Rebaja tu factura AQUÍ
        

Mensajes enviados por INDA CHO SEI:

Érache un homiño como de xoguete, pero pouco apropiado para uso dos meniños. Viña das partes baixas do Tuela, e gañábase a codia cunha tallada de touciño rancio picando a leña eiquí, ou escaldeirando alá.
O tío Perfeuto deixábao dormir na casa da Cachifra, na pallarega que tiña enriba da adega onde se gardaban as patacas e algunha cousiña máis. Aquel día había tamén un feixe de vimbios para facer canastros, uns ripados e outros sen ripar.
Abaixo rían dúas mociñas duns dezaséis anos contándose as ... (ver texto completo)
¡Quince años enseñando folclore gallego en América! Tú eres, amigo, un misionero de nuestra cultura. A mí me dio por aprender a última hora, y ahora me dicen eso de "e agora de vello, gaiteiro". Tú fuiste gaitero mayor, y yo soy el mayor de los gaiteros de la banda que acaba de formarse en esta parte de habla gallega de la provincia de Zamora. El mayor de los gaiteros, en mi caso, sólo quiere decir el de más edad.
Te felicito por tu entrega a nuestra cultura y por tu permanente contacto con tus ... (ver texto completo)
Chegaron ao lugar dúas romeiras, camiño de Santiago. Para albergarse andaban a preguntar por "La Maison de Pacorro", pero ninguén ouvira falar nunca daquel mesón.
Elas decían que sí, que lle recomendaran "la maison de Pacorro" neste lugar dúas compañeiras do seu país, que se albargaran había uns anos nela, que foran moi ben tratadas e que o Pacorro as deixara moi satisfeitas.
Casualmente viñeron preguntarme a min por suxerencia de non sei que veciño.
--Non, non. Eiquí non hai nengún Pacorro. ... (ver texto completo)
pois si he certo, porque os que dalguha maneira no lo intentamos sacar ahora estamos co moco colgando inda asi esto non e normal oxe 30 graos maña 15. hay que escribir galego senon os de Lubian acusanos de antipatriotas. Un bico pra todos
Os de Lubián
comemo-la xixa sen pan.
E non bebemos viño
por non molla-lo fociño.
Pero non acusamos a ninguén. Como xente do monte, amamos a liberdade. A nosa, e a de todos.
Eu escribo no "meu galego" porque gusto da miña lingua. Pero tamén disfruto co castelán. E inda máis co francés. C'est la vie, mon amie!
Corrían os anos 1.972 e 73. Non corrían. Voaban.
Naqueles tempos traballei de educador no "Atlántico" de Pontevedra, preto do Campo Grande, camiño da Seca.
Foron tempos moi felices. O traballo consistía en manter a disciplina de xente da miña iguala nun andar da Residencia. Estudaban maxisterio ou FP. Foi coma outra vida: amigos e amigas que desapareceron desta de agora sen deixaren rastro; "Universo", "Daniel Boon", e veña move-lo esqueleto desengonzado dos vinte anos...
Nunhas vacacións, viaxando ... (ver texto completo)
a min como galegafalante non me extrana que un zamorano fale galego o triste e que me empeza a extranar que o fale un galego... tal como van as cousas os que si o falamos imos ter que pedirvos asilo os zamoranos. un saudo
Xariñas: estamos a vivir nunha aldea global. Nós somos unha parte pequerrechiña do territorio do galego oriental. Eu coñezo queixas presentadas verbalmente no concello por usa-lo galego en folletos sobre o Verán Cultural. O máis curioso é que as queixas sexan plantexadas en galego. Cómo se pode facer en galego unha queixa contra o galego?
É decir: neste concello de fala galega hai as mesmas problemáticas lingüísticas que en Galicia, agrandadas polo feito de pertencer a outra comunidade.
Pero hai ... (ver texto completo)
Decía un apreciado e finado pechabares que víra un búfalo na serra. O can de Dacasnalgas trouxo un coello. ¿Non sería o búfalo aquel? Mira que non volveu velo ninguén.
Seguramente unha das perdices, ó caer fulminada, matou o búfalo dun picotazo fortuito no cerebelo.
A seguir coa narrativa, Pingadelo.
Antes de adicarme ó taxi, fun lexionario no deserto do Sahara. Certo que facía calor, inda que eu pasei os quince meses en Dajla (daquela, Villacisneros), que está na costa, e o clima é suave pola influencia do Atlántico.
