Factura rebajada un 25%
        

Mensajes enviados por INDA CHO SEI:

Señor Barxés: Onte deume por visitar o foro do meu pobo, e foi cando me decatei, comparando meticulosamente as dúas mans, que teño a dereita moi gastadiña. Así é que veño pedirlle por favor que deiquí en adiante imos ter que despedirnos sempre ca esquerda para compensarmos ese desgaste, e igualarmos unha coa outra.
Si al azadón se refiere el señor Inda, nunca mejor dicho para hacer honor al nombre, pues con ésa herramienta muchos Torgos arranque de joven. Entonces lo que el mecionado Inda le desea al señor/a es que ejerciera su profesión, ya que es un lince en esa materia.
Espero y deseo que no se enfade el señor o señora Azadón.
Así mesmo é, apreciado Xé.
Sendo mozo, decidimos ir arrancar un carro de torgos a unha arroxa o enfermeiro do pobo e mais eu. Na miña casa había un aixadón deses, e para o practicante arranxei o dun veciño.
Cando nos cravamos na arroxa, por cada torgo que arrancaba aquel mozo de Marín, arrancaba eu unha ducia deles. Eu aproveitaba a configuración da torgueira para meterlle o aixadón polo sitio máis a xeito, e o torgo saía case sen esforzo.
El cravaba o aixadón, e quedáballe trabado, sen xeito ... (ver texto completo)
Pero Varela... nun das una, despues de lo bien que lo pasamus en el hotel en Xixón cuando me mandasti culgar aquel trabuco de latex artificial, que bien sabes tú que yo natural nun lo teño porque soy muyer, y todo lo que me pedisti... y ahora pareces el espiritu santu MV., Choupito, O Cura Rodolofo.
Respectu a tú fotu de hace tiempu fuiste tu el que te declaraste en primer lugar que me conocias y que habias sido mi noviu, pero para min eras y eres muy feu Varela.
Un saludin desde Turón
A arrancar un carro de torgos te puña eu!
Os Estourabostas era o grupo mais famoso da epoca, por sanabra é as Frieiras, o do pelo longo sabia solfeo.
Sabía solfeo, si; pero as fusas e as semifusas enfaramallábanselle entre os cinco gallos do pentagrama da espalladoira ao apalleirar os prados.
Respecto a este mensaje que acabo de leer, entiendo el dialecto que se habla ahí perfectamente (que no es gallego) y lo hablo casi perfectamente. Me gusta y no quiero que se pierda, pero si vuelves a leer detenidamente lo que has escrito eso no es para nada como se habla en esos pueblos. "porque lle pete a vostede" no se ha dicho jamás en Chanos, Lubian, Hedroso, Aciberos, Padornelo..... ni lingua, ni castelan, ni preto, ni libertade, ni llionés, ni sexa, ni engadir, así que no saquemos las cosas ... (ver texto completo)
Celebro, Janita, que queira vostede conservar o dialecto que se fala en Edroso. Pero xa comeza mal, e perdoe, ao dicir que non é galego. Consulte vostede ao lingüista Dámaso Alonso, quen foi en seu día Presidente da "Real Academia de la Lengua Española", ou a D. Luis Cortés y Vázquez, quen fora Catedrático da Universidade de Salamanca, autor do libro "El Dialecto Galaico Portugués hablado en Lubián".
Todos os dialectos pertencen a unha lingua ou idioma: o extremeño e o andaluz son dialectos do castelán. ... (ver texto completo)
tango un hambre que no veo
Lindo título para un tango, sí.
Pois come, carallo!
Unha nena tiña unha mazá en cada man. Entrou súa nai, e con voz doce e un sorriso, díxolle:
"Nena: podes darlle unha desas dúas mázás a túa nai?"
A pequena levanta os seus ollos para súa nai ao longo duns segundos, e despois morde unha mazá primeiro e logo a outra.
A nai perde o sorriso, mostrando a súa decepción, cando a nena vai e dálle unha das súas mazás mordidas, cun sorriso de anxo, ao mesmo tempo que lle dice:
"Toma, ésta é a máis doce."
Pouco importa quen tí sexas, os coñecimentos que teñas, sexas sabio ou sexas parvo... Retrasa sempre o teu xulgamento. Dálle aos outros o dereito de explicarse; aínda que o acto pareza errado, o motivo ben poidera ser bo.

