Luz ahora 0,12203 €/kWh
        

Mensajes de LUBIAN (Zamora) enviados por INDA CHO SEI:

Lonxe de ahí. Aquí, es muy típica la frase "la Puta i la Ramoneta". Son varias las interpretaciones que se le dan. La más antigua dicen que proviene de principios del siglo XX de la gente establecida que tenían dos mujeres, una formal y la otra informal. Ahora está muy de moda entre los ciudadanos de a pie para hacer referencia a la clase política por eso de que son un teatro, que por medio de las redes sociales los conocen a todos, como,"embolica que te harás fuerte", una forma de enredar las cosas. ... (ver texto completo)
Perdón polo lapsus. O autor de "La Tuta i la Ramoneta" é Llorenç Vilallonga. Nós tiñámola en galego, na colección de teatro da Escola Dramática Galega. Este teatro de vanguardia facíamolo eiquí non anos setenta e oitenta. Sempre pensamos que o título tiña moito que ver coa espresión que ti dices, Pablo.
"Si fer la puta i la Ramoneta equival a jugar amb foc, deixar de fer-ho seria fer foc nou. Més clar, l´aigua."
Aquela obriña de Xesús Pisón, "O Pauto", onde había un bispo doente e choricas, levouna o grupo Matamoura ao pobo de Milla de Tera, xunto con "La Tuta y la Ramoneta", de José Luis Vilallonga.
Eran obriñas de media hora cada unha. Primeiro representouse "La Tuta y la Ramoneta" con xente como Pingadelo e outros e outras que non participan no foro. Unha das actrices era unha mociña morena, casada ela, de uns dezanove anos. O seu marido acompañaba aos cómicos, e estaba sentado entre os espectadores.
Ao ... (ver texto completo)
Sinor Romerales: Eu tambéin istou de acordo co amigo Piño, menuda comida, más le recordo que leven coidado, por la Ley de protección de animales, de ser verdad los lomos del oso tendrían una buena multa. Agora según me dice o padre, parece que el sinor debe de ser de los nuestros,- ¿Por qué padre?-Munto sencillo, nahún veis que el sinor Romerales es militar,-iso xa o sei,-pois él igual que nos os curas sempre nos gustou comer béin,-qué pensas que eu me quedo atrás,-xa o sei Zé, pois tú sempre o tibeste ... (ver texto completo)
Pois sí, señor Zé das Carvalhas. O oso debe de estar protexido. Pero algunha excepción hai que facer ás veces.
Un día houbo un xantar na "Casa do Cura" de Hermisende con xente da cultura galega, promovido pola Universidade de Vigo. Eu fun o encargado de encargalo.
Entre os comensais ía estar o premio nacional de literatura, Méndez Ferrín, quen hoxe é presidente da Real Academia Galega.
Sabendo cánto lle gustan as troitas de río, e sendo as do Tuela extraordinarias, pedinlle ao restaurador que ... (ver texto completo)
Piensa mal y acertaras, en este caso su equivocación es notoria, este Sr que usted piensa, me imagino quien es y claro es un gran amigo, solo quise dar un toque de atención a esta persona. Solo y en ultimo momento "Judas" traiciono al Mesias, negandole muchas veces. El Sr dentro de su poder le perdono, pero solo el se condeno.

¿Que es un cinico? Uno que conoce el precio de todas las cosas y el valor de ninguna.
En la vida todo el mundo comete equivocaciones, pero Dios los quiere humildes, esta ... (ver texto completo)
Carallo, Don Moisés: o que negou tres veces ao Señor ao que se refire vostede foi Pedro, non nengún dos Xudas. Unha cousa é vendelo, e outra negalo.
Nós imos poñerlle a vostede esta penitencia: facer un cursiño de Historia Sagrada, inda que sexa por correspondencia.
Navegables, o que se dice navegables, xa o veñen sende uns afluentes do Tuela aí nas Frieiras e mais en Barxa, según os relatos de Romerales e do 252525. Menudas batallas navales!
Nos meus tempos mozos, coma tantos outros e outras, fun actor de teatro. Nunca esquecerei aqueles tempos, aqueles ensaios na Casa do Pobo, aquelas funcións no noso pobo e noutros pobos da bisbarra...
Unha das comedias das que hoxe me lembro é "O Pauto", de Xesús Pisón. Había un bispo doente, deitado no leito, con tres menciñeros danzando ao redor, na procura dun diagnóstico.
