Luz ahora 0,10079 €/kWh
        

Mensajes enviados por INDA CHO SEI:

Deus meus como istá o xefe, menuda nada verlo istá mañán, me enxe a cachola de cabeza de corzo,-qué te pasa para istar assín, nahún véis o que dice o teo amigo,-conta o viaxe a Madride do sinor Telesforo y da miña ex,-nahún véis como nahún te das conta de nada,-qué queres decer,-intahún o da igrexa qué, sigo sin entenderte,-claro tú nahún entendes nada sólo o que te combéin,-pois as igrexas quéin las queimaba eran os teos colegas,-nahún quero nin pensar como se puso o xefe,-además sólo porque o sinor ... (ver texto completo)
Amigo Zé das Carvalhas: Certamente nas guerras fanse cousas do demo. E naquela que se chamou civil, peor inda.
E máis cando as relixións andan polo medio.
Neste noso país sempre houbo sotanas metidas na política. Agora mesmo está a ocurrir. Estanse a facer contrarreformas ao dictado das sotanas púrpuras.
Eu sei dunha alcaldesa da zona que, hai uns oito anos, nun problema nunha romaría, cando o crego do pobo dixo que da porta para dentro do santuario mandaba el, ela tivo a afouteza, por non decir ... (ver texto completo)
Señor Varela: Veo que advierte usted mi mutis por el foro. Le agradezco esa atención.
Esta vez mi misión ha carecido de connotaciones militares. Tampoco de espionaje, para el control de ese Oso que amaga usted con resucitar.
He viajado con Doña Pita Moñuda en el Alvia a la capital, para conocer a sus tres hijos, los cuales están muy bien colocados en esta nuestra querida y sufrida Patria, la de los seis millones de inactivos.
Conocí así mismo el barrio de Lavapiés, verdadero crisol multirracial.
El ... (ver texto completo)
Moito me alegra a vosa feliz viaxe para que Teles coñecera aos retoños de Pita (xa crecidiños).
Pero de habelo sabido antes, ben poidéramos tér planificada unha viaxe conxunta á capital, pois eu vou ir o día trece do vindeiro mes de San Xoan, convidado pola Asociación Empresarial Eólica, para participar nun debate cunha profesora de Socioloxía da Universidade Carlos III, unha responsable de WWF ESPAÑA, un xornalista de Expansión e outro de @INFOLIBRE. E non me apetece nada viaxar sen compañía.
Convídovos ... (ver texto completo)
Querido amigo: Cando fuches o meu xefe, primeiro puxécheme ao fronte da Academia de Analfabetos. Máis tarde, cando fuxiron de alí tantos funcionarios civiles, deixáchesme ao cargo da dirección de tódalas escolas con mestres militares, inda que tal destino retrasou en oitenta e seis días a miña incorporación á vida civil, ata que rematou aquel curso académico.
Hoxe quero devolverte aqueles favores de hai trinta e sete anos.
Como ben dixo Khalif Gibrán, "para menospreciar hay que ser poco". Tés que ... (ver texto completo)
Inda.... Estas de coña non?
Sí.
O da verza é unha hipérbole.
Pero sei de veciños que foron advertidos de sanción se non abandonaban o desbroce dunha finca con desbrozadora mecánica, ou por arar con tractor, no verán. E hai veciños que só o poden facer no verán, porque o resto do ano están fóra.
E no suposto dunha verza cultivada no alto da portela de Vilanova, o esgallala, ben podería supór, sendo moi rigurosos, un cambio de curso das augas pluviales, pois alí podes repartir entre dúas cuncas ata unha mexadiña: estas pingadiñas ... (ver texto completo)
Desde que pasei a ser un reformado, non fago máis ca os recados da muller.
--Hoxe imos comer caldo, que por aí queda un bocadiño de unto. Vaite ao coiñal, e trae unha verza das máis tenras. Non vaias vir coa máis vella da coíña, que ás veces pareces parvo --mandoume nada máis pór un pe fóra da cama.
Cando xa ía degollare a verza escollida, paroume de súpeto un axente forestal:
-- ¿Tiene usted autorización de Medio Ambiente para podar ese arbusto?