(Conto de Carlos Casal, un mestre galego) ... (ver texto completo)
D. Inda, parece mentira que usted como caredrático y estudioso de las costumbres del rural no recuerde que las airas se hacian con escrementos de vaca y no con los de gente, y mucho menos aprobechar los de gastroenteritis en un andén de estación.
Tamén valían as deposicións dos bois, que eran os novelos capados.
--Ai Manuel, meu deus, cómo é que levas a cachola vendada?
--Foi pola moto. Ía eu a toda velocidade...
--E caíches!
--Non, ho. Non caín. Lembras que na revolta hai un muro de cemento no que pon TRASPÁSASE?
--Lembro.
--Pois non é certo. Non se traspasa!
Sr. Romerales no le voy a reprochar nada, pues las verdades no se contradicen... ha sido cierto, pero ya hace unas décadas, lo que sabrán a dia de hoy disculparme es lo corto que estaba de oido, y lo sucio que quedó el andén.

Un saludo.
Daquela as bostas aproveitábanse para facer as airas.
A Pita Moñuda foi peitearse en Verín. E fala que che fala, falou así a cabeleireira:
--O meu marido xa é impotente ao 100%.
--Eso no es nada --contestou a Moñuda--. Mi Telesforo es impotente al 200%.
--Mais iso é imposible... Cómo é que pode ser?
--Es que mordió la lengua esta mañana, y tuvieron que darle siete puntos de sutura.
Que lastima que no venga el mencionado para que les eseñara a ser más respetuoso con los símbolos religiosos y con quien hizo tanto por España.
Noutro tempo o seu autorretrato daría medo. Hoxe dá pena e moita risa. Coitadiño!
Un ricachón daba unha festa na súa mansión.
Ao cabo dun rato el reparou que un mozo convidado lle lembraba moito a alguén...
Despois de moito cavilar, pasou un dos seus fillos preto do convidado, e o home percebeu que os dous eran moi parecidos.
Pensando que non era posible tanta semellanza sen que houbese un lazo de sangue, aproximándose, faloulle así ao convidado:
--Dígame unha cousa. Súa nai foi hai xa moito tempo empregada nesta casa, non sí?
--Non señor --contestoulle o rapaz--. Quen traballou ... (ver texto completo)
Cando Franco morreu, chegou á recepción do inferno, e preguntoulle o demo:
--Boa noite. Cómo é que se chama vostede?
--Fran Franco, caballerete!
O demo olla con atención o libro dos informes e dos ingresos ao longo duns minutos...
--Disculpe, señor, mais eiquí non aparece ningún Fran Franco. Temos, sí, con letras ben gordas a un tal FRANCISCO FRANCO. Pero Fran Franco non hai.
--Está ben... --dixo don Francisco, revirando o sorriso-- É que o cisco deixeino aló arriba, na España grande e libre.
Chamarlle fanático ao noso amigo Romerales ven sendo o mesmo que dicirlle carnívoro a un cordeiriño.
FANÁTICO: "Partidario exaltado e intolerante dunha relixión, unha doutrina ou un partido."
Iso é o que dice o diccionario. Daquela se hai un fanático neste foro, ven chamándose Joseba. Fanático pola relixión, pola doutrina e pola política. Tres veces fanático.
Mentres tanto o señor Romerales seguirá a contribuir na restauración de templos e altares, como ven facendo desde que aterrizou nesta contorna.
Qué triste é amar sen ser amado.
Pero máis triste é estar a dieta
e ter de comer carneiro asado!
Aprezado Inda, da quela a fouce nahún facía falta afilala munto costaba bein era nova, munto nova que fuece más nova, más e verdade que a Pita puña os hovos en Salamaca, más o día da discoteta mencionado fuimos na miña mota é quel día os hovos pusenos eu me recordo como que fixen onte, yo amigo Tilisforo que logo se casou con ela por ser militare aquela noute Menosmale que se reunió con la catante pois la Pita istaba por min.
Qué coincidencias. Así que esa foi aquela escapada da vespa! Creo que foron dormir ao Hotel Universo nun cuarto de dúas camas que xuntaron nunha soa; e cando estaban no millor, abríronse, e alá foi o Zé por entre os dous leitos a dar coas costas contra as táboas, quedando a Pita cun xeonllo en cada cama!
