Luz ahora 0,07500 €/kWh
        

Mensajes de LUBIAN (Zamora) enviados por INDA CHO SEI:

aes: Non sabemos cal é a túa intención ao colgar eiquí este vídeo. Pero de tódolos xeitos, permíteme opinar da tétrica presentación, cun personaxe permanentemente en primeiro plano, a oscuras (tal vez para non gastar enerxía).
Calca as tintas nos posibles accidentes nun aeroxenerador. Lamentable. Eiquí xa vimos arder un par deles. Pero comparar un accidente dun aeroxenerador que arde cun accidente de central nuclear, ou nunha térmica, ou unha presa que estoupa é como comparar un peido que se escapa cunha bomba atómica.
Polo que respeta á cuestión económica do asunto, non son estes pobos o lugar adecuado para ese debate. Porque económicamente os parques eólicos veñen sendo para estes pobos unha bendición: recursos financieiros e postos de traballos no mantenimento. Eu prefiro a opinión dos vinte operarios que traballan neste concello nos parques, ou a dos resposables da xestión municipal que ingresan preto de 600.000 € de IBI e IAE, ou as Comunidades de Veciños que reciben directamente 800.000 € de canon, cos que arranxan fontes, construen plazas, piscinas e outras infraestructuras, dando traballo indirectamente a varias empresas e traballadores deste e dos concellos limítrofes.
¿Tamén queres acabar con todos estes postos de traballo? ... (ver texto completo)
Felipe, se veis o Piño por Lubián, ¿podes facer o favor de decirlle que ten un recado da Pepita no foro, a ver se pode contestarlle en seguida? Se non ten internet na casa ou no móvil supoño que podrá subir os ordenadores do Ayuntamiento nas horas establecidas de Internet rural pros veciños. Unha aperta e graciñas.
Levaba tempo sen entrar, e onte, ao ver esta mensaxe e cruzarme co Piño na carreteriña de Lubián, paseille a información.
Non sei se poderá contestar, porque estes días vai estar pechado o concello. A ver se teño eu un anaquiño de tempo para abrirlle.
El díxome que vai estar os dous días. Así que o que poida vir o sábado, que veña o sábado. E o que poida vir o domingo, que veña o domingo.
El cuco, desde que nace, propende a la soledad, rehúye la compañía, aspira a ser único. Intuye tal vez que, de tener que compartir la comida acarreada por su tutora, su ración sería insuficiente.
El egoísmo de este pájaro es muy cerrado. A veces, cuando los cucos en disposición de puesta son varios y los hogares donde hospedar a sus hijos limitados, hay dos que ponen su huevo en el mismo nido y en el mismo día. La eclosión de los pájaros es, pues, simultánea. Entonces se desencadena un duelo a muerte ... (ver texto completo)
Gracias polo acompañamento.
Xa sabes que este pobo tamén é teu, e que tés casa nel, tí e mailos teus.
¿E logo cando foi o día de San Piño?
Gracias, Pablo. Ela gastou as neuronas con nós. O pai gastou os músculos. Así é a vida.
"Desde mi refugio de Sedano, un observatorio insuperable de la naturaleza, he tenido oportunidad de asistir varias veces al desarrollo de un cuco parásito, las últimas que recuerdo, muy recientes, en 1.979 y en el verano de 1.981. Uno y otro pájaro tuvieron suertes distintas.
La primera fue un acontecimiento previsto. Durante varios días advertí cómo un pequeño petirrojo tejía su nido en el hueco de una tapia de piedra que delimita mi huerto, en la ribera del río Moradillo. Simultáneamente, un cuco ... (ver texto completo)