--Isto é unha coíña, carallo, non é un arbolexo! ... (ver texto completo)
Carallo, eiquí... quen ríe o último é que pensa máis lento!
Teño unha cachorra de mastín que inda non cumpliu os catro meses. Durme no garaxe. Cada mañán, ao levantarme, baixo con medo da desfeita de cada día. Ata me cambiou de sitio a garrafa de combustible da desbrozadora. Penso que o día menos pensado remate por arrancar esa desbrozadora, ou calquera dos dous coches que ten ao lado. Xa me rompeu un pantalón e dous xerseis, cando os levaba postos. Onte mesmo, ao agacharme para prenderlle o ramal, mordeume cariñosamente na cabeza.
E non virá sendo este ... (ver texto completo)
Qe razon teis, Piño. Manolo o teu conselli non o podo seguir porqe non me gusta o caldo
Gracias a todos polos bosos consellos ¡jajaja!
A ver, Pepita, que tí pediches un remedio para a morriña. O amigo que che aconsella unha taza de caldo de cando en vez acerta coa menciña. E normalmente as menciñas para as nosas doenzas sonche máis amargas que doces.
A morriña é un mal moi antergo, daqueles de antes. Agora vivimos nunha aldea global. Así que fóra morriña.
Contáronmo o outro día. Dixéronme que o contaran nun concurso de O Luar, na TVG. Non ganou o concurso, claro.
Inda que eu son bastante irreverente, o contiño este inda o é máis. Por iso pido perdón por anticipado. Aqueles que sexan moi piadosos, que recen un "Señor mío, pecador..." antes de ler o que imos escribir, dándose tres labazadas no peito.

Despois dunha noite de sábado de borracheira, chegou ao medio da praza da aldea o lacazán aquel. A xente estaba na Misa de doce e, como era agosto, as portas grandes da igrexa estaban abertas de par en par cara á praza. O señor crego oficiante alzaba naquel mesmo intre o Cáliz. Entón o lacazán chimpabocois asomou o fociño pola porta e rompeu aquel sagrado recollimento, berrando deste xeito:
--Estou en ronda. Esa copa que levantas, págocha eu.
Preto da porta había outro cura dentro dun confesonario e, alporizado pola interrupción do borrachín, sacou a cachola apartando a cortina, cun dedo no nariz:
--Chsssss!
--Se eu só digo que vou paga-la copa que vai tomar o de adiante...
--Chsssss! Faga o favor de calar!
--Cala tí, carallo, que a tí tamén che pago outra cando acabes de cagar! ... (ver texto completo)
Aquela mañán acompañárame ata o castelo de Fuensaldaña o noso veciño Jorge, quen quería arranxar na Demarcación de Estradas de Castela e León Occidental, en Valladolid, un asunto dunha expropiación da autovía nas Coruxeiras.
Coma un lóstrego chegamos ao aparcamento do castelo, sen paradas polo camiño. E nada máis aparcar, Jorge botouse fóra, xa coa man na petrina, cara un seto que había entre o patio do castelo e un colexio de primaria.
--Quietiño! --berreille antes de botare el a ferramenta contra ... (ver texto completo)
Home, Telesforo, a cousa non era tal como ti a contas.
A pregunta era:
--Qué che gusta máis, o fútbol ou os touros?
E a resposta era esta:
--Onde estea unha boa corrida, que se quiten o fútbol e... os touros!
NOCHE TRISTE
ayer me reia del Barsa y hoy me toca aguantar ami,
en el futbol y la Politica siguen los alemanes mandando, la Merkel el Bayern y el Borusia, otra vez sera, saludso Parente
Pois sí. Hoxe éche un día de parabéns para os culés e para os madridistas, por ese orgasmo do que gozaron os madridistas antonte, e os barcelonistas onte.
Logo hai xente parva, coma min, que non foi quen de gozar ningunha das dúas tardes. Claro que tampouco foron moi grandes os meus padecementos... Só quedei como un pouco insatisfeito... Inda que dormín moi ben as dúas noites.
O que sí resulta un pouco doente é o asunto ese de Merkel 8, Mariano 1.
