Luz ahora 0,08609 €/kWh
        

Mensajes de LUBIAN (Zamora) enviados por INDA CHO SEI:

Naqueles tempos remotos nos que vin desempeñando o papel de matemático nun instituto, observei no corcho dunha aula un "collage" feito por un alumno: Había unha extrafalaria figura composta por un torso humano cuberto por unha camisola de bandas azuis e brancas, unha cabeza dun enorme laranxo (chamamoslle así nós as troitas de máis de 70 cm) asomada polo burato da camiseta e unha "potera" de tres grandes anzols cravada na boca aberta da troita-xurelo, cun fío que se perdía no infinito...
Tamén tiña unha mensaxe con letras de diversos tamaños:
"NO SEAS BESUGO. NO TE ENGANCHES AL TABACO" ... (ver texto completo)
Eu fun un pescador de troitas xa tardío. Aprendín a pescar unha vez casado, inda que non teña nada que ver unha cousa coa outra (digo eu).
Non foi o caso doutro pescador máis novo; tan novo, que foi alumno meu nos meus tempos de mestre, tanto na escola como no río. Pois aínda fomos xuntos a pescar un día ó río das Hedradas, onde fixemos unha boa pescata.
Este novo pescador, ao que podemos chamar Chimpabrevas, sendo un meniño de moi poucos anos, atopou un carrete Segarra nun vertedoiro. El mesmo ... (ver texto completo)
Nos meus tempos de político ouvín moitas veces a palabra "demagogia". E casi sempre a empleaban os máis demagogos ponentes. Seguro que non é o caso do señor Prat, inda que dice cousiñas moi difíciles de sacar adiante polos xestores en tempos difíciles, pero que "lle gusta moito escoitar á xente para a que se fala".
Certo que estes tempos son difíciles, pero non son comparables a aqueles outros do pequeno debate. E das personas forman parte o presente, o futuro e o pasado. Eu non teño avós maltratados polos demoños que se citan. Meus avós e meus pais, que eu saiba, viviron tranquilos, sin destacar da maioría silenciosa, durante esa longa noite de pedra (en palabras de Celso Emilio). Pero espántome cando coñezo episodios vividos por xentes tratadas daquel xeito, sexan do bando que sexan. E paréceme que dignificar tantiño a súa pasada existencia forma parte da normalidade que levamos vivindo estas xeneracións de agora.
Un día de 1.983 o alcalde do noso concello, recién nomeado, recibíu unha carta dun descoñecido de Asturias. Nela decía ser sobriño dun home de Hermisende ao que mal enterraran na cuneta por riba da estación. Pedía que o propio alcalde levara a aquel lugar unha flor para seu tío.
O alcalde colleu as mellores rosas do xardín, e levounas, colocándoas nun carballo, alí onde inda están enterrados os ósos de un tal José.
E alguén dixo:
--Mira o noso alcalde, poñendo flores ao Sete Chaquetas!
Era un home pobre que andaba ao xornal polos pobos, e matárono porque ó rexistralo encontraron unha carta en portugués "nunha das súas sete chaquetas", e por ter esa carta, un cantamañanas con camisa azul determinou que se trataba dun espía.
Cando leve rosas a tumba de meu pai, apartaréi unha para o mesmo carballo. Só é suestión de sentimento. ... (ver texto completo)
Gel: noraboa polas túas mensaxes e polo teu galego.
As mortes violentas de tódolos tempos déixannos a alma encollida: guerra civil, tódalas guerras, terrorismo na rúa, terrorismo no lar...
A min chámame a atención o inmenso silencio en Lubián sobre Fábrega Coello, quen por certo era curmán do presidente da Deputación de Ourense daquela época.
Nunca meu avó, xamáis meus pais se atreveron a falarnos deste episodio, ata que o periodista e escritor Xavier López Rodríguez o destapou coa sua novela ... (ver texto completo)
Eche ben certo que o negro resalta sobre o branco. Por iso algunha vez tuve ocasión de decirlle a algunha:
--A túa rosa é máis grande que a roseira.