Sendo recluta, cando máis calor facía, tiñamos que facer instrucción ó sol e abrigados coa camisola por riba da camisa. Logo púñannos ó abesedo, detrás dun frontón, sentados no chan, en mangas de camisa, para as clases teóricas.
Como PROFESORES de teoría tiñamos os CABOS, casi ... (ver texto completo)
O pasado domingo foi a Feira Franca da Moimenta, e por alí anduve a dar unhas voltas. Fun convidado polo senhor presidente da Junta de Freguesía.
O día non puido estar mellor. Por iso andaba por alí toda a contorna. Houbo touros nunha plaza desas portátiles, con forcados e toureiros dacabalo, concurso de ovellas e de cans da res, e moitos postos de vendas ambulante.
Chamoume a atención un paisano que deu a vara desde dous sitios distintos co autoparlante sempre a berrar:
--Dez panos de cocinha, ... (ver texto completo)
Nos veráns non hai cincuentón, sesentón ou septuaxenario que non teña horta. Pero cultivar un horto a beira da estrada pola que pasean todos os xubilados é unha tarefa reservada só para os máis atrevidos.
--Vaia pementos máis esmirriados que ten eiquí o Inda. Esta colleita non lle vai quita-la fame, non!
--Non os regues tanto, que vas afogalos.
--Non se cava nuca cando hai orballo. Parece mentira que foras labrego de rapaz e de mozo.
--Eses sucos deberían se máis fondos...
-- ¿E logo moi seca tés a horta? ¿Non hai auga no caño?
--Non regues ca da fonte, que vai moi fría e destemplas o eido...
A muller trouxera as manadas de pementos de Oimbra, pero non parou de chover nunha semana, e cando vin plantalos xa debían andar doentes. Certamente eran os pementos máis ruís de todo o Val de Lubián. Botaron flor, caeulle a mitade, e logo saíron aqueles pementos escuchumizados que non daban medrado...
Comprei un saco deles en Verín e seleccionei os máis mellores: vintetantos cm de largos e cun corpo cheo de esbeltez. Levanteime cedo, collín uns metros de sedal e prendín dous nunha planta, tres naquela outra,... así, ata que gastei dúas ducias deles. Inda tuve que suplementar algunha plantiña con dous o tres guizos: había pementos máis altos cas plantas.
Aqueles días foi a sensación do paseo:
--Se non o vexo, non o creo --decían casi todos-- Hai que ver qué pementos en plantas tan miudiñas.
--Como se nota a calor! Esta cortiña e moi fría. Non deron medrado as plantas pola friaxe, pero estas noites quentes cómo fixeron enche-lo fruto. Os mellores pementos do lugar!
Unha tarde, xa medio luscofusco, acercouse a min o Piño con moito sixilo e alá me botou na orella as seguintes palabras:
--Quen ía decir que plantas tan arricanxas darían da noite á mañá pementos tan caralludos. Así é a natureza. --Esbozou unha sorrisa de pillabán e acabou plantexando unha dúbida na que non caera eu-- Pero o que xa non ten explicación é que aquelas cuatro plantas do cabo do suco, sendo de Padrón, den pementos de Oimbra, carallo! ... (ver texto completo)
Nun concello desta ínclita provincia, fará uns cinco ou seis anos, colocaron no Taller de Bordados un emblema da Longa Noite de Pedra, que xa fora quitado dalí na transición. Daquela saíu este meu artigo no diario provincial, que me valeu unha forte discusión con aquel rexidor, nun ágape na Deputación.

"Allí estaban el yugo y las flechas. Él, acostado, en posición de descanso, cansado ya de tantas humillaciones. Ellas, de pie, en perfecta formación.
Para sus infantiles ojos formaban un todo indisoluble. ... (ver texto completo)
Xosé Ramón e Fernández-Oxea foi un mestre ourensán (1.896-1.988). Estivo na guerra de Marrocos, desde onde enviou crónicas de guerra ao diario ourensán "La Zarpa" co seudónimo "Ben-Cho-Shey".
No 1936, sendo inspector de Educación en Lugo, presidía o Partido Galeguista. Foi por iso supendido de emprego e soldo durante tres meses e desterrado a Cáceres. Logo trasladouse definitivamente a Madrid, desde onde exerceu un importante labor cultural. Foi membro correspondente da Real Academia Galega (RAG). ... (ver texto completo)
Eche un conto moi vello, pero a min faime rir cada vez que me ven á memoria.