Aprezado amigo Camba: Assín, assín me gosta con sultura, que se digan as coisas como as sentas, aunque a veces téñamos que contar o do páxaro cos huevos grandes, qué nahún pasa nada, fai tempos fui a prai cun amigo y o xegar dice éste, axo que xa xegou o meu amigo, nahún facia más que mirar pra area, coisa que eu le digo y como lo sabes mirando pro chán, nahún veis que aquí pasou unha coisa como sí pasara o tamón dun arado, claro o xegar o lado da auga había un negro co pantalon posto,é cuando dice ... (ver texto completo)
Eiquí, en Lubián, temos un veciño que se puxo un día a tirar de pantalón debaixo dun castañeiro, e despois de decir varias veces iso de "ui, ui,...", berrou con voz de barítono:
--Nuncas máis, carallo!
Iso, iso: a xubilación aos sesenta!
Nos anos sesenta éramos moitos os rapaces labregos en Lubián. Como non había televisión, os pais ían cedo para a cama e facían fillos á esgalla. Aquelas eran familias numerosas, e non as de agora.
Tamén había vacas a fartar: trescentas na vacada da serra, cen na veceira que se levaba ao campo, máis as parellas de mansas para o traballo e as becerras que inda eran pequenas para botalas para a serra.
Moitos rapaces labregos, cando se ceibaba unha faceira de rastrollo no acordo, íamos coas becerras ... (ver texto completo)
Houbo un tempo na Escola de Lubián no que un mestre prohibiu falar galego aos rapaces,
Daquela cantou o cuco, e dixo: "cu - cu".
O mestre considerou que aquel cuco era un mao exemplo para os nenos, un revolucionario, e mandou escurrizalo desta bisbarra por cantare en galego fora do territorio de Galicia e usare verbas pornográficas.
Cursou unha solicitude á Consellería de Educación "de la Junta", e as autoridades expulsaron aquel cuco mamón de Castela e León para Galicia ou Portugal; e déronlle-la ... (ver texto completo)
Amigo Camba: o poema ten que ter autor, inda que non o busquemos. Ese poeta que levou vostede sempre, polo que se ve, dentro do seu uniforme, nas mesmas entretelas, cheo dunha sensibilidade que sabe transmitir moi ben nos seus relatos.
A tranquilidade do seu estado de ánimo queda retratada nesa reflexión lírica.
Qué distinto o estado de ánimo que manaba desta escrita miña, no deserto, cando vivía os vintedous e firmaba como Pintasilgo das Areas. Ten chovido desde aquela. Corría o 1.974.

FARTURA
Farto ... (ver texto completo)
Sinor Inda: Iso que le pasou o sinor no exercito, istá a pasarme a min cuasi todos los días dibido a mi falta de ortodoncia, claro eu recurro al xefe,éste depois de enxerme a cabeza de cabeza de corzo, me dice si a pergunta e relacionada con los acentos, pon dous outres por línea que por ahí debe andar a coisa, sí se trata que a dubida é de b ou v, me dice cuando teñas dubida pona grande nahún sexas miserias, totale que assín o fazo, claro que depois quéin sempre me dice a verdade é o santo do padre, ... (ver texto completo)
Que Deus che conserve por sempre a túa ortodoncia, Zé das Carvalhas. Ére-lo demo das Carballas, que decimos nestes lares.
Dille ao Xefe que non, que Burguillos non mudou de apellido. Era Don Teodoro de las Heras Burguillos, e non sería quen de pasar de capitán, pola edade que xa tiña daquela. Se acaso, comandante, grao ao que non quería chegare.
Quen sí chegou a xeneral foi o meu coronel: Gerardo Mariñas Romero.
Por outra banda, o xeito máis adecuado de arranxar a ortodoncia é engadir unha posdata ... (ver texto completo)
No sé si procede hacerla sin caer la ignorancia, pero ahí va:

Se me ocurrió ayer, mientras comía mis cinco nueces de rigor de cada día, por eso de que son buenas para el colesterol.

El caso es que un año, cuando fui a recoger las castañas, me bajé a Verín, para aprovisionarme de ellas, en una tiendecita que tiene verduras y embutidos y estas nueces en cuestión dice que son de Oimbra. Se encuentra en la plaza donde está el bar Lolo, que es de a Gudiña. (siempre haciendo patria).