O bispo era este servidor. Vestía un camisón longo, xa que estaba no leito, e un gorro de dormir, e non paraba de queixarme ... (ver texto completo)
Hija mia cuanta hipocresia hay en el mundo. Reza para que Dios te perdone tus pecados. Hablas de bondad, de ayudar, de paz, de trabajo y alguien un dia te dio su mano y le metistes la puñalada.
Oremos, que Dios se apiade de ti, pecadora.
Vaia por Dios! Eiquí está, ata eiquí chegou o Multivarela coas súas esmolas e un dos seus 27 e pico personaxes.
Lembra, compañeiro foreiro, que xa che dixemos nunha xeira que "tu mano izquierda no sepa lo que hace la derecha".
Bota fóra de tí esa cousa que te fai rexeitar aos mellores.
Porque O Candil é dos mellores, eiquí e onde queira que estampe unhas letras.
Ninguén está contra ti. Porque esgaravellas contra a mellor xente?
Que o ano que vai comezar veña cun pan debaixo de cada brazo para ... (ver texto completo)
Na Escola de Lubián hai mañá un evento sobre o Nadal no que participan os 15 alumnos de tódalas edades (3 - 10).
A Directora pasou unhas invitacións ao concello, ao Centro de Saúde, ao Cuartel,... Como recadeiros viña unha parella de cativos.
Concretamente, ao C. de Saúde foron Selena máis Aarón, non sei se de primeiro de primaria.
Recibiunos un operario que vive en Zasmora, preguntándolles quén os mandara.
--La Señorita Directora--contestaron a dúo.
Como queira que o operario sabe que a directora ... (ver texto completo)
Inda; traeme o teu humor e historia a la memoria a meu tio Marcial (marcialon), un home de 1,92 de estatura y con un humor y gracia para contar as cousas que contagiava alegria en su sencillez.
Felicitaciones por tu estilo es muy grato leerte. (cuida o can que fala ben do amo; por lo inteligente)
Saludos
Moitas graciñas, Blas.
O Señor Gutiérrez leva desde o sábado sen pisar na porta, polo que non podo darlle lembranzas de vostede. No café explicoume o señor alguacil que o can anda polo barrio da Caralicha, onde hai un cadeliña á resolta, e parece que estes días Guti aliméntase de recendos (olores agradables).
En tódolos pobos hai un Marcialón. En Lubián, ata 1.976 chamábase Tío Perfeuto, que era meu avó materno. Xa me gustaría a min saber cuntar as cousas coma o facía el. Xubiléime con 60 anos ... (ver texto completo)
Eu teño un can de palleiro sobradamente coñecido. Chámase Señor Gutiérrez, Guti para os amigos.
Non hai xuntanza de xente que non presida o meu can. Nos concertos, en primeira fila. Nas bodas, bautizos e enterros non entra na eirexa porque lle pechan a porta nos fociños.
Con isto das obras do tren raio, anda o lugar cheo de camións e camioneiros, e tódalas casas alugadas.
A outra tarde, coa terraza do bar ata os topes de cerveceiros, todos foron testigos de cómo perseguía un dos obreiros do AVE ... (ver texto completo)
Parecíame estraño que, ao longo dos séculos desde que o mundo é mundo, o asunto da propiedade non se houbera arranxado millor. Os que tiñan terras convertíanse en escravos delas, mentres os que non as tiñan convertíanse en escravos dos terratenentes.
Cando neno, xogaba con bullacas perto da leira mentres contemplaba cómo meu pai araba con dúas enormes vacas xunxidas coas cornais. Miña mai andaba de diante, conducindo aquela parella; meu pai seguía detrás, guiando a rabiza.
El, cos ollos cravados ... (ver texto completo)
A cousa foi certa, inda que arriba quedou moi resumida. Era no tempo do Reinado, e o billete, máis falso que un caldeiro de plástico para coce-la caldeirada, pasou do bar á Casa do Pobo, co seu sedal, xa noutras mans con máis xoldra nas súas uñas por aquelo da edade.
Os mozos portugueses apareceron nunha "carrinha" e estiveron na barra da casa do pobo. E foi alí onde un daqueles mociños reatou os amallós e marchou tan contento co seu tesouro para Portugal.
