Rebaja tu factura AQUÍ
        

Mensajes enviados por INDA CHO SEI:

Non pasa nada co Piño. El aí anda de labrego polos soutos e polas hortas. E cando se anda atarefado,
un esquécese do teclado.
Tamén o vin na Moimenta o día da Feira Franca, agardando pola loita dos novelos.
Sinor Inda, dice que téin bos carros, me imaxino que rerán buenos, pero si quere mercar algún más quéin los pode veder ê un hermano del meu amigo Barxes, pois él téin muntos.
Unha aperta.
Eses carros dos que o seitureiro me fala foron os primeiros que guiei. Era un cativo, e xa os guiaba, sempre coa vara aguillada ao lombo. Na sementeira, prefería guialos a cargalos.
Aquela foi a nosa crise máis grande. Economía de subsistencia desde que nacín ata que casei. Vintetrés anos de crise. Nos invernos, gracias ás becas aquelas que se conservaban aprobando todas en xuño, cun 7 de nota media, interno. Así me librei de atar a herba na pallarega (ou palleira) e acomoda-la facenda nas cortes. ... (ver texto completo)
A min tamén me pasa iso. Daquela voume de pesca, inda que non haxa troitas, ou a limpar un souto.
Hai quen dice que a nosa sociedade padece unha depresión colectiva pola machacona información sobre a crise. ¡Crise aquela, a do caldo de verzas tódolos días cando era rapaz e mozo!. (E cómo gustaba ao requentalo)
Alguén critica eiquí, neste foro, o asunto dos restaurantes e do arroz con bogavante.
Pois eu apúntome. Ao arroz con bogavante, claro; non a crise.
Dicen que o problema é que os españois temos vivido por riba das nosas posibilidades, e que temos que aprender a vivir doutro xeito.
Pois ... (ver texto completo)
Amigo aes: ¿Pero tu eres capaz de aguantar un vídeo enteiro do pelmazo ese? Alabo a túa resistencia, pero a min sígueme parecendo un pedante en PRIMEIRO PLANO. Neses vídeos só hai un protagonista: o CAMANDULEIRO.
Hai que ter moita fe para aguantar a ese tío mailas súas pamplinas.
Eu non a teño.
Pero xa sei que neste mundo hai evanxélicos, testigos de Jehobá, etc.
Punto.
Agora as estacións de servicio da periferia de Castela e León andan de capa caída. A Junta instaurou o "céntimo sanitario" recargando o litro de combustible en 5 céntimos. En Galicia xa estaba instaurado, pero só 2 céntimos. ¿Cánto estarán a perder as gasolineiras castelás da raia?
Pero como decimos iso de que a mal tempo, boa cara, aí vos vai outro contiño dun vello de Lubián que foi camioneiro moitos anos (dos seus propios camións).
Chegou a unha gasolineira un paisano en bicicleta. Levaba un ... (ver texto completo)
Non te excedas no seguimento de consellos, veñan de onde veñan.
Por certo: Noraboa aos de Hedroso por un foro tan animado e con tanto sentido do humor.
Antonio Edroso, amigo aes: Vista a calidade do primeiro enlace, eu négome a darlle ao segundo. Nin quero, nin teño tempo para pamplinas pseudoecoloxistas. Porque osecoloxistas de verdade somos os que vivimos nesa natureza que pretenden protexe-los urbanitas que viven no asfalto.
¿Como podes dar crédito a xente descoñecida decindo cousas semellantes?
Un día, no tempo das castañas, un bó home do teu pobo (Hedroso) chegou aos seus castiñeiros e achou a unha persona urbanita enchendo un saco. E chamoulle ... (ver texto completo)
O primeiro día de chuvia, que xa hai tempo que non chovía, entrou na taberna un paisano sen paraugas sacudíndose coas mans a auga da chaqueta. Mirou con disimulo á cazola dos paraugas, botoulle a man a un deles, se cadra o millor, e andou toda a tarde con el pendurado do seu brazo esquerdo. Tomou café con el. Chimpou un coñac tamén con el. Pagou a súa consumición sen desprenderse do paraugas; e logo, co paraugas sempre colgado do brazo, andou a espreitar unha das partidas deica o seu remate.