Y le digo ... (ver texto completo)
Como ben sabe vostede, en toda-las linguas hai sinónimos. Un concho é unha noz, e unha noz é un concho. Por iso unha nogueira é tamén unha concheira.
Eu sonlle zamorano, de Lubián. Hai galegos que se rín do galego que falamos nós eiquí. Eu calo, pero temos palabras, como GARAPIO, que non son coñecidas para a maioría dos galegos. O garapio é o guincho para arranca-lo esterco das cortes, e aparece no diccionario de galego de Estravís.
É como se nos andéramos a rir dun castelán porque dixese POLLINO no canto de JUMENTO, ou de ASNO, ou BURRO.
Desde 2.004 son académico correspondente da RAG. Alí non se rin de min xamáis. ... (ver texto completo)
Burguillos non era o seu primeiro apellido. Para min sempre foi o Capitán De las Heras. Procedía tamén da tropa, como Romerales. Foi el quen me meteu naquela oficina que de tantos barrigazos polas dunas me salvou. Era segoviano, do pobo de El Espinar, e conocía ao comandante Vicente Tomás, de Lubián.
Eu tamén o vin entretenido varias veces, furgando co rotulador e o cartabón na "Escalilla de Oficiales". Pero nunca me atrevín a darlle conversación, se lle daba por estar calado.
Dictábame os escritos ... (ver texto completo)
Podes falar o que queiras
e cantar o que che adoite,
cando tí dis que é de día
todos pensan que é de noite.
...
Non digas que vai direito
o cravo que torto entrou,
non digas que é carpinteiro
quen nunca táboa labrou.
Como anda o tempo por ahi maña me vou pra laaaa
Ai o tempo! Vaia ración de auga. Non deixa de chover. E por riba, botas unha ollada á ventana para ver se deloura un intre, e o que ves é pasar un enorme camión con este letreiro inmenso: CABREIROÁ!
A ver, apreciado Zé das Carvalhas, vas ter que independizarte do padre José. Será mellor que exerzas de sancristán como autónomo, ou que cambies de parroquia se quixeses aforra-la cuota empresarial.
Nunca exerceu o sacerdocio Don José en Medina del Campo?
Dame no fociño que este crego teu vai ter algo que ver coa polémica desatada hai poucos anos alí coa obra escultórica do zamorano Ricardo Flecha "Cristo en brazos de la muerte".
Encargan a escultura para un paso, e logo cuando o sacan en procesión, ... (ver texto completo)
Amigo Inda, vexo que coñeces mui ben as praias do Morrazo, aunque che quedarón por nomear muitas entre elas a do Loureiro en Bueo e Aguete en Marin.
De novo eu tamen as visitei todas os fins de seman, agora tamen de cando en vez dou unha volta por elas coa familia. Razón teis que antes os labregos fai anos cuando as cirilas ou calquer outro coche da epoca quedaba enterrado na area, os nudistas non podian pedir axuda as xentes do campo senon se ivan desnudos podian recibir unhas lombeiradas. Agora ... (ver texto completo)
Daquela vai ser agora, que teño máis tempo, cando visite a praia de Barra. Poreime en porretas nun lugar destacado e ben visible para eses voyeurs tan ben pertrechados, e así poderán gozar a feito deste tipiño irreverente que Deus me deu, con tódolos seus atributos abertos no escaparate da natureza.
¿Como no me va a gustar leerle?... Un salud para todos los Pepes del mundo, nombre que nos habla de la sencilled del hombre trabajador, responsable ante la vida y sus deberes.

Felicitaciones por su relato
Blas
Bienvenido, Blas. Que pueda usted leerme muchos años. Y yo escribir. A fin de cuentas, yo me limito a monologar frente al teclado, como lo hago otras veces frente al río, la montaña, los pájaros,... Con los amigos es mejor, por aquello del diálogo.
Señor Inda Cho, haga el favor de reportarse. En lugar de contar a su manera aventuras de pescados, ¿por qué no cuenta los pecados de sus aventuras en la playa de Barra, tan cerquita de ese recorrido por la península del Morrazo?
Telesforo: De novo, fun coa miña muller e os meus fillos a varias praias do Morrazo. Limens, Nerga, Menduiña,...