Pero xa hai tanto tempo, que acho que inda non se inventaran as rosas negras. Tamén é certo que sempre tuve moita fantasía.
Lapaberzas fora coas vacas para a Serica, perto do Churrián, no tempo da sementeira. Naqueles tempos andaba a chocar cunha rapariga do pobo das pitas, e cheiráballe que tamén ela andaría coas vacas nun prado a beira do Leira, ... (ver texto completo)
A min este acontecimento na choza da Viña tenme chegado de lonxe, en máis dunha ocasión, e non sei se tódalas fontes son de fiar. Sobre todo se naquel tempo eras un cativo ou andabas inda a navegar polo forro dos perendengues dos teus devanceiros.
Ela, a amorosa, érache a Galdina, procedente do norte da Lusitania.
O emprendedor de tal negocio na choza non foi outro que un "lozano" señor que, entre outros empregos, foi tamén o secretario da Cámara Agraria Local daqueles tempos.
Daquela cabe deducir que o servicio da Galdina poidera ser de balde para tódolos socios da Hermandade de Labradores con necesidade de apuntar a rella, acrebuñar a gadaña, afilar a fouce, endereizar o timón ou suavizar a chabella.
Así que non sei se o negocio sairía moi rendible. Do que casi estou seguro é de que ese día, na choza da viña, producíronse máis cantidade de lácteos e outros fluxos corporáis, que cántaros de viño deu a viña ao longo de tódolos tempos. ... (ver texto completo)
Quero anunciarvos que no foro da páxina oficial do concello hai uns recortes de prensa de 1.911 e de 1.934 con noticias de Lubián que ben paga a pena darmos unha volta por alí e opinar. Trátase de Lubián como centro dunha intentona de Restauración da monarquía portuguesa, e máis tarde, dun veciño que recibía cartas dun falanxista que chegou a ser ministro do Réximen.
Un tal Quesada, nun deses libriños da editorial O Moucho, debuxaba unha bonita estampa de usos e costumes que ben poideran axeitar cos ancestros de malladadacimapolapaladosalbard eiros. Enfoquémola no Churrián, barriada que imos pór de moda a partires deste medio:
Unha mazaira, ao medrar nun horto, rente a casa doutro veciño, penetrou pola porta carral da corte, seguíu a medrare, e saíu pola porta do balcón, ofrecendo as mazanciñas ao dono do horto tódolos anos.
Cando o señor Prat voltou de Cataluña ... (ver texto completo)
Eu prefiero a explicación dos vagalumes facendo o amor, inda que só é a femia a que ten órganos fosforescentes. Iso leva á conclusión de que se trataba de dúas femias lesbianas de vagalume xogando á brincadeira.
Por certo: os vagalumes tamén son chamados "luciérnagas", lucecús, lucernas, vermes de luz, vellas das papas, vacalumes e cagalumes.
Probablemente os lucecús do Churrián sabrán das vosas pescas nocturnas, pero tamén das aventuras daqueles Templarios dos que dice proceder Malladadacima.
O noso viaxe a Ourense é de traballo, de adestramento, en compañía de outras dúas bandas: Toda a mañá e toda a tarde, de ensaio e convivencia.
Manda carallo! Este leñador, ou ten moito tempo disponible para os rachos, ou é un constructor frustrado. Probablemente tire de cinta métrica e lapis de carpinteiro antes de acelerar a motoserra.
que fraile, carezco de la formación técnica adecuada para valorar los contras que están surgiendo.
Tal vez sería mejor disminuir la dimensión del proyecto y de los rebaños, porque la idea parece bonita y romántica, pero dicen los entendidos que habría que darle un toque de pragmatismo.
La AECT Duero-Douro (Asociación Europea de Cooperación Territorial) está integrada por varios municipios de Zamora, Salamanca y Portugal. Lubián es uno de ellos. El día 18 irá a la Asamblea Celestino, porque el Alcalde estará con la Banda en Ourense, e irá acompañadopor los alcaldes de Puebla y Hermisende.