Daquela, un dos xogadores, ao acabaren o xogo, foi botar man do seu paraugas, e o paraugas estaba no carallo.
--Xa é o segundo que me levan. Tamén me pasou na outra chovedela. Traes un paraugas ao bar, e logo só achas o sitio.
O espectador do paraugas pendurado do seu brazo, dándolle unhas labazadas no mango, contestoulle chiscando un ollo:
--Si fixeras coma min, non che pasaba. O meu, sempre pendurado do brazo. ... (ver texto completo)
Ese vídeo no tocó ninguna de mis fibras. Al contrario: me parece muy mal realizado. El protagonismo se lo lleva íntegramente un señor con gafas hablando siempre en primer plano con mucha demagogia y ningún rigor.
Sólo salva una fuente de energía: la fusión nuclear. Ya se hablaba de ella cuando yo era estudiante. Tengo 60 años, y las problemáticas del control de la fusión siguen sin resolverse.
Un debate sobre las fuentes de energía tendría como ámbito el mundo entero. En el caso de nuestro país, ... (ver texto completo)
Os cambios na vida dos nosos pobos levan unha aceleración exponencial.
O abó era labrego. Cargaba carros de esterco, de estrume, de herba, de leña, de ramallos, de torgos e de patatas.
Facía os renovos, a decrúa, a bima, a sementeira, a seitura, a carrexa, as mallas, a limpa...
O fillo xa non. É apicultor, e traballa coas abellas. Non con ovellas. No seu pobo xa non hai ovellas, nin cabras, nin vacas, nin leiras. As leiras xa son xestaregos desde hai vinte anos, a non ser unhas poucas que xogan ... (ver texto completo)
aes: Non sabemos cal é a túa intención ao colgar eiquí este vídeo. Pero de tódolos xeitos, permíteme opinar da tétrica presentación, cun personaxe permanentemente en primeiro plano, a oscuras (tal vez para non gastar enerxía).
Calca as tintas nos posibles accidentes nun aeroxenerador. Lamentable. Eiquí xa vimos arder un par deles. Pero comparar un accidente dun aeroxenerador que arde cun accidente de central nuclear, ou nunha térmica, ou unha presa que estoupa é como comparar un peido que se escapa cunha bomba atómica.
Polo que respeta á cuestión económica do asunto, non son estes pobos o lugar adecuado para ese debate. Porque económicamente os parques eólicos veñen sendo para estes pobos unha bendición: recursos financieiros e postos de traballos no mantenimento. Eu prefiro a opinión dos vinte operarios que traballan neste concello nos parques, ou a dos resposables da xestión municipal que ingresan preto de 600.000 € de IBI e IAE, ou as Comunidades de Veciños que reciben directamente 800.000 € de canon, cos que arranxan fontes, construen plazas, piscinas e outras infraestructuras, dando traballo indirectamente a varias empresas e traballadores deste e dos concellos limítrofes.
¿Tamén queres acabar con todos estes postos de traballo? ... (ver texto completo)
Felipe, se veis o Piño por Lubián, ¿podes facer o favor de decirlle que ten un recado da Pepita no foro, a ver se pode contestarlle en seguida? Se non ten internet na casa ou no móvil supoño que podrá subir os ordenadores do Ayuntamiento nas horas establecidas de Internet rural pros veciños. Unha aperta e graciñas.
Levaba tempo sen entrar, e onte, ao ver esta mensaxe e cruzarme co Piño na carreteriña de Lubián, paseille a información.
Non sei se poderá contestar, porque estes días vai estar pechado o concello. A ver se teño eu un anaquiño de tempo para abrirlle.
El díxome que vai estar os dous días. Así que o que poida vir o sábado, que veña o sábado. E o que poida vir o domingo, que veña o domingo.
Nos postres dun almorzo dominical nun coñecido restaurante da Vilavella xurdíu un debate entre tres comensais: un da Mezquita, outro de Salamanca e un terceiro de Lubián.
Andaban a falar da medicina, como consecuencia do Protocolo de Colaboración entre a Xunta e maila Junta para a asistencia hospitalaria no anaco de Zamora onde falamos galego.
