Mensajes de A VILAVELLA (Orense) enviados por INDA CHO SEI:
Si al azadón se refiere el señor Inda, nunca mejor dicho para hacer honor al nombre, pues con ésa herramienta muchos Torgos arranque de joven. Entonces lo que el mecionado Inda le desea al señor/a es que ejerciera su profesión, ya que es un lince en esa materia.
Espero y deseo que no se enfade el señor o señora Azadón.
Así mesmo é, apreciado Xé.
Sendo mozo, decidimos ir arrancar un carro de torgos a unha arroxa o enfermeiro do pobo e mais eu. Na miña casa había un aixadón deses, e para o practicante arranxei o dun veciño.
Cando nos cravamos na arroxa, por cada torgo que arrancaba aquel mozo de Marín, arrancaba eu unha ducia deles. Eu aproveitaba a configuración da torgueira para meterlle o aixadón polo sitio máis a xeito, e o torgo saía case sen esforzo.
El cravaba o aixadón, e quedáballe trabado, sen xeito ... (ver texto completo)
Pero Varela... nun das una, despues de lo bien que lo pasamus en el hotel en Xixón cuando me mandasti culgar aquel trabuco de latex artificial, que bien sabes tú que yo natural nun lo teño porque soy muyer, y todo lo que me pedisti... y ahora pareces el espiritu santu MV., Choupito, O Cura Rodolofo.
Respectu a tú fotu de hace tiempu fuiste tu el que te declaraste en primer lugar que me conocias y que habias sido mi noviu, pero para min eras y eres muy feu Varela.
Un saludin desde Turón
Os Estourabostas era o grupo mais famoso da epoca, por sanabra é as Frieiras, o do pelo longo sabia solfeo.
Sabía solfeo, si; pero as fusas e as semifusas enfaramallábanselle entre os cinco gallos do pentagrama da espalladoira ao apalleirar os prados.
tango un hambre que no veo
Lindo título para un tango, sí.
Pois come, carallo!
Unha nena tiña unha mazá en cada man. Entrou súa nai, e con voz doce e un sorriso, díxolle:
"Nena: podes darlle unha desas dúas mázás a túa nai?"
A pequena levanta os seus ollos para súa nai ao longo duns segundos, e despois morde unha mazá primeiro e logo a outra.
A nai perde o sorriso, mostrando a súa decepción, cando a nena vai e dálle unha das súas mazás mordidas, cun sorriso de anxo, ao mesmo tempo que lle dice:
"Toma, ésta é a máis doce."
Pouco importa quen tí sexas, os coñecimentos que teñas, sexas sabio ou sexas parvo... Retrasa sempre o teu xulgamento. Dálle aos outros o dereito de explicarse; aínda que o acto pareza errado, o motivo ben poidera ser bo.
D. Inda, parece mentira que usted como caredrático y estudioso de las costumbres del rural no recuerde que las airas se hacian con escrementos de vaca y no con los de gente, y mucho menos aprobechar los de gastroenteritis en un andén de estación.
Tamén valían as deposicións dos bois, que eran os novelos capados.
--Ai Manuel, meu deus, cómo é que levas a cachola vendada?
--Foi pola moto. Ía eu a toda velocidade...
--E caíches!
--Non, ho. Non caín. Lembras que na revolta hai un muro de cemento no que pon TRASPÁSASE?
--Lembro.
--Pois non é certo. Non se traspasa!
Sr. Romerales no le voy a reprochar nada, pues las verdades no se contradicen... ha sido cierto, pero ya hace unas décadas, lo que sabrán a dia de hoy disculparme es lo corto que estaba de oido, y lo sucio que quedó el andén.
Un saludo.
Daquela as bostas aproveitábanse para facer as airas.
A Pita Moñuda foi peitearse en Verín. E fala que che fala, falou así a cabeleireira:
--O meu marido xa é impotente ao 100%.
--Eso no es nada --contestou a Moñuda--. Mi Telesforo es impotente al 200%.
--Mais iso é imposible... Cómo é que pode ser?
--Es que mordió la lengua esta mañana, y tuvieron que darle siete puntos de sutura.
Que lastima que no venga el mencionado para que les eseñara a ser más respetuoso con los símbolos religiosos y con quien hizo tanto por España.
Noutro tempo o seu autorretrato daría medo. Hoxe dá pena e moita risa. Coitadiño!