Si ese proyecto en el que se está trabajando saliera adelante en un futuro, en Lubián iría uno de los rebaños, si lo aceptan los vecinos.
Sin embargo las asociaciones agrarias españolas no apoyan ... (ver texto completo)
Esta casa foi a primeira escola na que entrei ao cumplir os seis anos. Once de febreiro de 1.958.
Lémbrome da cartilla aquela de "amo a mi mamá", a pizarra e mailo pizarrín tapando aquel pupitre que tiña un gran letreiro feito a navalla (porque non paso a creer que algúns rapazolos levaran formón e martelo á escola): NICANOR.
E que esgarrios botabamos ás veces naquela louxa con marco para borrar...!
Tamén quedei pasmado do sitio que ocupaba un compañeiro que fora á escola dous anos antes ca min: ... (ver texto completo)
¿DRACULIASIS?
Eu, cando éramos nenos, ouvín ás veces que os cabelos longos de muller non se podían botar na auga, porque se convertían en serpes.
Paréceme que era unha crenza, un credo dos vellos, transmitida pola tradición oral.
Ao medrar, esquecinme por completo do que sempre me parecera unha andrómena.
Pero hai uns anos, de pesca no Tuela, no lugar da foto, nunha charca entre os penedos vin un fío que se movía, con vida propia, como se fora un cabelo dunha marabillosa mociña loira. Estaba ... (ver texto completo)
Hubo un tempo no que había escolas en tódolos pobos. Naqueles tempos felices, inda que máis pobres, as casas andaban cheas de xente: abós, pais e fillos... e as cortes cheas de gando. Por iso estaban tamén cheas de cativos as escolas.
Para amañar un problema xurdido na escola de Padornelo, a señora mestra, o pedáneo de Padornelo e mais o alcalde maior de Lubián viaxaron no tren a Zamora, recibidos en audiencia polo Delegado Provincial de Educación.
O viaxe pagouno o concello, e o señor alcalde ... (ver texto completo)
Eu xa estaba eiquí. Levaba cincocentos vintesete anos sen compañeiros. Viña ás veces unha luz divina, e apañaba catro noces e un canastro de castañas. Os días catro de cada mes viña máis xente con gando, e facían unha feira. Foi daquela cando me naceu o ollo. E foi así como mirei a malladadacimapolapaladosalbard eiros dar pinotes contra outro castiñeiro que xogaba de defensa. Mancouse e... que negro tiña aquel pé! Logo houbo tamén unha brigada de traballadores facendo unha zanxa moi profunda na que ... (ver texto completo)
Amada Clementina: Ti sí que sabes. Ésa é a verdadeira historia deste xa famoso cuadrúpedo. Só marras nunha cousiña: As especialidades deste xumento sonche Tocoloxía e Obstetricia. Eu convivín con el catro anos nunha alta institución. El érache o voceiro nunha Comisión, e non vexas como orneaba.
Según dicen os que millor o coñecen, daquela orneaba presumindo de ser o castelán que máis farragachas de muller levaba contempladas.
Aquel xumento, cando Holofernes perdeu o interés pola cabalgadura, adoeceu dunha depresión menopáusica de cabalo. Ben é verdade que opositou para funcionario..., pero non lle chegou a vida até o día das probas: Foi un día de excursión a Patís, na compaña do pai de Holofernes, e alí, atado a un piorno, perdeu o cu, que llo paparon os lobos, e del non quedou máis que a transmisión.
E todo por non facerlle caso a un farraguas de can de carea que pasou a noite a ladrar sen descanso.