Decía o da Mezquita que non había asistencia médica no mundo tan boa coma do seu consultorio. E para demostralo explicouse deste xeito:
--Andaba xa hai ... (ver texto completo)
El cuco, desde que nace, propende a la soledad, rehúye la compañía, aspira a ser único. Intuye tal vez que, de tener que compartir la comida acarreada por su tutora, su ración sería insuficiente.
El egoísmo de este pájaro es muy cerrado. A veces, cuando los cucos en disposición de puesta son varios y los hogares donde hospedar a sus hijos limitados, hay dos que ponen su huevo en el mismo nido y en el mismo día. La eclosión de los pájaros es, pues, simultánea. Entonces se desencadena un duelo a muerte ... (ver texto completo)
Gracias polo acompañamento.
Xa sabes que este pobo tamén é teu, e que tés casa nel, tí e mailos teus.
A tía María foi sempre unha moi boa cociñeira. Non había caldo de verzas e fabas coma o dela en toda a contorna, sobre todo cando se comía requentado.
Certo é que daquela habíache poucas sustancias nutritivas ao alcance daquela economía de subsistencia. Caldo de verzas, caldo de unto, tallada de touciño con pan negro, ovos fritidos, ensalada de feixós, e os días de festa, un xurelo fritido ou unhas sardiñas en escabeche.
O que millor aviaba ela naquela prolongada crisis eran unhas chirouvías á ... (ver texto completo)
¿E logo cando foi o día de San Piño?
Inda cho sei: As miñas palabras se cumplen, retiro a broma e as miñas desculpas.
Un abrazo
Vexo que eres tan cachondo coma min. Unha palmadiña nas costas.
Sr Indachosei, no moléstese polo meu nombre, es todo unha broma, y eu jamas cúlpolle a vostede de nada. Estes dias houbo moita tensión por culpa dun SR. Chileno e todos perdemos a calma e quizas un pouco o razocinio. Creame é unha broma poñer este personaxe. Non hai maldade nin ganas de amolar. Grazas
Realmente ten vostede o mesmo dereito a xogar con ese nome, que eu a utilizalo afirmativamente.
Non me amola iso.
Sr. Felipe Lubián:
Cuando un hombre se muestra cabal, autentico en su decir, sincero y con el corazón abierto; termina por ganarse el trato de ESTIMADO;... estinado Inda Cho Sei reciba mis sinceras condolencias de pesame por la partida de su Sra. Madre y
mi oracion fraterna por la salud de su suegra.
Hermano galego ayer 20 del Pte. tambien parteu outra galega; esta; desde Chile, a miña nai; foise a los 98 anos, hoy la acabamos de despedir en o cementeiro Parque do Recuerdo con uan gran concurrencia ... (ver texto completo)
Al mismo tiempo de darle las gracias por su sincero pésame, aprovecho el mensaje para acompañarle en el sentimiento.
Desde o antroido levo de hospital en hospital: O Barco, Verín e Ourense. Eu non estou doente, que eu saiba. Sonche os anos das mulleres maiores da familia, que se van pouco a pouco. Miña nai foise o pasado día 3. Miña sogra vai saíndo pouco a pouco dunha complicación.
Algunha tarde teño un anaco de tempo, entre viaxes e traballo, e boto unha ollada por eiquí. E non me divirte para nada o que leo.
Hai moito garabito neste mundo.
E vexo que hai alguén moi teimado en remexerse cada vez máis no seu ... (ver texto completo)
Gracias, Pablo. Ela gastou as neuronas con nós. O pai gastou os músculos. Así é a vida.
Tiña xa andares de moza, dous peitiños de muller e unha faciana dóce e fermosa. Unicamente lle sobraba o que lle sobraba. Por iso (ou quizáis porque lle sobraba o que lle sobraba) atraía ós mozos e ós homes. Esa era a razón pola que publicamente ningún dos seus a trataba polo seu nome. Chamábanlle "Tí"... ¡eh... tí! Non podían chamarlle Xurxo sen que se escoitasen mofas e se producisen liortas. O seu pai, vixilante de toda a súa roupa, non aturaba nela cores incorrectas nin cabelos longos, e nin sequera lle chamaba "Tí". Procuraba ignorala. ... (ver texto completo)
"Desde mi refugio de Sedano, un observatorio insuperable de la naturaleza, he tenido oportunidad de asistir varias veces al desarrollo de un cuco parásito, las últimas que recuerdo, muy recientes, en 1.979 y en el verano de 1.981. Uno y otro pájaro tuvieron suertes distintas.
