Luz fijo a 0,11115 €/kWh
        

Mensajes de A VILAVELLA (Orense) enviados por INDA CHO SEI:

Xa se ven facendo polo menos tres anos.
Non sei cantos gaiteiros hai na Vilavella, nin se as súas gaitas son como a miña. Tamén poidera habelas millores. Qué máis ten?
O caso é que un irmán de Domingo é gaiteiro, toca nos Reis, e faise acompañar por outro gaiteiro de Vilanova.
O gaiteiro de Vilanova forma parte da banda de As Portelas, na que é compañeiro meu. Nesta banda somos 24. Doce gaiteiros e 12 percusionistas. As nosas gaitas, feitas por Seivane, teñen a tonalidade SIb.
A tonalidade da ... (ver texto completo)
Disculpe Dn. Felipe, quisiera decirle que en Gallego, Castellano, es "Castelá" lo digo porque asisto aclases de "Gallego" todos los dias, unos 45 minutos. Que por cierto me lo paso bomba. Tambien es de agradecer que se esfuerce en nuestra lengua. Yo con la edad que tengo, lo que tenia que hacer, es largarme a una buena playa. Pero me gusta aprender, pero cuando yo quiero ¡me entiende!
Don Manuel: Vou felicitalo por ires á clase de galego, e que vostede disfrute. Eu tamén veño escribindo nesta lingua por gozo, porque era a lingua dos meus avós e dos meus pais, e penso que a vida non empeza cando naces, nin remata cando morres. É algo máis...
Agora vou correxilo: CASTELÁN é o masculino (castellano) e CASTELÁ é o feminino (castellana) do mesmo adxectivo.
Non mo teña en conta nesa relación de aldraxes que parece haber no meu haber; só llo digo para axudalo nas súas marabillosas clases de galego, con toda a humildade.
De tódolos xeitos, pode correxirme ás veces que o desexe. Non me parecerá mal.
Creo que esa mensaxe tampouco era para vostede. Ía dirixida a outra persona (creo eu) a quen había que falarlle moi "transparente". ... (ver texto completo)
Sr. Inda cho sei, no dira que no suena a "Chino" bueno bromas a parte. Yo siempre que pueda contestare a cualquier forero. Que ocurre en este foro y en muchos, que la gran mayoria somos gente de la calle normales y corrientes. Cuando entran foreros como usted, la gente se acobarda, otro defecto y le doy razón siempre somos los mismos. Que ocurre que hay algun forero que quiere estar a bien con todo el mundo y eso no es posible, simplemente por ser de carne y hueso. Yo no, me expreso con el corazón ... (ver texto completo)
Asegúrolle que eu a vostede non teño nada que reprocharlle. Se algunha vez lle repliquei a alguén con algunha cuestión de ortografía, foi porque o pedía a berros. Eu só "reprendín" a quen me "reprendía". A ninguén máis.
Vou decir unha cousa, e fágoo con moita prevención, coñecendo o percal. Ninguén ten a obriga de me ler.