A miña vida, Estrella, case sempre foi ... (ver texto completo)
Hai xa uns trece ou catorce anos (e mentira parece), na publicidade que mandaba aos concellos unha axencia de viaxes do Levante español viña un billete de pega de 10.000 ptas: por un lado era billete, e polo revés era unha oferta de 10.000 ptas para o organizador da excursión, se lograba completa-lo bus, ademáis de dúas plazas de graza.
A cara do billete mesmo parecía auténtica.
Así é que dobleino ben doblado, para que ninguén mirase a outra cara, e metino no peto para ir toma-lo café no bar do ... (ver texto completo)
Inda. Non son quen tu pensas que son. Fasme moito baixo de estatura intelectual si sigues pensando que son este persoaxe. Saudos a todos os foreiros e o meu preferido que o señor 75. Adeus.......
Bubela: Non sei quen eres, nin imaxino que sexas un personaxe como dices. Dios me libre de tal cousa. É todo máis sinxelo: non teño nengunha idea de quen poidas ser, pero o asunto da cantiga de Valderrama vai en clave de humor. Non penses que leva dinamita. Simplemente ouvina cantar aquel día (despois de ouvila centos de veces), e nunca apreciara a mensaxe. E como a cousa ía de cantigas, pois prestoume inmortalizar tan enorme disparate. (Tampouco estou moi seguro de que sexa exactamente así a letra).
A cresta vai caindo, Xa non se me levanta todo o que eu quisera. (vai vella) Vin os bonobos outro dia na TV. Que maravilla. por de diante e por detras. parecian que estiveran escoitando a cancion: "De rodillas ante mí, es como te gusta a ti, de rodillas por detras, es como te gusta mas". Ohhhhhhhhhhh

.
Para canción linda, pola mensaxe que acarrexa, aquela de Juanito Valderrama dos teu tempos mozos:
"Me voy a hacer un rosarioooo...
con tus dientes de marfil".
Ai Bubela! Ben seguro que as bubelas fan o amor unha sola vez ao ano, e gracias. Nós ímolo facendo cando cadra, inda que non tanto coma os bonobos.
Que se che ve a crista, bubela!
Andaba a publicar a outra tarde no café un entendido na actividade primaria, explicando que na actualidade hai explotacións leiteiras nas que xa non fai falta muxir. As vacas leiteiras levan un chip, ou algo así, que as fai camiñar cara á máquina de muxir cando o pide o amoxo. E a muxidoira leva incorporado un monicreque robotizado que axusta as ubres nas ventosas.
Ao primeiro calaron tódolos ouvintes. Pero non tardou en reaccionar Holofernes da Adreida:
--Pois en Zamora hai un restaurante --dixo-- ... (ver texto completo)
Xa te decia que non estaba no allo. A ver si me entero de que vai. Vaiche boa!
Bubela: Tí, que voas por riba de todos nós; tí, que non sabes de fronteiras, nin de raias nos montes, deberías ve-lo remanso. No outro lado parece haber un plantígrado xa moi cansino que só reflicte vulgaridade.
Aprezado Inda, coidado cos ríos descoñecidos, que de pronto xegue unha crecida, que o mellor nos obriga a cruzalo donde nahún tíñamos pensado, sin ir más lexos a que ver o que pasou por Andalucía.
Unha aperta.
Hai lugares, Vintecinco, onde fixeron as casas no propio leito dos ríos, e os ríos acaban axustando contas.
No Tuela, un día de pesca, crucei para a borda das Valiñas por un lugar onde se pasaba ben. Era un día de babuxa no mes de maio. Despóis botouse a chover de verdade, e cando os pes quixeron levarme á boa beira noutro pasadeiro, non me atrevín polo crecido que xa viña o río.
Tiven que deixa-los pertrechos debaixo dunha "pala" dun fragaredo, e reptar por debaixo das uceiras e das xestas, molladiño ... (ver texto completo)
Xa sabes que son pescador de río. Camiño moitos kilómetros por unha borda e pola outra. Os propios pés, cegos nas botas de goma, saben cando hai que cruza-lo río. O que máis me gusta é visitar ríos descoñecidos, e ás veces sinto ansias de chegar a unha curva ou un horizonte...
Pero no caso do río do que andamos a falar, ben sabemos o que hai do outro lado. O que pasa e que a Bubela non estará no allo.
Nin che paga a pena.