De solteiro, estiven na de Mogor.
Na de Barra nunca piséi. As aventuras que mencionas sonche de meus irmáns, que andaban en porretas por eses mundos de Deus. Seica apareceu un labrego cun sacho e deulles unhas lombeiradas co mango, cando andaban eles a empurrar unha cirila que patinaba na area. Son cousas que pasan. Máis nada.
Cuando empecei a ir o colegio da Mezquita con 6 anos, tuven unha profesora estupenda que se chamaba Doña JOSEFA e que me durou dous cursos, era de Pías. Despóis, tocoume en suertes outra profesora estupenda, chamada Doña PEPITA, de Vilanova, outros dous cursos. Pra mín foi todo un descubrimento cuando soupen que Pepita e Josefa eran o mismo nombre e a miña cabeciña infantil non acababa de entender por qué eran o mismo sendo tan diferentes. En fin, cousas da infancia. Logo xa viñeron Doña Rocío, de ... (ver texto completo)
Doña Josefa, de Pías, é a nai do mellor amigo que tiven eu en Zamora, especialmente entre os dezaséis e os vinte anos: Acedo. Éramos inseparables, inda que el é dous anos menor ca min. Qué parella de dous, aquela! Non había bar, cafetería, nin sala de festas que non souperan de nós. Ata chegamos a actuar como parella de humoristas no teatro Ramos Carrión no intermedio dun concerto. Facíamos dous monólogos cruzados que converxían nun diálogo asombroso. El sempre foi moi espontáneo e imaxinativo.
... (ver texto completo)
Houbo un tempo no que as casas estaban cheas de xente, as cortes cheas de vacas e de res, as pallaregas cheas de herba, os currunchos con sequeiros de leña e palleiros de ramallos, as leiras aradas, as cortiñas todas cheas de patacas, verzas ou millo, e os camiños cheos de bulleiro.
E naqueles tempos había no pobo tantos Josés e Josefas, que a xente houbo de botar man das nomeadas para poder distinguilos.
Estaban o José da Salvadora. o José da Casavella, o Pepe da Joaquina, o Pepe da María Rosa, ... (ver texto completo)
Sinor Inda, pero home usted debe coñecer mellor ca eu o sinor Romerales, más debía saber que con tudos los respeitos que me merecen ístes, al ser militares nahún se suelen sentar según con que peixes, como usted béin sabe falando dos mencionados a que ter cuidado sobretudo por culpa dos colores, tratándose del sinor Romerales me parece que adoctó la pustura más correcta, claro vendo desde la xerarquía militare. Por qué digo ísto, según el padre que suele levarse munto béin con los militares, pois ... (ver texto completo)
O Padre José sabe máis deses peixes ca nós. Daquel non quedou máis co cangallo, a pesares de ser descoñecido para Romerales.
Aquela espantada non foi máis ca unha escena teatral de Telesforo. Logo volveu, cuadróuselle ao camareta, e faloulle deste xeito:
--Tráigame a mí otro igual, por favor. Hagámosle así un homenaje gastronómico al soldado desconocido.
Senteime para xantar, un día xa do pasado remoto, co señor Romerales nun restaurante de Cangas, camiño de Moaña. Era a semana do Teatro Cómico e Festivo do lugar.
Eu pedín peixe. O peixe que fose, dábame igual. Bastáballe con sere un peixe fresco da ría.
Cando me trouxeron o prato co aquel peixe marabilloso deitado nel, Romerales preguntoulle ao camareiro cómo se chamaba aquel peixe.
--Pois non sei decirlle cómo se chama, señor. Élle simplemente un peixe fresco. un peixe da ría.
Romerales levantouse ... (ver texto completo)
Por incargo del padre, debemos felicitar a la Igrexa, a tudos/as los creyentes, no creyentes indifinitiva a tuda xente, parece ser que según el padre, que nahún me canso de dicirlo que debían facerlo santo, más ahora por istar un gran amigo del representando a Deus na terra, temos de dar gracias a Deus por iluminar al Cardilalicio pra que salira elixido un home defensor del más necisitado, xa sabemos que cualquer que salir que o faría béin, más íste Francisco 1, es único el mellor.