Este mundo é un pano.
Aprezado Inda, parece mentira que nahùn se lembre de min isa noute pasamolo bein a miña Pita Muñuda más eu, totale que tempos aquiles, me recordo como que fixen onte,é verdade que a cantan dixo que na sua coisa mandaba ela, más el sinor Tilisforo nahún se quedou atrás pegou un grito y dixo assín, tú mandarás no teo fandango, pero no meu carallo mando eu, claro eue quero entender al sinor Tilisforo, e posible que nahùn istiber munto contento porque xa entoces gostaba da nosa pita más de aquela estaba ... (ver texto completo)
Paréceme que o Zé das Carvalhas, daquela, máis ben andaría aguzando a fouce alá por Vilarinho das Touzas ou Tuizelo, onde o centeo xa estaría cumprido polo San Xoan. E a nosa Moñuda, polo Patio de Las Escuelas, alá en Salamanca.
O asunto aquel da palleira de Lubián xa acontecera catro ou cinco anos antes...
Mi estancia en la ciudad de Pontevedra en aquellos días (y noches) de 1.973 pertenece al más estricto secreto profesional.
El caso es que entré con unos caballeros del botón de ancla en una cafetería que se llamaba "Daniel", en el mismo centro de la ciudad. Y un cuarto de hora después bajamos al sótano, donde había una discoteca, reservada aquella noche para el personal que estaba rodando la película "Caballeros del botón de ancla". Marisa Medina estaba entrada en carnes. Pero Maribel Martín me ... (ver texto completo)
Miúda a miña sorpresa, amigo Telesforo. Claro que daquela inda non nos coñecíamos... Pero eu tamén estaba esa noite na Daniel Boom.
Andaba de parranda cos compañeiros do Coléxio Atlántico despois da cea de fin de curso, e alá fomos parar. Iso quere dicir que a discoteca non estaba reservada para ninguén, xa que os profesores do colexio entramos sen invitación.
A cantante da que vostede fala entrou con nós. Foi a que nos levou alí.
Resulta que a moza vivía na Seca, perto do noso colexio, onde ... (ver texto completo)
Cando eu nacín
deus preguntoume
se quería ser bonito
ou
ter boa memoria.
Recordo iso como se fose onte, e teño para 60 anos!
--Podo non ser rico, nin ter apartamento de luxo, carro deportivo, chalet na praia ou empresas, coma o meu amigo Telesforo..., pero eu ámote, estou tolo por tí!
Ela miroume as miñas bágoas nos ollos..., e como se fose o derradeiro día da súa vida, deume unha forte aperta, achegou os seus beizos ao meu ouvido, e díxome susurrando:
--Se tanto me amas, preséntame ao Telesforo.
Como amigos.
Home vai...
Pois se comes amigos, conmigo non contes! Cando acabes con Telesforo, vaite polo Vintecinco.
Il n'y a pas de quoi.
Pueblos de España non é un grupo, señora. Vostede e máis eu parece que nunca estaríamos no mesmo magote.
En España hai catro linguas recoñecidas como oficiais pola nosa Constitución. Dentro de www. pueblos-espana. org, ésta é a páxina de EDROSO, do concello de Lubián, onde se falou galego toda a vida, e non imos deixar de falalo porque lle pete a vostede.
Por outra banda, o certo é que a lingua galega é tan española coma o castelán. Foi nela na que Alfonso X (un sabio) escribiu os seus cantares. ... (ver texto completo)
Ninguén che obriga a traducilo.

Nadie te obliga a traducirlo.

El mayor acto de incultura es la falta de respeto a la lengua vernácula propia, por encima de rayas trazadas en los mapas. Seguramente "aes" escribió su relato tal como lo sintió, y en su lengua materna. En ningún momento lo habrá hecho para molestar a nadie, ni para provocar este eterno debate, como si los nacidos en los territorios de Castilla y León donde se habla el gallego tuviéramos que mutilar nuestra cultura materna.