Un ricachón daba unha festa na súa mansión.
Ao cabo dun rato el reparou que un mozo convidado lle lembraba moito a alguén...
Despois de moito cavilar, pasou un dos seus fillos preto do convidado, e o home percebeu que os dous eran moi parecidos.
Pensando que non era posible tanta semellanza sen que houbese un lazo de sangue, aproximándose, faloulle así ao convidado:
--Dígame unha cousa. Súa nai foi hai xa moito tempo empregada nesta casa, non sí?
--Non señor --contestoulle o rapaz--. Quen traballou ... (ver texto completo)
Cando Franco morreu, chegou á recepción do inferno, e preguntoulle o demo:
--Boa noite. Cómo é que se chama vostede?
--Fran Franco, caballerete!
O demo olla con atención o libro dos informes e dos ingresos ao longo duns minutos...
--Disculpe, señor, mais eiquí non aparece ningún Fran Franco. Temos, sí, con letras ben gordas a un tal FRANCISCO FRANCO. Pero Fran Franco non hai.
--Está ben... --dixo don Francisco, revirando o sorriso-- É que o cisco deixeino aló arriba, na España grande e libre.
Chamarlle fanático ao noso amigo Romerales ven sendo o mesmo que dicirlle carnívoro a un cordeiriño.
FANÁTICO: "Partidario exaltado e intolerante dunha relixión, unha doutrina ou un partido."
Iso é o que dice o diccionario. Daquela se hai un fanático neste foro, ven chamándose Joseba. Fanático pola relixión, pola doutrina e pola política. Tres veces fanático.
Mentres tanto o señor Romerales seguirá a contribuir na restauración de templos e altares, como ven facendo desde que aterrizou nesta contorna.
Qué triste é amar sen ser amado.
Pero máis triste é estar a dieta
e ter de comer carneiro asado!
Aprezado Inda, da quela a fouce nahún facía falta afilala munto costaba bein era nova, munto nova que fuece más nova, más e verdade que a Pita puña os hovos en Salamaca, más o día da discoteta mencionado fuimos na miña mota é quel día os hovos pusenos eu me recordo como que fixen onte, yo amigo Tilisforo que logo se casou con ela por ser militare aquela noute Menosmale que se reunió con la catante pois la Pita istaba por min.
Qué coincidencias. Así que esa foi aquela escapada da vespa! Creo que foron dormir ao Hotel Universo nun cuarto de dúas camas que xuntaron nunha soa; e cando estaban no millor, abríronse, e alá foi o Zé por entre os dous leitos a dar coas costas contra as táboas, quedando a Pita cun xeonllo en cada cama!
Este mundo é un pano.
Aprezado Inda, parece mentira que nahùn se lembre de min isa noute pasamolo bein a miña Pita Muñuda más eu, totale que tempos aquiles, me recordo como que fixen onte,é verdade que a cantan dixo que na sua coisa mandaba ela, más el sinor Tilisforo nahún se quedou atrás pegou un grito y dixo assín, tú mandarás no teo fandango, pero no meu carallo mando eu, claro eue quero entender al sinor Tilisforo, e posible que nahùn istiber munto contento porque xa entoces gostaba da nosa pita más de aquela estaba ... (ver texto completo)
Paréceme que o Zé das Carvalhas, daquela, máis ben andaría aguzando a fouce alá por Vilarinho das Touzas ou Tuizelo, onde o centeo xa estaría cumprido polo San Xoan. E a nosa Moñuda, polo Patio de Las Escuelas, alá en Salamanca.
O asunto aquel da palleira de Lubián xa acontecera catro ou cinco anos antes...
Mi estancia en la ciudad de Pontevedra en aquellos días (y noches) de 1.973 pertenece al más estricto secreto profesional.
El caso es que entré con unos caballeros del botón de ancla en una cafetería que se llamaba "Daniel", en el mismo centro de la ciudad. Y un cuarto de hora después bajamos al sótano, donde había una discoteca, reservada aquella noche para el personal que estaba rodando la película "Caballeros del botón de ancla". Marisa Medina estaba entrada en carnes. Pero Maribel Martín me ... (ver texto completo)
Miúda a miña sorpresa, amigo Telesforo. Claro que daquela inda non nos coñecíamos... Pero eu tamén estaba esa noite na Daniel Boom.