La primera fue un acontecimiento previsto. Durante varios días advertí cómo un pequeño petirrojo tejía su nido en el hueco de una tapia de piedra que delimita mi huerto, en la ribera del río Moradillo. Simultáneamente, un cuco ... (ver texto completo)
Gusto deste novo nome. Inda Pita. Cada vez con menos presión, pero inda pitamos de carallo.

Contaba un día o noso amigo Sotillo que un rapaz tivera un accidente cunha moto, e entre outras feridas, acabara coa pichula partida pola mitade.
Enterada a futura sogra (a Pita Moñuda), foi visitalo ao Complexo Hospitalario Cristal Piñor de Ourense, para ver se aquela cousiña tiña ou non arranxo.
O rapaz dixo que sí, que a cousa quedara totalmente útil, según tódolos informes médicos. Certo é que lle ... (ver texto completo)
Gracias, Caralleiro, Pichula e outras miudezas... por identificarme coa Pita Moñuda. Un honor.
Eu si que son o Facetudo: Escribo mensaxes no foro ao mesmo tempo de dar matemáticas en 2º B ou C da ESO. ¿Ubicuidade? ¿Omnipresencia?
¿Andamos na semellanza dos triángulos ou na dos monfraditas? Xa non sei.
O verdadeiramente característico do cuco é a súa incapacidade para choca-los seus ovos e mante-las súas crías, se cadra porque a súa posta é tan abundante -de oito a doce ovos- e o apetito da prole tan voraz que unha parella por si soa non abondaría para abicadala.
Por iso o cuco non se toma o traballo nin de face-lo niño. Chegado o intre da posta, espreita ao redor aos paxariños que se afanan na construcción dos seus niños e, unha vez rematada a obra e cos oviños dentro, o cuco empeza a esparexe-los seus ovos entre eles, un ou dous en cada niño, mesturándoos cos outros, aproveitando a ausencia dos pais.
Son moitos os páxaros aos que o cuco elixe para o choco dos seus ovos, principalmente paxariños pequenos. E como o seu ovo desentonaría polo tamaño e a cor na casa dos anfitrións, a natureza - ¡prodixio incrible!- dotou ao cuco dunha rara facultade, que permite á femia colora-las cascas dos seus ovos do ton dos da especie escollida para os seus depósitos: avermellados onda os outros ovos son avermellados e apincarados onde son apincarados.
Este mimetismo non basta naturalmente para iguala-lo ovo do cuco aos dos pais adoptivos, xa que o seu volume non pode disimularse, pero os paxariños, cegos coa súa maternidade, chócano co mesmo celo que aos propios.
Só algunhas aves se decatan do engano e rexeitan ó entremetido. A laverca (alondra), por exemplo, choca o ovo xigante pero, cando chega a eclosión, decátase da presencia do parásito, négalle o cibaco e déixao morrer de fame.
Eu teño encontrado cucos de cría, un en cada niño, na casa das pimenteiras (paporrubios), que traballan arreo para cebalo. ... (ver texto completo)
--Ti naciches, queridiña miña, o día que pariu a porca. Saberás que tivo sete bacuriños e que o derradeiro apareceu vivo ó día seguinte, detrás do cubo da lavadura. Era coma ti, rosadiño...
--Mamá... ¡que comparación!
--Non, filliña, non. Os outros seis eran coma os teus irmáns, rexos, un pouco malasbestas, pero bos e fortes, tan fortes que ó mes de naceren pesaban o dobre ca ti, que non me levaches ó outro mundo porque Deus non o quixo... ¡Xa sabía eu que era un mal presaxio que viñeses de cu! Fíxate que teu pai, que sempre quixo homes na casa, cando te colleu no colo dixo, abanando a testa, que este non sei, non sei, non parece moi home, que case non se lle ve o pito... E claro: moi home, moi home non resultaches... ... (ver texto completo)
Sr Inda chosei. Mi más sentido pesame por la pérdida de su madre.
