Factura rebajada un 25%
        

Mensajes enviados por INDA CHO SEI:

Sempre penséi que esta palabra era exclusiva das Portelas, como "faínto".
¿Estamos todos a falar das fresas?
En galego normativo utilízanse as palabras "amorodo" e "morote".
Hai vinte anos tiñamos na escola de Lubián o grupo infantil TEATRO AMORODIOS, grupo que presentou varias obriñas en Sanabria e Carballeda, en Zamora capital e nas "Noites do Canto da Rá" (Verán Cultural) de Xinzo da Limia. Eran unha delicia que prestixiaba a nosa escola por eses mundos de Deus.
Amigos foreiros de Lubian: Temos a un lado das Portelas a mesma forma de falar que do outro, palabras ainas curiosas como comenta Xinxelo, Amorodios, ésta me fai lembrar cando llos iamos a roubar de pequenos por suposto, a tia Rosa, aunque tias ou tios por onda nos éran todos os maiores. Os amorodios por o noso pobo habia moitos silvestres ou bravos, que bos éran deixaban a boca toda roxa e por suposto os fuciños e as maus.
Me gustaria que o noso amigo Inda nos explicara un pouco mais ampliamente, ... (ver texto completo)
É evidente a influencia portuguesa en Hermisende, Teixeira, San Ciprián e Castromil. Pero a Lubián tamén chega. Tamén temos influxos do llionés. Vivimos nunha confluencia de culturas.
As palabras das que falas son todas normativas, aínda que xunguir é máis aceptada pola RAG que xunxir. Xunxir é como decimos eiquí.
Logo hai cheístas por toda Galicia que non tiveron ocasión de aprender que se utiliza "che" nos complementos indirectos, e "te" nos directos.
Dícese "quérote" cando significa "te amo" ... (ver texto completo)
As falepas ou copos de neve; penso que é unha palabra usada nun reducto moi pequeno. Cando comeza a nevar e o vento as move aseméllanse ás falmegas.
Castelán COPO: 1.- Folerpa, felepa, falopa, farrapo, corrello (partícula de neve)... (Diccionario galego-castelán).

FALEPA: falerpa, folerpa (ESTRAVÍS)
21 metros, e crecendo. Vou de pesca, e veña soltar e deixar na auga troitas e troitas... De 21 cm, de medio metro, de metro e medio...
O río do Pereiro ven sendo o mesmo que o de Barxa. ¿Ou non?
Nunha gasolineira moi próxima chamábanlle "O Doule" a un camioneiro deiquí, porque decía "doule" en lugar de "doulle".
En Lubián, como no resto dos lugares do concello, agás nas Hedradas, non somos "cheístas" nin "lleístas". Pero as características do noso galego propio non son máis ca esa, os plurais en OIS dos singulares en ON, e vulgarismos nas conxugacións verbais, como lle pasa a tanta xente castelá co castelán, e aos galegos que non tuveron ocasión de estudiar a súa lingua.
Faínto e fento ... (ver texto completo)
Cando era rapaz os laregos miña aboa Maria chamaballe "os vacoriños". Unha vez en Verin reironse de min por decir esta palabara pero polo que se pode ver non ha inventera miña aboa.
"Y no entendiendo el idioma
de gallegos desaliños, vi acercarse en escuadrones,
gruñendo, suegras lechones,
que aquí llaman vacoriños.
No supe yo que juntaban
los cochinos de este modo en Galicia. Temblé todo
pensando que me agarraban;
quise huír; no supo el miedo;
desmayéme, y tú piadosa, ... (ver texto completo)
Diccionario de Xerais castelán-galego:
LECHÓN: 1.- leitón, bácoro, bacoriño, corricho, marcote, rancho (porco que aínda mama) 2.- p. ext. Porco, cocho, marrán (animal adulto).

Diccionario de Estravís:
BACORIÑO: 1.- Porco pequeno. Vars. Bacariño, bácaro, bacorín, bácoro, bacurín, bacuriño, bácuro. 2.- Leitón

Bacoriño tamén aparece no libro de Cortés y Vázquez.