Andaba de parranda cos compañeiros do Coléxio Atlántico despois da cea de fin de curso, e alá fomos parar. Iso quere dicir que a discoteca non estaba reservada para ninguén, xa que os profesores do colexio entramos sen invitación.
A cantante da que vostede fala entrou con nós. Foi a que nos levou alí.
Resulta que a moza vivía na Seca, perto do noso colexio, onde ... (ver texto completo)
Cando eu nacín
deus preguntoume
se quería ser bonito
ou
ter boa memoria.
Recordo iso como se fose onte, e teño para 60 anos!
--Podo non ser rico, nin ter apartamento de luxo, carro deportivo, chalet na praia ou empresas, coma o meu amigo Telesforo..., pero eu ámote, estou tolo por tí!
Ela miroume as miñas bágoas nos ollos..., e como se fose o derradeiro día da súa vida, deume unha forte aperta, achegou os seus beizos ao meu ouvido, e díxome susurrando:
--Se tanto me amas, preséntame ao Telesforo.
Como amigos.
Home vai...
Pois se comes amigos, conmigo non contes! Cando acabes con Telesforo, vaite polo Vintecinco.
Agora que van chegando as anduriñas, apareceu tamén polas Carvalhas o Zé, despois de dous anos peregrinando co Padre por Pernambuco.
Din os seus veciños da Moimenta que cando abrazou á súa ex-muller unha vez de volta, fíxolle esta confesión:
--Ai Pitiña, eu sigo a quererte moito, e botaba de menos estar contigo. Alí había mulleres moi bonitas, pero cando chegaba a hora H pensaba en tí e baixaba de encima delas...
E a Moñuda contestoulle:
--Eu tamén aínda te quero moito a tí, pero has de entender dunha vez que é máis doado saír de encima que de debaixo! ... (ver texto completo)
Encontreime a outra tarde con Carballo. Xa ía tempo que non o vía.
Inda que é de esquerdas, máis ca min, o amigo Carballo no asunto da familia é moi tradicional e de Misa case diaria, a pesares das brincadeiras nos foros da bisbarra.
Por iso me chamou a atención o fermoso pendiente que levaba na orella dereita...
--E logo cómo é que agora levas ese perendengue na orella, a túa idade...?
--Só é un adorno, un complemento. Sabes que sempre gustei de andar ben enfeitado --contestoume o condenado.
--Pero ... (ver texto completo)
Aprezada ex, parece mentiira que sexas tú a que te queres reir de min, tú sabes porque béin eu a g nunca le puxe punto, además el padre sempre me dixo que a la j se le puña alguha vez más a g nunca, logo dices que sei escreber pobre de min sei eu como me vexo xa se me daba mal cuando o facia no ordenador que me regalou o xefe más agora desde que se estropeu co telemovil nahún dou unha a dereito muntas veces eu poño unha coisa y el pon outra, sólo sabe Deus y eu como me vexo.
Dale lembranzas miñas ... (ver texto completo)
UN BEIXO ONDE MÁIS LLE PLAZCA?
Ai, señor Vintecinco, non sei como o noso amigo Romerales é quen de aguantarlle tal atrevemento. Un bico onde máis lle guste...
Claro que ben sei eu de boa tinta ata onde chegou vostede coa aquela Pita adolescente...
Din por aí que unha tarde daqueles tempos a nai da rapaza mandounos pasar para dentro, porque na rúa facía unha viruxe de mil carallos. Quedaron os dous sos no salón, mentres a nai furgaba na cociña.
E cando máis acaramelados estaban, berrou aquela ... (ver texto completo)
No autobús da Mezquita a Verín un crego ía sentado ao lado dun home bébedo que case cichaba viño polas orellas.
Aquel home peneque lía o xornal con moitas dificultades. De súpeto virouse cara ao crego, e con lingua de trapo preguntou:
--Señor, vostede sabe o que é a artritis?
O cura pensou uns intres, e non quixo deixar pasar a oportunidade de soltarlle un sermón a ser tan descarreirado:
--Sí, home. A artritis élle unha doenza causada polas borracheiras, polas relacións con mulleres pecadoras, a promiscuidade... É coma un castigo por todo iso.
Aquel perdidiño pecador remelou daquela os ollos, e seguiu a ler, calado, no xornal.
Pero o crego quería máis sermón, e preguntoulle:
--Daquela vostede ten artritis... desde hai moitos anos?