O verdadeiramente característico do cuco é a súa incapacidade para choca-los seus ovos e mante-las súas crías, se cadra porque a súa posta é tan abundante -de oito a doce ovos- e o apetito da prole tan voraz que unha parella por si soa non abondaría para abicadala.
Por iso o cuco non se toma o traballo nin de face-lo niño. Chegado o intre da posta, espreita ao redor aos paxariños que se afanan na construcción dos seus niños e, unha vez rematada a obra e cos oviños dentro, o cuco empeza a esparexe-los seus ovos entre eles, un ou dous en cada niño, mesturándoos cos outros, aproveitando a ausencia dos pais.
Son moitos os páxaros aos que o cuco elixe para o choco dos seus ovos, principalmente paxariños pequenos. E como o seu ovo desentonaría polo tamaño e a cor na casa dos anfitrións, a natureza - ¡prodixio incrible!- dotou ao cuco dunha rara facultade, que permite á femia colora-las cascas dos seus ovos do ton dos da especie escollida para os seus depósitos: avermellados onda os outros ovos son avermellados e apincarados onde son apincarados.
Este mimetismo non basta naturalmente para iguala-lo ovo do cuco aos dos pais adoptivos, xa que o seu volume non pode disimularse, pero os paxariños, cegos coa súa maternidade, chócano co mesmo celo que aos propios.
Só algunhas aves se decatan do engano e rexeitan ó entremetido. A laverca (alondra), por exemplo, choca o ovo xigante pero, cando chega a eclosión, decátase da presencia do parásito, négalle o cibaco e déixao morrer de fame.
Eu teño encontrado cucos de cría, un en cada niño, na casa das pimenteiras (paporrubios), que traballan arreo para cebalo. ... (ver texto completo)
Sr Inda chosei. Mi más sentido pesame por la pérdida de su madre.
Me enteré ayer por mi prima Pepa y aunque son momentos que todos hemos de pasar, no dejan de ser muy dolorosos.
Y además cuando llevas tiempo, como tambien fue mi caso, con tu madre con esa terrible enfermedad en la que además de ser anciano pasa a ser un niño decadente, ese cariño se acrecenta y aunque por su bien quieres que se vaya, DICES.: Bueno, mientras la tengo aqui. La tengo.... Un abrazo y que dios la tengo en su gloria.
Gracias, Amador, en nome de toda a familia.
Ela non era moi vella. Tiña 82 anos. Nos últimos tempos que pasou na miña casa, eu non era o seu fillo maior. Pensaba que era o seu home.
Os últimos catro anos viviu na Residencia de Viana, onde foi moi ben atendida por todo o personal, ao que lle estaremos eternamente agradecidos.
Un abrazo.
Sr. Indachosei, mi pesame mas sincero, le acompaño en este momento de dolor.
Un abrazo
Gracias, Manuel.
Algún día nos conoceremos, e seremos capaces de entender que non hai nada no mundo que nos impida ser amigos.
Unha aperta. Un abrazo.
Gracias a todos. ¡cantos sodes! Pepita, Ballesteros, Contempla, 252525, José González Pousa, Lobonocortello, Gel Martínez, Xinxelo, A Bubela da casa da maría do marcial, Barxes, Piño, Candil, Ricardo Prat Prat... e todos aqueles que nos acompañáis desde outras redes e tecnoloxías.
Unha aperta para todos e todas.
Graciñas.
A miña querida nai foise apagando pouco a pouco, consumida polo alzheimer. Gracias a Dios por liberala.
Dicen que outra mestra preguntou a Xaimito:
--Xaimito: se nunha galla dunha árbore hai tres paxariños, e un cazador dispara e mata un... cántos paxariños quedan?
--Non queda ningún --contestou o cativo.
--Quedarán dous...
--Non, señorita, que eses dous fuxen espantados.
