.
--Entonces... ¿por qué no sabe dulce?
Tras un absoluto silencio, la clase completa estalló en una inmensa carcajada, excepto el profesor, ... (ver texto completo)
Eu tamén vin cousas como docente que ben que me fixeron rir, señor Romerales. Claro que non na Universidade. Xa me chegou ben con Secundaria.
Cando entrei unha mañá, despois de dúas clases, no Departamento de Matemáticas, alí estaba unha compañeira cabreada coa resposta dun alumno nunha proba de matemáticas de primeiro da ESO.
-- ¿Qué te parece?
Collín aquel exame e boteille unha ollada á primeira pregunta, que ela viña de correxir poñéndolle un cero no exercicio.
Despois dunha gargallada, contesteille todo serio:
--La respuesta es totalmente correcta. Tienes que puntuarle adecuadamente la pregunta.
-- ¿Estás de coña?
-- ¿No has pensado que tal vez esté mal planteada tu pregunta?

Ela, no canto de rir, case se bota a chorar...
A pregunta dicía:

"Halla x".

E a profesora debuxara un triángulo rectángulo. Nun cateto puña 3 cm. No outro cateto, 4 cm. E na hipotenusa puxera a x.

O rapaz rodeou coa cor roxa a x, e coa mesma cor trazou unha flecha e escribiu: ESTÁ AQUÍ.

--Tiene razón, compañera. "Hallar" y "encontrar" son sinónimos. Y él encontró la X. Lo hizo correctamente, expresando la respuesta con toda concisión. Puntúale la pregunta como correcta.

E alí a deixei rascando a testa, despois de dicirlle que cando volvera a redactar a pregunta no futuro, en lugar de "Halla x", debería pór "Calcula la longitud de la hipotenusa."

E calificoulle aquel exercicio como correcto. ... (ver texto completo)
Ouvin decir por as Rias Baixas, que vostede tiña un gran amigo por Cangas do Morrazo... enton conviña se vostede o considera oportuno, que lle dera unha visita e depaso visitar e compartir cun par de duceas de ostras con outro viciño da Vilavella que o convidará mui gustosamente a ese molusco cun alvariño "terras gauda" perto da saida da estación marítima de Vigo.

Unha aperta de Carballo...!
Pero vostede me está a falar de Pazos Varela, o novo alcalde de Cangas, quen foi compañeiro de traballo eiquí, na Escola de Lubián, ao longo de catro anos. Mestres, titiriteiros,... e agora alcaldes os dous. Tamén coincidimos nun tempo como deputados autonómicos, un en Galicia por Esquerda de Galicia e o outro en Castela polos socialistas.
Vémonos de cando en vez, inda que xa hai para media ducia de anos que non coincidimos. A última vez foi na miña casa: veu a familia para ver a neve, que a filla ... (ver texto completo)
Querido inda cho sei espero verte mas veces por la playa
con tu pantalon rojo y tu camisa azul.
No comas mucho que despues la Gaita no te funciona.
Un abrazo y disfruta que esta vida terrenal que es corta.
In il dominis lubianes itoli.
Ai pater. Eu regañando as canelas, e vostede embutido en tan preto sotanón.
Na próxima, déseme a ver. Saque a sotana, merque un calzón vermello coma o meu para mollar o cu na auga salgada, e chimpamos logo xuntos unha garrafiña do Salnés, mentres destripamos unhas centolas máis unhas necoriñas, que a gaita xa funciona sola, que a teño ben afeita a todo tipo de eventos.
Ata máis ver.
UNHA PEQUENA XIRA POLAS RÍAS