--Eu? --contestou o bébedo-- Eu non señor. Eu non lle teño nada diso. Eu pregunteille porque pon eiquí, na Región, que o Papa padece de artritis. ... (ver texto completo)
Alá nos tempos de María Castaña, cando o Zé das Carvalhas e a Pita casaron, ela levou para a casa un baúl enorme, pedíndolle ao seu home que respectara a súa intimidade, e nunca o abrira.
O Zé fixo caso, e durante vinte anos nunca abriu aquel baúl, nin nada preguntou sobre o asunto.
Pero un día xa non puido aturar máis, e díxolle á Pita Moñuda que lle descubrira o segredo.
A ela doulle dó del, e abriu aquel raio de baúl. Dentro había vinte mil duros e catro patacas.
O das Carvalhas, asombrado, ... (ver texto completo)
Al final, se ha roto el hielo en este foro y parece que se vuelve a animar.
Amigo Manuel. Estamos preparando las maletas, para emprender el jueves el viaje a Madrid para pasar las Navidades.
Por un lado, estamos deseando ver los hijos y nietas, pero seguro que vamos a echar de menos este clima mediterráneo, donde todavía voy por la mañana con una camisa, y a esta hora, acabo de llegar a casa, llevando un simple jersey de verano.
Grazas, Camba. Alí estivemos o de Puebla, Guillermo da Gudiña e máis eu. Logo ceamos xuntos preto da praza Maior con tres peregrinos da Asociación de Amigos do Camiño de Ourense e un Hermano dos Paúles.
Falamos de cousas serias; pero tamén houbo tempo para algunhas gargalladas, que para a boa dixestión non hai coma un bo viño e unha ensalada de humor.
De esa manera se formó el dicho quien tiré la ultima piedra se quedo sin munición. Un saludo para Camba, otro para el2525 tambien para el Alcalde de Lubian y enhorabuena por su ultimo premio. Saludos para Tono y si olvido alguno disculpar
Grazas polos seus parabéns, don M. V. Supoño que o di polo recoñecimento dos peregrinos a tres alcaldes. Creo que todos os alcaldes do Camiño son merecentes desa homenaxe.
... hay que tirar unha pedra?
¡Pobriña e noble pedra!. Sempre pisada, vilipendiada, usada en cousas pras que non foi feita...
-Pra tirala oo tirapedras...
-Pra tirar a fruta do árbol...
-Pra espantar o gato...
-Pra xogar a rallola...
-Pra usala ocasionalmente como sustituta do papel hixiénico... ... (ver texto completo)
Moi bonita a súa homenaxe ás pedras. Pero mire, señor Camba, con todo o respecto e a miña admiración, eu, para unha desas utilidades prefiro a lampaza.
Aquela mañanciña saíron cedo de casa, pai e fillo á cabalo do xumento, cara á feira da Mezquita.
O meniño ía máis alegre ca unhas pascuas: era a primeira vez na súa corta vida que viaxaba fóra da aldea. Facía falta unha boa vaca na casa, que a Corala xa viña sendo vella e había que quitala.
Na feira había pulpeiras, botando fume os seus caldeiros de cobre, moita xente, carros, vacas, burros...
Foi moi doado vender a Corala, camiño do matadoiro, porque o pai ben sabía que moitos cartos xa non ... (ver texto completo)
O meu máis sentido pésame ao señor Varela polo pasamento de seu irmán.
¡Hala Madrid! Llegó la décima. Tiene que ser muy duro para los rojos resentidos, puesto que éstos decían que el MADRID sólo ganaba cuando vivía el abuelo.
Hala Madrid, Viva España Grande y Libre.
Vostede confunde o cu coas témporas e o allo co bugallo. Seguramente é un deses traballadores pobres e honrados aos que os miolos non lle dan para máis.
Eu son un deses "roxos", inda que non resabiado, e o futbol impórtame un carallo. Tanto me ten que gañe un, coma outro. Pode vostede chamarme roxo ou vermello cantas veces lle pete. Non é ningunha nomeada, e menos vindo de onde ven o ar.
Boa tarde.
Claro que es dificil que nos enfademos. Tenemos mucha cuerda y mucho mundo para dejarlos intimidar por un par de cules tristes. La verdad es que me dan pena verles perder todo. Bueno jugaran la copa contra el Granollers de tercera.