Acórdome del sempre que meto cada ovo no buraquiño da porta do frigorífico, así é que quen me vexa rir sempre que meto ovos na neveira pensará que toleéi.
Dicen que un de Lubián foi mercar unha neveira onda o Fulero de La Villa, alá nos tempos primeiros deste artiluxio. O tendeiro explicoulle para que servía cada bandexa e cada caixón: conxelador, sitio da froita e das verduras, lugar para o peixe, e na porta para as beberaxes.
Entón ... (ver texto completo)
Si se quien eres aunque eres unos añitos mayor que yo, aunque no muchos. Te recuerdo de las fiestas de los veranos yo me llevaba muy bien con Toño, Tino y Miguel Angel. El que estuvo en Madrid era Miguel Anguel que es primo de Tino, me gustaría saber de ellos ¿Nemesia era hermana tuya? algo a sí me suena. Ya había oído hablar de la fiesta del cortello, una noche estaba biendo el programa de o`Luar y llamó un chico de Lubian explicando de que iba. Yo me lo he pasado muy bien allá por los años 70 con ... (ver texto completo)
É certo. Sonche irmán da Nemesia, do Xusto e do Xé, e doutra máis.
Ese Tino do que falas vai ser Chiño, que é Tte. de alcalde do concello. José Ángel, o seu primo, é profesor de inglés en Zamora.
Ningún dos dous "teñen un pelo" de tontos.
As súas cabezas son das "máis brillantes" da provincia.
Fóra bromas, son da millor xente destes lares. O que pasa é que deben tér testosterona demais.
Certo é que dirixo unha explotación de catro galiñas. Pero unha ten 8 anos e xa non produce, e non son quen de retorcerlle o gañote, nin deixala fóra, de noite, para que a pape a raposa.
A conta de resultados da explotación é a que sigue: 225 ovos cada tres meses, que son 18,75 ducias, por 1 € de valor, un total de ingresos en especie de 18,75 €.
Nese tempo, ademais das sobras de pan, arroz, ensaladas e mariscos, comen un saco de millo triturado que vale 15 €. Así é que teño unhas ganancias de ... (ver texto completo)
Quien me iva adecir que el inda-cho-sei eras tu, como pasan los años he visto las fotos de las fiestas que haceis en LUBIAN, hay que ver como os lo pasais seguis la misma linea de antaño. Algunos los he conocido otros no me gustar, ia saber que es de Tino y su primo que creo que se llamaba Miguel Angel. hace años estaba en Mdrid me llamó para vernos un día y al final no se porque no nos llegamos a encontrar. El y Tino siempre nos llamaban primas que tiempos aquellos, cuentame algo sobre ellos ¿Vale?
No sé si nos conocemos, Pepita. Probablemente sí, pero has de tener en cuenta que yo estoy repetido tres veces, y soy el de más edad. Igual conoces a alguno de mis hermanos.
Es cierto que aquí nos lo pasamos muy bien, especialmente en el verano, cuando programamos varias actividades, algunas verdaderamente "enxebres", como A Noite Do Cortello. Estás invitada: son para todos los juerguistas del mundo.
El único Tino que conozco de Lubián me saca unos diez años y, que yo sepa, nunca vivió en Madrid.
Lamentamos ... (ver texto completo)
Cando chegou don Miguel a Lubián, facía máis cartos o capador ca o veterinario.
O Paulino tocaba o chiflo, e saíamos todos os rapaces pensando que era o afiador, por aquelo do seu artiluxio a pedais; pero o capador non era do noso interés, sempre enriba da porca.
Daquela saíu un novo decreto vedando a actividade dos capadores en favor dos veterinarios. E don Miguel non facía vida do Paulino, porque toda a xente valoraba máis a experiencia do de Pentes ca os estudios do veterinario.
E tanto se ... (ver texto completo)
Xa tiña coñecemento do pasamento de Don Manuel Alonso Novo (nacido en Lubián cando seu pai era o practicante deiquí). Foi senador do PSOE pola provincia de Zamora na lexistura de 1.979-82. Logo abandonou esta formación e integrouse noutra de nova creación (PASOC), na que militou tamén seu irmán Luis (que foi deputado da Asamblea de Madrid), fundada por Alonso Puerta.