LAREGO é sen embargo o sinónimo que máis utilizamos eiquí, pero é menos conocido no galego de Galicia. Aparece en Cortés y Vázquez ... (ver texto completo)
Acaban de presentarme ao pai desa familia. Dixéronme que, de momento, van vivir en Lubián durante 5 meses.
Sabedes que hai unha axuda municipal para as familias numerosas de 600 € por fillo menor de edade ao ano que vivan ou pasen a vivir no municipio. É unha medida que persigue manter a poboación e as escolas. Ao mesmo tempo poden disfrutar os rapaces de comedor escolar gratuito.
Lamentaríamos que tal axuda se convertira nunha axuda aos que teñen casas para alquilar, desvirtuando así a intención ... (ver texto completo)
Nunca pensey que voçe, tibese tantas coisas encomun conmigo, falando do saco, era mellor amigo meu, claro istá de, garoto, tapabame can xobía, cargabo de fariña, nabos, café, outono, torgos, carbón etc. ô que eu nahún sabía ê que se podian meter parábolas, dentro, meu deus por nahún me dar conta antes, assín nahún tendría as carencias que teño oxe.
Disculpe por a ironía.
Unha aperta.
Os idiomas son sacos de palabras, amigo e amante da Sra. Pita. Pero as que descansan no cu do saco hai que espertalas, remexelas e subilas deica a boca para utilizalas e que non morran xamáis.
Un dos primeiros traballos que vin a desempeñar na miña vida foi o de transportista de sacos de grao desde as casas ao muiño familiar, e de fariña, desde o muiño ás casas dos clientes. Os meus perendengues inda non eran quen de bota-los sacos enriba do pollino. Tiña que cargalos o cliente en casa, e meu pai, ... (ver texto completo)
RAPADALLAS
Bonito xogo este das nosas palabras. A min sempre me gustou moito, rapadallas. E máis tamén me gustaba lamber as rapadallas que quedaban pegadas na artesa cando as nosas nais facían xuntoiro para cocer os roscóns nas festas.
RAPADALLAS: Raspaduras, restos da masa que fican na artesa e que se desprenden coa rapa. (Estravís)
Intentaremos axudar desde todos os ámbitos.
Nunha casa que ardeu en Lubián (tiña seguro), o primeiro equipo de bombeiros que chegou para axudaren, Protección Civil da Mezquita.
Non teño esa noticia.
Paréceme que, de ser certa, debería sabelo o alcalde.
O precio dos alugueres é unha cousiña privada que vai sempre parella á ambición que reflexaba aquel cantar de cando tí aínda non naceras: "Todos queremos más..."
Cando eu era unha poliña e xa non tan pola, as vacas que non iban pra serra, por estar paridas o pra reservalas pros traballos do brau iban diariamenta a "vicela" ou "bicela" ben pro campo ou ben pros poulos. No diccionario galego non hachei esta palabra.
A palabra que describes é VICEIRA ou VECEIRA.
Refírese a que o pastor cambia. Cada día vai o que lle toca a "vez".
Estas dúas palabras están recollidas polo diccionario de Isaac Alonso Estravís.
Pero fala do gando en xeral: ovellas, cabras, vacas.
No caso do "caudillo" --así se lle chamaba antes aos magotes sen pastor fixo en Lubián. O "caudillo" era o magote veceiro-- en Lubián, por cada ducia de ovellas ou cabras que botabas ao magote, tiñas que ires un día de pastor con todo o magote. A xente ... (ver texto completo)
ZUPALDRÓN
Cando muxía miña nai á Marquesa, sendo eu un cativo espectador que gustaba sempre dun groliño espumoso acabado de saír daquel amoxo, o becerriño mamaba ao mesmo tempo do outro lado.
Ás veces o xato daba un golpe co fociño no amoxo, e tiraba con máis forza da teta.
--Ai, o demo leve o becerro, vaia zupaldrois que da na vaca!--queixábase a Lola.
Algunhas veces agora, para pedir no bar un "chupito", pido un zupaldrón. Pero cando a camareira se vai afacendo á palabra, cambian de camareira, ... (ver texto completo)
Buena y aclaratoria clase Inda; gracias, o meu fillo esta interesado ten 41 anos pero nunca e tarde.