Amigo 2525 y amigo yo soy aquel que resuenen las Gaitas na vilavella que o Madrid es campeón da copa do Rey.
Iba a decir que fuesemos a tomar un Vermut pero fodase o gaxo que nos dan vinagre. Buenas noches amigos, estoy muy contento porque la vida me sonrie una vez ... (ver texto completo)
Claro que o señor YO SOY AQUEL é gay. Toda a súa vida o ben sendo: GAYTEIRO!
O Frieirés (e que me perdoen todos os frieireses das Frieiras) é un cara de carallo, que non fai outra cousa que esgaravellar na horta despois de sementadas as patacas.
E falando de patacas, decíalle un cativo a seu pai, en Lubián, sesenta anos atrás:
--Papá, eu quero patacas fritidas! Cando nos fará a mamá patacas fritidas?
E contestáballe o pai que, por certo, chamábase Xe coma o Ze:
--Ai, Fillo... Nós, na casa, comeremos patacas fritidas cando o carballo da Agrela dea olivas...
Sr. Dn. INDACHOSEI muy agradecido por la invitación, tomo nota y me hago la ilusión de presentarme. Cantare con mi conjunto de Gallos y Gallinas, mi grupo se llama, Os Galos Cantores. No somos muy caros, en otro pueblo de la Provincia dimos un concierto y solo cobramos medio millón de Euros, esto para usted como Alcalde es nada. Bueno ya me dira y lo discutimos....
Está ben. Sendo ese o seu caché, deixarémolo para outro ano, e traeremos a Carlos Núñez de teloneiro.
Así temos máis tempo para as negociacións.
Que o manancial do humor non seque nunca.
Sr Portugues: Gracias por sus palabras, no merezco tanto elogio, pero viniendo de usted estoy muy satisfecho. Mañana por la mañana al amanecer, mis primeros canticos serán para usted y más adelante dare un concierto en Lubian queda usted invitado. Asistiran autoridades con moño y barba. Y a muchos se les vera la pluma.
Serán benvidos todos os foreiros ao noso concerto.
O día 6 de agosto, a partires das 22:30 horas, dará comezo en Lubián o X Festival Folk & Rock nas Portelas.
Este ano xa están contratados Xosé Manuel Budiño, Mayalde e Os Vacalouras.
Se vostede quixera cantar, podemos aproveitar a equipa de son para un cantante máis. Moitas grazas pola súa disponibilidade. Estaremos en contacto para as condicións, caché, e calquera outra cousa que fose menester.
O ano pasado mordeume o sapo, e este ano inchoume o papo.
Ca, home, ca. Esa información está preñada e, tal como se dá, non pode ser sometida a ningunha comparación con outros países.
Non todo o que se encontra escrito por aí é certo. E logo está o criterio utilizado para definir o concepto de "político". Unha cousa son os políticos, e outra moi diferente os "asesores" que contratan determinados políticos, que tal vez precisan tanto asesoramento por falta de conocimentos.
Pero falareille do que máis coñezo para demostrarlle algúns erros nese disparatado ... (ver texto completo)
Aprezado Camba, efectivamente el mango del aixadón assín era, teño unha anécdota que contar que abon seguro que voçe me entende, istando eu a rincar os torgos, totale que creia eu que tiña munta forza, le metí el hombro, a coisa que partió el mango y marché de narices totale que sangraba como un porco na matanza, logo me lave en unha fonte que había, que por certo logo ía o rio Cabanelas, menuda tarde perdida, claro o patrahón foi munto complaciente con migo, me dixo nahún te preocupes Zé, que sería ... (ver texto completo)
Ai, o aixadón dos torgos e o seu mango!
Hei de decir que na casa de meus pais nunca fixen ese traballo de arrancar torgos. Desde os 11 anos para adiante marchei a estudiar, logo a mili e despois o meu propio traballo e o casamento... No tempo de arrancar os torgos eu non estaba en casa.
Nembargantes estando xa de mestre no meu pobo, quixo un día o enfemeiro, que era de Marín, ir arrancar uns carretillos deles. Así que collín dous aixadóns en casa de meu pai, e alá fomos á unha arroxa á beira da ... (ver texto completo)
Don José era o crego daquel pobo. Un bendito de Deus, inocente, coma se todo o ano fose vinteoito de decembro.