--Bo día, señor. Eiquí pon Combarro, pero non vexo por onde baixar á beira do mar.
O da moto que viña de parar onda o meu coche, botoume unha ollada de arriba a abaixo antes de me contestar.
--Coñece vostede a zona.
--Traballei en Pontevedra hai xa cuarenta e tres anos, pero acho isto moi desconocido.
--E en que traballou, se se pode saber?
--Fun mestre no Colexio Atlántico.
--Daquela vostede é falanxista.
--Como di? ... (ver texto completo)
Graciñas, home; pero non fai falta pedir disculpas, que os que andamos por eiquí xa estamos avezados a cousas moito peores.
Estamos máis preto de BEN CHO SHEY que dese outro escribidor e tertuliano, ao que temos que respectar tamén.
Espero eu que ti tampouco sexas LA CHONI.
Saúdos.
Me gustaría a petición de mi jefe que me dijeran si es verdad que sigue el proyecto de la estación del AVE Gudiña o se cambia por el de Zamora es decir (Puebla de Sanabria), según Fomento parece ser que en Sanabria sale más barata por el subsuelo, también alega Fomento que los de la zona rural de zona de Gudiña y por los alrededores están muy preparados y tienen buenos burros para acercarse a Sanabria, claro que todo esto me lo dice el jefe que se está partiendo de risa.
Onte saíu no BOE publicado o proxecto da estación de Sanabria. Terá un orzamento de 4.2 millóns de euros, e vai estar no pobo de Otero, no concello de Palacios de Sanabria.
Sí levantase la cabeza el abuelo esto no pasaría, a dónde ha llegado España, señores rojos resentidos y gentuza que todos unos comunistas, llenos de rencor y odio qué es eso de mofarse de la Iglesia y de la religión, señores creo que por este camino vamos mal que es eso de mofarse de la Bandera de España al igual que la falta de respeto a la propiedad privada no respetando el orden público.
Señor Rajoy por el amor de Dios haga cumplir el orden constitucional para evitar el caos que se avecina entre ... (ver texto completo)
Zarabeto non é, pero só sabe dicir tres ou catro palabras enlazadas, sempre as mesmas, coa mesma enrónica. Abra unha guicha nesa cachola, que se lle ventile un pouco, se é que existe tal persoeiro.
Unha palmadiña nas costas.
INDA Y LOS CURAS
Inda tiene muchos curas amigos, aunque se vanaglorie de lo contrario. Otra cosa distinta es que siempre ande a la greña con algunos.
Durante un determinado periodo de tiempo coincidimos en un Destacamento temporal en Smara, allá en el desierto. Además de la 3ª Compañía de la VII Bandera, nos acompañaba un Capellán con el grado de Teniente, el cual pasaba más tiempo con Inda Cho Sei --casi siempre discutiendo como amigos-- que en su acción pastoral.
Además de capellán, el Teniente ... (ver texto completo)
Ben sabes, compañeiro Romerales, que o capellán aquel era un principiante inexperto que as estaba a pasar canutas naquel eido do fin do mundo, e que só as miñas conversas o sacaban algúns intres daquela profunda depresión que padecía.
Peor foi o que me pasou na "Academia de Analfabetos" de Villa Cisneros co capitán capellán.
Cando me destinaron á Academia, encontreime cunha ducia de rexos mozos barbudos con cheiro a cebola fritida e outros efluvios indefinidos, que levaban dous anos alí, sen aprenderen a ler. Os mestres que pasaban por ese destino eran tratados como espantallos por aqueles indisciplinados discípulos.
Eu entreilles coa súa propia estratexia, salvando os efluvios, demostrándolles que eran eles tan espantallos coma min. Participei das súas borgas, coma un máis. Bebín do seu vodka con zume de tomate e aprendín de corrido a súa xerga.
Fóra das horas de clase mirei polos recursos materiáis, e comprobei que non había alí máis que o método silábico "Palau" con aquelas frases: "mi mamá me ama", "amo a mi mamá", "toma tomate",...
Daquela tiven que elaborar por min mesmo outros recursos máis apropiados ás edades daqueles labregos sen terra de remotos lugares de Extremadura e Andalucía. Por aquelo de que "cada maestrillo tiene su librillo".
-- ¿"Para qué vamos a aprender a leer? Nunca nos hizo ni nos va a hacer falta."
--Coño, aunque sólo sea para escribirle a la novia!
Comecei por lerlles algúns parágrafos de "Rasputín", libro que comprara eu meses atrás por correspondencia. O que máis lles gustaba era o capítulo no que un noivo ruso puña unha escada para falar coa noiva pola fiestra do seu cuarto. E unha noite na que chegara á bicala, atreveuse a meterlle-la man na espeteira polos sobacos. Qué sorpresa levou: alí xa había outras mans, as do clérigo Rasputín, que estaba dentro do cuarto, e dentro dela, sentada no seu regazo, espetada, mentras a agarraba coas dúas mans polo apetitoso e abondoso amoxo.
Todas as clases empezaron desde aquela coa lectura desa escena. E todos querían aprender a ler tan fermosas palabras.
Cando catro deles romperon a ler con certa soltura, decatouse o capitán capellán dos evidentes avances, nunca antes agardados. Entón felicitoume diante dos alumnos polos obxetivos alcanzados.
Dous días despois pretendía arrestarme, enterado dos métodos utilizados: No canto das frases de Palau, estaban aprendendo a ler con outras coma éstas: "mi nena tiene tetas", "le como la higa a mi nena", "mi mano en su felpudo",...
Gracias ao capitán De Las Heras, que era o da miña compañía, e ao teniente Romerales, que era o da miña sección, puiden librarme do Pelotón. Foron eles os que lograron meterlle na cachola a aquel clérigo do demoño aquelo de que EL FIN JUSTIFICA LOS MEDIOS. ... (ver texto completo)
Apreciado Inda, me cae bien usted por varias cosas entre ellas por ser un hombre de izquierdas como yo, pero en este caso sobre lo que dice de clavarme los clavos a los perendengues no puede ser es una falacia, además al padre que usted se refiere es un santo y merece el máximo respeto pues en su día fue engañado como yo, entiendo que puede usted tener sus razones ya que la Iglesia no ha sido infalible puesto que ha cometido errores como toda institución y como todo ser humano pero por ello se pidió ... (ver texto completo)
Ben certo é que o que non foi acólito de garoto acaba sendo sancristán de ancián.