saludos
Eu comecei con 54.
Se o Varela disfruta relembrando o galego, para min a gaita (a de arriba) é coma unha menciña que me está a espurri-la vida.
Á de abaixo... que lle quiten o bailado.
Creo que ben pode tocalos con luvas de boxeo, e ata acariñalos cun garapio.
A INDA CHO SEI. De parte de meu primo Tono (gaiteiro mayor de Vilavella:
Moitas gracias por deixarlle disfrutar da sua gaita nestos dias de Reyes, que sepa que a tratou con todo o esmero posible e que outro ano espera que vostede arranxe un hueco e poda deleitarnos con algunha de esas piezas que interpreta vd
tan magistralmente.
Sr 25 e mais, eu son da paxaragada da Vilavella, ¿refierese vd esos paxaros ou os pardales, cuervos e demais paxaros alados?. simple curiosidad
Gracias, Amador, pola invitación.
Eu sempre vou onde me chaman.
Alí estiveron os amigos Ángel e Iván. Nas cancións polifónicas, eles fan a voz 1ª, e eu a 2ª. Algunhas cancións milloran lóxicamente coas dúas voces.
O que pasa é que a tarde do 5 de xaneiro temos en Lubián a carroza dos Reis con agasallos para os nenos (libros en galego), e hai que cumplir coas obrigas.
Xa me dixo a gaita o ben que foi tratada. Coma sempre. Nunca dubidaría dese trato.
A maior parte das gaitas da nosa banda son ... (ver texto completo)
O máis probable é que as gaitas que vos enviou a Deputación de Ourense sexan como as nosas, en SI bemol. Son as máis apropiadas para bandas.
As gaitas en DO, sen embargo, son as máis apropiadas para acompañar con outros instrumentos, como saxos ou clarinetes.
Hai outras tonalidades. A Real Banda de Ourense, ademáis das gaitas en SI bemol, leva tamén outras moi graves, en FA, que tocan unhas gaiteiras sentadas, sen soplar, porque levan un fol mecánico debaixo dun brazo.
Nós levamos inda pouco tempo. ... (ver texto completo)
Coñecín a Isaac en 2.002 en Padrón.
A miña presencia aquel día na casa de Rosalía foi para recoller, na condición de secretario, o premio Pedrón de Honra concedido aquel ano á Asociación Xente Nova de Lubián.
No almorzo posterior comín ao lado de Isaac, e falounos con moita pasión de varias cousas. Sargadelos foi unha delas.
Morreu, porque temos que morrer. Pero a xente como Isaac transcende a morte.
-9ºC, tes que ter as orellas azules, ponte un gorro aunque parezas un ruso, más ten coidado que algún gaxo quer tirarte delas. Ispero que cando pidas ô café con leite, más ô xamón que digas que ô queres portugués, digo isto aver si os meus paisanos salen da situazahún que se encontran.
Unha aperta.
Ai, amigo. Olla: Agora xa fica reformado, pero tiven un compañeiro de traballo de Calabor (España) que tamén tiña comercio nese pobo. O comercio era cousa da súa muller. Supoño que agora xa ficará pechado.
Pois no ano 1.975 observei que naquel comercio vendíase café portugués, pero carallo, ¡aos portugueses que viñan de Portelo, de Rabal e de França (unha aldea perto de Calabor)!
Vendía café portugués máis barato que en Portugal. Nestes últimos anos, tomando café na cafetería do instituto, pregunteille ... (ver texto completo)
Como verás, en el foro de Vilavella, nos conocemos casi todos, allí nacimos y nos criamos, por eso cuando dices algo raro, ya te replica el vecinos. De fuera del foro está: Pita Moñuda, Inda cho sei, A bubela da casa da maria do marcial, que son la misma persona, usa los tres nombres, para despistar, pero ya lo conocemos, es de Lubian
Un saludo
Mentira.
O contido desta mensaxe de OENGAZO non é certo.
Xa vou farto de paiolos e das súas paioladas, por moita pachorra que me asista.
A Pita Moñuda non é de Lubián. Vive a centos de kilómetros.
A Bubela non sei quen é. Nin se mete con ninguén.
O señor Oengazo utilizou unha foto miña sen autorización, infrinxindo as normas do foro, e a decencia que pensa tér, con ánimo de aldraxarme. O propio Servidor de Pueblos de España tivo que intervir, e retira-la foto e tódalas mensaxes que a acompañaban. ... (ver texto completo)
Pepe: El humor chileno nada tiene que ver con este entorno. Mi humor es más gallego, como el de todos los vecinos que aún quedamos en estos pueblos, entre los que no hay ningún tipo de pendencia. Reconozco que mi mensaje era una provocación; pero, hombre, estaba cantado el verdadero sentido de la broma. Hasta alguien lo adivinó, sin ser de Villavieja.