Os que estaban ... (ver texto completo)
Don Teolindo viñera da guerra con tres estrelas de seis puntas. Era un dos homes máis importantes do lugar, e inda hoxe a súa memoria e unha das máis respetadas pola xeneración dos máis sabios do pobo (Sabios, por aquelo da edade, que sempre é un grado, inda que non teña ese grado nin estrelas, nin puntas, nin rebolgois)
Por iso podedes imaxinar a vergonza que pasei cando, ao dar a volta ao penedo, ouvín xemer á miña esquerda, e vin aquela estampa imposible: Don Teolindo asubelando nunha burra!
Dei unha reviravolta coma un alustro, e fuxín coas punteiras dos zamancos, na procura de non ser mirado nin pola burra, nin polo honorable Don Teolindo.
Hoxe inda teño unha grande dúbida: aqueles xemidos... eran da burra peideira ou daquel admirado home? ... (ver texto completo)
Holofernes da Adreida era un neno dos anos sesenta do século pasado. Sempre andaba dacabalo dun burro, tanto para ir coas vacas, como para ir tapar a iauga aos prados. Bueno, creo que para ir á escola deixaba aquel xumento na corte.
Un día daqueles, nas vacacións do verao, falaba un curmán do rapaz, que andaba nos estudios na capital, co pai de Holofernes da Adreida, labrego moi estimado en todo o concello:
--Querido tío: ¿Y qué será de mi amantísimo primo Holofernes el día de mañana, sin estudios, ... (ver texto completo)
Eu o Día da Tuíza ando todo o día a cabalo dunha nube. Tanto é así que, este ano saín do recinto para facer un recado e, cando voltei, vin a muller nun grupo de xente polo rabiño do ollo. Acerqueime e boteille a man por riba do hombreiro, decíndolle "hola".
Ela contestou tamén "hola, qué tal..."; pero ao ollar para a súa sorrisa, comprendín que me equivocara de grupo e de muller. Foi un deses intres nos que desexas que che trague a terra...
O seu home resultou ser un amigo das Frieiras que con ... (ver texto completo)
O Carrabouxo está no mostrador da cantina fronte a unha cunca de bon viño.
O camareta, para ben vender o producto, afirma como se falara por autoparlante:
--Ollo, que éste eche de alta graduación.
Daquela, o Carrabouxo dá un pulo, e facendo un teatral saúdo militar, berra:
--Susórdenes!
Dicen que lle tocou a primitiva a dos amigos en grado sumo do cubata, da xinebra, do Whisky, e demáis graduadas beberaxes.
--E onde ivertimos estes cartos?--dixo un deles.
--Nun bar! --sentenciou o outro afortunado.
--Carallo, nun bar! E se nos vai mal?
--Se nos vai mal, abrímolo ao público!
A outra tarde tiñan soalleira o Miguel e o Baltasar. Eu acerqueime, porque sempre é agradable lembrar cousas do pasado tan ben contadas por esa xeneración.
E andaba Baltasar a describir a seguinte estampa:
Un mozo de pé, firme, cun arado ó lombo. Unha moza de pé, firme, cun cántaro de auga enriba da testa. Os dous levan nesa postura un rato longo, roendo a orella. E dice el:
--Maio cabrón: Inda non nace o sol, e xa se pon!
Carallo, Amancio. Manda carallo na Habana! E a noiva non tiña tataravoa?
O impulsor da dieta mediterránea! O mesmo. Érache o home do saco doutras bisbarras.
De el decían en Puebla as mozas:
--Que feo es ese tipo, pero que pelo más bonito tiene!
Polo menos iso contaba el. A min aquelas guedellas rizadas casi me metían medo.
Nos meus tempos de labrego tiven ocasión de vivir acontecimentos e anécdotas que só se dan nesa vida de vagar, onde o tempo ía pasando despacio, mentras regresabas montado no carro, pola Rozada arriba, de volta dunha xeira de sementeira, guiando desde atrás aquelas vacas cargadas de pachorra...
Tiñas tempo ata de ver desde Valdiores o espantallo de Pingadelo danzando unha muiñeira cunha corza na Veiga Forcado, antes da queima.