Nos concellos ben administrados hai unha partida que se chama 0,7 %, e se o segador de centeos cumpridos consulta o asunto en Intermon Oxfam, verá que hai algún concelliño desta bisbarra que ten cooperado na construcción dunha escola que facía falta nunha aldea do Ecuador, sen precisarmos da Igrexa.
O Papa Francisco, meu amigo, defende sacar a relixión do eido público: "El Estado debe ser laico..." son as súas verbas, ... (ver texto completo)
GALIZA
Galiza docemente
está ollando o mar:
tes vales e montañas
e terras pra labrar!

Ten portos, mariñeiros
cidades e labregos
cargados de traballos
cargados de trafegos ... (ver texto completo)
Graciñas.
Unha boa lembranza de Manuel María.
No se si sera de alimento ir a misa, pero te da una tranquilidad y un relax. Por lo demas algunos se quejan del cepillo y ya la clientela que teniamos es cada vez más pequeña, pero muy agradecida y alguna vez se ve un billete de color azul.
La gente con el movil ha perdido las buenas costumbres.
El otro dia un feligreses del Pereiro contestaba un Wasap y a la vez se persina y reza el padre nuestro..
Pero que vamos hacer el hombre viene a misa y eso es lo que cuenta.
Saludos hermanos.
Eu sonche máis de viacrucis.

Unha noite na taberna
Unha noite non é nada
Unha semaniña enteira
esa sí que é tabernada!
Perdon pola pregunta, ¿De que Varela era parente o do pemento... de Rouco Varela ou do Varela da Vilavella?.
Agardando a sua resposta... antecipadamente muitas gracias.
Os parentes de Rouco son máis celestiais que terrenais.
Apreciada Pita, cómo te conozco tanto creo que tú con el gran sentido del humor que tienes lo que quieres reflejar en lo de los clavos de tu amado Telesforo en el fondo es otra cosa, porque según el padre José los clavos tienen un gran significado en todo el amplio sentido de la palabra puesto que están hasta en la Biblia hay una frase, clavo bien clavado, predique con claridad y sencillez y pasión, total que de parte del Padre José que te queda sumamente agradecido porque eso es lo que hay que hacer ... (ver texto completo)
Ai, Zé das Carvalhas! Cada vez me decato máis das chatolas coas que che cravou os perendengues ao reclinatorio o Padre ése das túas entretelas.
Se poidéramos darlle para atrás ao tempo para irmos ao século XVIII, faríache eu esta pregunta: Qué opinas, por exemplo, da tirapuxa sobre as petrinas nos calzóns? De veras cres que un clérigo teña algo que dicir sobre o traballo dun xastre?
Daquela a moda francesa da petrina única e centrada para os calzóns do home, difundida polas gacetas estranxeiras en sustitución da doble portela, con aberturas á dereita e á esquerda, de uso tradicional, atopa en España un violento rexeitamento por parte da Igrexa, que a califica de inmoral e contraria ás boas costumes. Ata a Inquisición intervén no asunto, con edictos cravados nas igrexas informando de castigos e escarmentos para xastres e clientes que adoptaran a moda da petrina.
Bótate fóra, meu rei. Fuxe do incenso e saca esas chatolas coas que che escraviza ese crego que che está a papar as molexas. E busca outra Pitiña que che ventile os miolos, sacándoche os farrapos eses de sancristán. Que a misa e o pemento sonche de pouco alimento, como dicía un parente do señor Varela. ... (ver texto completo)
O CUBA FLOÏD

Chamábanlle "bolingas" aos lexionarios borrachos, que había ben deles no meu Tercio.
Farto de tantos peneques, o coronel decidiu concentralos nun lugar aislado do interior do Sahara, famoso polo seu pozo profundo e cristalino de abundante auga: Bir Enzaram. Quería facer deles persoas sobrias e lexionarios exemplares.
Ao frente do Destacamento puxeron ao daquela teniente Telesforo Romerales, home reflexivo, introvertido, con reberetes de poeta, dado a meditación transcendental e ... (ver texto completo)