Pero unha tarde ao querer empardecer, cruzouse na rúa co menciñeiro --que non pisaba na igrexa-- e, ao darse as boas tardes, o médico botoulle unha man polo ombro e faloulle deste xeito:
--Mire, Don José. Nin eu paso pola igrexa, nin vostede pisa na miña consulta. Pero ese bandullo tan abultado que nunca lle vira deica hoxe non me ten moi boa pinta. Veña mañá pola mañá, que lle botamos ... (ver texto completo)
Bo Nadal aos amigos, amigas, compañeiros e compañeiras de fatigas, inimigos se os houbera, e toda a parroquia en xeral. Amigo YO SOY AQUEL, coma sempre, a miña gaita ao seu dispor.
Andan contando por aí que, hai xa uns trinta anos, un veciño meu recibiu a visita dun amigo de Castrelos, xa polo luscofusco, que ía de camiño a pé para súa casa.
O veciño convidouno a cear, pero dixo a muller:
--Eu só fixen cea para dous.
--Onde comen dous, comen tres --sentenciou o patrón.
E así foi. Repartiron as dúas cuncas de caldo requentado en tres, cunha cacetada máis de augua quente, unha codia de centeo, e cea feita.
Ao acabaren de cear, o de Castrelos quería porse en camiño, pero ... (ver texto completo)
Un día en el ejército, el general le dice al sargento Romerales
Mañana en la mañana en la instrucción formal les van a enseñar la historia de América, a lo que el sargento Romerales le responde:
¡Entendido mi general!
Así pues, los reclutas todos formados en el patio recibían las instrucciones del sargento, y en eso él les dice:
Isto faime lembrar os meus tempos de mestre en activo, porque eu mesmo contei aos alumnos este conto varias veces, inda que deste outro xeito:
Chegou un día o inspector á escola dun pobo moi lonxe. Lonxe de todo o mundo.
Despois de botar unha ollada pola pioca daquela miserable aula rural, andou a preguntar unha cousa a un rapaz, outra cousa a outro... e todos ían respondendo de xeito axustado, ata que chegou onde un rapaz espigado e moi ben parecido e mantido:
--Dígame usted, buen mozo: ¿Quién escribió El Quijote?
--Eu non! --respondeu coma un lóstrego o ben peiteado.
O inspector volveuse cara ó mestre:
--Oiga, señor maestro, mire lo que contesta este alumno. Creo que dice que él no escribió el Quijote.
--Pues si él dice que no ha sido --certificou o mestre--, es que no ha sido. El chico es de muy buena familia, y en esa familia no se miente jamás.
O inspector daquela santigöuse, e botouse pola porta a fóra rosmando:
--Ay, Lope de Vega, Lope de Vega..., que abandonado te tienen en esta escuela... ... (ver texto completo)
Aprezado Telesforo: Nahún dudo da soa buena fé, más meu nahún debe de ser y le falo con coñecimiento de causa,é decer o sinor como un gran istratega militare en el campo de maniobras lo entenderá facilmente, pois nos sempre que actuabamos eu usaba chubasqueiro do pito y al xegar el mometo de rendizahún atacaba por la retaguardia. Fodase co gaxo.
Amigo Vintecinco: Non esqueza vostede que os chuvasqueiros nunca se levaron ben coas fouces. Nin coas pallas, pallotos, palleiras, cornellós, coaños, espigallas, triganas e lericas.
Vostede máis ben se preservaría daquela, embutindo os atributos nun cabazo, coma se de unha pedra de afiar se tratase.
Unha aperta de buxo.
Che Inda te habras dado cuenta que bien falo O Galego, mi abuelo era Gallego y mis padres tambien, poco a poco he ido chamullando un poco ¡no es cierto! referente al afeitado, sigue teniendo esa inmensa barba, le queda bien linda.
Que por cierto no disimule, a que quiere invitarme a su huerto, dicho de una manera romantica. Un beso pillin
Acertas, miña Raíña, cando desexas aprender a lingua dos pais e máis do avó. Non esquezas que o galego foi o manancial do portugués, e que a lusofonía alcanza máis de douscentos millóns de falantes.
Polo que se refire ás miñas barbas, non as teño por lindeza. Sempre fun un pouco lacazán, e non as afeito por preguiza. Tamén é certo que, grazas a esta tacha miña, levo aforrados moitos cartos ao longo da vida en coitelas de afeitar. Se lle engadimos o que teño aforrado en tabaco, podería montarche un andar na rúa do Poleiro, androxénica criatura.