Teño unha gaitiña moi bonita. Estou prendado dela. Hoxe van tocarma na Vilavella. Tocádema ben, con xeitiño, non vaiades a ma estragar, que somentes teño unha. Pasádeo ben.
A tía María do Marcial morreu hai uns catro anos con perto dun século de vida ás costas. En 1.979 era traballadora do concello de Lubián, e seguiuno sendo ata o seu retiro, polo que conviviu algún tempo conmigo na casa de todos. Limpaba as escolas e as dependencias municipais. Daquela era D. Marcial o noso secretario, gran amigo de Cádavos, irmán de D. Sergio.
Con isto quero expresar o meu respecto pola Tía María, con quen me sentaba a falar moitas tardes no escano da porta da súa filla Nieves, ... (ver texto completo)
Inda que Pepi me vexa vestido, estou completamente nu.
(Perdoe o de Pepi. Eu tamén podo trabucarme de letra algunhas veces, pero non son indio. Seu tío ven de decir algo dunha tenda de todo a cen)
Téñoo dito varias veces. Unha cousa é a Vilavella, outra este foro, e outra moi distinta un círculo moi reducido de foreiros.
¿Violencia a miña? Non gastarei un segundo en demostrar o meu pacífico proceder.
Só quero referirme a que O Candil, amiga e veciña nas súas vacacións, xa foi mal interpretada, como me ten pasado a min. Un escribe unha cousa coa millor intención, sen vontade de ofender, e logo ten que pasmarse da interpretación de dúas ou tres personas, sempre as mesmas. O resto do foro ... (ver texto completo)
Felipe, entiendo tu indignación, a mí tampoco me gustaría ver mi fotografía publicada en un foro sin mi consentimiento, pero no te hagas mala sangre, no merece la pena; para dos días que vivimos, vamos a disfrutarlos. Tu honorabilidad está plenamente demostrada en todos los ámbitos en los que llevas tantos años y tan generosamente colaborando, por lo que no tienes que demostrar nada más. Por si alguien empieza con suspicacias, vaya por delante que no soy de tu partido, pero eso no quita para que ... (ver texto completo)
Graciñas, O Candil.
Non lle dou importancia a aparición da miña imaxe. Levo moito tempo con cargos públicos diversos, e xa estou afeito. Teño visto vídeos de intervencións nas Cortes, noticias de prensa..., e ata un retrato coa palabra TRAIDOR na fronte, autoría de NNGG de Salamanca polo asunto los "legajos" do arquivo histórico.
O que me parece impropio é o feito en si de atreverse a botar man dunha foto propiedade do Concello, así polas boas. Non é xeito.
¿Írseme das mans? Pode pasarnos a calquera. ... (ver texto completo)
Lo diré con toda la amabilidad posible: La fotografía del alcalde de Lubián en este foro contraviene todas las normas del foro, y otras muchas.
Conozco el nombre y los numerosos apellidos del infractor de las normas, sus domicilios en dos localidades y hasta su teléfono.
Lo que no conocía es su atrevimiento, impropio de quien cree ser.
La cuestión podría tener consecuencias, si bien nunca he sido partidario de emprender determinadas acciones.
Está usted muy confundido conmigo. Sólo dos personas, ... (ver texto completo)
Creo non coñecer ao finado. Pero todos sentimos tristura polo pasamento dun veciño.
Endexamáis me sentín aldraxado por ti. ¿Que este nome te sonou a chinés? Pásalle a máis xente. Está feito adrede. Casi copiado deliberadamente dun escritor ourensán de cando a guerra, porque gusto coma el de xogar e disfrutar coa nosa lingua vernácula.
Indo hai anos no metro cun amigo catalán en Barcelona, el, moi catalanista, disfrutaba co letreiro da xaneliña:
-- "Es perillós abocarse". ¡Qué bonito es el catalán, y qué distinto del castellano. No como el gallego, que casi es castellano. En gallego ... (ver texto completo)
Eu seguirei participando neste foro con toda a paciencia. E fareino con contos, tradicionais ou arranxados.
Non faltei a ninguén. Tampouco son a Pita Moñuda, como afirman algúns de xeito gratuito.
Fun insultado por unha tropa de galopíns, non pola Vilavella como pobo, nin polo seu foro.
Non respondín a tales insultos ben pouco imaxinativos, por certo. Hai que enriquecer ese catálogo, señores, a poder ser coa suavidade da nosa lingua. Por exemplo, collendo a letra L dos meus apelidos: lapabroas, ... (ver texto completo)
Cada foreiro aporta o que quere e pode. Cada quen ten o seu xeito. Hainos que participan dunha maneira, e outros doutra.
Hai un personaxe no extranxeiro que non aporta absolutamente nada.
Eu non leo todo o que se escribe. Hai conversacións privadas que me nego a ler por pudor. Pero están no seu dereito.
Hai quen vai de sobrado, pero non comprende nada.
PALINDROMIA non existe, non é un vocablo admitido pola Real Academia da Lingua.
PALÍNDROMO é unha palabra ou frase que se pode ler igual de esquerda á dereita, que de dereita á esquerda: "dábale arroz a la zorra el abad".
Basándose nesta ténica, teño visto eiquí alguha mensaxe bromista en clave de palíndromo, aínda que non se lea igual do dereito que do revés.
É que hai xente que disfruta xogando coas letras. É un divertimento que a ninguén lle fai dano.
¿Pode a técnica do palíndromo ser un xermen de discordia?
Volvendo a vista atrás, eu teño aportado moi pouco. Pero a primeira vez que entrei eiquí, non había galego (iso que algúns chaman gringo), e xa montei unha discordia co bo de Peteretiño, con quen penso botar unha pinta cando haxa ocasión.
Hoxe botan man do galego moitos foreiros sen ningún tipo de complexos, sen despreciar para nada a outra lingua tan nosa como de tódolos españois.
E logo, fóra deste curruncho do foro, tamén aporto algunha outra cousiña á Vilavella que nunca poderán aportar os insultos vergoñentos baleiros de imaxinación. Pequenas cousiñas de bós veciños. ... (ver texto completo)
Llevo muchos años fuera de Galicia y me es muy difícil, entender algunas palabras en su escrito, pero de todas formas, no es el escrito como tal, tan sólo es el fondo, con sus expresiones y mala uva, con que ha entrado en este foro, insultando a todos los de Villavieja.
Muy agradecido por tu ofrecimiento y lo que si le agradezco es, que en lo sucesivo, antes de escribir e insultar, piense las consecuencias.
Boas festas
Saludos
Jamás he insultado a nadie.
La técnica de insultar para darse luego por insultado la he vivido durante veinte años de portavoz en una Diputación y en un parlamento autonómico. Es muy propia de determinado partido, que no es el mío.
Usted entiende muy bien su lengua gallega, pero cuando escribe como "casa" la desprecia, y cuando escribe como "engazo" dice que no la entiende. Espero que como "persona" sea usted menos confuso.
Felicidad no sólo en Navidad, sino en cada instante de la vida.
Mire, bon home, creo que de poesía seille eu bastante máis. Non porque me considere máis que vostede, pero un mestre sempre terá relación coa literatura.
Unha cousa é a lírica do Século de Ouro, e outra moi distinta a poesía actual Eu poderia facerlle un soneto nun pis pas, un romance, un madrigal, unha "endecha". Pero a poesía deste intre vai por outros derroteiros. A rima e a métrica son libres. O fundamento está no ritmo.