Si algún día nos conocemos, lamentaremos haber escrito algunas cosas.
En todo caso, los muchos que me conocen saben de mi sincera hospitalidad. ... (ver texto completo)
Graciñas, amiga.
Eiquí hai cousas que non son doadas de comprender.
Algúns teñen o dedo fácil, e disparan sen encomendarse a Deus nin ao Diablo.
Só xente descoñecedora da realidade da nosa veciñanza harmónica, (Vilavella, Lubián, O Pereiro, Chaguazoso, Barxa,...) dende a brétema que cega os seus ollos, pode ciscar inxurias de balde.
¿Anonimato? Ata poidera ocurrir que aparecera alguén con nome e apelidos, e non tratarse desa persona. Mira que faciliño sería utilizar a miña identidade, se só ... (ver texto completo)
Xa se ven facendo polo menos tres anos.
Non sei cantos gaiteiros hai na Vilavella, nin se as súas gaitas son como a miña. Tamén poidera habelas millores. Qué máis ten?
O caso é que un irmán de Domingo é gaiteiro, toca nos Reis, e faise acompañar por outro gaiteiro de Vilanova.
O gaiteiro de Vilanova forma parte da banda de As Portelas, na que é compañeiro meu. Nesta banda somos 24. Doce gaiteiros e 12 percusionistas. As nosas gaitas, feitas por Seivane, teñen a tonalidade SIb.
A tonalidade da ... (ver texto completo)
Disculpe Dn. Felipe, quisiera decirle que en Gallego, Castellano, es "Castelá" lo digo porque asisto aclases de "Gallego" todos los dias, unos 45 minutos. Que por cierto me lo paso bomba. Tambien es de agradecer que se esfuerce en nuestra lengua. Yo con la edad que tengo, lo que tenia que hacer, es largarme a una buena playa. Pero me gusta aprender, pero cuando yo quiero ¡me entiende!
Don Manuel: Vou felicitalo por ires á clase de galego, e que vostede disfrute. Eu tamén veño escribindo nesta lingua por gozo, porque era a lingua dos meus avós e dos meus pais, e penso que a vida non empeza cando naces, nin remata cando morres. É algo máis...
Agora vou correxilo: CASTELÁN é o masculino (castellano) e CASTELÁ é o feminino (castellana) do mesmo adxectivo.
Non mo teña en conta nesa relación de aldraxes que parece haber no meu haber; só llo digo para axudalo nas súas marabillosas clases de galego, con toda a humildade.
De tódolos xeitos, pode correxirme ás veces que o desexe. Non me parecerá mal.
Creo que esa mensaxe tampouco era para vostede. Ía dirixida a outra persona (creo eu) a quen había que falarlle moi "transparente". ... (ver texto completo)
Un dos tambores da nosa banda estudia na Universidade de Vigo. É un deses lobicáns que hai por aquí (Padornelo + Lubián).
Aí atrás viña pasmado, porque un compañeiro galego non coñecía a palabra CHAIRA, que o noso veciño empregou na conversa que tiñan entre eles.
--Pois non digas "chaira", carallo, dí "llanura" para que che entenda--dixolle o outro.
Esta vez eu quedo abraiado. LLANURA é unha palabra que non recolle ningún diccionario galego. Qué galego falará aquel rapaz de Galicia?
CHAIRA: 1.- ... (ver texto completo)
Sr. Inda cho sei, no dira que no suena a "Chino" bueno bromas a parte. Yo siempre que pueda contestare a cualquier forero. Que ocurre en este foro y en muchos, que la gran mayoria somos gente de la calle normales y corrientes. Cuando entran foreros como usted, la gente se acobarda, otro defecto y le doy razón siempre somos los mismos. Que ocurre que hay algun forero que quiere estar a bien con todo el mundo y eso no es posible, simplemente por ser de carne y hueso. Yo no, me expreso con el corazón ... (ver texto completo)
Asegúrolle que eu a vostede non teño nada que reprocharlle. Se algunha vez lle repliquei a alguén con algunha cuestión de ortografía, foi porque o pedía a berros. Eu só "reprendín" a quen me "reprendía". A ninguén máis.
Falas ahí do Larapio, alen onde eu naci había muntos por aquila epoca, coma montos, tiñas que ter coidado pra non pisar nels, ahora en serio eu creo que oxe a más.
Ahora que podes esperar dos da Gudiña. Que como dice ô conto cada cuatro a unha sardiña.
Unha aperta.
Busquei LARAPIO no Estravís, pero non aparece. Estou cada vez máis seguro de que Estravís utilizou o vocabulario de Lubián que ven no libro de Cortés y Vázquez "El dialecto galaico-portugués hablado en Lubián.
Vou decir unha cousa, e fágoo con moita prevención, coñecendo o percal. Ninguén ten a obriga de me ler.