Enhorabuena, ... (ver texto completo)
Como jesuíta, deberá conocer a vida e obras de ROQUE LUBIÁN, de Lubián.
Por incargo del padre Xosé, enhorabuena a la Igrexa, tudos/as los creyentes no creyentes endifinitiva tuda malta, pois debemos istar contentos por Deus noso sinor iluminar al cardenalicio para que saiera elixido el único, que nahún é outro que Francisco I, home sencillo seguidor del gran Maestro fixo de Deus Padre.
Jesuíta, como ROQUE LUBIÁN.
Había algúns en Lubián, polos oitenta, que lle daban aos porros de carallo. Había ata unha plantación de maría a uns cen metros do cuartel. Aquel mozo apañábase ben para secala, para face-los porros e para fumalos.
Na festa das Candelas, en Acibeiros, un paisano xa maior de alí convidou a un parente, mozo de Lubián, e aos seus colegas, á súa casa para merendar uns chourizos cocidos en viño.
Mentras cocían os chourizos, prenderon un porro que andaba á volta. Cando chegou ao paisano da casa, dixo:
--E ... (ver texto completo)
A certas horas da noite mellor e irse a cama en vez de porse a escribir improperios, eso e o qe me pasou a min o Domingo perdon a todas esas personas qe se puderon sentir aludidas polas miñas palabras qe por supuesto non foron mal intencionadas, non e meu estilo creo ser bqstante respetuosa pero a veces se suele meter a pata hasta o fondo; sempre leo os textos antes de envialos e nesta ocasion non foi asi de ahi este grave eror. O sinto de verdad.
Iso pásanos a todos. Pero non te preocupes o máis mínimo, que non diches tempo a que poidera ofenderse ninguén.
CONFIDENCIAS NAS ALTAS ESFERAS
--Mira, So Rayita, hay que estudiar a ver si nos querellamos con el Bar Cenas.
--Espera, Jefe. Hay que consultar con las arenas que todo lo lavan.
--Sí, sí. Cautela, mucha cautela. Y si no dan resultado las arenas, a ver qué puede hacer media villa.
El non é máis que o centrocampista que repartía... o xogo, con balóns en profundidade. Pero non nos engañemos, porque non foi nunca o capitán, nin o entrenador, nin o presidente. Cada quen ha ser responsable do que lle toque na derrota deste partido.
Claro que Guti era ése, Barxés. Sempre gustou dos eventos. Ata dos enterros. Era fillo dunha cadela mastín e dun can de caza. Daba risa velo de mostra ata cos saltóis, a pesares do seu corpachón.
Vai sustituilo un cachorro mastín leonés. Este chamarase Karín ou Mou. Sonche cousas dun dos meus mozos, que é moi culé.
Esta foto es única, merece ponerla en un cuadro; porque no se puede compartir, sino ya lo hubiera hecho. Un saludo.
Si envías tu correo electrónico al Ayuntamiento de Lubián (aytolubian@telefonica. net), yo mismo te la mando.
La planta sí se llena de los insectos que dices, y florece en primavera/verano.
Sirva esta foto coma homenaxe á desaparición de Guti, o meu querido can de palleiro, que dormía tempo atrás no palleiro que había á miña porta, e tamén na mesma porta da casa. Ladraba polas noites, e metía respecto aos visitantes, a pesares de ser amigo de tódolos humanos.
Estamos a extrañar os seus ladridos e a súa presencia en tódolos eventos. Onde quera que descanse, descanse en paz, como pacífico foi nos seus dez anos de vida.
Piño: Paréceme lembrar que un día me dixeste que non sabías cual era a SACAPRADA. Vela eiquí. As vacas pacen ao redor desta herba, pero non a tocan co fociño. De comela, produciríalle cirrosis hepática.