Que a súa morte sexa precisamente ese pasamento a mellor vida.
Sexas benvida neste foro, e quedas tamén convidada á páxina oficial do Ayuntamiento (www. ayuntamientolubian. es), onde hai outro foro menos concurrido, pero moito material.
Eu tamén tuve un avó que foi o mellor contacontos do mundo de Lubián, e unha mai que tamén os contaba moi ben levados, pero que agora non lembra polo maldito alzheimer.
Todos estes contos e lendas son o noso patrimonio inmaterial. E non imos perdelo.
Nin que decir ten que probablemente non haxa nin un anaco de verdade en ... (ver texto completo)
Porque o humor dos galegos de Galicia e do mundo enteiro ten outro xeito, aí vai, querido Amador, un do CARRABOUXO de cando inda había pesetas:

Levaba o Carrabouxo un cativo da man, camiñando cara unha velliña que vendía larpeiradas na rúa:
--Ai, señora, e logo cantas piruletas lle entran na peseta?
A avoa contestou ouveando:
--Oi! Ai!... Hai xa tempo que non entra nengunha...!
Dar unha volta por este foro, e ver que todo o mundo escribe no meu querido castelán, eu --que non son galego-- quedo abraiado. Será certo que o galego vaise murchando coma unha flor feble na xeada dos tempos que corren?
Virán tempos mellores? Chegará o galego a ser coma flor do toxo, ou a da xesta, que non hai xeada que lles entre?
O galego que non usa a súa lingua non sabe o que ten de seu.
CONTO DO ALCALDE DE LUBIÁN
Daquela inda non chegara a TV ó noso concello. Andaran uns navarros cunha antena cravada no cimo dun pao de piñeiro levantado preto da Escarramana. Pero aquelo máis parecía unha buraca chea de chispas que un televisor.
A radio inda hoxe non se escoita ben, pero naqueles tempos non che había outra cousa, e botaban aquelas radionovelas por episodios diarios...
-- ¡"Matilde, Perico y Periquín"! "Matilde Conesa, Pedro Pablo Ayuso..."
As amas de casa daqueles tempos (que ... (ver texto completo)
Mañá, día 23 de marzo, ás 16:30 tocará a nosa Banda de Gaitas no instituto de Puebla de Sanabria para alumnos e profesores belgas e franceses que nos visitan dentro do proxecto Comenius.
Estou moi contento. O domingo pola mañá, ó ir acomodar as pitas, escoitei os rechouchíos dunha anduriña. Levantei os ollos, e alí estaba, no cable da luz que cruza a estrada.
A esa inda non a volvín ver. Non sei onde estará agarbada desde entonces.
Pero despois xa vi ó López, á Mari, á Baldomina e á Marcela e ó seu marido Luis.
Xa van vindo.
Isto xa vai tomando cor.
Invitada pola Universidade de Vigo, o sábado día 13 de marzo ás 13:00 horas, a nosa Escola de Gaitas vai interpretar dúas ou tres cancións no cemiterio de Cacabelos, ó redor da tumba de Antonio Fernández y Morales (militar e poeta berciano en letras galegas), nunha homenaxe a ese poeta do século XIX e a Firme de Batribán, poeta e gaiteiro asturiano en letras e músicas galegas, morto no 2009 con 86 anos de edade.
As cancións van ser o Himno do Antergo Reino de Galicia, o Pasucais de Xan de Mieres, ... (ver texto completo)
O mestre dende o seu escano apura un "Peninsulares", e ao redor da súa mesa, de xeito inusual..., os seis alumnos de 4º curso de EGB predispóñese a dar a lección de Xeografía: "Ríos de España". Ramirito, de forma moi enzarabetada, relata a trancas e barrancas o nacemento, obra e milagres do Miño. Mentres, Xareliño entretense cazando cúa súa boca as bocanadas de fumo que dende o outro lado da mesa vai soltando o mestre. O resto de alumnos á procura da situación comezan a murmurar e botar gargalladas. ... (ver texto completo)
A min paréceme que tanto o pescador de sables e xurelos, como o extractor de fume de tabaco con boquilla, son personaxes do teu entorno infantil, e pode que ata da mesma habitación nun dos casos. Pero ti mesmo has ter moitas aventuras sen contar vividas en primeira persona.
A miña orella esquerda sábeo ben, lembrando a derradeira viaxe á Central das Conchas, despois de representadas as obriñas de teatro.