Teño unha gaitiña moi bonita. Estou prendado dela. Hoxe van tocarma na Vilavella. Tocádema ben, con xeitiño, non vaiades a ma estragar, que somentes teño unha. Pasádeo ben.
GARAPIO.
Un nativo de Lubián traballaba hai xa moito tempo na Gudiña. E alí, nunha conversa, saiulle a palabra GARAPIO.
Como el non era galego, e os interlocutores si, de contado viñeron a preguntarlle qué carallo era un garapio, que os de Lubián, cando falamos galego, empregamos verbas que non son galegas.
El explicoulles o que é un garapio, e entón dixeron a coro:
--Ah! O guincho do esterco!
Este veciño decía un día que case non pagaba a pena falar o noso galego en Galicia, porque había quen ... (ver texto completo)
A tía María do Marcial morreu hai uns catro anos con perto dun século de vida ás costas. En 1.979 era traballadora do concello de Lubián, e seguiuno sendo ata o seu retiro, polo que conviviu algún tempo conmigo na casa de todos. Limpaba as escolas e as dependencias municipais. Daquela era D. Marcial o noso secretario, gran amigo de Cádavos, irmán de D. Sergio.
Con isto quero expresar o meu respecto pola Tía María, con quen me sentaba a falar moitas tardes no escano da porta da súa filla Nieves, ... (ver texto completo)
Inda que Pepi me vexa vestido, estou completamente nu.
(Perdoe o de Pepi. Eu tamén podo trabucarme de letra algunhas veces, pero non son indio. Seu tío ven de decir algo dunha tenda de todo a cen)
Téñoo dito varias veces. Unha cousa é a Vilavella, outra este foro, e outra moi distinta un círculo moi reducido de foreiros.
¿Violencia a miña? Non gastarei un segundo en demostrar o meu pacífico proceder.
Só quero referirme a que O Candil, amiga e veciña nas súas vacacións, xa foi mal interpretada, como me ten pasado a min. Un escribe unha cousa coa millor intención, sen vontade de ofender, e logo ten que pasmarse da interpretación de dúas ou tres personas, sempre as mesmas. O resto do foro ... (ver texto completo)
Eu non son Ben Cho Sei. Evidente: Inda estou eiquí.
BEN-CHO-SHEY, que así o escribía el daquela, cando a nosa lingua carecía de normativa, chamábase José Ramón Fernández-Oxea. Naceu en 1.896 en Ourense. Traballou de mestre primeiro, e de inspector despois, e vivíu 92 anos, ata 1.988, ano no que morreu en Madrid.
Foi membro correspondente da Real Academia de Historia. Tamén foi castigado polos fascistas por ser dirixente galeguista, sendo desterrado a Cáceres, cando a guerra incivil.
Sendo inspector ... (ver texto completo)
Felipe, entiendo tu indignación, a mí tampoco me gustaría ver mi fotografía publicada en un foro sin mi consentimiento, pero no te hagas mala sangre, no merece la pena; para dos días que vivimos, vamos a disfrutarlos. Tu honorabilidad está plenamente demostrada en todos los ámbitos en los que llevas tantos años y tan generosamente colaborando, por lo que no tienes que demostrar nada más. Por si alguien empieza con suspicacias, vaya por delante que no soy de tu partido, pero eso no quita para que ... (ver texto completo)
Graciñas, O Candil.
Non lle dou importancia a aparición da miña imaxe. Levo moito tempo con cargos públicos diversos, e xa estou afeito. Teño visto vídeos de intervencións nas Cortes, noticias de prensa..., e ata un retrato coa palabra TRAIDOR na fronte, autoría de NNGG de Salamanca polo asunto los "legajos" do arquivo histórico.
O que me parece impropio é o feito en si de atreverse a botar man dunha foto propiedade do Concello, así polas boas. Non é xeito.
¿Írseme das mans? Pode pasarnos a calquera. ... (ver texto completo)
Lo diré con toda la amabilidad posible: La fotografía del alcalde de Lubián en este foro contraviene todas las normas del foro, y otras muchas.
Conozco el nombre y los numerosos apellidos del infractor de las normas, sus domicilios en dos localidades y hasta su teléfono.
Lo que no conocía es su atrevimiento, impropio de quien cree ser.
La cuestión podría tener consecuencias, si bien nunca he sido partidario de emprender determinadas acciones.
Está usted muy confundido conmigo. Sólo dos personas, ... (ver texto completo)
Piño, a seguir lendo a Rosalía. Ler, é vivir máis veces e máis vidas que unha.
Pero nada de morrer. Inda nos quedan moitas primaveras!
Creo non coñecer ao finado. Pero todos sentimos tristura polo pasamento dun veciño.