Eu ... (ver texto completo)
Agora que van chegando as anduriñas, apareceu tamén polas Carvalhas o Zé, despois de dous anos peregrinando co Padre por Pernambuco.
Din os seus veciños da Moimenta que cando abrazou á súa ex-muller unha vez de volta, fíxolle esta confesión:
--Ai Pitiña, eu sigo a quererte moito, e botaba de menos estar contigo. Alí había mulleres moi bonitas, pero cando chegaba a hora H pensaba en tí e baixaba de encima delas...
E a Moñuda contestoulle:
--Eu tamén aínda te quero moito a tí, pero has de entender dunha vez que é máis doado saír de encima que de debaixo! ... (ver texto completo)
Encontreime a outra tarde con Carballo. Xa ía tempo que non o vía.
Inda que é de esquerdas, máis ca min, o amigo Carballo no asunto da familia é moi tradicional e de Misa case diaria, a pesares das brincadeiras nos foros da bisbarra.
Por iso me chamou a atención o fermoso pendiente que levaba na orella dereita...
--E logo cómo é que agora levas ese perendengue na orella, a túa idade...?
--Só é un adorno, un complemento. Sabes que sempre gustei de andar ben enfeitado --contestoume o condenado.
--Pero ... (ver texto completo)
A nai tende a roupa mentres o fillo, de cinco anos, xoga cun guizo no chan.
--Mamá, mamá: por alí lonxe ven o papá. e trae con el esa muller pola que nos deixou a nós...
Ela botou unha ollada de esguello...
--Corre, fillo, corre... Imos escondernos, non sexa que esa muller veña a devolvérnolo!
Aprezada ex, parece mentiira que sexas tú a que te queres reir de min, tú sabes porque béin eu a g nunca le puxe punto, además el padre sempre me dixo que a la j se le puña alguha vez más a g nunca, logo dices que sei escreber pobre de min sei eu como me vexo xa se me daba mal cuando o facia no ordenador que me regalou o xefe más agora desde que se estropeu co telemovil nahún dou unha a dereito muntas veces eu poño unha coisa y el pon outra, sólo sabe Deus y eu como me vexo.
Dale lembranzas miñas ... (ver texto completo)
UN BEIXO ONDE MÁIS LLE PLAZCA?
Ai, señor Vintecinco, non sei como o noso amigo Romerales é quen de aguantarlle tal atrevemento. Un bico onde máis lle guste...
Claro que ben sei eu de boa tinta ata onde chegou vostede coa aquela Pita adolescente...
Din por aí que unha tarde daqueles tempos a nai da rapaza mandounos pasar para dentro, porque na rúa facía unha viruxe de mil carallos. Quedaron os dous sos no salón, mentres a nai furgaba na cociña.
E cando máis acaramelados estaban, berrou aquela ... (ver texto completo)
Porque non todo é política. O que fai falla é saúde.