Por riba dos bebedoiros do Sotelo alcanzounos o Maurilio de Castrillos, ... (ver texto completo)
Érache un homiño como de xoguete, pero pouco apropiado para uso dos meniños. Viña das partes baixas do Tuela, e gañábase a codia cunha tallada de touciño rancio picando a leña eiquí, ou escaldeirando alá.
O tío Perfeuto deixábao dormir na casa da Cachifra, na pallarega que tiña enriba da adega onde se gardaban as patacas e algunha cousiña máis. Aquel día había tamén un feixe de vimbios para facer canastros, uns ripados e outros sen ripar.
Abaixo rían dúas mociñas duns dezaséis anos contándose as ... (ver texto completo)
Chegaron ao lugar dúas romeiras, camiño de Santiago. Para albergarse andaban a preguntar por "La Maison de Pacorro", pero ninguén ouvira falar nunca daquel mesón.
Elas decían que sí, que lle recomendaran "la maison de Pacorro" neste lugar dúas compañeiras do seu país, que se albargaran había uns anos nela, que foran moi ben tratadas e que o Pacorro as deixara moi satisfeitas.
Casualmente viñeron preguntarme a min por suxerencia de non sei que veciño.
--Non, non. Eiquí non hai nengún Pacorro. ... (ver texto completo)
Corrían os anos 1.972 e 73. Non corrían. Voaban.
Naqueles tempos traballei de educador no "Atlántico" de Pontevedra, preto do Campo Grande, camiño da Seca.
Foron tempos moi felices. O traballo consistía en manter a disciplina de xente da miña iguala nun andar da Residencia. Estudaban maxisterio ou FP. Foi coma outra vida: amigos e amigas que desapareceron desta de agora sen deixaren rastro; "Universo", "Daniel Boon", e veña move-lo esqueleto desengonzado dos vinte anos...
Nunhas vacacións, viaxando ... (ver texto completo)
a min como galegafalante non me extrana que un zamorano fale galego o triste e que me empeza a extranar que o fale un galego... tal como van as cousas os que si o falamos imos ter que pedirvos asilo os zamoranos. un saudo
Xariñas: estamos a vivir nunha aldea global. Nós somos unha parte pequerrechiña do territorio do galego oriental. Eu coñezo queixas presentadas verbalmente no concello por usa-lo galego en folletos sobre o Verán Cultural. O máis curioso é que as queixas sexan plantexadas en galego. Cómo se pode facer en galego unha queixa contra o galego?
É decir: neste concello de fala galega hai as mesmas problemáticas lingüísticas que en Galicia, agrandadas polo feito de pertencer a outra comunidade.
Pero hai ... (ver texto completo)
Decía un apreciado e finado pechabares que víra un búfalo na serra. O can de Dacasnalgas trouxo un coello. ¿Non sería o búfalo aquel? Mira que non volveu velo ninguén.
Seguramente unha das perdices, ó caer fulminada, matou o búfalo dun picotazo fortuito no cerebelo.
A seguir coa narrativa, Pingadelo.
Antes de adicarme ó taxi, fun lexionario no deserto do Sahara. Certo que facía calor, inda que eu pasei os quince meses en Dajla (daquela, Villacisneros), que está na costa, e o clima é suave pola influencia do Atlántico.
Sendo recluta, cando máis calor facía, tiñamos que facer instrucción ó sol e abrigados coa camisola por riba da camisa. Logo púñannos ó abesedo, detrás dun frontón, sentados no chan, en mangas de camisa, para as clases teóricas.
Como PROFESORES de teoría tiñamos os CABOS, casi ... (ver texto completo)
O pasado domingo foi a Feira Franca da Moimenta, e por alí anduve a dar unhas voltas. Fun convidado polo senhor presidente da Junta de Freguesía.
O día non puido estar mellor. Por iso andaba por alí toda a contorna. Houbo touros nunha plaza desas portátiles, con forcados e toureiros dacabalo, concurso de ovellas e de cans da res, e moitos postos de vendas ambulante.