Endexamáis me sentín aldraxado por ti. ¿Que este nome te sonou a chinés? Pásalle a máis xente. Está feito adrede. Casi copiado deliberadamente dun escritor ourensán de cando a guerra, porque gusto coma el de xogar e disfrutar coa nosa lingua vernácula.
Indo hai anos no metro cun amigo catalán en Barcelona, el, moi catalanista, disfrutaba co letreiro da xaneliña:
-- "Es perillós abocarse". ¡Qué bonito es el catalán, y qué distinto del castellano. No como el gallego, que casi es castellano. En gallego ... (ver texto completo)
"Qué me importa
se quedo eu soio coa miña muller
e a miña casa
na catedral dos cortellos e das touzas de carballos
eiquí estou quentiño
lonxe das vilas sarcófagas
e antropófagos
lonxe das aglomeracións escarranchadas e vidrosas
lonxe dos aproveitóns
dos renegados ... (ver texto completo)
Eu seguirei participando neste foro con toda a paciencia. E fareino con contos, tradicionais ou arranxados.
Non faltei a ninguén. Tampouco son a Pita Moñuda, como afirman algúns de xeito gratuito.
Fun insultado por unha tropa de galopíns, non pola Vilavella como pobo, nin polo seu foro.
Non respondín a tales insultos ben pouco imaxinativos, por certo. Hai que enriquecer ese catálogo, señores, a poder ser coa suavidade da nosa lingua. Por exemplo, collendo a letra L dos meus apelidos: lapabroas, ... (ver texto completo)
Cada foreiro aporta o que quere e pode. Cada quen ten o seu xeito. Hainos que participan dunha maneira, e outros doutra.
Hai un personaxe no extranxeiro que non aporta absolutamente nada.
Eu non leo todo o que se escribe. Hai conversacións privadas que me nego a ler por pudor. Pero están no seu dereito.
Hai quen vai de sobrado, pero non comprende nada.
PALINDROMIA non existe, non é un vocablo admitido pola Real Academia da Lingua.
PALÍNDROMO é unha palabra ou frase que se pode ler igual de esquerda á dereita, que de dereita á esquerda: "dábale arroz a la zorra el abad".
Basándose nesta ténica, teño visto eiquí alguha mensaxe bromista en clave de palíndromo, aínda que non se lea igual do dereito que do revés.
É que hai xente que disfruta xogando coas letras. É un divertimento que a ninguén lle fai dano.
¿Pode a técnica do palíndromo ser un xermen de discordia?
Volvendo a vista atrás, eu teño aportado moi pouco. Pero a primeira vez que entrei eiquí, non había galego (iso que algúns chaman gringo), e xa montei unha discordia co bo de Peteretiño, con quen penso botar unha pinta cando haxa ocasión.
Hoxe botan man do galego moitos foreiros sen ningún tipo de complexos, sen despreciar para nada a outra lingua tan nosa como de tódolos españois.
E logo, fóra deste curruncho do foro, tamén aporto algunha outra cousiña á Vilavella que nunca poderán aportar os insultos vergoñentos baleiros de imaxinación. Pequenas cousiñas de bós veciños. ... (ver texto completo)
Felicidade nestas festas, Ballesteros, e tamén en cada intre da túa vida e a dos teus.
Unha aperta.
Llevo muchos años fuera de Galicia y me es muy difícil, entender algunas palabras en su escrito, pero de todas formas, no es el escrito como tal, tan sólo es el fondo, con sus expresiones y mala uva, con que ha entrado en este foro, insultando a todos los de Villavieja.
Muy agradecido por tu ofrecimiento y lo que si le agradezco es, que en lo sucesivo, antes de escribir e insultar, piense las consecuencias.
Boas festas
Saludos
Jamás he insultado a nadie.
La técnica de insultar para darse luego por insultado la he vivido durante veinte años de portavoz en una Diputación y en un parlamento autonómico. Es muy propia de determinado partido, que no es el mío.
Usted entiende muy bien su lengua gallega, pero cuando escribe como "casa" la desprecia, y cuando escribe como "engazo" dice que no la entiende. Espero que como "persona" sea usted menos confuso.
Felicidad no sólo en Navidad, sino en cada instante de la vida.
Mire, bon home, creo que de poesía seille eu bastante máis. Non porque me considere máis que vostede, pero un mestre sempre terá relación coa literatura.
Unha cousa é a lírica do Século de Ouro, e outra moi distinta a poesía actual Eu poderia facerlle un soneto nun pis pas, un romance, un madrigal, unha "endecha". Pero a poesía deste intre vai por outros derroteiros. A rima e a métrica son libres. O fundamento está no ritmo.