Onte fun pasar unha revisión médica.
--E cómo lle estou, doctor?
--Pois moi ben para os 40 anos.
--E quen lle dixo a vostede que eu teño 40? Vou facer 63!
--Pois moi ben. E cánto hai que morreu seu pai?
--E quén carallo lle dixo que meu pai morreu? El ten 87 anos e inda sacha nas hortas.
--Vaia... Falemos daquela de seu avó. Cándo morreu?
--O meu avó inda vive, doctor. Ten 109 anos e está forte coma un carballo.
--Manda carallo! Pois entón, dígame: qué idade tiña seu bisavó cando morreu?
--E dalle coa morte! Meu bisavó ten 130 anos, e vai casar o mes que ven cunha moza de 22 anos!
--Mire vostede: Ándame á brincadeira. Iso non pode ser, que queira casar a esa idade!
--E quen lle dixo que queira? El non quería, doctor; pero deixouna preñada... ... (ver texto completo)
Algo de razón leva vostede, don Cardiño.
Pero as cousas non lle son así.
Que un de dereitas no noso país sexa corrupto é coma se un can lle mordera a un home.
Pero que un de esquerdas sexa corrupto é realmente coma se un home lle mordera a un can.
E hainos.
Cando a monxa subiu ao taxi decatouse que o taxista dirixiu o espello interior cara a ela, e non facía máis que mirala, en lugar de atender para a carretera.
--A ver, señor. Que pasa? Ten que mirar para a carretera, que inda no-la imos dar!
--Perdoe, pero é que sempre tiven o soño de bicar a unha monxa --sincerouse o taxista.
--Vaia! --sorprendeuse ela. Logo de pensar un intre, seguiu a falar-- Ben. Nada malo vexo niso. Podemos facelo, sempre que vostede sexa católico e solteiro. Pero deberá ser ... (ver texto completo)
No autobús da Mezquita a Verín un crego ía sentado ao lado dun home bébedo que case cichaba viño polas orellas.
Aquel home peneque lía o xornal con moitas dificultades. De súpeto virouse cara ao crego, e con lingua de trapo preguntou:
--Señor, vostede sabe o que é a artritis?
O cura pensou uns intres, e non quixo deixar pasar a oportunidade de soltarlle un sermón a ser tan descarreirado:
--Sí, home. A artritis élle unha doenza causada polas borracheiras, polas relacións con mulleres pecadoras, a promiscuidade... É coma un castigo por todo iso.
Aquel perdidiño pecador remelou daquela os ollos, e seguiu a ler, calado, no xornal.
Pero o crego quería máis sermón, e preguntoulle:
--Daquela vostede ten artritis... desde hai moitos anos?
--Eu? --contestou o bébedo-- Eu non señor. Eu non lle teño nada diso. Eu pregunteille porque pon eiquí, na Región, que o Papa padece de artritis. ... (ver texto completo)
Alá nos tempos de María Castaña, cando o Zé das Carvalhas e a Pita casaron, ela levou para a casa un baúl enorme, pedíndolle ao seu home que respectara a súa intimidade, e nunca o abrira.
O Zé fixo caso, e durante vinte anos nunca abriu aquel baúl, nin nada preguntou sobre o asunto.
Pero un día xa non puido aturar máis, e díxolle á Pita Moñuda que lle descubrira o segredo.
A ela doulle dó del, e abriu aquel raio de baúl. Dentro había vinte mil duros e catro patacas.
O das Carvalhas, asombrado, ... (ver texto completo)
Al final, se ha roto el hielo en este foro y parece que se vuelve a animar.

Amigo Manuel. Estamos preparando las maletas, para emprender el jueves el viaje a Madrid para pasar las Navidades.

Por un lado, estamos deseando ver los hijos y nietas, pero seguro que vamos a echar de menos este clima mediterráneo, donde todavía voy por la mañana con una camisa, y a esta hora, acabo de llegar a casa, llevando un simple jersey de verano.

Si el premio del Alcalde de Lubián ha sido con relación al ... (ver texto completo)
Grazas, Camba. Alí estivemos o de Puebla, Guillermo da Gudiña e máis eu. Logo ceamos xuntos preto da praza Maior con tres peregrinos da Asociación de Amigos do Camiño de Ourense e un Hermano dos Paúles.
Falamos de cousas serias; pero tamén houbo tempo para algunhas gargalladas, que para a boa dixestión non hai coma un bo viño e unha ensalada de humor.
De esa manera se formó el dicho quien tiré la ultima piedra se quedo sin munición. Un saludo para Camba, otro para el2525 tambien para el Alcalde de Lubian y enhorabuena por su ultimo premio. Saludos para Tono y si olvido alguno disculpar
Grazas polos seus parabéns, don M. V. Supoño que o di polo recoñecimento dos peregrinos a tres alcaldes. Creo que todos os alcaldes do Camiño son merecentes desa homenaxe.
... hay que tirar unha pedra?

¡Pobriña e noble pedra!. Sempre pisada, vilipendiada, usada en cousas pras que non foi feita...