Na nosa cultura tradicional hai unha lenda sobre esta herba. Nunha pelexa entre un vibirón e unha donicela, ela envorquillábase de cando en vez na sacaprada. Dicen que cando o vibirón a mordeu, morreu el, e non ela. Algúns vellos cóntano como se eles mesmos fosen testemuñas. Pero iso é un mito. Desde ... (ver texto completo)
Distinguido Sr. Romerales: Me deja usted anonadado con la fiesta que se montaron en casa de Zoila en la despedida de nuestro común amigo Inda, que poquito dinero valían en aquella época los espectáculos, lo recuerdo yo también. Me pareció todo maravilloso menos esa última parte de la sesión donde usted ha salido perfumado sin poder evitarlo y de la estampida de todos los demás, me hubiese gustado ver correr a Inda que según informaciones recibidas de buenas fuentes, era el mejor corredor de fondo ... (ver texto completo)
Don Telesforo contou moi ben case todo o que alí aconteceu. Pero non estou de acordo co remate.
O que realmente fixo Romerales foi aplicar unha das técnicas de autodefensa, como se se tratase do enemigo, levantando aquela muller uns centímetros, e caendo enriba dela cun xeonllo nos peitos, quedando totalmente inmovilizada.
Saíron todos en estampida, a non ser Madriles e máis eu, que tivemos que parar a un lexionario cunha cicatriz a modo de cortafogos nas barbas da meixela esquerda, que saíu do interior da casa para defende-la Zolia, cunha faca na súa man.
Menos mal que aquel individuo me conoceu a min, polo destino que eu tiña, e gardou sen máis a navalla no peto. Logo díxonos que o normal daquel espectáculo era que o elexido por Zoila acabase conseguindo uns movimentos orgásmicos na danzarina, coincidindo co remate apropiado da música e os xemidos da Zoila, tan reais como aquela vida nosa.
Así que o señor Romerales, daquela, non deu a talla. ... (ver texto completo)
Muy valientes los componentes da Banda as Portelas, no les da miedo hacer Km. Por otra parte, tiene mucho mérito el ir a conquistar a tierra de conquistadores (Extremadura.)
Por se iso fose pouco, ás dúas da mañá, un grupo de componentes da banda foi atracado a punta de pistola por un encapuchado na cafetería do hotel de Mérida, onde pernoctamos.
Pero mira tí por onde resultou que o do bombo, aplicando técnicas de defensa como profesional dun corpo militar, desarmou ao atracador --axudado de inmediato polos compañeiros da banda--, e retuvérono, inmovilizado, ata que chegaron varias patrullas da garda civil para levalo detido.
Sí, Pepita, ahora co WhatsApp é máis fácil comunicarse, sobre todo cuando estemos por a terriña. Cuando vaia a Lubián, a ver si consigo o móvil do Piño, o millor hasta él ten WhatsApp tamén e facemos un grupo pra organizarnos millor. E si non o ten, por SMS ou chamámolo, je, je; pero o do ano pasado non pode volver a pasar, inda que eles dous deron boa conta de todo e non nos precisaron, je, je.:-)

Inda Cho Sei, ¿apareceu o Guti?

Piño, xa falta pouquiño pra Semana Santa, sei que está nevando ... (ver texto completo)
Estes días tivemos traballo dabondo, xa que fomos tocar a Olivenza (Badajoz), e entre ensaios, preparativos, viaxes... non houbo tempo para entretenimentos doutro calibre.
O Guti non apareceu. Como andaba moi doente, que nin quería comer, pensamos que morrería no monte. Preto da casa, non, porque temos todo ben buscado.
Sinor Inda: Creo que se istá a pasar con Tilisforo Romerías, de maneira que usted agora pon al tal Suero por culto, intilixente, incapaz de pegar a ninguéin, qué quere decer sendo culto xa nahún pegaban, pobre Romerales, claro colleu a fama desde que fixo de negro no xogo da bola, logo a tal Conchi puños a tudos de mala maneira, era debido a sua constituzahún, que nahún tiña nada que ver cua que istán a vulnerear en algunha parte da Ispaña.

Unha aperta.
Ola, Vintecinco! Do señor Suero gardo lembranzas moi boas. Viaxei un día con el nun aparello militar, polo ar, de Villacisneros ata As Palmas. Faloume coma un irmán, e as súas verbas ían moi cargadas de sabiduría. Falamos naquel infernal avión e máis no aeroporto de Gando, agardando outro vóo para Barajas. Despóis xa non, porque eu continuei en clase turista. El non.