Insultaba trabucado un engazo
desta lingua galega falador
a un alcalde que non lle da valor
ás nomeadas espetadas cun mazo.

Pero non é o meu estilo. Tampouco son poeta. Somentes son un mestre con trinta e sete anos de servicio, moi respectado polos alumnos, pais e máis, polos compañeiros e autoridades educativas, e moi respectuoso con toda a xente que trata. Non podería ser doutro xeito.
Utilizando a técnica chamada "palíndromo" --que algunha vez vexo que ten utilizado Ballesteros, dígolle o menu nome: Naibul Epilef.
Agora direille outra cousa: Efectivamente creei un día o personaxe da Pita Moñuda para dinamizar o foro de Lubián. Ese nome era o mote que lle tiñamos de cativos á filla dun garda civil, eiquí na escola do pobo. Esa rapaza era unha rapaza moi doadiña, que lle ensinou a "gracia de Dios" a moitos rapaces un pouco maiores ca min. Daquela xa pasaron cincuenta anos.
Pero xa me pasou dúas veces unha cousa. Eu son un analfabeto da informática, pero créame que hai xente que fai cos ordenadores cousas do demo. Hai un par de anos roubáronme o personaxe "Clementina de Murcia", que fora creado para uns determinados asuntos de Padornelo. E este verán pasoume o mesmo con Pita Moñuda. Outras mans, outro pensamento, outra clave... O novo personaxe a min paréceme máis intelixente, atrevido e gracioso do que controlaba eu.
Así como non quero entrarlle a vostede aos precipitados insultos, porque non debo, á Pita lévolle a corriente, porque é millor, e porque vexo que ten que tratarse dun amigo ou amiga que se anda a burlar de min.
Precisamente vostede trabúcase nun detalle. Un engazo non se cambia de calzoncillos, nin ten cu para meter botellas. Logo, según o meu pausado criterio, un home como vostede e coma min non debe ofenderse por unha broma, por inadecuada que pareza, porque vostede non é un engazo. Por outra banda, debemos entender que a intención do que escribe non parece concordar nestes casos coas interpretación dalgúns lectores, sobre todo se non se lee con calma.
Se fose eu o responsable e poidera arranxalo, estaría disposto incluso a unha palinodia, pola concordia que debe haber entre todos.