Insultaba trabucado un engazo
desta lingua galega falador
a un alcalde que non lle da valor
ás nomeadas espetadas cun mazo.

Pero non é o meu estilo. Tampouco son poeta. Somentes son un mestre con trinta e sete anos de servicio, moi respectado polos alumnos, pais e máis, polos compañeiros e autoridades educativas, e moi respectuoso con toda a xente que trata. Non podería ser doutro xeito.
Utilizando a técnica chamada "palíndromo" --que algunha vez vexo que ten utilizado Ballesteros, dígolle o menu nome: Naibul Epilef.
Agora direille outra cousa: Efectivamente creei un día o personaxe da Pita Moñuda para dinamizar o foro de Lubián. Ese nome era o mote que lle tiñamos de cativos á filla dun garda civil, eiquí na escola do pobo. Esa rapaza era unha rapaza moi doadiña, que lle ensinou a "gracia de Dios" a moitos rapaces un pouco maiores ca min. Daquela xa pasaron cincuenta anos.
Pero xa me pasou dúas veces unha cousa. Eu son un analfabeto da informática, pero créame que hai xente que fai cos ordenadores cousas do demo. Hai un par de anos roubáronme o personaxe "Clementina de Murcia", que fora creado para uns determinados asuntos de Padornelo. E este verán pasoume o mesmo con Pita Moñuda. Outras mans, outro pensamento, outra clave... O novo personaxe a min paréceme máis intelixente, atrevido e gracioso do que controlaba eu.
Así como non quero entrarlle a vostede aos precipitados insultos, porque non debo, á Pita lévolle a corriente, porque é millor, e porque vexo que ten que tratarse dun amigo ou amiga que se anda a burlar de min.
Precisamente vostede trabúcase nun detalle. Un engazo non se cambia de calzoncillos, nin ten cu para meter botellas. Logo, según o meu pausado criterio, un home como vostede e coma min non debe ofenderse por unha broma, por inadecuada que pareza, porque vostede non é un engazo. Por outra banda, debemos entender que a intención do que escribe non parece concordar nestes casos coas interpretación dalgúns lectores, sobre todo se non se lee con calma.
Se fose eu o responsable e poidera arranxalo, estaría disposto incluso a unha palinodia, pola concordia que debe haber entre todos.