Me enteré ayer por mi prima Pepa y aunque son momentos que todos hemos de pasar, no dejan de ser muy dolorosos.
Y además cuando llevas tiempo, como tambien fue mi caso, con tu madre con esa terrible enfermedad en la que además de ser anciano pasa a ser un niño decadente, ese cariño se acrecenta y aunque por su bien quieres que se vaya, DICES.: Bueno, mientras la tengo aqui. La tengo.... Un abrazo y que dios la tengo en su gloria.
Gracias, Amador, en nome de toda a familia.
Ela non era moi vella. Tiña 82 anos. Nos últimos tempos que pasou na miña casa, eu non era o seu fillo maior. Pensaba que era o seu home.
Os últimos catro anos viviu na Residencia de Viana, onde foi moi ben atendida por todo o personal, ao que lle estaremos eternamente agradecidos.
Un abrazo.
Sr. Indachosei, mi pesame mas sincero, le acompaño en este momento de dolor.
Un abrazo
Gracias, Manuel.
Algún día nos conoceremos, e seremos capaces de entender que non hai nada no mundo que nos impida ser amigos.
Unha aperta. Un abrazo.
Gracias a todos. ¡cantos sodes! Pepita, Ballesteros, Contempla, 252525, José González Pousa, Lobonocortello, Gel Martínez, Xinxelo, A Bubela da casa da maría do marcial, Barxes, Piño, Candil, Ricardo Prat Prat... e todos aqueles que nos acompañáis desde outras redes e tecnoloxías.
Unha aperta para todos e todas.
Graciñas.
A miña querida nai foise apagando pouco a pouco, consumida polo alzheimer. Gracias a Dios por liberala.
Dicen que outra mestra preguntou a Xaimito:
--Xaimito: se nunha galla dunha árbore hai tres paxariños, e un cazador dispara e mata un... cántos paxariños quedan?
--Non queda ningún --contestou o cativo.
--Quedarán dous...
--Non, señorita, que eses dous fuxen espantados.
A mestra alabou a lóxica do rapaz, que non contento coa exposición, engade:
--Señorita: No parque hai tres mulleres comendo un xelado. Unha delas, mórdeo; outra, lámbeo, e a terceira chúpao. ¿Cal das tres é a casada?
A mestra ... (ver texto completo)
Resignación: ¡ay que carallo!
Indignación: ¡que carallo!

Cachondeo: ¡bueno, carallo, bueno!

Desplante: vai ó carallo
Inquisitivo: ¡que carallo é!

Contrariedad: tócate o carallo
Cansancio: deixate de caralladas ... (ver texto completo)
Don Manuel, moitas gracias pola letanía.
Lembro que algunha vez ten posto "c..." para decir CARALLO.
Agora está moito mellor. O carallo non só é o carallo, senon tamén un punto de apoio lingüístico de carallo.
Eiquí en Lubián, cando alguén nos fai moita gracia, decímoslle: "Oh, carallos te fodan!", o que non deixa de ser un bó desexo, se así o desexara a persona a que se lle dirixe a exclamación.
O tío Horacio era un home de peso, de moitas terras e moi traballador. As terras foron de sempre a súa mor paixón. Eran ó que máis quería. Ahora xa de vello, cada vez que se paseaba agarrado ó caxato polo que ainda era seu, puña a man a modo de visera para mirar ao derredor e caíalle a alma ós pes o velas de monte e sin ter a ninguén que botara man delas.
Cando un fururo empresario lle comentou que andaba á procura dunha terra non dubidou en ofrecerlle unha das del. Prefería vendela que vela abandonada; ... (ver texto completo)
A min paréceme que as becerriñas estaban mal destetadas. Menos mal que non levaban "betillo" no "calamón".
Olliño con estes contos marabillosos, que hai quen che excomulga polo valor dunha palla.
Gracias.
Apreciados foreiros/as, según ô xefe meu acaba de darme unha boa noticia, nahún sey se será verdade, dixome que íste ano ahí pra finale de Marzo primeiro de Abril que le gostaría ir a pescar a íses rios de Zamora, me gostaría saber cuando se abre a veda.