A mestra alabou a lóxica do rapaz, que non contento coa exposición, engade:
--Señorita: No parque hai tres mulleres comendo un xelado. Unha delas, mórdeo; outra, lámbeo, e a terceira chúpao. ¿Cal das tres é a casada?
A mestra ... (ver texto completo)
Apreciados foreiros/as, según ô xefe meu acaba de darme unha boa noticia, nahún sey se será verdade, dixome que íste ano ahí pra finale de Marzo primeiro de Abril que le gostaría ir a pescar a íses rios de Zamora, me gostaría saber cuando se abre a veda.
Unha aperta.
En augas troiteiras de Zamora, a pesca ábrese o primeiro domingo de abril e péchase o 31 de xullo. Lembrade os 21 cm, e que só son 4 as capturas que se poden facer.
Pero como non chove, nin neva, que haberá nos ríos?
O cuco agoira a primavera nas nosas montañas na segunda quincena de marzo, ou a moito tardar, nos primeiros de abril, co seu "cu-cu" infatigable. Eu xa o teño ouvido -este ano inda non- facer trisílabos e deica tetrasílabos: "cu-cu-cu" e "cu-cu-cu-cu".
Esta chamada do cuco ten que ver co apareamento. Pero unha vez emparellado, inda que con menos frecuencia, sigue a cantar deica xuño.
Acabada a posta dos ovos, o cuco adulto, que carece de sentimentos familiares, arremedando aos antigos fidalgos ... (ver texto completo)
O Pa tes algo de razón, más contárinte mal a coisa, foi certo que istaba, diante comercio do fillo do Ruiz Matos, que por certo vendi munto bacallao,ê verdade nahún ê de munta calidade, total que saía unha preta munto bein parecida, de pronto veume un xeirumo ô bacallao, eu reacionei decendo -condanada dónde levarás a coñac escondida. Eu sei que isto to contarín os meus colegas de viaxe, aunque sexa un bocadito destorsionado, algo pasou y voçe nahún ô soñou.
Total que o meu setindo de a trompa ... (ver texto completo)
Home, vai. Entendímosche todos: Leventóuseche o ánimo.
Hemos estado visitando a los hijos y nietos, por tal motivo, (descanso en el foro por mi parte) ahora veo que habláis del jesuita Roque Lubián, nacido en Lubián y que se fue a las misiones muy jóven.
Mirando en Google, poco mas he podido encontrar de lo que ya comentáis, es cierto que agrada al saber que un destacado misionero ha nacido en nuestro pueblo, también me llamó la atención que aparte de escribir en la lengua sáliva del Orinoco, hace mención de algún escrito que éste Sr. escribió en euskera, ... (ver texto completo)
Si: a herdanza xa a sei eu: ORINO CO aparello de eses menesteres.
Esa teima cégate, Zé.
Non sei se o soñei, ou se mo contaron. Pero o certo é que teño que preguntarche se o outro día sentache nun escano á porta dun comercio de ultramarinos aí, en Pernambuco.
Dicen que tiña-los ollos pechados, e estabas todo embabecado co pensamento na Pita.
Daquela saiu do comercio outro portugués cunha bacalada moi grande de baixo do brazo, e pasou con ela moi preto dos teus fociños.
Dicen que entón pegache un pulo e berrache:
--Pita moñuda, cachonda!
Unha vez era un mozo que tiña noiva en Acibeiros e ía tódalas noutes a vela. I unha noute viu unha egua co ramal arrastro. Dixo pra el: "De quen será esta egua que anda a estas horas co ramal arrastro? Andará por aí o amo?".
Cuando se fixou, viu que a egua tiña pés de home, e onde pisaba deixaba piaxe de lume.
A egua acercouse a el e díxolle:
--Eu son un cura que me condenei e non podo entrar no ceio, porque estou condenado. E tampouco podo ire ao inferno con esta roupa. Tés que espirme.