-Pra tirala oo tirapedras...
-Pra tirar a fruta do árbol...
-Pra espantar o gato...
-Pra xogar a rallola...
-Pra usala ocasionalmente como sustituta do papel hixiénico...
... (ver texto completo)
Moi bonita a súa homenaxe ás pedras. Pero mire, señor Camba, con todo o respecto e a miña admiración, eu, para unha desas utilidades prefiro a lampaza.
Aprezado Barxés, parece mentira que voce diga que eu era un non sei qué de gateiras, penso que o sinor confundió el ruido del trueno con un estruendo en la mina, a mi siempre me gustó axudar a xente a tapar as goteiras pero de ahí a lo otro a munta diferencia.
Unha aperta.
Amigo Zé das Carvalhas: Cheiragateiras sería a palabra. Agora ben, eu non digo nada, que despois todo se sabe.
Leva calado moito tempo e non aparece por ningures. Claro que el nunca foi moi falador.
Agora estou a lembrar aquela batalla nunha cociña de cantina dunha aldea da que xa esquecín o nome...
Cando eu vin de permiso dende o deserto, Telesforo colleu vacacións para vir comigo e visitare de paso a aldeia de súa nai. Era inverno. Vindo do Sahara, nestas serras apetecía máis a cociña ca rúa ou os camiños.
Na aldea da nai había unha cantina rexentada por unha solteirona moi lozana, pero máis brava cun novelo criado nas malladas da serra de Porto. E logo quedou Telesforo prendado da moza; el, que tiña desbravado a centos de reclutas das máis afastadas devesas.
Tiven que acompañalo á cantina unha ducia de veces, sempre aproveitando calculadamente os intres nos que ela andaba soa, cando os clientes andaban ocupados nas pallaregas e cortes, acomodando a facenda.
Daquela quentábase a cantina cunha cociña de ferro desas que chamaban económicas. En realidade o establecimento viña sendo coma unha cociña-salón cunha mesa das matanzas no medio e tres escanos ao redor.
Ela deixábase querer.
Eu sentaba nun escano deses aos que se lle baixa unha táboa a modo de mesa, e lía un xornal que mercaba na Gudiña, ao irmos de camiño. E el sentaba con ela mesmo no forno da cociña, a quecerse ámbolos dous.
Eu facía que lía, pero ás veces tiña o xornal diante de min, mesmo do revés...
El atacaba con xeito, a modiño, como bon estratega.
Ela deixábase querer.
Telesforo exploraba con disimulo. A man chegou despacio ao xeonllo, acariñou o muslo morno e suave, apartou con delicadeza a máis íntima das prendas...
Ela deixábase querer.
A berberechiña agradecía aqueles dedos expertos, húmida de ledicia...
Ela levantou de súpeto, agarrada á barra da cociña, coa racha da saia cara atrás... El tamén se levantou, pero de vagar, abrazándoa desde atrás pola cintura con biquiños no pescozo.
Ela deixábase querer.
Unha man abaixo, pola rachadela da saia, seguía na procura da paxariña. E cando máis calor había nos corpos que na chapa da económica, Romerales, coa dereita tocando a fanfona, usou a esquerda para botar fóra o ciringallo a modo de misil...
Ela deixábase querer, ata que aquel pulo a espantou!
E ao fuxir repentinamente a un lado, o meu sarxento foi clavar o piringallo naquela porta roxa do forno, crepitante coma unha alleira na tixola!
Houbo que curalo. Metímoslle aquela mioquiña ferida nunha cunca de fariña. Ela fixo unhas vendas, esgazando as bragas que andaban polo chan; lavou aquel paxariño con auga fresca dun cántaro de cobre e envolveuno naquelas tiras de seda como se dun agasallo se tratase.
Perdeu parte do seu sabre na batalla, e nunca foi quen Telesfora de gañar aquela guerra.
Bó día, dona Pita. Non se me enfade vostede, que estas son augas pasadas. ... (ver texto completo)
Vela eiquí: esta ben podería ser a papeleta dun referendum pola independencia de Galicia:

"Queres que Galiza sexa un estado independente?