Chamoume a atención un paisano que deu a vara desde dous sitios distintos co autoparlante sempre a berrar:
--Dez panos de cocinha, ... (ver texto completo)
Nos veráns non hai cincuentón, sesentón ou septuaxenario que non teña horta. Pero cultivar un horto a beira da estrada pola que pasean todos os xubilados é unha tarefa reservada só para os máis atrevidos.
--Vaia pementos máis esmirriados que ten eiquí o Inda. Esta colleita non lle vai quita-la fame, non!
--Non os regues tanto, que vas afogalos.
--Non se cava nuca cando hai orballo. Parece mentira que foras labrego de rapaz e de mozo.
--Eses sucos deberían se máis fondos...
-- ¿E logo moi seca tés a horta? ¿Non hai auga no caño?
--Non regues ca da fonte, que vai moi fría e destemplas o eido...
A muller trouxera as manadas de pementos de Oimbra, pero non parou de chover nunha semana, e cando vin plantalos xa debían andar doentes. Certamente eran os pementos máis ruís de todo o Val de Lubián. Botaron flor, caeulle a mitade, e logo saíron aqueles pementos escuchumizados que non daban medrado...
Comprei un saco deles en Verín e seleccionei os máis mellores: vintetantos cm de largos e cun corpo cheo de esbeltez. Levanteime cedo, collín uns metros de sedal e prendín dous nunha planta, tres naquela outra,... así, ata que gastei dúas ducias deles. Inda tuve que suplementar algunha plantiña con dous o tres guizos: había pementos máis altos cas plantas.
Aqueles días foi a sensación do paseo:
--Se non o vexo, non o creo --decían casi todos-- Hai que ver qué pementos en plantas tan miudiñas.
--Como se nota a calor! Esta cortiña e moi fría. Non deron medrado as plantas pola friaxe, pero estas noites quentes cómo fixeron enche-lo fruto. Os mellores pementos do lugar!
Unha tarde, xa medio luscofusco, acercouse a min o Piño con moito sixilo e alá me botou na orella as seguintes palabras:
--Quen ía decir que plantas tan arricanxas darían da noite á mañá pementos tan caralludos. Así é a natureza. --Esbozou unha sorrisa de pillabán e acabou plantexando unha dúbida na que non caera eu-- Pero o que xa non ten explicación é que aquelas cuatro plantas do cabo do suco, sendo de Padrón, den pementos de Oimbra, carallo! ... (ver texto completo)
Nun concello desta ínclita provincia, fará uns cinco ou seis anos, colocaron no Taller de Bordados un emblema da Longa Noite de Pedra, que xa fora quitado dalí na transición. Daquela saíu este meu artigo no diario provincial, que me valeu unha forte discusión con aquel rexidor, nun ágape na Deputación.

"Allí estaban el yugo y las flechas. Él, acostado, en posición de descanso, cansado ya de tantas humillaciones. Ellas, de pie, en perfecta formación.
Para sus infantiles ojos formaban un todo indisoluble. ... (ver texto completo)
Eche un conto moi vello, pero a min faime rir cada vez que me ven á memoria.
Acórdome del sempre que meto cada ovo no buraquiño da porta do frigorífico, así é que quen me vexa rir sempre que meto ovos na neveira pensará que toleéi.
Dicen que un de Lubián foi mercar unha neveira onda o Fulero de La Villa, alá nos tempos primeiros deste artiluxio. O tendeiro explicoulle para que servía cada bandexa e cada caixón: conxelador, sitio da froita e das verduras, lugar para o peixe, e na porta para as beberaxes.
Entón ... (ver texto completo)
Certo é que dirixo unha explotación de catro galiñas. Pero unha ten 8 anos e xa non produce, e non son quen de retorcerlle o gañote, nin deixala fóra, de noite, para que a pape a raposa.
A conta de resultados da explotación é a que sigue: 225 ovos cada tres meses, que son 18,75 ducias, por 1 € de valor, un total de ingresos en especie de 18,75 €.