El entonces seguiu o camiño, todo cheo de medo, e xa non foi onda noiva. Foi onda o crego do lugar, e díxolle o que lle pasara. E o crego díxolle:
--Pois tés que espilo, sexa como sexa, se non éche peor. Vas facer desta maneira: Fas un circo, e nel póis unha cruz pintada, e póiste encima da cruz, e cun lareiro largo e unha fouce na punta, vaslle quitando as vestiduras, e empezas polos pés, que se empezas pola cabeza, vaise a ti.
I el así o fixo. Foi ao sitio onde el lle dixera co esperaba, fixo un corro e nel pintou unha cruz, e púsose nela, esperando a que viñese.
Cuando veu, empezou a sega-las roupas polos pés, e según as ía segando, íase enterrando, e cuando as segou de todo e llas quitou, solo lle quedou a cabeza fóra, e díxolle:
--Maldita sexa quen tanto te ensinou.
Despois quitoulle o gorro, i ao quitarlle o gorro, enterrouse de todo, i el marchouse para o pueblo e xa non lle pasou máis nada.
Xa está.

(Recollido de Cortés y Vázquez. Arranxado mínimamente.) ... (ver texto completo)
Esta palabra que tantas veces temos escoitado, CIFRE, non a vexo por ningures. Sí aparece en Estravís VIRUXE. A min paréceme que teñen o mesmo significado.
Xa teño a pista, con istes datos que ô sinor discrebe, foi un fillo dise ô que recolleu a mala ô outro día, pois como dixo ô padre Xosé ven a descendencia de Galiza, nahún podía ser outro, seguro que era íse tiña tuda pinta, munto alto amarelo, nariz munto grande, ollos pardos un retrato do seu pai ou do seu abó.
Más aunque le queira dar más datos non tornei a verlo,ê posible que ô meu xefe sepa algo más, nahún sei se querrá decermo, bou intentar convencerlo, si nahún ô fillo do Ruiz Matos, de tudas ... (ver texto completo)
252525, olha que o Orinoco fica en Venezuela.
Ou falas polo asunto dos lindeiros entre a Espanha e Portugal naquel século?
Cando voltes --si voltas-- trae uma mulatinha que fique munto bem, para esquecer à tua bem amada Pita Monhuda.
O arquitecto de Lubián, Antonio Prieto, é un apaixonado estudioso do Padre Lubián. Seguramente el pode decirnos moito máis do que damos atopado en google.
Eu, sabedor de tér un crego na familia dos meus devanceiros, quero tamén saber máis.
Os indios Sálivas era o pobo máis importante do Alto Orinoco. Con eles conviviu Roque Lubián trinta anos desde a Compañía de Jesús, na que ingresou en 1.732.
Chegou a ser Superior da Misión de San Juan Nepomuceno, cargo desde o que se viu mergullado nos asuntos ... (ver texto completo)
Vivía un home nun dos pobos da nosa contorna que tiña moitos cartos, pero seguía a ceplina-lo penico de mexos, con algún que outro "tropezón", coma eses que se botan nas sopas e consomés, por unha ventana á mesma rúa.
Os veciños, que xa tiñan todos retrete desde que se puxera a auga máis o saneamento, andaban moi fartos de aturalo, e puxeron o negocio en conocimento da autoridade competente.
O Alcalde chegouse alá, viu como estaba a blanquexar toda a parede co salitre dos mexos que se arramaban, ... (ver texto completo)
Efectivamente, a presente escolma de contos popùlares de Maruxa Barrio e Henrique Arguindei, foron editados pola editorial Galaxia ano 1983.
Un saudo.
Con Henrique Arguindei tomei un día unhas cuncas nunha tasca de Cangas, hai uns trinta anos. E díxome: "Felipe, non te esforces en falar coma min. O voso galego é perfecto."
Ben que llo teño agradecido, porque botou fóra de min determinado complexo.
O CONTO DO MUIÑO
Daquela, por eiquí, aínda non conocíamos os muiños de auga. Moíamos o centeo nunhas pedras cuncas, á man, rongando por riba con outra pedra redonda.
Un día apareceu un galego que se asombrou do atrasadiños que andábamos, a pesares do río e dos rigueiros que podíamos pór a moer, cun pouquiño de intelixencia.
O pedáneo tocou ó acordo, o galego explicou as novas tecnoloxías na asamblea, e decidiuse por unanimidade pagarlle ao galego por levantar un muiño de auga no pobo.
Rematado ... (ver texto completo)
Eu este conto hai anos que o lin nun libro de Ramón J. Sender, "La tesis de Nancy" ou "Nancy doctora en gitanería", non lembro en cal deles. ¿Onde nacería o orixinal?
Seguramente se trata dun contiño anónimo da cultura popular, tan antergo coma esta cultura da que bebemos todos nós.
Hola a todos los foreros de Lubian.-
Quiero agradeceros la mención que hacéis de esas frases y palabras propias de las Portelas: como nino, muto, espalladeira, garapio etc. Es evidente que son propias de nuestra identidad. ¿Cual es su procedencia?. Yo os manifiesto que no soy de letras, soy de números, pero reconozco que la literatura da un plus de calidad en la escritura y forma de expresarse de cada uno, que asimismo se transforma en una seguridad total a la hora de expresar sus escritos, cosa ... (ver texto completo)
Mira, José: A min cando me preguntan se son galego ou castelán, digo que son das Portelas.
O noso encanto é falar o noso galego, sen sermos galegos. Eu teño participado en moitos congresos de cultura galega. Sabes por qué? Porque son de Zamora. Se fósemos galegos, a nosa Asociación Xente Nova non tería un Pedrón de Honra, nin eu sería membro correspondente da Real Academia Galega. Tamén é verdade que eu non escribo como falo nas Portelas. Pero se estamos castelanizados, tamén podemos galeguizarnos ... (ver texto completo)
De todas estas palabriñas, eu sólo sei (ou recordo) algunhas: treixa, angarillas, estadullos, soltas, xugo, eixe, carro... as outras son como unha novedad pra mín. E non che quero decir pras miñas fillas, na vida as oiron, qué lástima. ¡Que non se perdan!
Estas palabras xa se están a perder, porque o carro xa morreu.
A economía anda mal; e a min, que tantas veces ouví no pueblo, morto de risa, aquelo de que ao peor algún día habería que volver arar as leiras..., arrepíaseme o corpo ao pensar nas necesidades que cada vez máis xente pasa.
Si houbera que volver á labranza de subsistencia nestes pobos, a xente non sabería nin cómo principiar.
conto de curas