A.- Pode ser
B.- Depende
C.- Por qué o preguntas?
Son dous nombres propios y tan respetados cada uno. Ahora desde el punto de vista de aquí, a la familia Ferrusola, y a muchos catalanes que conozco, que me dicen; ¡Es que yo aún no lo creo lo de Pujol! ¡Tan honorable!. No les gusta para nada que le llamen Jorge, seria algo así como un desprecio. Yo tengo un vecino muy catalán, también llamado Jordi y cuando lo quiero cabrear le digo Jorge, y se tira un mes sin hablarme, pero es muy buena persona. Pero vamos que yo tampoco quiero cambiar a la ferrusola ... (ver texto completo)
Chámalle XURXO, a ver que cara pon!
Aquela mañanciña saíron cedo de casa, pai e fillo á cabalo do xumento, cara á feira da Mezquita.
O meniño ía máis alegre ca unhas pascuas: era a primeira vez na súa corta vida que viaxaba fóra da aldea. Facía falta unha boa vaca na casa, que a Corala xa viña sendo vella e había que quitala.
Na feira había pulpeiras, botando fume os seus caldeiros de cobre, moita xente, carros, vacas, burros...
Foi moi doado vender a Corala, camiño do matadoiro, porque o pai ben sabía que moitos cartos xa non ... (ver texto completo)
Hola a todos; ya largo tiempo que no incursiono por este MEU POBO querido, un afectivo abrazo para todos; gracias para los que han participado dandole un poco de vida a este foro; mis recuerdos para O CANDIL, para SOFIA, para DULI que ojala este Verano les permita encontrarse en este o cualquiera de los pueblos vecinos. Manuel Varela me comenta en FB. del verdor de nuestros bosques y la mantencion por parte de los vecinos de las casas y dice que el pueblo esta muy bonito, que vale la pena visitarlo; ... (ver texto completo)
Amigo Blas: Laredo é un pobo extraordinario da provincia de Santander, á que hoxe lle chamamos Cantabria, como comunidade autónoma uniprovincial.
O seu alcalde viaxa cada tres meses a unhas reunións da Federación Española de Municipios e Provincias, nunha Comisión na que é colega meu.
Sendo eu gaiteiro, moito me fixo rir ese alcalde cando nos dixo que Laredo é o municipio máis musical do mundo: LA - RE - DO. Tres notas musicais.
Daquela era Don Telesforo un recio mozo, máis ruzo que preto, que só levaba os galóns de sarxento na guerreira, mentras aquela cachola súa ía amoblada con moi superiores coñecementos universitarios para tan pouca divisa.
E todo por ter clavado un orelludo a un carballo cos rebolgóns das ferraduras dun cabalo...
O tempo aquel pasou coma un lóstrego, mais non podo sacar da testa o día que me suplicou que lle botara unha man para irmos pedir a da súa primeira muller: a filla do capitán da nosa compañía.
El sempre foi tan erudito como apoucado nas artes amorosas e todos os seus prolegómenos.
Como eu viña sendo, inda que lexionario raso pola quinta, o oficinista da compañía e persona de confianza daquel capitán chusqueiro ás portas do seu pase á situación de reserva, considerou Romerales que a miña presenza era imprescindible naquela cea familiar para a pedida da moza.
Así foi como puiden vivir a situación que paso a relatar.
O noivo, tan falador el, quedouse totalmente mudo durante toda a cea. Nin palabra. De todo se falou. Ata das doenzas do xeneralísimo. Pero daquela boca que fora a pedir a man da moza non acababa de saír nin un monosílabo.
Pasaron os postres, bebimos os cafés e outras beberaxes, e nada: Romerales tan calado como aquel galgo que dormía, alleo ao que alí se cocía, estirangado xunto ao sofá.
Eu aceneille dándolle un cobadazo nos cuadrís, porque o reloxo seguía a andar, xa íamos nas dúas da madrugada, e o capitán De las Heras ía estourar en calquer intre, farto xa do apoucamento do seu futuro xenro.
Entón foi cando, ao sentire o cóbado nas costelas, recobrou Telesforo a súa facultade da palabra:
--Hablando de todo un poco... --dixo-- hay que ver los cojones que tiene el coño del galgo.
Daquela foi cando estourou o capitán:
-- ¡La madre que te parió! ¡El perro tiene los cojones que tiene que tener: ésos que te faltan a tí, mariconazo! Canta de una puta vez lo que nos tienes que decir, y deja en paz los perendengues del perro!
O pretendente, sen ser quen de apartar a mirada daqueles cataplines, nin desembarazarse de tanto apoucamento, falou dunha vez deste xeito:
--Realmente hemos venido, con todo respeto, mi capitán, a pedirle la mano de su hija, aquí presente..
-- ¿La mano, cabronazo? ¡¿Nos vienes a pedir la mano?! ¿Y para qué coño quieres la mano de mi hija, si ya has cogido sin permiso los pies, las pantorrillas, las rodillas...?
Houbo que interrumpilo para que non seguira desmenuzando a marabillosa anatomía daquela noiva:
--Mi capitán --dixen eu--, pedimos permiso para retirarnos, una vez cumplida la misión.
--Permiso concedido, legionario. Y dígale de mi parte al maricón ése que lo acompaña que la fecha de la boda es el treinta de febrero, y que si no aparece a las doce en punto enfundado en el traje de gala ante el altar, lo mando fusilar.
Telesforo casou o trinta de febreiro daquel tan afastado ano, pero o matrimonio morreu o mesmo día que De las Heras pasou á reserva e voou acompañado da filla para a península: dous meses e quince días. ... (ver texto completo)
Auditorio do Areal