Unha aperta.
En augas troiteiras de Zamora, a pesca ábrese o primeiro domingo de abril e péchase o 31 de xullo. Lembrade os 21 cm, e que só son 4 as capturas que se poden facer.
Pero como non chove, nin neva, que haberá nos ríos?
Velaí estou enteiriño
na miña mesa de castiñeiro
cos pés fincados na terra
no rumor fendido das xentes
apoiadas no parapeito das xanelas
no fogo fatuo preto do cruceiro
nos carros de herba e de estrume
tirados por parellas de vacas enchocalladas
no rebote pesado da barrila
contra as pedras frescas da fonte ... (ver texto completo)
Podes contar conmigo, que sempre estarei alí onde haxa que botar unha man!
Neste país hai cuarenta e tantos millóns de políticos.
Eu son un deles.
Onde teño responsabilidade de goberno, fago moito (todo o que se pode) e falo pouco, a non ser que me pregunten.
Onde estiven na oposición, tocoume facer pouco e falar moito.
Pola experiencia que me dan os sesenta recién cumplidos, os peores políticos son os de taberna: falan e falan, pero nunca poden demostrar que saben facer algo, porque xamáis se presentan, ou se se presentan, non os elixen. E veña enxarnar aos elexidos, aos que traballan polos nosos pobos sen descanso.
Se un quincalleiro desexa facer política, por exemplo, preséntese nunhas eleccións, onde sexa, e a facer política, xa sexa facendo ou falando. E o que digo dun quincalleiro pódese decir dun mestre, dun albanel, dun carpinteiro ou de calquer outro oficio.
De tódolos xeitos, onde estea a poesía, ou unha axeitada narrativa, que se quiten as reportaxes periodísticas copiadas polos políticos de chinchimonis. ... (ver texto completo)
O cuco agoira a primavera nas nosas montañas na segunda quincena de marzo, ou a moito tardar, nos primeiros de abril, co seu "cu-cu" infatigable. Eu xa o teño ouvido -este ano inda non- facer trisílabos e deica tetrasílabos: "cu-cu-cu" e "cu-cu-cu-cu".
Esta chamada do cuco ten que ver co apareamento. Pero unha vez emparellado, inda que con menos frecuencia, sigue a cantar deica xuño.
Acabada a posta dos ovos, o cuco adulto, que carece de sentimentos familiares, arremedando aos antigos fidalgos ... (ver texto completo)
O Pa tes algo de razón, más contárinte mal a coisa, foi certo que istaba, diante comercio do fillo do Ruiz Matos, que por certo vendi munto bacallao,ê verdade nahún ê de munta calidade, total que saía unha preta munto bein parecida, de pronto veume un xeirumo ô bacallao, eu reacionei decendo -condanada dónde levarás a coñac escondida. Eu sei que isto to contarín os meus colegas de viaxe, aunque sexa un bocadito destorsionado, algo pasou y voçe nahún ô soñou.
Total que o meu setindo de a trompa ... (ver texto completo)
Home, vai. Entendímosche todos: Leventóuseche o ánimo.
Hemos estado visitando a los hijos y nietos, por tal motivo, (descanso en el foro por mi parte) ahora veo que habláis del jesuita Roque Lubián, nacido en Lubián y que se fue a las misiones muy jóven.
Mirando en Google, poco mas he podido encontrar de lo que ya comentáis, es cierto que agrada al saber que un destacado misionero ha nacido en nuestro pueblo, también me llamó la atención que aparte de escribir en la lengua sáliva del Orinoco, hace mención de algún escrito que éste Sr. escribió en euskera, ... (ver texto completo)
Si: a herdanza xa a sei eu: ORINO CO aparello de eses menesteres.
As calzas mailas cirolas! Se é que as levan.
Sr. Inda Cho Sey:

Es cierto todos estan en el mismo barco pero, esto mas que barco parece a Torre de Babel; nadie entiende a nadie y estan siendo pasto de aparecidos con animo de verles en guerra mas que en paz. Bajen el tono que todos Uds. (derchas e izquierdas) saben quien es el otro, no hagan como el " POLLITO LLORON " que para sentirse seguro lo unico que sabe es piar apiadandose de si mismo; busquen consensos; si un buey tira mais co outro o carro solo hara espirales y no avanzara; todos ... (ver texto completo)
Esa desilusión con la que nos deja, es la misma que sentimos muchos en este foro.