O Sñr. cura atopou na corredoira Á nena da veciña que levaba unha vaca pola corda.
E logo dixolle, ¿seica vas a pastar avaca?. Non señor, ¡lévoa o boi! ¿Que a levas o boi? ¿E vas ti soa? ¡Seica si! Entonces ¿e que non hai xente na casa? ¿Hai os de sempre! pois eso queno debía facer e teu pai.
Meu pai non señor, que non vale ¡ten que ser o boi!
E logo ti aínda non viche a película "Sempre Xonxa"?. A min paréceme encantadora. Ven unha escena con ese conto. E resulta que o boi da aldea levábao o crego, para máis inri. Merece a pena vela.
Argola facia on da nos algunha funcion mais como era a de atar unha corda pequena, a ela e que tirara por os maiores cando o carro non ia mui cargado evidentemente. A TREIXA de atar o carro e muito mais longa ainda andan pola casa un par delas, que agora fan outras funcións.
A unica diferecia que atopo e nas TREITOIRAS, que vos lle chamades ESTREITEIRAS
e creo que tenmais fundameto o voso pois elas onde rozan contra o eixo estreitan, por eso habia que cambialas de cando en vez.
Un saudo e gracias ... (ver texto completo)
E como era máis doado cambiar as estreiteiras que o eixe, facíanse de bidulo, que é madeira blanda, para que o eixo durara moito máis. O eixe facíase de freixo.
Meu pai, entre outras moitas cousas, era carpinteiro de carros.
Pero eu non sei todas esas palabras. Limítome a copialas do libro de 1.952 "El Dialecto galaico-portugués hablado en Lubián", que tre o carro debuxado esquemáticamente con tódolos nomes.
Home, como labrego desertor aos vintedous anos, algo sei. Agora mesmo lémbrome do TENTEMOZO, ... (ver texto completo)
Na miña casa había unha variante a cerca da fustaxe. Recordo que miña abuela dicíame, mira que fustras levas coa faldra fora.
Non ouvira nunca FUSTRAS. Tampouco ven nos diccionarios ao meu dispór.
Sen embargo, ao buscar "fustras" no Estravís, vexo o adverbio FUSTRE, que significa "mal".
Pon como exemplo: "O negocio saíume fustre."
Paréceme que por aí anda a cousa, non?
Tamén encontro ese PALAFUSTRÁN de Gel: persoa nugallá e pobre. Home alto e groso. Palagartán.
(NUGALLÁ: feminino de NUGALLÁN, que significa "preguizoso, folgazán, desidioso, falto de vontade". Sinónimos: NUGALLAS, NUGALLÓN, LACAZÁN.)
Amigo Inda: A exposicion, estaba o lado xusto da casa dos primos meus, algo lle queda dela, porque o resto marcharon rodando.... adornar chales en Canido, Nigran, Baiona e un polomenos marchou pra serra de Madri xunto con arados romanos, e un par deles xunto con duas charruas portuguesas adornan a estacion de servicios de Erosa, tamen tiñan xugos e todo tipo de farramentas pra labranza.
¿Como se lle chamaría en Lubian as partes do carro? que onda nós lle chamamos
chedeiro, que se compon das chedas, ... (ver texto completo)
Amigo Barxes: O carro é moito carro, e son moitas as súas palabras. Un carro delas.
Está a EIXEDA ou AIXEDA. Toda dunha peza, desde a punta da CABEZOALLA ata os dous BRAZÓS da traseira.
Na cabezoalla están as CHAVELLAS, para suxetar a cabezoalla ao xugo co sobeo.