ESTE RETRATO BEN MERECE UN RELATO
Non foi no caño da Cruz. Foi na canadiña das Corgas, vindo un día do Lombo do Muiño.
Esparexido o prado que dá cos fociños no Pozo Negro, ó lado do salto, o tío Prefeuto e máis eu subimos pola canada do Lombo do Muiño ata a caldeira que ven desde o fondo do Carballal dos do Saro. E viñemos, moi de vagar, polo cabalete. Collimos logo a caldeira das Corgas e, cando subiamos pola canadiña cara a canada da Pía, baixaba apresurado cunha aixada ó lombo o amigo Piño.
Iba ... (ver texto completo)
Alá no século pasado, cando os pés vivían nos escarpíns bravos de lá, e os escarpíns nos zamancos, baixaba o carro do tío Prefeuto pola canada do Val, cargado ata os topes de estrume e coas terraxas ben apretadas.
Ó chegar ó Pego, meu avó deume a aguillada a min, que non tiña máis de oito anos, pra ir facendo prácticas de condución pola estrada, ben arrimadiño a borda da dereita, pra chegar a ser un bon chamador de carros o día de mañá.
Ai, amigo! Esta sí que foi boa: ó chegarmos frente ó cuartel, ... (ver texto completo)
Escenario de tristes despedidas, máis tamén de felices reencontros.É doado que non deixe a ninguén indiferente.
Doy las gracias a John Cheever por su inestimable colaboración en el relato del encuentro con mi padre en la Estación.
En Lubián neste inverno non Chove Miudiño, máis ben o contrario.
CONTINUACIÓN

El cuarto establecimiento en el que entramos era italiano.
--Buon giorno --dijo mi padre--. Per favore, possiamo avere due coktail americani, forti, forti. Molto gin, poco vermut.
--No entiendo el italiano --dijo el camarero.
--No me venga con ésas --dijo mi padre--. Entiende usted el italiano y sabe perfectamente bien que lo entiende. Vogliamo due cocktail americani. Subito.
El camarero se alejó y habló con el encargado, que se acercó a nuestra mesa y dijo:
--Lo siento, señor, pero esta mesa está reservada.
--De acuerdo --dijo mi padre--. Dénos otra.
--Todas las mesas están reservadas --dijo el encargado.
--Ya entiendo --dijo mi padre-- No desean tenernos por clientes, ¿no es eso? Pues váyanse al infierno. Vada all'inferno. Será mejor que nos marchemos, Chema.
--Tengo que coger el tren --dije.
--Lo siento mucho, hijito --dijo mi padre--. Lo siento muchísimo. --Me rodeó con el brazo estrechándome contra si--. Te acompaño a la estación. Si hubiéramos tenido tiempo de ir a mi club...
--No tiene importancia, papá --dije yo.
--Te voy a comprar un periódico --dijo--. Te voy a comprar un periódico para que leas en el tren.
Se acercó a un quiosco y dijo:
--Mi buen amigo, ¿sería usted tan amable como para obsequiarme con uno de sus absurdos e insustanciales periódicos de la tarde? --El vendedor se volvió de espaldas y se puso a contemplar fijamente la portada de una revista--. ¿Es acaso pedir demasiado, señor mío? --dijo mi padre--, ¿es quizá demasiado difícil venderme uno de sus desagradables especímenes de periodismo sensacionalista?
--Me tengo que ir, papá --dije--. Es tarde.
--Espera un momento, hijito --replicó--. Sólo un momento. Estoy esperando a que este sujeto me dé una contestación.
--Hasta la vista, papá --dije, recorrí transversalmente el andén, tomé el tren, y aquélla fue la última vez que vi a mi padre. Han pasado cuarenta y tres años. ... (ver texto completo)
Vamos ben, a cousa ponse interesante.
.........
En este otro local los camareros vestían americanas de piel de zorro, semejantes a chaquetas de caza, y las paredes estaban adornadas con arneses de caballos y cabezas de animales silvestres disecadas. Había hasta alguna albarda.
Nos sentamos, y mi padre empezó a gritar de nuevo:
-- ¡Que venga el encargado de la jauría! ¿Qué tal los jabalíes este año? Quisiéramos una última copa antes de empezar a cabalgar. Para ser más exactos, dos Bib-kas Geefeaters.