O xabarín fozaba no patatal da Pía, e non deixaba ir adiante nin aos saínchos.
Ao lado do patatal había un lameiro. Era a parte da horta que xa non se cultivaba.
El, labrego reformado á terapia ocupacional, comezou por leva-la burra a dormir ao lameiro, atándoa nunha estaca espetada no medio. Pero a burra non espantou ao xabarín.
A seguinte iniciativa foi porlle á burra un deses chocallos que eiquí chamamos zumbo, ése que lle poñen os trashumantes aos carneiros que guían o magote. Pero tamén fracasou na tarefa de espanta-lo porco bravo.
Espetou sete espantapáxaros arrepiantes polo patatal adiante. Tampouco.
Foi daquela o fillo, e engadiu un aparello de música a pilas, con cantigas de Isabel Pantoja, a tódalas iniciativas que se ían apondo noite a noite. Certo foi que gastou en pilas máis do que valían as patacas que aínda quedaban na cortiña, pero desta sí houbo resultados:
Ao vi-lo día foron varios os veciños que poideron contemplar o patatal convertido nunha aira... ou millor dito, nunha pista de baile:
Os páxaros danzaban cos espantapáxaros e a burra co xabarín. E non pararon de bailar ata que as pilas feneceron.
Dicen as malas linguas que o baile comezou cos acordes de Panorama na Fontarbela. ... (ver texto completo)
Bonita parábola, Ballesteros, Así me parece tamén a min, inda que o remanso teña tamén o son da cachoeira que cae da preseira. Así é máis bucólico.
A min cóntame do teu lado do río, sexa cal sexa ese río. Poidera ser ata un lombeiro cibernético. Líbrenos Dios da borda trabucada.
Hola a todos.-
En primer lugar quiero manifestar mi reconocimiento a Felipe y toda su corporación Municipal por dotar a los axistentes a la Fiesta de La Tuiza del placer de disfrutar de la orquesta Panorama (La mejor de Galicia) os deso a todos paseis un gran dia. Yo La Tuiza la recordaré simpre, es la Fiesta de Las Fiestas de Las Portelas.-
Un abrazo para todos.-
Pepe.-
Pepe: Graciñas pola loubanza, pero non foi o concello nin a Corporación quen contratou Panorama, senón a Comunidade de Montes de Lubián.
O Concello somentes organiza a propia Romaría, e chégalle ben.
No patatal. Sentado nunha cadeira á sombra da mazaira. Antonte. Onte. Hoxe. Pola mañá. A mediodía. No serán. No luscofusco.
Sempre na mesma postura. O Pensador de Rodin, co sacho na man?
--E logo qué? Andas a mirar como medran os saínchos? Non sería mellor arrincalos e aporca-las patacas en lugar de rasca-la barriga a sombra?
--Cala! Silencio!, que vas espantala...

Daquela baixou o sacho coma un lóstrego. Levantou o cu da cadeira, agachou a soá, e amosou o seu trofeo: unha preta toupeira!.
--Xa ... (ver texto completo)
Pola miña porta pasa a xente de paseo tódolos veráns, máis alá do luscofusco.
E xa máis tarde, pola media noite, sempre pasa a bo paso un octoxenario, roxo de carraxe, cara ás Casas Vellas. Será se cadra para baixa-la cea?
Ca. Eche boa! Non é iso. Tiven a afouteza de seguilo na máis absoluta escuridade dunha noite sen lúa, e isto foi o que pasou:
Ao chegare perto do Rebouzo, fíxose a luz ao seu carón, cun estouro arrepiante.
A min brincoume o corpo cara atrás, e escapóuseme un alarido involuntario.
--Pero ... (ver texto completo)
Das Carvalhas, non sei. Pero o máis alto segador, que ten unha grañeira na man, eche da Francia. Apoleirou en Lubián e veu sendo esta seitura a primeira da súa vida con grande perigo para os seus longos dedos sin dedís: non doblaba a palla coa man esquerda, para tras da fouce, antes da segada, e aquela fouce subía pola palla arriba de tal xeito que ben crin que o seu maimiño ía aquel día para o carallo.
Ja, ja, ja, humor non te falta; pero que sepas que esa é a disculpa que poin os homes que non queren cociñar, non entendo como os millores e máis grandes cociñeiros do mundo son, precísamente, homes, non mulleres.