"Quíxente botar un polvo
na cabezoalla do carro
foise a chavella pra atrás
e esfolei todo o carallo"
(Jota cantada por un dúo de Ourense, na festa do pobo, adicada ao seu alcalde)
... (ver texto completo)
Amigo Inda: Cando eramos pequenos miña nai, desde que nos cambiaba me refiro a poñer roupa limpa, cando iamos despois algo manchados, utilizaba a palabra, menuda fustaxe que lebais xa caistes no bulleiro.
Un saudo.
Canto me alegro de que a palabra non sexa só de eiquí. Porque esa é unha das dúas acepcións que lle daba miña nai.
Amigo Inda Cho Sei, dado que en este foro, algunos me consideran un sosias tuyo cuando te pones en plan intelectual, te dire que fustaxe a mi entender viene del castellano, de la palabra "fuste", que en una de sus acepciones dice.: Fundamento de algo no material. Desglosando, Fundamento: fig. Razón, motivo de un juicio, apreciación, origen, principio. Serenidad, formalidad de una persona.
Yo creo que la Lola se referia a las dos acepciones cuando se dirigia al Felipin, la primera para que fuese ... (ver texto completo)
Creo que non. Miña mai non me quería decir iso. Ela non sabía de tales elucubracións.
Polo que vexo, Barxes nos aporta que en Barxa, do concello da Gudiña, ao lado de Portugal, tamén existe esta palabra, cun dos significados que se lle da eiquí: mala pinta, lixoso, feito un baldrogas.
Abecerrarse, dícese del pan que sale pegajoso.
Poda que o Piño nunca se le abecerrara o pan nin os roscois pois tiña moi boa mou. É outra dás palabras que me gusta, e a máis creo que é moi exclusiva da nosa zona. ¿Ou non?
Nótase que eres un estudioso de Cortés y Vázquez.
Cando cocíamos vinte fogazas de centeo para vinte días, na miña casa, algúns saían aborregados e outros estrombados.

Anda, colle agora ao colo ao da bicicleta de Veraneo en Lubián!
Outra palabra máis que aprendo, fustaxe. No Pereiro nunca a oín. Miña nai usaba a palabra zapaldrán para referirse a persoa que andaba pouco arreglada ou cas faldras fora.
Ás cacaforras nos chamámoslle casi igual, cacaborras. Tamén se usa para referirse as persoas que están con frecuencia doentes.
Gel: Ten en conta que "fustaxe" non aparece en ningún diccionario. Igual é unha palabra que só se dice en Lubián.
Zapaldrán nunca o ouvín en Lubián, pero é sonora, e posiblemente a teña ouvido por aí adiante. Nós decimos BALDROGAS.
En Lubián serás ben recibido por todos nós. A miña casa é a veciña á casa de madeira. Pagamos unha ronda cada un, ou as que fagan falta. E se hai que pasar un rato en algunha adega, pasámolo.
O que nos fai falta é formalidade e tranquilidade a todos.
Velaí outra palabriña nosa que non vexo nos diccionarios, nin xiquera no noso particular de Cortés: FUSTAXE.

"Pero qué fustaxe levas!" Esta expresión refírese a que non vas ben vestido, ou que andas enlarafuzado ou embulleirado, ou cheo de fariña,... Refírese á mala pinta que levas.

"Non fagas fustaxes". Así lle decía Lola ao Filipín cando facía "muecas", como torce-los fociños, ou xestos esaxerados.