-- ¿Dos bib-kas Geefeaters?-- ... (ver texto completo)
Escenario de tristes despedidas, máis tamén de felices reencontros.É doado que non deixe a ninguén indiferente.
...//...

Seguí a mi padre y entramos en otro restaurante. Esta vez no armó tanto alboroto. Nos trajeron las bebidas, y empezó a someterme a un verdadero interrogatorio sobre la temporada de billarda. Al cabo de un rato golpeó el borde de la copa vacía con el cuchillo y empezó a gritar otra vez:
--Garçon! Cameriere! Kellner! ¡Oiga usted! ¿Le molestaría mucho traernos otros dos de lo mismo?
-- ¿Cuántos años tiene el muchacho? --preguntó el camarero.
--Eso --dijo mi padre-- no es en absoluto ... (ver texto completo)
Escenario de tristes despedidas, máis tamén de felices reencontros.É doado que non deixe a ninguén indiferente.
.../... CONTINUACIÓN
Salimos de la estación y nos dirigimos hacia un restaurante por una calle secundaria. Todavía era pronto y el local estaba vacío. El barman discutía con un botones, y había un camarero muy viejo con una chaqueta roja junto a la puerta de la cocina. Nos sentamos, y mi padre lo llamó con voz potente.
--Kellner! --gritó--. Garçon! Cameriere! ¡Oiga usted!
Todo aquel alboroto parecía fuera de lugar en el restaurante vacío.
-- ¿Será posible que no nos atienda nadie aquí? --gritó--. ... (ver texto completo)
Escenario de tristes despedidas, máis tamén de felices reencontros.É doado que non deixe a ninguén indiferente.
La última vez que vi a mi padre fue en la Gran Estación Central del Curisco. Yo venía de estar con mi abuela en Ponte de Xanares, y me dirigía a una casita de campo que mi madre había alquilado en Carnatiño; escribí a mi padre diciéndole que pasaría hora y media en El Curisco debido al cambio de trenes, y preguntándole si podíamos comer juntos. Su secretaria me contestó que se reuniría conmigo en el quiosco de información al mediodía, y cuando aún estaban dando las doce le vi venir a través de la ... (ver texto completo)
Naqueles tempos do século pasado, subía un pescador polo Tuela arriba a partires dos Coutos de Chaos e enchía de troitas o mingacho antes inda de chegar ós Areáis.
Trinta e nove troitas un día, todas collidas á "cucharilla", algunhas delas de unha libra de peso.
Desde os Areáis o pescador subíu ladeira arriba cara ó lameiro do Casar, con todo aquel peso do mingacho ó lombo.
-- Ësta sí que foi! Subir tanta costa pola forza do día!
Pero era mellor subila, que desandar o andado pola borda do río, ... (ver texto completo)
RETRATO DE UN DIÁLOGO LOBUNO
--Maestro: ¿por qué nosotros tenemos nieve en el hocico y tú, que estás entre los dos, lo tienes limpio?
--Ah recarallo! Mira estes lobiños castejanos del poniente! Só tedes que lamber o fociño, almas cántaras.
"De habitación que garda lembranzas coma flores,
de pasado que volve de súpeto ata agora,
de palabra esquecida, de relembro te gozo
nas horas despaciosas onde a tarde se abala."
COUSAS DO BÍO
O avó érache un viuvo novo que andaba polos cincuenta. No tempo da herba da serra, el soíño apalleirou o prado do Casar e ata cargou o carro sen axuda. Tal era o xeito que se daba nos traballos da labranza. Claro que todo fai o non ter quen te axude.
Tantiño máis alá andaban a cargar o carro o tío Aquilino maila súa criada xabresa. O vello encaramado no alto do carro de herba, e a xabresa toda arremangada coa espalladeira na mao, agora collo o engazo pra engazar ao redor, agora boto ... (ver texto completo)
Os nomes das rúas de Padornelo son os mesmos que aparecen no Catastro de Urbana, cambiando Calle Larga por Camino Real e Carretera de Galicia por Avda. de Sanabria.
Poucos cambios, porque separarse do Catastro é crear moitos problemas ós veciños.
De todos os xeitos, como o Catastro é un galimatías pouco doado de entender, podedes pórvos en contacto co Alcalde e diseñamos un novo rueiro, respectando ó maximo os nomes orixináis, aprobámolo con planos ben clariños, e enviámolo á Xerencia Catastral ... (ver texto completo)