Le aseguro que en Villavieja no hay ningún enfrentamiento, ni en Lubián, ni en Chaguazoso.
Esto que ocurre en el foro no es, ni por asomo, una proyección de la realidad.
Simplemente hay foreros agresivos sin ton ni son.
Tú, ¿te crees mas importante que el mendigo?; ¿en qué, o como valoras a la gente?; no, no me contestes, no me hace falta.
Cualquiera de los que aquí nombras merece mas respeto que tú, porque todos tienen su personalidad, la que sea; cosa que tú nunca tendrás, ya que ni siquiera eres capaz de mantener el mismo cobarde pseudónimo. Acabas de hacer, una vez mas, un mayúsculo ridículo: Vete a "colaboradores" y dime de donde sacas los 165 mensajes que tienes.
En lo que a mi se refiere, te delatas tú ... (ver texto completo)
Ballesteros: o larigón xa tapou ese buraco.
Esa teima cégate, Zé.
Non sei se o soñei, ou se mo contaron. Pero o certo é que teño que preguntarche se o outro día sentache nun escano á porta dun comercio de ultramarinos aí, en Pernambuco.
Dicen que tiña-los ollos pechados, e estabas todo embabecado co pensamento na Pita.
Daquela saiu do comercio outro portugués cunha bacalada moi grande de baixo do brazo, e pasou con ela moi preto dos teus fociños.
Dicen que entón pegache un pulo e berrache:
--Pita moñuda, cachonda!
Le dedico estas palabras a una personita. Mas hace a quien Dios ayuda que el que mucho madruga. Dicho esto le contesto a un Sr. que su tiempo le debe sobrar porque en vez de dedicarse a sus menesteres, esta a romper las p.................
Le queda grande la biblia, Dios le dijo a la mano derecha, tu seras la que conducira tu cuerpo, y a la izquierda tu que eres mas torpe, te sentaras a mirar lo que hace la derecha. Ella la derecha siempre te ganara, pero no te preocupes algun dia, tendras a un zapatero ... (ver texto completo)
No te preocupes, que nuestro actual presidente te lo soluciona de inmediato: desgraciadamente dice que llegaremos a seis millones de parados cuando cumpla un año de gobierno.
De todos modos, que te vaya bien con tu empresa. Lo deseo de corazón, como deseo que todas las pequeñas y medianas empresas encuentren solución urgente para sus problemáticas. Porque por encima de fanatismos -que no se dan en mi persona-, me preocupa mucho la situación de España y de Europa, y desde mi humilde responsabilidad, ... (ver texto completo)
Quixera dicilo ao tal Frieires que se dedique ao seu. Ensinar aos mais jovenes a ter educación e deixar de inventarse personaxes. Esta vostede mais visto que o programa "Salvame" parece mentira co maior que é e que se dedique a ronper as pelotas.
Eu contéstolle para que este foro siga vivo. O seu lugar é ao outro lado da Canda. Teño a súa cara xa moi vista. Porque lles gusta vir a foder a Villavieja, no teñen outro pobo onde molestar.
Adios querido "Primo" escribe pronto, te botamos de menos.
Como non conocemos ao Freirés a este lado da Canda, dame que este home, don Manuel, precipítase unha vez máis.
Agora vou dar a miña opinión de funcionario docente: O goberno anterior rebaixoume 100 € ao mes. Este goberno, outros 100 €, pola vía da elevación do IRPF. Cobro 200 € menos que hai dous anos. Pero eu non protesto por iso.
Eu entendo que cando se fala de recortes en Educación (como consecuencia tamén do déficit das Comunidades Autónomas, entre as que están a miña e a vosa) e en Sanidade, ... (ver texto completo)
INDA, perdona a miña ignorancia, pero non, non sei quen é o manipulador de google, pero sí sei que é manipulador.
Dame unha pista mui discreta, ou xa mo dirás cuando nos vexamos.
Un saudo.
Vernos será máis agradable. Unha aperta.