¿Tamén se diría esta palabra fóra de Lubián?
Gracias profesor. Temos que estar mui agradecidos os de este foro, por a cantidad de excelente clases de galego que nos estás dando cada día, encima gratis.
Ahora queda claro o da i ¿pero que facemos coa h? unhas veces si, outras non, vexo que cuando está no medio da palabra si se usa.
Si te das conta ahora xa vou pondo irmáus sin h, o principio me daba a impresión que de non poñer a h, que era como si lle cortara as orella ou os mutilara, o do orto parecido, como que falaba do mismo pero que non ... (ver texto completo)
O da H xa é outro cantar.
Eu teño lido moitos libros galegos, e ao ler, un vaise fixando. Iso tamén pasa co castelán. Tampouco hai reglas para toda a ortografía.

Tampouco ten tanta importancia cometer faltas de ortografía, que nesta lingua deixáronnos analfabetos a todos nós, que non estudiamos galego.
Cacaforra; Cortés y Vázquez a recolle como "hongo venenoso", a min gústame máis cando a facemos servir para referirnos a unha persoa de pouca valía, ou ben cando nos referimos a unha persoa, case sempre muller, que pasa por un estado de doenza.
Por certo, cantas veces non diría eu o do cerote cando falo en castelan.
Pois mira por onde CEROTE está no "Diccionario de la Real Academia de la Lengua Española" cos mesmos significados que no galego de Estravía, icluido "temor, miedo, pánico".

O que pasa é que "cerote" támén está polo cú do saco das palabras do castelán.

Pero eiquí andamos a remexelo todo.
Lembreime desta palabra, mirei o libro de Cortés y Vázquez, e levei un cerote, ao ver que non recolleu esta palabra.
Abrin o Estravís, e levei unha boa alegría:
CEROTE: 1.- Masa ou mistura de pez e cera, ou de pez e aceite, que usan os zapateiros para encerar os fíos que empregan para coser. 2.- Medo, temor: "metéronlle un cerote...!". 3.- Cerollo (excremento). 4.- Fig. Persoa que non serve para nada: "este é un cerote que non hai por onde collelo."

Nós utilizámola como SUSTO, que ven tendo connotacións con medo ou temor. Haberá que empezar a espetala nos escritos. ... (ver texto completo)
Sempre penséi que esta palabra era exclusiva das Portelas, como "faínto".
¿Estamos todos a falar das fresas?
En galego normativo utilízanse as palabras "amorodo" e "morote".
Hai vinte anos tiñamos na escola de Lubián o grupo infantil TEATRO AMORODIOS, grupo que presentou varias obriñas en Sanabria e Carballeda, en Zamora capital e nas "Noites do Canto da Rá" (Verán Cultural) de Xinzo da Limia. Eran unha delicia que prestixiaba a nosa escola por eses mundos de Deus.
Amigos foreiros de Lubian: Temos a un lado das Portelas a mesma forma de falar que do outro, palabras ainas curiosas como comenta Xinxelo, Amorodios, ésta me fai lembrar cando llos iamos a roubar de pequenos por suposto, a tia Rosa, aunque tias ou tios por onda nos éran todos os maiores. Os amorodios por o noso pobo habia moitos silvestres ou bravos, que bos éran deixaban a boca toda roxa e por suposto os fuciños e as maus.
Me gustaria que o noso amigo Inda nos explicara un pouco mais ampliamente, ... (ver texto completo)
É evidente a influencia portuguesa en Hermisende, Teixeira, San Ciprián e Castromil. Pero a Lubián tamén chega. Tamén temos influxos do llionés. Vivimos nunha confluencia de culturas.
As palabras das que falas son todas normativas, aínda que xunguir é máis aceptada pola RAG que xunxir. Xunxir é como decimos eiquí.
Logo hai cheístas por toda Galicia que non tiveron ocasión de aprender que se utiliza "che" nos complementos indirectos, e "te" nos directos.
Dícese "quérote" cando significa "te amo" ... (ver texto completo)
As falepas ou copos de neve; penso que é unha palabra usada nun reducto moi pequeno. Cando comeza a nevar e o vento as move aseméllanse ás falmegas.
Castelán COPO: 1.- Folerpa, felepa, falopa, farrapo, corrello (partícula de neve)... (Diccionario galego-castelán).