Rúa Areal, 46 36201 - Vigo

Web oficial
27 de Mayo de 2014
Gratuito
Horario: 20:00
Conferencia-proyección-coloqui o
... (ver texto completo)
Graciñas, Barxés.
Costas é un home comprometido coa nosa lingua, alí onde se fale. Para min foi unha honra facer a súa presentación, e levar un anaco das Portelas deica a beira do mar.
Gracias tamén pola túa presencia e por ternos convidado ao que fose necesario, inda que xa tiñamos todo cuberto e comprometido.
Unha aperta de mazapereira.
O meu máis sentido pésame ao señor Varela polo pasamento de seu irmán.
¡Hala Madrid! Llegó la décima. Tiene que ser muy duro para los rojos resentidos, puesto que éstos decían que el MADRID sólo ganaba cuando vivía el abuelo.

Hala Madrid, Viva España Grande y Libre.
Vostede confunde o cu coas témporas e o allo co bugallo. Seguramente é un deses traballadores pobres e honrados aos que os miolos non lle dan para máis.
Eu son un deses "roxos", inda que non resabiado, e o futbol impórtame un carallo. Tanto me ten que gañe un, coma outro. Pode vostede chamarme roxo ou vermello cantas veces lle pete. Non é ningunha nomeada, e menos vindo de onde ven o ar.
Boa tarde.
Me parece que fue ayer cuando os escribia diciendo con animo que no vamos a dejar que esto decahiga, y ya veis casi paso un mes, ¡no puede ser!, andamos andamos, pero no llegamos. Leyendo un poco lo escrito en dias anteriores, hago referencia al escrito de (hinda cho sei) referente aquellos años de mozas en Hedradas, pues te contesto Sr Felipe, que nunca te he visto por alli, en aquel entonces, alomejor eras mas pequeño y no te dejaban salir los Domingos, yo era bien joven pero no se me olvida, porque ... (ver texto completo)
Claro que nunca me viches polas Hedradas. Desde os 11 aos 20 anos, interno en Zamora, e nas vacacións había tantas rapazas, tamén bonitas, en Lubián..., polo que non saía do pobo no que había que facer ademáis a sega da herba, a seitura, acarrexa, mallas, sementeira, ramallos.... Logo un ano traballando en Pontevedra e... naquel verán apareceu unha mociña na Tuiza, desde Padornelo, que ocupou todos os pensamentos desta cachola. Logo a mili no Sahara, e voda aos 23. Non se pode estar en dous lugares ... (ver texto completo)
Claro que es dificil que nos enfademos. Tenemos mucha cuerda y mucho mundo para dejarlos intimidar por un par de cules tristes. La verdad es que me dan pena verles perder todo. Bueno jugaran la copa contra el Granollers de tercera.

Amigo 2525 y amigo yo soy aquel que resuenen las Gaitas na vilavella que o Madrid es campeón da copa do Rey.

Iba a decir que fuesemos a tomar un Vermut pero fodase o gaxo que nos dan vinagre. Buenas noches amigos, estoy muy contento porque la vida me sonrie una vez ... (ver texto completo)
Claro que o señor YO SOY AQUEL é gay. Toda a súa vida o ben sendo: GAYTEIRO!
O Frieirés (e que me perdoen todos os frieireses das Frieiras) é un cara de carallo, que non fai outra cousa que esgaravellar na horta despois de sementadas as patacas.
E falando de patacas, decíalle un cativo a seu pai, en Lubián, sesenta anos atrás:
--Papá, eu quero patacas fritidas! Cando nos fará a mamá patacas fritidas?
E contestáballe o pai que, por certo, chamábase Xe coma o Ze:
--Ai, Fillo... Nós, na casa, comeremos patacas fritidas cando o carballo da Agrela dea olivas...

Sempre mo ... (ver texto completo)