Tamén é verdai que non se pode ser bon en todo e tú xa eres bon alcalde, bon maestro, bon amigo, bon home... Así que dedícate ahora ó que queiras que xa o teis ben ganado.
Saludiños a tod@s.
Nunha novela de KING ("El misterio de Salem Lot", creo lembrar) dicíalle o padre Calaham? a un profesor:
"Un buen maestro, como una buena esposa, es una perla inapreciable".
Eu teño o título de mestre, pero o de perla inapreciable non hai xeito de obtelo en ningures.
Pero sí teño unha perla inapreciable na casa. Iso sí.
Home, vai, ¿e non te ofreciche a sustituila un anaco, pobriña? ¡Qué pouco solidario, sorpréndeme en tí!:-) É broma. ¿Qué tal levas esa jubilación? Aparte de observador da labranza de Lubián, ¿descubriche algún arte secreto no que ocupar este tempo que ahora xa non dedicas a enseñanza pública? Espero que disfrutes de este merecido descanso. E, polo menos, teraslle a comidiña feita a Tere cuando chegue do seu curro, ¿non? Qué menos...
Unha aperta pra tod@s, os ocupados e os desocupados.:-)
O traballo de espantapáxaros ben podería ser unha ocupación alternativa, se ben cabería a posibilidade de que os páxaros pousaran en min e me deixaran os ombreiros coma o pao dun poleiro.
O da comidiña xa che ven sendo outra cousa, que tanto a muller coma min somos inda precavidos dabondo contra a posibilidade de envelenamento.
Tamén é certo --non o negaréi-- que se hai que cortar unha freba de xamón sonche ben capaz de cortala.
Amigo Inda, polo que vexo (leo) estás estrenando a "reforma", e felicítote por chegar a ela, a ver se todos temos a misma suerte, xa que non se pode perder a "esperanza" pra sempre.
Espero que ó dispor de mais tempo nos acompañes mais seguido nos foros da contorna.
Saludos.
Así é, Ballesteros. Comprendo que nos tempos que corren, xubilarse aos sesenta co 100% da base reguladora é un privilexio. Mais non teño porque rexeitalo. Eu viña disfrutando do traballo nos 37 anos e sete meses de docencia, e ata cabe a posibilidade de que moitos dos alumnos tamén disfrutaran das miñas clases, a pesares das matemáticas. Así é que dei o paso o 31 de agosto, así como... prorrogando as vacacións..., e non extraña-los alumnos e o bó ambiente no meu instituto.
Pero sempre hai cousas que facer. Penso que nunca aprenderei a aburrirme. Por iso, cando un foro comeza a aburrirme tantiño..., dou media volta, e busco outro entretenimento, inda que só sexa afilar un guizo. ... (ver texto completo)
Xa non son as cousas como andamos a lembrar ao falarmos da sementeira. Eiquí xa non hai unha vaca, nin xiquera unha burra peideira.
Os "reformados", que diría O Zé das Carvalhas, cavan as cortiñas á gavia para botar unhas pataquiñas, unhas fabas, algún tomate que ven madurar por este tempo, cando xa andamos fartos dos que vende o Delfín, unhas leitugas que non damos comido antes de saírense e uns pementiños...
Certo é que hai quen ten unha mula mecánica, máis perigosa ca o demo, e tamén que o ... (ver texto completo)
Que la distancia jamás sea obstáculo para compartir nuestras vivencias.
Aquí siempre serás bien recibido, así como en Hedradas, localidad perteneciente a este municipio.
Unha aperta de todos nós.
Muy ben Inda. Decrua en Maio, bima en San Juan e colleras pan. O de embelgar cos guizos do esterco tamen o faciamos nos, pero antes o arrancalos na corte como salpicaban latigazos de bosta a cara e a roupa dos labregos. Acordome tamen da impresionante vision das estrelas camiño da leira. Ben definidas todas as contelaciois e como meu pai me ensinaba o nome delas. Nunca mais as volvin a ver tan clariñas, igual tamen e porque as miraba cos ollos de un neno e a mirada e mais limpia.
Ai, bubela! Pois os níus de bubela inda cheiraban peor ca o esterco dos porcos nos renovos!
Moi ben esa sementeira.
Menos mal que a decrúa maila bima xa as fixera eu diantas coa Corala e a Macarena.