Nese tempo, ademais das sobras de pan, arroz, ensaladas e mariscos, comen un saco de millo triturado que vale 15 €. Así é que teño unhas ganancias de ... (ver texto completo)
Cando chegou don Miguel a Lubián, facía máis cartos o capador ca o veterinario.
O Paulino tocaba o chiflo, e saíamos todos os rapaces pensando que era o afiador, por aquelo do seu artiluxio a pedais; pero o capador non era do noso interés, sempre enriba da porca.
Daquela saíu un novo decreto vedando a actividade dos capadores en favor dos veterinarios. E don Miguel non facía vida do Paulino, porque toda a xente valoraba máis a experiencia do de Pentes ca os estudios do veterinario.
E tanto se ... (ver texto completo)
Sexas benvida neste foro, e quedas tamén convidada á páxina oficial do Ayuntamiento (www. ayuntamientolubian. es), onde hai outro foro menos concurrido, pero moito material.
Eu tamén tuve un avó que foi o mellor contacontos do mundo de Lubián, e unha mai que tamén os contaba moi ben levados, pero que agora non lembra polo maldito alzheimer.
Todos estes contos e lendas son o noso patrimonio inmaterial. E non imos perdelo.
Nin que decir ten que probablemente non haxa nin un anaco de verdade en ... (ver texto completo)
CONTO DO ALCALDE DE LUBIÁN
Daquela inda non chegara a TV ó noso concello. Andaran uns navarros cunha antena cravada no cimo dun pao de piñeiro levantado preto da Escarramana. Pero aquelo máis parecía unha buraca chea de chispas que un televisor.
A radio inda hoxe non se escoita ben, pero naqueles tempos non che había outra cousa, e botaban aquelas radionovelas por episodios diarios...
-- ¡"Matilde, Perico y Periquín"! "Matilde Conesa, Pedro Pablo Ayuso..."
As amas de casa daqueles tempos (que ... (ver texto completo)
Mañá, día 23 de marzo, ás 16:30 tocará a nosa Banda de Gaitas no instituto de Puebla de Sanabria para alumnos e profesores belgas e franceses que nos visitan dentro do proxecto Comenius.
Estou moi contento. O domingo pola mañá, ó ir acomodar as pitas, escoitei os rechouchíos dunha anduriña. Levantei os ollos, e alí estaba, no cable da luz que cruza a estrada.
A esa inda non a volvín ver. Non sei onde estará agarbada desde entonces.
Pero despois xa vi ó López, á Mari, á Baldomina e á Marcela e ó seu marido Luis.
Xa van vindo.
Isto xa vai tomando cor.
Invitada pola Universidade de Vigo, o sábado día 13 de marzo ás 13:00 horas, a nosa Escola de Gaitas vai interpretar dúas ou tres cancións no cemiterio de Cacabelos, ó redor da tumba de Antonio Fernández y Morales (militar e poeta berciano en letras galegas), nunha homenaxe a ese poeta do século XIX e a Firme de Batribán, poeta e gaiteiro asturiano en letras e músicas galegas, morto no 2009 con 86 anos de edade.
As cancións van ser o Himno do Antergo Reino de Galicia, o Pasucais de Xan de Mieres, ... (ver texto completo)
O mestre dende o seu escano apura un "Peninsulares", e ao redor da súa mesa, de xeito inusual..., os seis alumnos de 4º curso de EGB predispóñese a dar a lección de Xeografía: "Ríos de España". Ramirito, de forma moi enzarabetada, relata a trancas e barrancas o nacemento, obra e milagres do Miño. Mentres, Xareliño entretense cazando cúa súa boca as bocanadas de fumo que dende o outro lado da mesa vai soltando o mestre. O resto de alumnos á procura da situación comezan a murmurar e botar gargalladas. ... (ver texto completo)
A min paréceme que tanto o pescador de sables e xurelos, como o extractor de fume de tabaco con boquilla, son personaxes do teu entorno infantil, e pode que ata da mesma habitación nun dos casos. Pero ti mesmo has ter moitas aventuras sen contar vividas en primeira persona.