Inda que non lle guste este tipo de poesía, aí vai esta de 1.969:

"É certo
que todo se pon de acordo
que todo se consume
na calma serena dos laberintos da morte"

Cando se poñen comiñas, é que se trata dunha cita doutra persona. Neste caso trátase do poeta Paol Keineg. Que eu son de matemáticas, física e química, non poeta.
Permítame unha broma sin mala intención, e perdoe a prevención.
Quixera seguir con iso de:
De Santigoso o oso
de Lubián o can
de Rioconejos... (non me sai ningún animal con rima)
Unha derradeira cousiña: Hoxe viñeron a clase poucos alumnos e permitinme a afouteza de contarlles o contiño ese de devolverlle-la vida ao camello. Gustou. Espero que non lle pareza mal.
Boas festas. E se algo precisara algún día de min, a porta do meu despacho ao seu dispór. ... (ver texto completo)
A Vilavella é moito máis ca un pequeno recuncho endógamico amurallado neste foro. Eu non insulto a ninguén. E ninguén me tapará a boca mentras teña alento.
Perdoade pois.
Pero si para que faledes vós os dous, teño que calar eu, iso está feito.

Estamos condenados
a pasar polo mallo das nosas palabras
e pola aventadora salucante dos nosos cantos
o ruido das vosas respiracións asubiantes
e o vacío mol dos vosos alentos calmantes.
O outro día entrou Don Mariano Rajoy nunha sucursal dun banco en Madrid, coa intención de facer un reintegro para convidar aos amigos que ten neste foro.
O empleado pediulle o DNI, pero Don Mariano esquecérao na rúa Génova.
--Pero si todo el mundo me conoce, hombre. Pregúntele a cualquiera a ver quién soy, verá como todos le dicen que soy Mariano Rajoy. Si acabo de ganar las elecciones...
--Si ya lo sé. Yo también lo conozco. Pero las reglas son las reglas.
-- ¿Y no puede usted hacer una excepción?
--Hombre... ... (ver texto completo)
Simplemente penoso.
Creo que te contestas ti soliño.
A GALIÑA ASUSTADA

Unha vez era unha galiña que andaba a peteira-lo chan debaixo dun castiñeiro, e nisto que lle caeu un ourizo na cabeza. Toda asustada empezou a correr dun lado para o outro e topou co galo:
-Marche de aí don Galo, que cae o mundo a pedazos!
-E logo quen llo dixo, dona Galiña?
-Caeume a min na curupela -respondeu a pita, e marchou.
De alí a un pouco chegou onda a lebre, e díxolle:
-Marche de aí dona Lebre, que cae o mundo a pedazos!
-E logo quen llo dixo, dona Galiña?
-Caeume a min na curupela.
Marchou de novo e foi dar coa raposa:
-Marche de aí dona Raposa, que cae o mundo a pedazos!
-E logo quen llo dixo, dona Galiña?
-Caeume a min na curupela.
-Pois se cae o mundo a pedazos, eu quero ir ben fartiña.
E a raposa papou á faladora galiña. ... (ver texto completo)
A esposa do dono dunha imprenta da Coruña é das Hedradas. Por iso dan unha volta de cando en vez por estes lares.
Unha das veces visitoume o marido, que é mestre retirado, para darme os parabéns polo meu nomeamento como académico correspondente da Real Academia Galega.
Faloume daquela do primeiro diccionario galego que mandou imprimir a Academia. Precisamente llo encargaron á súa imprenta. Houbo que facelo á présa, porque querían presentalo nun determinado evento. E coa présa, aos correctores quedóuselles a seguinte errata:
Onde debería pór: "CARALLO s. m. Órgano xenital masculino"
quedou así: "CARALLO s. m. Órgano xenial masculino".

Sonche cousas dos trasnos. ... (ver texto completo)
Ai, Piño. Ése conto non pasaría certas censuras. Púxeno hai tempo no foro do Tameirón, e non durou nada: marcárono coma ofensivo repetidamente. Conteillo a dous curas un día, ó da Mezquita e a un noviño do Tameirón que anda no seminário de Ourense, e só pareceu gustarlle ao da Mezquita. O outro... non sei nin como explicarcho.
E eu non quero ser tan rexeitado como a colega Pita, que deus lle conserve o seu humor.
(Conto popular)