Eiquí as embelgas, para sinalar ata onde se botaban os mangados de grao, facíanse cos garamuxos do propio esterco, co aqueles guizos que aínda quedaban do estrume xa podrido, espetados por ringleiras.
Quero dende eiqui felicitar o nosos grande amigo Inda Cho Sei, por esa entrevista na TVE. Pero mais ainda por a entrevista na revista Interviú donde as suas declaraciós como sempre cheas de pragmatismo e verdades, nos deixan satisfeitos, da sua laboura como cargo publico.
Cuantos terian que copiar de ti.
Unha grande aperta gran amigo Inda Cho Sei.
O alcalde agradece os parabéns. Pero tamén che gustaría velo tocando a gaita, rodeado de mulleres espidas. Menos mal que saíu vestido, que se sae espido, agótase a revista en tódolos quioscos. O expresidente do Barça, nada que facer ao seu carón.
Unha muller de certo volume, pesando perto dun quintal sobre os seus xeonllos e nocellos trenqueleantes, veuse achegando cun inmenso sacrificio ao xardín circular do castiñeiro.
Daquela guindou unha ollada observadora para cada punto cardinal, sen esquece-lo noroeste, e non vendo mouros pola costa, cunha axilidade insospeitada, arrincou dun só tirón un exuberante xeranio vermello, e acochouno na voluminosa faldriqueira.
Logo, dando unha reviravolta, alonxouse trenquelendo camiño da súa casa co ... (ver texto completo)
A mí me parece, Fernando, que ahí sí hay alcaldes. Yo he leído por algún sitio que el Alcalde de Buenos Aires es un gran opositor de la Presidenta de Argentina.
¿No hay ayuntamientos o municipios en tu país?
Para más información sobre tus orígenes envía un email a aytolubian@telefonica. net, a la atención del alcalde, y podré darte datos personales a través del correo electrónico.
Tenía razón O Candil. Mª Encarnación Lubián Álvarez, hija de José y de Felisa, y hermana de tu abuela Mª Dolores, nació en Lubián el 2 de julio de 1.894.
Era la tía Encarnación, y yo no me daba cuenta. Ya no me acordaba de sus apellidos, y no me parecía que se apellidase Lubián. La encontré a partir de la fecha de nacimiento de tu abuela.
La "tía Encarnación" (aquí le llamamos "tío" o "tía" a las personas mayores) se casó con el tío Domingo (Domingo Blanco Álvarez) el 28 de noviembre de 1.929. ... (ver texto completo)
Sí, Piño, pero eu pouco o podo axudar, como ben sabes. Eu tiña esperanza de que o Inda lle poidera votar unha mao a quén sabe se non será seu parente arxentino, polo menos, o apellido sí o comparte; pero, como está tan liado ca gaita, pasou polo foro voando, pra mín que nin tempo lle deu a leer ese mensaxe. Así que, se vos encontráis por aqueles camiños, fai o favor de contarlle o caso de palabra que, como tamén él é tan servicial, algo lle axudará.
Bicos pra tod@s.
A primeira vista non podo axudar, porque nunca ouvín falar de Mª Dolores Lubián Álvarez, nin das irmás Pilar, Claudina ou Encarnación, inda que meu pai era Lubián Álvarez.
A min morreume unha tía avoa en Buenos Aires que se chamaba Dolores Lubián Domínguez, sen descendencia. Pero non ten nada que ver.
O noso apelido non é precisamente o máis abundante en Lubián, polo que se a avoa de Fernando era de Lubián, seguramente sexamos da mesma familia.
Datos de nacementos só temos desde 1.871. Dinlle ... (ver texto completo)
Levo unha tempada lonxe dos foros, atarefado noutros mesteres de todo tipo, sobre todo relacionados coa gaita. Qué esclava é a vida do artista!
Mil gracias polos parabéns. As cousas saen ben cando os veciños vogan todos a favor. Se non, non hai xeito.
É certo que levo de alcalde desde 1.979, agás unha lexislatura na que non me presentei. Pero hai que decir tamén que en tantos anos este concello non gastou un só céntimo na paga do alcalde. Sempre hai quen non o cree. Os interventores e os concelleiros ... (ver texto completo)
¿Alguien puede decirme cuáles son los días y el horario en el que se puede llamar por teléfono al Ayuntamiento de Lubián? ¿Sabéis si es correcto el número de teléfono del Ayuntamiento de Lubián que aparece en la web del Ayuntamiento? Gracias y saludos a todos.