A miña orella esquerda sábeo ben, lembrando a derradeira viaxe á Central das Conchas, despois de representadas as obriñas de teatro.
ESTE RETRATO BEN MERECE UN RELATO
Non foi no caño da Cruz. Foi na canadiña das Corgas, vindo un día do Lombo do Muiño.
Esparexido o prado que dá cos fociños no Pozo Negro, ó lado do salto, o tío Prefeuto e máis eu subimos pola canada do Lombo do Muiño ata a caldeira que ven desde o fondo do Carballal dos do Saro. E viñemos, moi de vagar, polo cabalete. Collimos logo a caldeira das Corgas e, cando subiamos pola canadiña cara a canada da Pía, baixaba apresurado cunha aixada ó lombo o amigo Piño.
Iba ... (ver texto completo)
Alá no século pasado, cando os pés vivían nos escarpíns bravos de lá, e os escarpíns nos zamancos, baixaba o carro do tío Prefeuto pola canada do Val, cargado ata os topes de estrume e coas terraxas ben apretadas.
Ó chegar ó Pego, meu avó deume a aguillada a min, que non tiña máis de oito anos, pra ir facendo prácticas de condución pola estrada, ben arrimadiño a borda da dereita, pra chegar a ser un bon chamador de carros o día de mañá.
Ai, amigo! Esta sí que foi boa: ó chegarmos frente ó cuartel, ... (ver texto completo)
Escenario de tristes despedidas, máis tamén de felices reencontros.É doado que non deixe a ninguén indiferente.
Doy las gracias a John Cheever por su inestimable colaboración en el relato del encuentro con mi padre en la Estación.
En Lubián neste inverno non Chove Miudiño, máis ben o contrario.
CONTINUACIÓN

El cuarto establecimiento en el que entramos era italiano.
--Buon giorno --dijo mi padre--. Per favore, possiamo avere due coktail americani, forti, forti. Molto gin, poco vermut.
--No entiendo el italiano --dijo el camarero.
--No me venga con ésas --dijo mi padre--. Entiende usted el italiano y sabe perfectamente bien que lo entiende. Vogliamo due cocktail americani. Subito.
El camarero se alejó y habló con el encargado, que se acercó a nuestra mesa y dijo:
--Lo siento, señor, pero esta mesa está reservada.
--De acuerdo --dijo mi padre--. Dénos otra.
--Todas las mesas están reservadas --dijo el encargado.
--Ya entiendo --dijo mi padre-- No desean tenernos por clientes, ¿no es eso? Pues váyanse al infierno. Vada all'inferno. Será mejor que nos marchemos, Chema.
--Tengo que coger el tren --dije.
--Lo siento mucho, hijito --dijo mi padre--. Lo siento muchísimo. --Me rodeó con el brazo estrechándome contra si--. Te acompaño a la estación. Si hubiéramos tenido tiempo de ir a mi club...
--No tiene importancia, papá --dije yo.
--Te voy a comprar un periódico --dijo--. Te voy a comprar un periódico para que leas en el tren.
Se acercó a un quiosco y dijo:
--Mi buen amigo, ¿sería usted tan amable como para obsequiarme con uno de sus absurdos e insustanciales periódicos de la tarde? --El vendedor se volvió de espaldas y se puso a contemplar fijamente la portada de una revista--. ¿Es acaso pedir demasiado, señor mío? --dijo mi padre--, ¿es quizá demasiado difícil venderme uno de sus desagradables especímenes de periodismo sensacionalista?
--Me tengo que ir, papá --dije--. Es tarde.
--Espera un momento, hijito --replicó--. Sólo un momento. Estoy esperando a que este sujeto me dé una contestación.
--Hasta la vista, papá --dije, recorrí transversalmente el andén, tomé el tren, y aquélla fue la última vez que vi a mi padre. Han pasado cuarenta y tres años. ... (ver texto completo)