Aquel crego tiña unha boa criada.
Unha tarde saíron os dous á horta, e deitáronse á sombra dunha ameixeira.
Encaramado na árbore estaba un rapaz, papa que che papa ameixas.
O cura maila criada comezaron a xogar, e como ela quedase de cara para arriba, decatouse daquela presencia non esperada e, bafexando, murmuráballe ao crego na orella.
--Señor cura, señor cura: un rapaz.
E o cura contestaba rosmando:
--Lo que salga, lo que salga.
--Señor cura, un rapaz, un rapaz... -teimaba ... (ver texto completo)
Bonita palabra. Noutros eidos dícenlle zocos, tamancos ou galochas. Para min sempre foron zamancos.
A min facíamos meu pai. A madeira era de bedulo. Logo púñame unhas ferraduras coma as dos xumentos para que durase máis o piso. E xogabamos ao futbol con eles no adro da eirexa nos recreos da escola. Os dianteiros traguíamos sempre as canelas esfoladas polas couces dos defensas.
Menos mal que de mozos xa non os levabamos para xogar cando íamos á Vilavella, porque se os defensas os calzasen, pobres ... (ver texto completo)
Eu lin tamén os textos borrados, e non me escandalicei.
Ao millor algunhas personas non gustan das metáforas. Esa parrafada da Pita non é máis que unha inmensa metáfora. ¿Cómo alguén pode ser dervirgado cuns dedís e unha fouce? Falará doutro desvirgamento que nada ten que ver coa entreperna. Falará tal vez do paso de nena á muller, da perda da inocencia, de abrir os ollos a outras realidades...
Pero cada quen que faga a súa interpretación.
Por certo: eu sempre me porto ben, según a miña conciencia. E inda nunca escribín unha soa letra no foro da Gudiña. Vexo ese foro cheu de heráldica, e dame algo de noxo meterme alí de cheirón. Atrévome a entrar na Vilavella como se fose o meu pobo; pero na Gudiña non entraréi, a non ser que me chamen dalgún xeito. ... (ver texto completo)
A casa de madeira de Lubián, a min tampouco me gusta. Paréceme que estas casas son propias de Finlandia, onde o clima non as castiga con tantos contrastes coma eiquí.
Sen embargo as Normas desta bisbarra falan da madeira, da pedra e da lousa como materiáis nobles, e non prohiben unha casa de madeira cando vai instalada en SUNC (Suelo Urbano No Consolidado).
En Galende e en Vigo de Sanabria, onde a Norma é máis restrictiva polo Parque, hai varias casas de estas.
Así e todo, a min paréceme que o ... (ver texto completo)
Hoxe anduvemos en 1º co tema "Descomposición en factores primos".
Non fun quen de evitar un sorriso pensando na miña compañeira de Lingua, Pepita, ou Pita, e no seu xeito de encandilar ás boas xentes deste foro.
DESCOMPOSICIÓN EN FACTORES PRIMOS. ¿Cómo interpretaría este tema o escatolóxico e honorable señor Vicuña?
Podría chamarme porco, e eu tería que interpretalo coma un halago, dado que ó millor porco significa simplemente "todo aproveitable".
Peor sería que o venerable anciano interpretara ... (ver texto completo)
De cando en vez doume unha volta por eiquí. Unhas veces vivimos na realidade, e outras facémolo de maneira virtual.
Hacho que cada quen ten o seu xeito de valorar e interpretar os relatorios que van aparecendo. Hainos ben divertidos. Tamén os hai estriñidos. E hainos máis propios de correos privados amparados pola confidencialidade, que dun foro aberto ás máis impúdicas olladas. Pero isto non é máis que a miña humilde opinión.
O que non dou atopado é a pornografía da que fala algunha boa persona. ... (ver texto completo)
Para todos, amigos e amigas, un ditoso aninovo 2011. Que traiga con el unha boa carrada de felicidade, desas carradas que lle sacaban ó eixo aquel son tan marabilloso, hoxe tan lonxe dos nosos ouvidos. Nós inda o ouvimos tódolos anos o día do Carro Enfeitado (8 de setembro), apretándolle as terraxas ata as mesmas entretelas.
Paz, tranquilidade e boa sorte para todos.
¡Quince años enseñando folclore gallego en América! Tú eres, amigo, un misionero de nuestra cultura. A mí me dio por aprender a última hora, y ahora me dicen eso de "e agora de vello, gaiteiro". Tú fuiste gaitero mayor, y yo soy el mayor de los gaiteros de la banda que acaba de formarse en esta parte de habla gallega de la provincia de Zamora. El mayor de los gaiteros, en mi caso, sólo quiere decir el de más edad.
Te felicito por tu entrega a nuestra cultura y por tu permanente contacto con tus ... (ver texto completo)