O señor Romero tamén é un home moi culto, con máis estudos do que eu. Aquela hostia tan ben dada, como no caso dos consellos de Suero, ... (ver texto completo)
Romerales, a cousa está ben contada, salvo un par de minucias nas que mintes coma un vellaco. Se se chega a enterar Suero, que terá agora sesenta e seis anos e sabe Deus qué graduación...
Tí non eras oficinista, nin o recadeiro ocasional do teniente. Ese era eu. E tí era-lo causante da miña escolleita por Suero para a SOE e para algunhas maniobras. Suero era un oficial de academia pouco maior ca os reclutas, culto, e totalmente incapaz de dar unha labazada a ninguén que non fose o enemigo. Viñera de Jaca, dun corpo de Alta Montaña, paréceme lembrar.
Tí, daquela Sarxento Romerales, que ías guiando o jeep, fuche o do puñazo nos fociños de Conchi, que así lle chamabamos, e non Conchita como dices tí.
Un día destes vou contar eu aquela aventura túa da que fun tamén testemuña na casa da Zoila. Lembras aquelo? ... (ver texto completo)
Antes de nada, felicitacións para o autor das fotos da neve, que é Don Antonio, alias Niní.
Esta fonte, arranxada por Ibereólica, se non me trabuco, está no monte de Hedroso, no concello de Lubián.
Disfrutádea.
Sinor INDA: Según el padre Xosé, dice que o sinor se dedicou a xuntar a neve como en tempos se facia co feno, pra tirar la fota tanhún bonita. Coisa que eu le dixe,-padre tú gostas da brincadeira,-coisa que él contestou de imediato nahún te istás a dar conta que é un erexe, nahún veis o que contou en HEDROSO, claro tú pensas que o sinor Inda é como tú cuando me faces andar o rededor de tuda malta co pote de enxofre y mirra pro desconxuro, logo a min a orella me dices que é pra que nahún xeire tahún ... (ver texto completo)
A ver, Vintecinco: Saúdos para o pater. E dille que ata o de agora teño pasado por irreverente, e chégame ben. Dille tamén que para sermos herexes, antes temos que ser da súa corda. E non temos nin cordel, carallo.
Aí, no Brasil, co calor que fai, seguro que o pater non gasta nin calzóns. Levántalle a sotana... a ver qué panorámica encontras. Craro que agora xa non se lle levanta a casulla ao alzar...
xa veo por esta pequena ventana que todo eso e un remanso de paz, hasta as falepas de neve que revolotean por o cielo se posan en los ojos con exquisita suavidad.
Cuando no camiño da vida encontras lugares y xente así, vale la pena acercarse y caminar xuntos.
Inda que a certeza absoluta poidera se inalcanzable neste tipo de cousas, creo que é certo o que dices. Para máis abundamento, cumpre ler a derradeira mensaxe de HEDROSO suscrita por "aes".
Es que mi categoria de Sacristan era un poco superior. Habia dejado mi carrera por el ascenso porque el vino del PRIMITIVO estaba picado, pero en esta epoca con la crisis hay que aprovechar todas las oportunidades. Ya se sabe, si dimite Rajoy la botella pasa a botellón
Non paséi de monaguillo. É certo. Inda se puñan os cregos de cu para os feligreses. Ao levantar a casulla, levantei tamén a alba e, coma o crego ía en calzóns, armouse pola miña culpa unha borga na misa. Volveuse o cura, e fun despedido cunha hostia naquela cariña por toda indemnización. E iso que foi antes da Reforma Laboral!
A pesares de todo, inda son quen de facer un milagre: convirto o viño en calimocho no aire do demo.
Pois seguramente que, se eran macho e femia, e coa dirección que levaban, nestes momentos deben andar collidas do brazo alá por América do Sur, buscando un remanso de paz,... alonxadas daqueles incómodos xigantes das portelas que non paraban de abanear os seus brancos e longos brazos.....
¡Xesus!
Saludos pra todos.
O problema da parella de falepas foi namorarse. Xa na primeira aperta parecían chorar de amor. Pero non eran bágoas, non. Derreteron, e deviñeron en dúas pingas de auga cristalina perdidas no Atlántico. Se aínda deran chegado á Illa do Tesouro como falepas, ben podíamos facer un contiño. Pero misturadas coa inmensidade do océano...