FALEPA: falerpa, folerpa (ESTRAVÍS)
Nunha gasolineira moi próxima chamábanlle "O Doule" a un camioneiro deiquí, porque decía "doule" en lugar de "doulle".
En Lubián, como no resto dos lugares do concello, agás nas Hedradas, non somos "cheístas" nin "lleístas". Pero as características do noso galego propio non son máis ca esa, os plurais en OIS dos singulares en ON, e vulgarismos nas conxugacións verbais, como lle pasa a tanta xente castelá co castelán, e aos galegos que non tuveron ocasión de estudiar a súa lingua.
Faínto e fento ... (ver texto completo)
Cando era rapaz os laregos miña aboa Maria chamaballe "os vacoriños". Unha vez en Verin reironse de min por decir esta palabara pero polo que se pode ver non ha inventera miña aboa.
"Y no entendiendo el idioma
de gallegos desaliños, vi acercarse en escuadrones,
gruñendo, suegras lechones,
que aquí llaman vacoriños.
No supe yo que juntaban
los cochinos de este modo en Galicia. Temblé todo
pensando que me agarraban;
quise huír; no supo el miedo;
desmayéme, y tú piadosa, ... (ver texto completo)
Diccionario de Xerais castelán-galego:
LECHÓN: 1.- leitón, bácoro, bacoriño, corricho, marcote, rancho (porco que aínda mama) 2.- p. ext. Porco, cocho, marrán (animal adulto).

Diccionario de Estravís:
BACORIÑO: 1.- Porco pequeno. Vars. Bacariño, bácaro, bacorín, bácoro, bacurín, bacuriño, bácuro. 2.- Leitón

Bacoriño tamén aparece no libro de Cortés y Vázquez.

LAREGO é sen embargo o sinónimo que máis utilizamos eiquí, pero é menos conocido no galego de Galicia. Aparece en Cortés y Vázquez ... (ver texto completo)
Acaban de presentarme ao pai desa familia. Dixéronme que, de momento, van vivir en Lubián durante 5 meses.
Sabedes que hai unha axuda municipal para as familias numerosas de 600 € por fillo menor de edade ao ano que vivan ou pasen a vivir no municipio. É unha medida que persigue manter a poboación e as escolas. Ao mesmo tempo poden disfrutar os rapaces de comedor escolar gratuito.
Lamentaríamos que tal axuda se convertira nunha axuda aos que teñen casas para alquilar, desvirtuando así a intención ... (ver texto completo)
Nunca pensey que voçe, tibese tantas coisas encomun conmigo, falando do saco, era mellor amigo meu, claro istá de, garoto, tapabame can xobía, cargabo de fariña, nabos, café, outono, torgos, carbón etc. ô que eu nahún sabía ê que se podian meter parábolas, dentro, meu deus por nahún me dar conta antes, assín nahún tendría as carencias que teño oxe.
Disculpe por a ironía.
Unha aperta.
Os idiomas son sacos de palabras, amigo e amante da Sra. Pita. Pero as que descansan no cu do saco hai que espertalas, remexelas e subilas deica a boca para utilizalas e que non morran xamáis.
Un dos primeiros traballos que vin a desempeñar na miña vida foi o de transportista de sacos de grao desde as casas ao muiño familiar, e de fariña, desde o muiño ás casas dos clientes. Os meus perendengues inda non eran quen de bota-los sacos enriba do pollino. Tiña que cargalos o cliente en casa, e meu pai, ... (ver texto completo)
RAPADALLAS
Bonito xogo este das nosas palabras. A min sempre me gustou moito, rapadallas. E máis tamén me gustaba lamber as rapadallas que quedaban pegadas na artesa cando as nosas nais facían xuntoiro para cocer os roscóns nas festas.
RAPADALLAS: Raspaduras, restos da masa que fican na artesa e que se desprenden coa rapa. (Estravís)
Intentaremos axudar desde todos os ámbitos.
Nunha casa que ardeu en Lubián (tiña seguro), o primeiro equipo de bombeiros que chegou para axudaren, Protección Civil da Mezquita.