pois si he certo, porque os que dalguha maneira no lo intentamos sacar ahora estamos co moco colgando inda asi esto non e normal oxe 30 graos maña 15. hay que escribir galego senon os de Lubian acusanos de antipatriotas. Un bico pra todos
Os de Lubián
comemo-la xixa sen pan.
E non bebemos viño
por non molla-lo fociño.
Pero non acusamos a ninguén. Como xente do monte, amamos a liberdade. A nosa, e a de todos.
Eu escribo no "meu galego" porque gusto da miña lingua. Pero tamén disfruto co castelán. E inda máis co francés. C'est la vie, mon amie!
Xosé Ramón e Fernández-Oxea foi un mestre ourensán (1.896-1.988). Estivo na guerra de Marrocos, desde onde enviou crónicas de guerra ao diario ourensán "La Zarpa" co seudónimo "Ben-Cho-Shey".
No 1936, sendo inspector de Educación en Lugo, presidía o Partido Galeguista. Foi por iso supendido de emprego e soldo durante tres meses e desterrado a Cáceres. Logo trasladouse definitivamente a Madrid, desde onde exerceu un importante labor cultural. Foi membro correspondente da Real Academia Galega (RAG). ... (ver texto completo)
Si se quien eres aunque eres unos añitos mayor que yo, aunque no muchos. Te recuerdo de las fiestas de los veranos yo me llevaba muy bien con Toño, Tino y Miguel Angel. El que estuvo en Madrid era Miguel Anguel que es primo de Tino, me gustaría saber de ellos ¿Nemesia era hermana tuya? algo a sí me suena. Ya había oído hablar de la fiesta del cortello, una noche estaba biendo el programa de o`Luar y llamó un chico de Lubian explicando de que iba. Yo me lo he pasado muy bien allá por los años 70 con ... (ver texto completo)
É certo. Sonche irmán da Nemesia, do Xusto e do Xé, e doutra máis.
Ese Tino do que falas vai ser Chiño, que é Tte. de alcalde do concello. José Ángel, o seu primo, é profesor de inglés en Zamora.
Ningún dos dous "teñen un pelo" de tontos.
As súas cabezas son das "máis brillantes" da provincia.
Fóra bromas, son da millor xente destes lares. O que pasa é que deben tér testosterona demais.
Quien me iva adecir que el inda-cho-sei eras tu, como pasan los años he visto las fotos de las fiestas que haceis en LUBIAN, hay que ver como os lo pasais seguis la misma linea de antaño. Algunos los he conocido otros no me gustar, ia saber que es de Tino y su primo que creo que se llamaba Miguel Angel. hace años estaba en Mdrid me llamó para vernos un día y al final no se porque no nos llegamos a encontrar. El y Tino siempre nos llamaban primas que tiempos aquellos, cuentame algo sobre ellos ¿Vale?
No sé si nos conocemos, Pepita. Probablemente sí, pero has de tener en cuenta que yo estoy repetido tres veces, y soy el de más edad. Igual conoces a alguno de mis hermanos.
Es cierto que aquí nos lo pasamos muy bien, especialmente en el verano, cuando programamos varias actividades, algunas verdaderamente "enxebres", como A Noite Do Cortello. Estás invitada: son para todos los juerguistas del mundo.
El único Tino que conozco de Lubián me saca unos diez años y, que yo sepa, nunca vivió en Madrid.
Lamentamos ... (ver texto completo)
Xa tiña coñecemento do pasamento de Don Manuel Alonso Novo (nacido en Lubián cando seu pai era o practicante deiquí). Foi senador do PSOE pola provincia de Zamora na lexistura de 1.979-82. Logo abandonou esta formación e integrouse noutra de nova creación (PASOC), na que militou tamén seu irmán Luis (que foi deputado da Asamblea de Madrid), fundada por Alonso Puerta.
Que a súa morte sexa precisamente ese pasamento a mellor vida.
Porque o humor dos galegos de Galicia e do mundo enteiro ten outro xeito, aí vai, querido Amador, un do CARRABOUXO de cando inda había pesetas:

Levaba o Carrabouxo un cativo da man, camiñando cara unha velliña que vendía larpeiradas na rúa:
--Ai, señora, e logo cantas piruletas lle entran na peseta?
A avoa contestou ouveando:
--Oi! Ai!... Hai xa tempo que non entra nengunha...!
Dar unha volta por este foro, e ver que todo o mundo escribe no meu querido castelán, eu --que non son galego-- quedo abraiado. Será certo que o galego vaise murchando coma unha flor feble na xeada dos tempos que corren?
Virán tempos mellores? Chegará o galego a ser coma flor do toxo, ou a da xesta, que non hai xeada que lles entre?
O galego que non usa a súa lingua non sabe o que ten de seu.