Secretaría: 980 624003
De luns a xoves de 15:30 ás 19:30. O venres de 15:30 ás 18:30

Alcaldía: 639 751533
25 horas ao día e 8 días á semana. Se non contesta, insístase moito máis tarde, que non hai quen o saque do seu paso, con perdón.
O verán ven de camiño. O Verán Cultural vai xurdindo das súas cinzas. Vai consultando EVENTOS na páxina do Concello.
E a ver se arranca isto!
Cuando en Chile recien estamos intentando con plantas Aeoliticas, Uds. ya estan recibiendo premios. Felicitaciones a todos y teneis un gran Alcalde; felicitaciones Don Felipe.
Don Blas: Gracias por sus felicitaciones, que traslado a todos los vecinos del municipio, vivan en él o en otras partes del mundo.
Sabrá que las inversiones están hechas por empresas privadas para tener beneficios. Lógicamente la implantación de esas empresas en un municipio significa puestos de trabajo, impuestos municipales de gran magnitud y canon para los pueblos afectados.
Sabemos que en Chile se está desarrollando esta energía. Precisamente una de las empresas que tramita inversiones en ese ... (ver texto completo)
Pois eu, coa Moñuda. Tamén estou a preferir un maletín cheo de expresativos, usados ou sen usar. Un daqueles que lle pedía un traballador dunha contrata ao boticas de Lubián, despois de mercar dazasete paquetes de aspirinas, xa que cada vez que penetraba na farmacia, estaba a boticaria. E pedirlle-los a ela era como pecado mortal.
Non pasa nada co Piño. El aí anda de labrego polos soutos e polas hortas. E cando se anda atarefado,
un esquécese do teclado.
Tamén o vin na Moimenta o día da Feira Franca, agardando pola loita dos novelos.
A min tamén me pasa iso. Daquela voume de pesca, inda que non haxa troitas, ou a limpar un souto.
Amigo aes: ¿Pero tu eres capaz de aguantar un vídeo enteiro do pelmazo ese? Alabo a túa resistencia, pero a min sígueme parecendo un pedante en PRIMEIRO PLANO. Neses vídeos só hai un protagonista: o CAMANDULEIRO.
Hai que ter moita fe para aguantar a ese tío mailas súas pamplinas.
Eu non a teño.
Pero xa sei que neste mundo hai evanxélicos, testigos de Jehobá, etc.
Punto.
Non te excedas no seguimento de consellos, veñan de onde veñan.
Por certo: Noraboa aos de Hedroso por un foro tan animado e con tanto sentido do humor.
Antonio Edroso, amigo aes: Vista a calidade do primeiro enlace, eu négome a darlle ao segundo. Nin quero, nin teño tempo para pamplinas pseudoecoloxistas. Porque osecoloxistas de verdade somos os que vivimos nesa natureza que pretenden protexe-los urbanitas que viven no asfalto.
¿Como podes dar crédito a xente descoñecida decindo cousas semellantes?
Un día, no tempo das castañas, un bó home do teu pobo (Hedroso) chegou aos seus castiñeiros e achou a unha persona urbanita enchendo un saco. E chamoulle ... (ver texto completo)
Ese vídeo no tocó ninguna de mis fibras. Al contrario: me parece muy mal realizado. El protagonismo se lo lleva íntegramente un señor con gafas hablando siempre en primer plano con mucha demagogia y ningún rigor.
Sólo salva una fuente de energía: la fusión nuclear. Ya se hablaba de ella cuando yo era estudiante. Tengo 60 años, y las problemáticas del control de la fusión siguen sin resolverse.
Un debate sobre las fuentes de energía tendría como ámbito el mundo entero. En el caso de nuestro país, ... (ver texto completo)
Os cambios na vida dos nosos pobos levan unha aceleración exponencial.
O abó era labrego. Cargaba carros de esterco, de estrume, de herba, de leña, de ramallos, de torgos e de patatas.
Facía os renovos, a decrúa, a bima, a sementeira, a seitura, a carrexa, as mallas, a limpa...
O fillo xa non. É apicultor, e traballa coas abellas. Non con ovellas. No seu pobo xa non hai ovellas, nin cabras, nin vacas, nin leiras. As leiras xa son xestaregos desde hai vinte anos, a non ser unhas poucas que xogan ... (ver texto completo)