Inda que non lle guste este tipo de poesía, aí vai esta de 1.969:

"É certo
que todo se pon de acordo
que todo se consume
na calma serena dos laberintos da morte"

Cando se poñen comiñas, é que se trata dunha cita doutra persona. Neste caso trátase do poeta Paol Keineg. Que eu son de matemáticas, física e química, non poeta.
Permítame unha broma sin mala intención, e perdoe a prevención.
Quixera seguir con iso de:
De Santigoso o oso
de Lubián o can
de Rioconejos... (non me sai ningún animal con rima)
Unha derradeira cousiña: Hoxe viñeron a clase poucos alumnos e permitinme a afouteza de contarlles o contiño ese de devolverlle-la vida ao camello. Gustou. Espero que non lle pareza mal.
Boas festas. E se algo precisara algún día de min, a porta do meu despacho ao seu dispór. ... (ver texto completo)
Boas festas tamén para ti e tódolos teus.
No verán paramos en Monforte os da banda, antes de ir a unha preboda na Casa da Madriña, na estrada de Ourense. Vimos moitos parruliños nun precioso parque. Bonita vila.
A Vilavella é moito máis ca un pequeno recuncho endógamico amurallado neste foro. Eu non insulto a ninguén. E ninguén me tapará a boca mentras teña alento.
Perdoade pois.
Pero si para que faledes vós os dous, teño que calar eu, iso está feito.

Estamos condenados
a pasar polo mallo das nosas palabras
e pola aventadora salucante dos nosos cantos
o ruido das vosas respiracións asubiantes
e o vacío mol dos vosos alentos calmantes.
Cada dia estaste a degradar mais, xa poño en duda que teñas a educaión, que segun me dixeron tes.

Ballesteros, estou de acordo, a Pita Moñuda, e algo ficticio, coma si fora una alegoría, pero o que tira dos fios da pita, como si fose una marioneta, e o dono da pita, que sigue a ser un porco noxento. Pódense decir argalladas, pero con un pouco de inxenio ou desimuladamente en xeral, nunca pondo a ninguén en primeria persoa, como fai él, e moito menos, espetalas na primeira ringleira.
Ya me mando ... (ver texto completo)
Veño tendo mil caras. Ou somentes tres?
A Pita Moñuda, excelente. Sobre todo na Vilavella, sexa quen sexa. Exquisita, ben falada, tal vez retórica para o meu gusto. Parabéns para este personaxe, sexa home ou muller, ou ningunha das dúas cousas. A mil anos luz dos seus detractores, enzaramallados nunha escrita que non parece ser precisamente o seu.
Ben Cho Shey! Xa quixera eu estar á súa altura! Pero non.
A Bubela da Casa da María do Marcial tamén son eu, coma Ben Cho Sei, e como A Pita. Este personaxe, ... (ver texto completo)
O outro día entrou Don Mariano Rajoy nunha sucursal dun banco en Madrid, coa intención de facer un reintegro para convidar aos amigos que ten neste foro.
O empleado pediulle o DNI, pero Don Mariano esquecérao na rúa Génova.
--Pero si todo el mundo me conoce, hombre. Pregúntele a cualquiera a ver quién soy, verá como todos le dicen que soy Mariano Rajoy. Si acabo de ganar las elecciones...
--Si ya lo sé. Yo también lo conozco. Pero las reglas son las reglas.
-- ¿Y no puede usted hacer una excepción?
--Hombre... ... (ver texto completo)
Gracias, amigo do Engazo. Benvindo a este foro.
Simplemente penoso.
Creo que te contestas ti soliño.