Claro que quero convidarche á miña horta. Leva catro anos en lameiro e ben que lle viña xa unha cavadela. Cal é a túa talla de mango para irmos amañando a aixada?
Que Deus che conserve esa pizca de humor moitos anos. ... (ver texto completo)
Y si es España es la mejor, que vamos hacer los Argentinos, esperar otra oportunidad. Otra cosa SR. Indachosei que tiene que ver el deporte con el patriotismo. Otra cosa los comentarios son libres en Democracia. Que ocurre en Lubian solo hablan los de Izquierdas. Que tenga una buena siesta, falta le hace.
Un abrazo.
Grazas pola boa sesta que me desexa, anxelical señora, pero eu non gosto de dormir polo día. E polas noites, cun ollo aberto, non sexa que o mago Montoro faga desaparecer os concellos pequenos, deixando aos veciños sen montes e os servizos no quinto carallo.
Xa vexo que España tamén lle gañou á Arxentina. É un xogo. Pero o deporte e o patriotismo, cando se trata da Selección, van ben collidos da man.
Alí, no meu pobo, falan todos: os das dereitas, os das esquerdas, e os medio pensionistas. Ata ... (ver texto completo)
Ya tenemos otra final (Jokey Patines) no hay deporte que se nos resista.
ESPAÑA: 7 CHILE: 0
La medalla de plata ya esta en el bolsillo, ahora a por el oro.
Home, Varela, e non che da un aquel facer este comentario, tanto como amas esa outra patria túa?
Sinora Pepeita: Penso que téin munta razahún no que di, más el Zé poquito a pouquito cada día istá a aprender mellor el castexano.
Sí, ho, sí. El castejano de poniente!
Comecei a miña xornada de pesca alá na ponte da estrada entre A Moimenta e A Mofreita, xa como despedida desta tempada.
Non falarei das troitas, porque, como ocurre na actualidade política, sempre aparece algunha outra nova para non falarmos do esencial.
O caso foi que, nun remanso do río, alí estaba o padre José tomando o sol en porretas nunha rocha, soíño, como Dios o trouxo ao mundo, con menos pelos na testa, pero máis pola parte do desaugadoiro.
Eu ía pola outra beira do río, e fiquei coma ... (ver texto completo)
Sr INDA, sempre tiben un gran respeto po los mèstres e se o mestre e gaiteiro e alcalde e encima e boa persona, pois perdoneme o señor pero sabe que non me refiero a ningun mestre, èo tiben un mestre que si que me aparellaba pero con unha bara de salgueiro, e con todo eso non lle guardo ningun rencor, por que foi o meo mestre e me enseñou o pouco que sei, por eso e algunha cousa mais que DIOS TEÑA NA GLORIA A DON JOSE RIBERA, mestre da VILAVELLA, o outro mestre que èo me refiero non e mestre nin ... (ver texto completo)
Xa estaba todo entendido. Tamén eiquí lle chamamos aparello, e somanta, a unha malleira no xogo. E se un presume de mestre dese xogo, leña nel.
O que pasa é que nos gusta xogar coas palabras, decindo algunha andrómena e pensando que non molestamos a ninguén.
Ai, aquelas varas que algún mestre mandaba cortar, para logo estrenalas no que as trouxera. De salgueiro? As de abelaira tamén eran boas, inda que para os burros, as mellores eran as de acevreiro.
Ben me lembro das zorregadas que algún vello lle daba ao seu xumento cunha boa vara de acevro, para sanalo de non sei qué carallo de doenza.
Daquela non facían falta veterinarios. A rela, a pieira,... xa tiñan remedios herdados de pais a fillos. parece que ás veces chegaba cunha sinxela plegaria, ou co responso.
Lémbrome do fútbol na Tuíza, na Vilavella por riba da gasolineira, e da boa harmonía que sempre houbo entre as mocedades dos nosos pobos. ... (ver texto completo)
Carallo, amigo YO SOY AQUEL, no meu pobo aparellábamos aos burros, que cabalos non había. Mais aparellar ao mestre..., déixame o coiro de pita, polo que me toca.
Xa sei que non queres decir que lle pondes os arreos, porque non sei que tal lle quedaría unha albarda a un mestre pequeno e regordete, coma min.